As asociacións Xermolos e Irmandade Manuel María da Terra Chá realizan unha nova edición de Nun lugar dos soños, este ano 2010 arredor da figura de Darío Xohán Cabana, que vai ter lugar o sábado 13 de novembro ás 12 da mañá no Muíño do Rañego de Vilalba.
Haberá unha Táboa Redonda coa participación de Xosé Luís Calvo Vidal, Marica Campo, Paco Martín, Yago Rodríguez Yañez e Xulio Xiz e posteriormente procederase á colocación do quinto hectómetro literario no Paseo dos Soños.
O xantar de irmandade terá lugar en A Nova Ruta de Vilalba (15 euros). Quen desexe apuntarse debe chamar ao 646.41.38.90.
XERAIS