“Asasinato no Consello Nacional”, crítica de Filipe Díaz

18 Outubro 2010

Críticas,Narrativa,Opinións_lectores/as,Xerais_nos_medios

Filipe Díaz publica no blog “Por un BNG de futuro” unha extensa crítica sobre Asasinato no Consello Nacional, a novela máis recente de Diego Ameixeiras. Recomendamos a lectura do texto do que recollemos o seu derradeiro parágrafo:

En calquera caso, Asasinato no Consello Nacional é unha lectura recomendable tanto para as persoas interesadas na actualidade política como para os adeptos á novela negra. Aos ingredientes tradicionais de intriga e suspense, engádense neste caso a ironía, o humor e o retrato de personaxes públicos a duras penas mascarados: unha combinación de éxito, que esperamos sirva para introducir na escena literaria galega un novo personaxe, o do detective Cudeiro, con capacidade para máis e maiores voos.

Chuzame! A Facebook A Twitter