«Terra de Soneira no corazon da Costa da Morte», presentado en Camariñas

25 Abril 2011

Etnografía,Presentacións

Tal e como recolleu La Voz de Galicia, o libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte foi presentado en Camariñas o sábado 16 de abrilno Centro Cultural Casa da Pedra. O acto contou coa participación de Manuel Bragado (Director de Xerais), Manuel Valeriano Alonso de León (alcalde de Camariñas)  e os autores. Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte está coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e nel participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Terra de Soneira», presentación en Camariñas o próximo sábado 16

14 Abril 2011

Etnografía,Presentacións

O próximo sábado 16 de abril, ás 12 horas, terá lugar no Centro Cultural Casa da Pedra (Avda da Coruña, 5), en Camariñas, a presentación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

O acto contará coa participación de Manuel Bragado (Director de Xerais), Manuel Valeriano Alonso de León (Alcalde de Camariñas)  e os autores.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Terra de Soneira», presentación en Compostela o próximo martes 25

20 Xaneiro 2011

Etnografía,Presentacións

O próximo martes día 25 terá lugar na libraría Couceiro de Santiago de Compostela a presentación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

O acto, que contará coa participación de Jorge Mira (profesor titular da USC), Manuel Bragado (director de Xerais) e os autores, terá lugar o martes, 25 de xaneiro, ás 20,00 horas, na devandita libraría (Praza de Cervantes, 6) en Compostela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentacións de «Terra de Soneira» en Zas e Vimianzo o próximo venres 10

3 Decembro 2010

Etnografía,Noticias,Presentacións

O próximo venres día 10 terán lugar dúas presentacións do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte, unha en Baio-Zas, ás 19,30 horas, e outra en Vimianzo ás 21,30 horas.

Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte é un libro coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, e no que participan tamén como autores, amais do propio coordinador, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

A presentación en Baio-Zas está coorganizada polo Concello de Zas, A.M.C. Pepe Valiña, Amigos do Liño e Edicións Xerais de Galicia. O acto, O acto contará coa participación de Manuel Muíño (alcalde de Zas), Antonio Díaz Amor (presidente de A.M.C. Pepe Valiña),  Carmen Riveiro (presidenta de Amigos do Liño), Manuel Bragado (director de Xerais) e os autores, e terá lugar o venres, 10 de decembro, ás 19,30 horas, no Auditorio de Baio-Zas.

A presentación en Vimianzo está coorganizada polo Seminario de Estudos Comarcais Costa da Morte e Edicións Xerais de Galicia. O acto contará coa participación de Ramón Gándara (representante do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte), Manuel Bragado (director de Xerais) e os autores, e terá lugar o venres, 10 de decembro, ás 21,30 horas, no Salón Caribe de Vimianzo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Terra de Soneira» en La Voz de Galicia

15 Outubro 2010

Etnografía,Monografías,Noticias

La Voz de Galicia faise cargo da publicación do libro Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, no libro participan tamén Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema.

Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte é un libro sobre a comarca da Terra de Soneira, no que se recollen e analizan os temas socioculturais que definen a comarca: a lingua; a xeografía (natureza e paisaxe), a historia; as manifestacións artísticas desde o megalitismo ata a actualidade; o patrimonio etnográfico; a arquitectura popular e etnográfica; a artesanía; os persoeiros da comarca; a gastronomía, as festas tradicionais; os eventos socioculturais, etc.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Terra de Soneira», un libro sobre o corazón da Costa da Morte

24 Setembro 2010

Entrevistas,Etnografía,Monografías,Noticias,Radio

Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte é unha das últimas novidades de Xerais que xa está nas librarías. Coordinado e dirixido por Xosé María Lema Suárez, no libro participan tamén como autores, amais do propio coordinador, Evaristo Domínguez Rial, Xan Fernández Carrera, Roberto Mouzo Lavandeira e Xosé María Rei Lema. Trátase dun libro sobre a comarca da Terra de Soneira e a súa especificidade, que está avalada con documentos e cartografía histórica.

No libro recóllense e analízanse todos os temas socioculturais da comarca: a lingua; a xeografía (natureza e paisaxe), onde se diferencia a Soneira interior e unha máis reducida Soneira da beiramar; a historia da comarca; as manifestacións artísticas desde o megalitismo ata a actualidade; o rico patrimonio etnográfico; a arquitectura popular e etnográfica (a casa labrega e mariñeira, os hórreos, os muíños, os batáns etc.); a artesanía (co encaixe de Camariñas como corazón); os persoeiros da comarca; a excelente gastronomía, as festas tradicionais; os eventos socioculturais (o festival folk da Festa da Caballeira de Zas, o Asalto ao Castelo de Vimianzo, as rapas das bestas).

Un apartado especial do libro está constituído polas rutas para coñecer a comarca. Propóñense rutas xerais e rutas específicas como a arqueolóxica ou a dos Penedos de Pasarela, os de Traba, os do Piñeo, os do Penal do Veo e os do Corveiro.

Reproducimos unha longa entrevista feita en Radiofusión (Radios Municipais Galegas) por Eva Ocampo a Xosé María Lema Suárez sobre Terra de Soneira, onde dá conta do libro e das súas características:

Entrevista

Así mesmo, Xosé María Lema será entrevistado en directo mañá sábado 25 ás 10:30 h. por Mª Xosé Rodríguez na Radio Galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter