Paula Fernández publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O souto escuro e perigoso, de Miguel Vázquez Freire, ilustrado por Xosé Tomás.
O medo á escuridade
Divertido episodio
Desde logo, o máis habitual cando falamos dos bosques na literatura infantil, é pensar en lugares magníficos: espazos con fermosas árbores verdes que baixo un ceo azul dan
acubillo ao rechouchío de lindos paxariños, un locus amoenus onde a noite e os perigos semellan non existir.
Por iso sorprende este territorio que nos amosa un autor con tanta experiencia pedagóxica como Miguel Vázquez Freire, (Corcubión, 1951), quen xa dende o título do conto, O souto escuro e perigoso –publicado na colección “Merliño”, de Xerais- incide na escuridade, e no ton mouro de moitos dos seus habitantes, os máis feros, que se contrapoñen a un inofensivo coelliño branco que pasea polas ilustracións de Xosé Tomás (Betanzos, 1971), para rematar amosándonos tamén que o medo constitúe un sentimento que non ten por que nos dominar. A aparición do temor debe ir parella ás circunstancias que nos acompañan, e, se estas son favorables, entón pode producirse un episodio tan divertido como o que podemos ler ao longo destas páxinas.
Tanto as ilustracións, finas liñas brancas que debuxan figuras sobre un fondo negro, coma o texto, que non deixa de repetir o negro e perigoso que son o bosque, o seu lobo e mais o seu oso, aínda que empregando unha linguaxe case colorista pola súa dozura na profusión no emprego de diminutivos, recrean un espazo moi afastado dese lugar idílico que cabería agardar, e xa o desenlace conduce a quen le a unha reflexión sobre algo que tanto atormenta moitas veces aos rapaces e e ás rapazas, o medo á escuridade.
XERAIS






Neste mes, o abril dos libros, Xerais poñerá nas librarías once títulos.
Así mesmo, na renovada serie Merliño aparecerán catro novos títulos, encadernados en tapa dura:
No vindeiro mes de marzo Xerais publicara unha ducia de novidades.
Nesta entrada editorial da nova primavera particular importancia terá a edición infantil na que se publicará, dentro da colección Xerais Merlín