«En castellano no hay problema», ecos da presentación nacional nos medios

9 Maio 2010

Crónica,Noticias,Presentacións,Xerais_nos_medios

Vieiros, A Nosa Terra e GzNación fanse eco hoxe da presentación na Feira do Libro de Santiago de En castellano no hay problema, o libro de Carlos Callón publicado en Crónica. Grazas a todos eles.

As presentacións deste libro proseguirán esta semana na Universidade de Vigo, o mércores 12 no salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución ás 12:00 horas; en  Ribeira, o xoves 13 de maio, ás 20:30 horas na Aula da Rede de Dinamización; en Paiosaco, o venres 14 de maio ás 20:30 horas; e en Corcubión, o sábado 15 de maio.

«Recordar doe», presentación en Riveira

1 Outubro 2008

Crónica,Noticias,Presentacións

Mañá, 2 de outubro, ás 20:00 horas, celebrarase no Bar Plaza de Riveira a presentación do libro Recordar doe. Memorias escolares e universitarias de Herminio Barreiro. No acto, organizado polo Ateneo Valle-Inclán e Xerais, participarán Santiago Páramo Aller, Manuel Bragado e Herminio Barreiro.

"As mellores intencións"

26 Abril 2008

Narrativa,Premios

Outro libro que acaba de chegar ao almacén é As mellores intencións, a primeira novela de Begoña Paz, gañadora do Premio de Narrativa breve centenario do Concello de Riveira. Nas librarías na primeira semana de maio.

As vidas de Gabriel e Lis encóntranse en Aldara, a cativa a quen el quere salvar, a quen ela só sabe odiar. Amor e odio, verdade e mentira son os alicerces duns personaxes que se debaten entre a decepción pola vida que lles tocou en sorte e a esperanza de que, por unha vez, todo poida ira a mellor. As mellores intencións é unha historia de amores obsesivos, os que senten Gabriel por Aldara, a cativa pola súa nai, Lis polo “miñoca”. Un conto cruel cunha rapariga enfeitizada, unha cinsenta ferida e ferinte e un narrador que agocha, baixo a máscara da pasividade, unha cerna escura e implacable.