Hoxe domingo chegou a Galicia Salma para participar nos actos de presentación da novela Despois da medianoite, (Irandaan Jaamangalain Kathai ), un fito na literatura tamil, traducida para o galego por María Reimóndez. Convidada por Implicadas/os no desenvolvemento, Salma viaxou dende Támil Nadu (un estado índio que conta con 65 millóns de habitantes) até Galicia para falarnos de primeira man desta súa novela, da súa realidade e do que implica ser muller, musulmá e escritora na India.
Salma (Thuvarankurichi, 1970) é unha das escritoras támiles máis relevantes do actual panorama literario indio. Provén dunha familia tradicional musulmá dunha aldea próxima á cidade de Tiruchirapalli e como moitas mozas da súa rexión non rematou a escola primaria. Aínda así, dende os trece anos comezou a escribir poesía e máis adiante a publicar en revistas literarias. Durante anos escribiu na clandestinidade, pola oposición da súa familia. A súa obra foi obxecto de críticas destrutivas en sectores literarios polo uso da sexualidade feminina dunha maneira aberta na súa obra e tamén polo contido feminista dos seus escritos. En 2001 accedeu de xeito accidental (pola obrigada cota de xénero na India) á política; comezou sendo membro do Panchayat (asemblea local) para converterse logo en candidata polo seu distrito electoral polo DMK (Dravida Munnutra Kazhagam, partido nacionalista támil laico e progresista) ata chegar a ser directora xeral de Asuntos Sociais do Goberno de Támil Nadu, cargo que ocupa na actualidade.
No entorno abafante dunha pequena aldea de Támil Nadu, do outro lado da luz, no escuro da medianoite, no lugar pechado das casas e das cociñas, no reverso das normas da comunidade, transcorren as vidas de Rabia, Wahida, Rahima, Zohra, Firdaus e o resto das mulleres de Despois da medianoite. As súas arelas, os seus problemas e solucións vannos levando por un camiño de dificultades onde a busca da liberdade se atopa fanada de maneira constante. As finas estratexias de cada unha das protagonistas amósannos os atrancos que as mulleres atopan para desfacer as posicións que lles veñen dadas, que lles son inoculadas a cada paso dende a infancia.
Despois da medianoite supón un fito na literatura támil e propuxo un controvertido berro crítico dende o interior da minoría musulmá, un berro nidio e complexo. Cunha prosa de fiar moi fino, atenta ao detalle, aos tirapuxas de quen loita con forzas desiguais contra cumprir as normas e rachar con elas, a voz destemida de Salma axúdanos a penetrar no escuro, lonxe dos estereotipos e máis preto dun entendemento liberador.
Na súa estancia en Galicia, Salma manterá contactos cos medios de comunicación galegos e desenvolverá un amplo programa de actividades, preparado por Implicadas/os no desenvolvemento, en colaboración con Xerais e diversos centros educativos e cívicos de Santiago e Vigo, cidades que visitará.
Mércores, 1 de xuño
- Visita asociación de mulleres ALBA en Santiago de Compostela. O diálogo sobre as accións das asociacións de mulleres en Galicia e en Tamil Nadu permitirá que ambas partes coñezan qué é o que se fai dende os movementos feministas en ambos contextos.
- Presentación da novela Despois da medianoite en Santiago. Ás 20:00 h. na Praza de Cervantes. Coa colaboración da Libraría Couceiro.
Xoves, 2 de xuño
- ·Visita ao IES Alexandre Bóveda. Ao longo de dúas sesións Salma e María Reimóndez, dúas das autoras do libro Vanakkam/Benvidas, intercambiarán impresións co alumnado (que terá traballado previamente co documento), e comentarán de primeira man cuestións referidas tamén ao país de orixe de Salma, a escrita das mulleres ou a cooperación ao desenvolvemento (11:30 e 13:25 h).
- Presentación da novela Despois da medianoite en Vigo. Será ás 20:00 h. na Libraría Librouro.
Venres, 3 de xuño
- Obradoiro literario coa cidadanía. Esta xornada de obradoiro de escrita creativa aberta á cidadanía de Vigo e coordinado por Salma e María Reimóndez engadirá aos tradicionais obradoiros literarios o aliciente de poder contar cunha autora que provén doutro sistema literario e que poderá contribuír cunha lingua e imaxes diferentes a ese traballo xa existente na cidade (17:00-19:30 h. Centro de Documentación e Recursos Feministas da Cidade de Vigo, C/ Joaquín Yánez, 6, 2º andar). Para inscribirvos, non tendes máis que mandar un mail a info@implicadas.com antes do martes 31 de maio.
Sábado 4 de xuño
- Encontro de poetas galegas con Salma. Dita xornada constará de dúas sesións.
- Durante a sesión da mañá (11:00 – 14:00 h.) terá lugar un intercambio de experiencias aberto entre as autoras galegas convidadas e Salma. Traballarase tamén a creación de textos conxuntos.
- A sesión de tarde (17:00 – 19:00 h.), aberta á cidadanía, comezará cunha mesa redonda, na que participarán Salma e outras autoras, e concluirá cun recital no que as convidadas compartirán a súa obra co público asistente (entre o que agardamos vervos!). Esta xornada terá lugar no Museo Liste (R/ Pastora nº 22, Vigo).
XERAIS
No entorno abafante dunha pequena aldea de Támil Nadu, do outro lado da luz, no escuro da medianoite, no lugar pechado das casas e das cociñas, no reverso das normas da comunidade, transcorren as vidas de Rabia, Wahida, Rahima, Zohra, Firdaus e o resto das mulleres de Despois da medianoite. As súas arelas, os seus problemas e solucións vannos levando por un camiño de dificultades onde a busca da liberdade se atopa fanada de maneira constante. As finas estratexias de cada unha das protagonistas amósannos os atrancos que as mulleres atopan para desfacer as posicións que lles veñen dadas, que lles son inoculadas a cada paso dende a infancia.





Pere Tobaruela
Coeditada por Xerais e Galaxia, co apoio da Consellaría de Cultura e Turismo, na primeira quincena de xuño, chegará ás librerías o volume Anthology of Galician Literature 1196-1981, preparada por Jonathan Dunne e que recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía.

Vieiros
O vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar na
O venres, 7 de maio, a partir das 20:00 horas será presentado na
Sobre os países dese Terceiro Mundo tan afastado para as nosas latitudes só se fala cando hai grandes traxedias que conmoven a Occidente coas imaxes dunha explosión de dor. Cando esa explosión se apaga, o silencio cóbreo todo e o sufrimento segue aí. Quizais ese é o caso de Níxer, un país que sae intermitentemente nos xornais cando hai unha desgraza puntual, xa sexa un golpe de estado ou unha seca. Pero os males endémicos, os que permanentemente sacoden un país que morre por inanición, quedan fóra da tinta dos periódicos e dos obxectivos das cámaras. «Xa sabemos que o habitual non é noticia», explica o xornalista
«TODO EMPEORA»
Tras o éxito que obtivera con 
En Corazón de chocolate, a cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir Tintimán. O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.
Esta segunda entrega da serie protagonizada por Tintimán está ubicada na Coruña, cidade que asiste horrorizada a un incidente de consecuencias internacionais: desapareceu unha coroa de Napoleón que o goberno francés lle emprestara á cidade para conmemorar o bicentenario da Batalla de Elviña. A xoia debe aparecer inmediatamente e de xeito discreto para evitar un conflito diplomático. Soamente un reporteiro coa coraxe de Tintimán, axudado por Señor Grozni, o seu gato torto, e por Mónica, unha compañeira de clase que asegura ser a súa moza, poderá descubrir o acontecido.
Hoxe ás 20:00 horas presentarase na libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes) o libro de
O único que queda é o amor de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Pablo Auladell é un dos libros máis premiados e recoñecidos dos publicados en Galicia durante os últimos anos. Reeditado en cinco ocasións, con anterioridade a súa inclusión na Lista de Honra do IBBY, recibiu o
A noite d’ O Risón de Gonzalo Moure é unha trepidante novela breve
Reivindicar o filósofo Bento Spinoza como “o pensador máis extraordinario do século XVII” e, ao mesmo tempo, “fomentar a lectura do ensaio entre os máis novos” eran dous dos obxectivos que perseguía a dirección do instituto Rosalía de Castro desde había algún tempo. A fórmula que se utilizou para conseguir ambas as premisas foi a mesma que a empregada no Certame Literario Arcebispo Juan de San Clemente, cuxos quince anos de extraordinaria acollida entre alumnos e escritores pon de manifesto o seu máis que probado éxito. Así, os estudantes de cinco institutos de Secundaria de Galicia volveron converterse en xuíces lectores, elixindo nesta ocasión o mellor ensaio do ano, que non é outro que Mal de escola, do francés Daniel Pennac, tal e como deu onte a coñecer o xurado do certame, que este ano celebra a súa primeira edición. O libro aborda a cuestión da escola e a educación desde un punto de vista insólito, o dos malos alumnos. Con humor e tenrura, análises críticas e fórmulas efectivas, Pennac, un prestixioso escritor e “pésimo estudante” na súa época, como el mesmo confesa, ofrece unha brillante lección de intelixencia, mesturando recordos autobiográficos e reflexións acerca da pedagoxía e as disfuncións da institución escolar, a dor de ser un mal estudante e a sede de aprendizaxe, o sentimento de exclusión e o amor ó ensino. Mal de escola é, ademais, a historia dunha metamorfose, de como un mal alumno chega a ser profesor e máis adiante un escritor recoñecido. A “identificación coa visión do estudante que presenta o autor en primeira persoa e en pequenos capítulos a modo de relatos para facilitar a súa lectura” é un dos motivos da súa elección polo xurado que destaca que “todas as accións que realiza e as vivencias que experimenta o autor nos serven coma referencia para a nosa vida de estudantes”.
Mañá xoves, 26 de novembro de 2009, nas instalacións do
Dolores Martínez Torres publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre
O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 19:30 horas, nas inatalacións da
O vindeiro martes, 17 de novembro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago (Rúa nova 16) no seo dunha tertulia presentarse
O vindeiro xoves, 12 de novembro, ás 20:00 horas, nas instalacións da Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase
O mércores, 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase
Quen é Aldonza de Praterías?
No libro cóntanse moitas lendas e historias, en troques a catedral e o Camiño de Santiago teñen hoxe un aire un tanto tópico.
O vindeiro mércores, 14 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase 













Hoxe, venres, 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase
O 23 de abril, con motivo do Día Internacional do Libro e dos dereitos de autor, presentarase