Onte o xurado do Premio Spinoza de ensaio, formado por alumnado do Insituto Rosalía de Castro de Santiago, anuncio que Mal de escola de Daniel Pennac foi a obra gañadora da primeira edición deste premio. A obra, traducida para o galego por Xavier Senín e Isabel Soto, foi editada por Xerais no pasado mes de outubro, sendo reeditada a comezos deste ano 2009. Recollemos o texto da noticia preparada por A. Iglesias e publicada por Galicia hoxe sobre a concesión do premio:
Reivindicar o filósofo Bento Spinoza como “o pensador máis extraordinario do século XVII” e, ao mesmo tempo, “fomentar a lectura do ensaio entre os máis novos” eran dous dos obxectivos que perseguía a dirección do instituto Rosalía de Castro desde había algún tempo. A fórmula que se utilizou para conseguir ambas as premisas foi a mesma que a empregada no Certame Literario Arcebispo Juan de San Clemente, cuxos quince anos de extraordinaria acollida entre alumnos e escritores pon de manifesto o seu máis que probado éxito. Así, os estudantes de cinco institutos de Secundaria de Galicia volveron converterse en xuíces lectores, elixindo nesta ocasión o mellor ensaio do ano, que non é outro que Mal de escola, do francés Daniel Pennac, tal e como deu onte a coñecer o xurado do certame, que este ano celebra a súa primeira edición. O libro aborda a cuestión da escola e a educación desde un punto de vista insólito, o dos malos alumnos. Con humor e tenrura, análises críticas e fórmulas efectivas, Pennac, un prestixioso escritor e “pésimo estudante” na súa época, como el mesmo confesa, ofrece unha brillante lección de intelixencia, mesturando recordos autobiográficos e reflexións acerca da pedagoxía e as disfuncións da institución escolar, a dor de ser un mal estudante e a sede de aprendizaxe, o sentimento de exclusión e o amor ó ensino. Mal de escola é, ademais, a historia dunha metamorfose, de como un mal alumno chega a ser profesor e máis adiante un escritor recoñecido. A “identificación coa visión do estudante que presenta o autor en primeira persoa e en pequenos capítulos a modo de relatos para facilitar a súa lectura” é un dos motivos da súa elección polo xurado que destaca que “todas as accións que realiza e as vivencias que experimenta o autor nos serven coma referencia para a nosa vida de estudantes”.
XERAIS

Francisco Martínez Bouzas publica no «Faro da Cultura» de hoxe unha crítica d’
Martín Pawley publicou onte en «Nós», o suplemento de Xornal de Galicia unha
Entrou no prelo a segunda edición de
A película de
O venres 16 comeza a chegar as librarías galegas
Cunha escrita descontinua que vai captando diferentes escenas e conflitos co alumnado e cos seus colegas, case coma se fose unha cámara, François Bégaudeau constrúe en A clase unha crónica do seu labor como profesor, engadindo mesmo as súas propias dúbidas e poñendo de manifesto as dificultades que xorden nas aulas, nos claustros, entre os adolescentes e tamén entre os adultos. Este é o impactante relato da vida nunha clase multicultural da bisbarra parisina, con todas as tensións entre profesores e alumnos, que en certa maneira traducen o conflito entre ricos e pobres, entre aqueles que posúen o saber e aqueles que non o teñen. Unha
«Eu falaba para unha clase silenciosa e distraída, Gibran e Arthur dedicábanse a unha análise comparativa das súas calculadoras e rebentaban co riso por non sei que, Michael asentía movendo a cabeza aínda que pensaba noutra cousa e, mentres, os muros daban en inclinarse perigosamente e terminarían por caernos a todos enriba.»
François Bégaudeau (Luçon 1971) é 