O Faro de Vigo, no suplemento Faro da Cultura, publica hoxe unha recensión crítica de Paula Fernández sobre Xenaro e a hucha do indiano, de Mar Guerra. A recensión pode baixarse en pdf ou ler integramente aquí:
Novela coral
Un personaxe suxestivo
Despois de Xenaro e o misterio da mochila verde, que supuxo o achegamento de Mar Guerra ás letras para os máis novos e que lle valeu o Premio Merlín de literatura infantil,onde coñecemos a Xenaro Conese Maiúsculo, o rapaz entrañable, espelido e con dotes de detective, aínda que ás veces un pouquiño resabido, ao que lle gusta tanto xogar coas palabras e ler, chega agora unha nova entrega, Xenaro e a hucha do indiano, que posúe moitos dos trazos que lle concederon ao primeiro a aceptación dos esixentes lectores e lectoras do terceiro ciclo da educación pr imar ia. Outra vez ponse en valor a amizade, o respecto entre compañeiros, dende a recreación dun universo, por veces próximo ao fílmico nas accións e recursos, que parte da cotianeidade, espazos e personaxes que son familiares, que non producen estrañamento para os nenos e nenas da actualidade, que serán quen así de facer pasar fermosos e entretidos momentos a quen le.
Numerosos personaxes, redondos,que evolucionan ao longo das páxinas desta novela coral onde as aventuras xorden do misterio que emana da hucha dun indiano falecido e dos problemas que se lle presentan ao protagonista cos seus amigos e compañeiros de clase. Aventuras e misterios que deixan varios intres dominados polo suspense e reflicten en toda a novela a riqueza que posúe a linguaxe empregada polos personaxes e a capacidade que esta ten para atraer lectores, para achegalos ao clímax grazas a un ritmo lingüístico frenético e ao encadeamento de oracións e conceptos xa sexa na narración ou ben nos diálogos.
Dende a directísima intervención narradora do primeiro capítulo de cara ao público os lectores séntense case personaxes, son tomados en conta pola autora e ese interese faise patente nas palabras de Xenaro, que conta a historia con total liberdade, tal e como se faría cos amigos e amigas no patio da escola.
Xenaro representa un neno actual adobiado con características de personaxe de ficción que o fan máis suxestivo: divertido, irónico, valente e sempre tenro e inocente, e a novela a conxunción de todo o preciso para chegar a ese neno dende o respecto por unha concepción da literatura que neste intre xa se sabe intelixente e madura. E se a isto engadimos as ilustracións de Fernando Llorente á hora de dar forma plástica a momentos clave da narración, entenderemos a boa aceptación que tivo a primeira parte destas aventuras nos centros escolares e a que de seguro vai ter esta segunda.
XERAIS
La Voz de Galicia faise eco
Xenaro e a hucha do indiano
En pleno mes de xullo aínda hai tempo para a choiva, agradécese especialmente cando refresca o ambiente, pero o mellor é enrouchar no mar, esa sensación que lle queda a un cando leva unha porrada de horas dentro da auga.
A Xenaro Conese Maiúsculo complícanselle moito as cousas desta vez. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agochase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis será o de menos para o Xe nesta nova aventura, unha andanza onde nada é o que semella, nin sequera a hucha do indiano.
Para os xa mozotes, e dentro da inmellorable colección Fóra de Xogo, presentamos a reedición da novela de
A VOLTA DE XENARO, UN ALEUTO DETECTIVE
Xenaro volve. O rapaz que xogaba coas palabras en Xenaro e o misterio da mochilota verde (Premio Merlín 2008) regresa cunha historia misteriosa e detectivesca chea de sorpresas ata a última liña. Xenaro e a hucha do indiano é o segundo libro da escritora e xornalista Mar Guerra.
A Xenaro Conese Maiúsculo complicanselle moito as cousas esta volta. Ademais de ter que se enfrontar cos irmáns Lourido, uns mangallóns disque malos malísimos, ten que aturar unha nena nova na súa clase, Sefi a madrileña. Por riba, o seu amigo da alma, Flipe Efes, compórtase dun xeito moi estraño, coma se agachase algún segredo. Resolver o misterio da Horta dos Reis seralle o de menos ao Xe nesta nova aventura, unha andanza onde nada é o que semella, nin sequera a hucha do indiano.