«En castellano no hay problema», presentacións de xuño

8 Xuño 2010

Crónica,Noticias,Presentacións

Ao longo deste mes de xuño continuarán as presentacións do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. Adiantamos que se realizarán no Barco de Valdeorras o día 17, en Lalín o 18, en Soutomaior o 25 e na Coruña o 29. Informaremos dos horarios, locais e participantes nos vindeiros días.

"Proxecto bolboreta"

31 Agosto 2008

Fóra de Xogo,Narrativa,Noticias,Premios,Xuvenil

Esta semana aparecerá nas librarías galegas Proxecto bolboreta de Andrea Maceiras, a obra gañadora do Primeiro certame de Micronovela convocado polo concello de Soutomaior. Esta é a primeira obra que publica esta xove narradora de Cambre, estudante de Filoloxía na Universidade da Coruña.

Hadrián Barcés, matemático e gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías coñecidas como “Efecto Bolboreta”, acuñadas por científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio chinés: “o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir ao outro lado do mundo”. Hadrián recollerá no seu diario as detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións, vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un soño que merece ser cumprido.