Agustín Fernández Paz será homenaxeado no Salón do Libro de Pontevedra

11 febreiro 2010

Autores, Entrevistas, Exposicións, Homenaxes, Infantil, Noticias, Xerais_nos_medios

O vindeiro 13 de marzo, o Salón do Libro de Pontevedra renderá homenaxe a Agustín Fernández Paz. Durante todo o Salón está instalada unha exposición que percorre a traxectoria autoral de Agustín durante dúas décadas e recrea o ambiente dalgunha das súa sobras máis significativas. No acto de homenaxe intervirán o escritor Xabier P.DoCampo e os músicos Mini e Mero.

A raíz desta homenaxe, Jaureguízar entrevista a Fernández Paz nas páxinas de El Progreso e adianta a próxima publicación por Xerais da súa vindeira novela, Fantasmas de luz. Segundo Agustín a novela estará protagonizada por un acomodador cincuentón dun gran cine que pecha, quedando no paro. O autor explica que cando hai situacións complicadas, o protagonista «recorre a frases de películas que o impresionaron; reacciona sempre con ollos dunha persoa que está metida no cine, onde leva traballando dende os anos 60». El personaxe ve pasar a vida por unha pantalla, como tantas veces fixo Fernández Paz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sete palabras» de Suso de Toro, tertulia en Pontevedra

24 novembro 2009

Narrativa, Noticias, Presentacións

O vindeiro xoves, 26 de novembro, a partir das 20:00 terá lugar na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra, unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. Conversará co autor o editor Manuel Bragado. O acto está organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Fundación Caixa Galicia e Xerais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte», presentación en Pontevedra

6 novembro 2009

Crónica, Noticias, Presentacións

Hoxe, venres 6 de novembro, ás 20:00 horas presentarase nas instalacións do Café Moderno de Pontevedra Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o libro máis recente do profesor Xesús Alonso Montero. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra, a Fundación Caixa Galicia e Xerais, acompañarán ao autor o catedrático de filosofía Ramón Regueira e o editor Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Pirata», presentación en Pontevedra

3 novembro 2009

Narrativa, Noticias, Presentacións

O mércores, 4 de novembro, ás 20:30 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (rúa Oliva 22) presentarase Pirata, a máis recente novela de María Reimóndez. No acto, coorganizado polo Ateneo de Pontevedra e Xerais, acompañarán á autora, Mª Xesús Fariña Busto, o músico Xabier Díaz e o editor Fran Alonso.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luís Rei Núñez, entrevista en "Diario de Pontevedra"

18 xuño 2009

Entrevistas, Narrativa, Premios, Xerais_nos_medios

Manuel Jabois  publica hoxe en Diario de Pontevedra unha entrevista con Luís Rei Núñez coincidindo coa presentación en Pontevedra de Monte Louro, a novela gañadora do premio Blanco Amor 2009. Recollemos algúns dos parágrafos dun texto moi interesante:

58359Eu quería satisfacerme a min mesmo. En parte, tamén, aínda que iso influíu menos, tiña como ambición encher un oco que ao meu ver existía na literatura galega. Cando empecei coa idea deste libro non saíran os de Caneiro e Rivas. A narrativa galega é de libros curtos, de relatos, onde hai grandes mestres. E de novelas non moi longas. A mellor novela da literatura galega, con todas as reservas, é A esmorga, de Blanco Amor. Eu cando tiven unha historia que me pedía unhas dimensións determinadas, dixen: ‘Vou tentar facelo’.

A prosa medida e honrada é a cortesía mínima dun autor cos seus lectores. Ti podes presentarte de calquera maneira, case salvaxemente, diante dos demáis, ou podes presentarte ordenando todo e ofrecéndoo da maneira más limpa posible. E esa limpeza persoal e mesmo moral é a que da o coidado co que un traballa as páxinas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"Monte Louro", presentación en Pontevedra

17 xuño 2009

Narrativa, Noticias, Premios, Presentacións

XG00167401Monte Louro, a novela de Luís Rei Núñez, gañadora do Premio Blanco Amor 2009, será presentada o vindeiro xoves, 18 de xuño, ás 20:00 horas na sede da Fundación Caixa Galicia, Edificio Café Moderno de Pontevedra. No acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e a editorial, participarán Armando Requeixo, Manuel Bragado e o autor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«O natural é político», acto en Pontevedra

31 marzo 2009

Ensaio, Presentacións

xg00153201O xoves, 2 de abril, ás 20:00 horas, na sala de conferencia s da Fundación Caixa Galicia de Pontevedra, terá lugar un diálogo arredor do libro O natural é político, entre a súa autora, Teresa Moure, e o editor Manuel Bragado. O acto está organizado polo Ateneo de Pontevedra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google