«Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero, en Tempo de Lecer

4 Xullo 2011

Crónica,Presentacións

Tempo de Lecer Ourense informa da presentación, a pasada semana do libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero no Liceo de Ourense. Reproducimos a información:

O filólogo Xesús Alonso Montero presentou este xoves no Liceo o libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, unha obra definida por el mesmo como “unha biografía científica e atormentada do lingüista” que é tamén, á súa vez, “a biografía da filoloxía española e galega en tres décadas politicamente problemáticas, entre os anos 1936 e 1966”.

Unha das características máis salientables da publicación é que nela o profesor Alonso Montero reproduce páxinas moi significativas dos 207 folios da causa 809/36 perpetrada contra Aníbal Otero.

Na súa intervención, Alonso Montero fixo un percorrido pola vida de Aníbal Otero (1911-1974), un filólogo que no ano 1936, con tan so 25 anos de idade era, nas súas palabras, “o lingüista máis versado no galego vivo e o de formación cientificamente máis moderna como fonetista, dialectólogo e lexicógrafo”. Sen embargo, o verán do 36 tronzou en boa parte a súa vida profesional cando o 5 de agosto foi detido en Valença do Minho pola Policía portuguesa que o entregou ás autoridades militares de Tui “que, sen lexitimidade política, asumiron unha detención ilegal, unha especie de secuestro”. Despois desta data comezou “o calvario dun infame proceso xudicial, a solicitude de pena de morte por parte do fiscal, unha longa condena e cinco anos de prisión en cinco cadeas distintas”.

Volta á actividade lingüística

Aníbal Otero volveu á actividade lingüística nos anos 50, pero Xesús Alonso Montero matiza que o fixo “con dificultades, con limitación de medios científicos e con moi poucos azos”. Alonso Montero sinalou que o lingüística “está dentro das coordenadas da lingüística española nos anos da Guerra Civil e nos primeiros da posguerra”, esquema no que, segundo explicou, tamén se moven os seus dous grandes mestres: Ramón Menéndez Pidal e Tomás Navarro.

Xesús Alonso Montero (Vigo, 1928), catedrático de Literatura na Universidade de Santiago de Compostela e membro da Real Academia Galega, é filólogo, tradutor, conferenciante e autor de numerosos libros, estudos e traballos


Presentación de «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo» de Xesús Alonso Montero, mañá xoves en Ourense

29 Xuño 2011

Crónica,Presentacións

O libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo de Xesús Alonso Montero ., será presentado en Compostela mañá xoves 29, ás 20:00 horas, no Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal, 5). O acto  contará coa participación do autor Xesús Alonso Montero e do editor Fran Alonso.

No pasamento de Marcos Valcárcel

7 Decembro 2010

Autores,Homenaxes

A dirección e o cadro de persoal de Xerais expresa as súas condolencias polo pasamento de Marcos Válcarcel. Autor dunha importante obra de investigación nos eidos da historia, a literatura e o xornalismo, Marcos Valcárcel colaborou xenerosamente con Xerais ao longo de dúas décadas, tanto como autor de libros tan importantes como Historia de Ourense ou Xaquín Lourenzo. Biografía e antoloxía, como na súa calidade de presentador na cidade de Ourense de innumerables novidades do catálogo da editorial. A súa amabilidade na relación humana e eficacia organizativa como promotor de iniciativas d epromoción do libro e a lectura en galego; o seu rigor e a súa capacidade divulgadora do pensamento galeguista, con especial atención ás figuras vencelladas a súa querida Auria, converteron a Marcos Valcárcel nunha figura senelleira da cultura galega de entre séculos. A súa perda prematura, tras unha longa enfermidade, na que amosou enorme coraxe e afouteza, prodúcenos enomre trsiteza. Con todos os abrazos para María , a súa compañeira, e para a súa filla.

«Luz de Tebra» de Ánxel Vázquez de la Cruz, presentación en Ourense

16 Novembro 2010

Narrativa,Presentacións

O vindeiro venres, 19 de novembro, ás 20,00 horas na na Sala de Tertulia do Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal 5), presentarase Luz de Tebra, o primeiro libro de relatos de Ánxel Vázquez de la Cruz. Acompañarán ao autor Javier Casares e o editor Manuel Bragado.

«Denso recendo a salgado», de Manuel Portas, presentación en Ourense

26 Outubro 2010

Autores,Narrativa,Presentacións

O vindeiro venres, 29 de outubro, ás 20,00 horas na Livraría Torga, rúa da Paz, 16, en Ourense presentarase Denso recendo a salgado, a primeira novela de Manuel Portas. Acompañarán ao autor Marta Arribas, Sechu Sende e o editor Manuel Bragado.

Ferrín presenta en Ourense «O grito do Ipiranga» de Luís García Mañá

29 Maio 2010

Entrevistas,Narrativa,Presentacións,Xerais_nos_medios

Xosé Luís Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega, presentou onte no IES Otero Pedrayo de Ourense O grito do Ipiranga, a terceira novela de Luís García Mañá protagonizado por Nemesio Castro. Desta presentación fixeron noticia varios medios ourensáns:

Faro de Vigo: «Luís García Mañá presenta “O grito do Ipiranga”, independencia o muerte

El presidente de la Real Academia Galega, Xosé Luís Méndez Ferrín, actuó ayer como presentador del libro O grito do Ipiranga, título que hace referencia al grito de “¡Independencia o muerte!” que pronunció el primer emperador de Brasil, Don Pedro I, cuando el país se independizó de Portugal. El autor de la obra, publicada por Edicións Xerais, es el comisario jefe de Galicia y escritor ourensano Luís García Mañá.

O grito do Ipiranga constituye la última entrega de una trilogía de novelas en las que figura como protagonista Nemesio Castro, una especie de investigador decimonónico, de tiempos de Isabel II, que ejercía como colaborador del Ministerio de Asuntos Exteriores.

O grito do Ipiranga narra la historia de un grupo de emigrantes gallegos que residen en Brasil, y visitan Malta y Portugal, en el momento que tocaba fin la esclavitud, cuestión que generaba tensiones en algunas capas de la sociedad americana. Paralelamente, la obra desvela que la explotación extensiva que se hacía en las fincas cafeteras creaba problemas de tipo medioambiental. Eso propició que el segundo emperador de Brasil, Don Pedro II, tuviera que proceder a la repoblación de las regiones más castigadas.

El autor realizó una reflexión en torno a la obra, para resaltar que en el siglo XXI “hay otro tipo de esclavitud”, de mujeres brasileñas y de otros países emergentes que vienen a Galicia buscando trabajo y mejor calidad de vida y acaban en la prostitución porque, más que necesidad de comer, “tienen hambre de una vida mejor o de comprarse unos zapatos de tacón que no podrían permitirse en su país”.

O grito do Ipiranga es una novela que combina el género policíaco con el histórico. Los protagonistas, el emigrante acomodado Nemesio Castro y el cura Clemente da Silva investigan una serie de muertes, por lo que la obra mantiene la intriga, a lo largo de sus 140 páginas, pero también ofrece mucha documentación sobre Brasil.

La Voz de Galicia: «Luís Manuel García Mañá afonda na emigración galega en Brasil na súa última novela»

«Máis que unha obra policiaca é unha novela de aventuras», explicou Fran Alonso sobre O grito de Ipiranga a última novela da triloxía do aventureiro Nemesio Castro, «un home común, pero moi intelixente, valente e intuitivo» que naceu da capacidade literaria de Luís Manuel García Mañá hai mais de dez años.

O Xefe Superior de Policía de Galicia regresou onte a Ourense, nun acto mais emotivo que literario, para presentar a que é a última entrega dunha triloxía baseada nas aventuras dun home do século XIX. O grito do Ipiranga transcorre nun Brasil onde aínda hai escravitude pero no que os aires renovadores empezan a facerse presentes. É precisamente a ambientación histórica a que confire á novela unha base sólida.

Ao estar ambientada no século XIX houbo unha intensa labor de procura e investigación histórica. Pódese ver o dominio que ten o autor sobre a historia de Brasil, una historia que está ao servizo da ficción», explicou Fran Alonso. Precisamente o autor fala ao longo da novela da emigración galega en Brasil, de moitos que non regresaron. Ao protagonista desta novela acompáñalle, nesta ocasión, outro galego, o cura Clemente da Silva.

Ao marxe da parte literaria do acto de onte no Paraninfo Otero Pedrayo, cabe destacar o encontro de Luís Manuel García Mañá con moitos amigos. Personalidades do mundo da cultura, da política, da economía, familiares, amigos e curiosos déronse cita para saudar ao autor e para, sobre todo, acompañalo na presentación. Incluso, una das anécdotas da xornadas xurdiu momentos antes de iniciar a conferencia, cando o director do IES Otero Pedrayo entregou a García Mañá o seu exame de ingreso no colexio.

La Voz de Galicia, entrevista a Luís García Mañá: «Este lugar e este momento son especialmente emotivos»

Notábase que Luís Manuel García Mañá estaba onte como na súa casa. Os abrazos e os saúdos agarimosos, máis que protocolarios, dos presentes daban conta dun acto con un profundo sentimento.

A presentación de hoxe ten una valor engadido.
–Para min estar aquí ten un valor emocional. Hai moitos referentes incluso do meu bisavó materno, Domingo Antonio ao que vai dedicado o libro, foi un emigrante ao Brasil, un daqueles que foi e non retornou. Pero hai outros espazos de emoción nos que me atopo que é que estudei aquí e curiosamente o director acaba de traerme o exame de ingreso que está perfecto todo menos unha falta de ortografía. Nesta sala, no paraninfo, escoitei a Otero Pedrayo sendo neno, lémbrome de Vicente Risco e logo de profesores como Ogando ou Souto Vila. Nese campo xoguei e manqueime e metéronme máis de catro goles. Esta é unha maneira de encontrarme con espazos sentimentais. Esto ten máis que ver co valor sentimental que co literario.

Era importante que se presentara aquí.
–Eu escollín este sitio, aínda que me deron outros con moito valor emocional, pero nunca estivera aquí presentado un libro meu. É un lugar onde pasei os meus primeiros anos de estudante serio, esas cousas son un plus engadido de orde sentimental que ten moito que ver coa miña ourensanía e que agora conecta con certos aspectos galeguistas aínda que aquí non sempre se falou en galego.

¿Que supón para vostede o tempo no que escribe?
–É o meu momento de lecer. Traballo moitas horas e teño unha válvula de escape que outros ten co fútbol ou coa música. Leo libros de historia e dereito e saco apuntes. Cando chega as vacacións, escribo.

Atopou unha maneira de facer literatura.
–Este é o último dunha triloxía. Digo o último pero non o derradeiro. En todas hai un factor común que é o contido histórico.

¿Que ten a súa profesión no que escribe?
-Creo que o ensaio e a pescuda histórica ten unha empatía enorme coa miña profesión. Na miña profesión hai que ir xuntando pezas para chegar a un fin, sabelas xuntar e ter a intuición e saber onde poder atopalas. E iso dáse tamén no ensaio.

«O grito do Ipiranga«, presentación en Ourense

27 Maio 2010

Narrativa,Noticias,Presentacións

O venres 28 de maio, ás 20:00 horas, no Paraninfo do IES Otero Pedrayo de Ourense (Rúa Padre Feijóo 14) presentarase O grito do Ipiranga de Luís Manuel García Mañá. No acto acompañarán ao autor, X.L. Méndez Ferrín, presidente da Real Academia Galega e o editor Fran Alonso.

«En castellano no hay problema», presentación en Ourense

26 Maio 2010

Crónica,Noticias,Presentacións

«Níxer», presentación en Ourense

25 Maio 2010

Crónica,Noticias,Presentacións

O 26 de maio, mércores, ás 20:15 preséntase no Liceo de Ourense (Rúa Lamas Carvajal nº 5) Níxer, o libro do que son autores Francisco Xosé Fernández Naval, Camilo Franco, Alfonso Costa e Moustapha Bello Marka, editado por Xerais en colaboración con Acción contra a Fame e Cultura Solidaria Galega. No acto acompañaran aos autores Isabel Iglesias Santos, responsable en Galicia de Acción contra a Fame, e o editor Fran Alonso.

Teresa Moure entrevistada por «A Nosa Terra»

24 Maio 2010

Autores,Entrevistas,Narrativa,Presentacións,Xerais_nos_medios

César Lorenzo entrevista a Teresa Moure nas páxinas d’ A Nosa Terra con motivo da publicación d’ A Intervención, a quinta novela da monfortina. Recollemos un fragmento das palabras de Teresa, que se poden ler na súa totalidade na edición impresa do semanario:

«Eu quixen poñer en práctica a idea central deste libro. Pero faltoume o apoio dun grupo de amigos con ganas de seguirme. Debo ter pouca forza de convicción. Así que, aproveitándome do poder da literatura, plasmei o meu desexo nunha novela. Penso que hai que buscar xeitos de participación política distintos aos habituais ou tradicionais. Cómpre procurar formas de intervención na sociedade que produzan cambios reais. Velaí a idea dos personaxes da novela e velaí, en parte, a miña visión da literatura. Nese sentido, cada libro pode ser un artefacto que faga abalar certas cousas que non me gustan. Pero opino que isto é extensíbel a outros eidos. Na educación aínda segue a haber un modelo de coñecemento xerárquico e alleo á realidade de fóra das aulas que precisaría unha mudanza absoluta.»

O vindeiro sábado, 29 de maio, ás 13:00 horas, Teresa Moure lerá o pregón da Feira do Libro de Ourense. No serán do mesmo día, ás 20:30 horas, presentará A intervención na carpa da feira ourensá, acompañada do editor Manuel Bragado

Xerais na Feira do Libro de Ourense

21 Maio 2010

Feiras_do_libro,Fóra de Xogo,Narrativa,Noticias

Xerais organiza diversos actos na Feira do Libro de Ourense, que se celebrará na Praza do Bispo Cesáreo do 29 de maio ao 6 de xuño.

Día 29 sábado, 13:00 horas
Teresa Moure pronunciará o pregón na Praza do Bispo Cesáreo.

Día 29 sábado, 19:00 horas
Elena Gallego Abad asinará exemplares da súa novela Dragal.

Día 29 sábado, 20:30 horas
Presentación da novela A intervención de Teresa Moure.

Marilar Aleixandre hoxe no Liceo de Ourense

26 Xaneiro 2010

Autores,Fóra de Xogo,Noticias,Presentacións

A escritora Marilar Aleixandre, autora da novela A Cabeza de Medusa, premio Fundación Caixa Galicia 2008 de literatura xuvenil, participará hoxe ás 17:00 horas nun encontro con lectores e lectoras no Liceo de Ourense.

Rosa Aneiros e «Cartas de republicanos galegos condenados a morte» premiados na Noite da Edición 2009

20 Decembro 2009

Autores,Crónica,Fóra de Xogo,Narrativa,Noticias,Premios,Xerais_nos_medios

Rosa Aneiros co Premio Xosé María Álvarez Blázquez á mellora autora de 2009 e Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948) de Xesús Alonso Montero co Premio Ánxel Casal na súa categoría de non ficción foron os dous premios que a editorial recolleu na Noite da Edición 2009, celebrada o sábado no Liceo de Ourense. Ademais, Fran Alonso, subdirector de edición xeral de Xerais, recibiu o Premio Xosé Neira Vilas ao mellor libro infantil de 2009 polo libro A araña máis eu, ilustrado por Manuel G. Vicente e publicado por Kalandraka editora. Ao comezo da cerimonia, Manuel Bragado, director da editorial, foi a persoa encargada pola directiva da AGE de ler a laudatio a Nova Galicia Edicións, con motivo do vinte e cinco aniversario da editora de Carlos del Pulgar Sabín.

Rosa Aneiros non puido recoller personalmente o premio Xosé María Álvarez Blázquez, xa que ao mesmo tempo recibía o recoñecemento de «Caldereta do ano» outorgado en Ferrol pola Asociación Cultura Lefre de Caldereta. No entanto, as palabras de Rosa Aneiros estiveron presentes na cerimonia por medio do texto que enviou e leu o director da editorial.

A gañadora dos premios Xerais e Fundación Caixa Galicia de 2009 despois de explicar os motivos da súa ausencia festexaba a existencia de lectores na literatura galega: «Arestora estou á beira da Malata, canda os lefres de caldereta, festexando a cultura viva de Ferrolterra. festexando a palabra e, o máis importante para vós e para min, que temos lectores. Que hai persoas que nos len, que partillan connosco moitas horas da súa vida, que viven as nosas historias, que rin e choran cos nosos personaxes. Personaxes que nós, os escritores e escritoras un día inventamos e vós, os editores, facedes que cheguen a eles, ao público, a quen quere vivir a nosa literatura. Para iso quero darvos as grazas por este premio Xosé María Álvarez Blázquez que me outorgades, non sei se merecidamente ou non. Grazas, sobre todo, por permitirme a oportunidade de chegar aos lectores e ás lectoras nesta década que veño de cumprir dende a publicación do meu primeiro libro. E sei que onde agora estou, compartindo un premio con que nos le, é tamén compartilo convosco.»

Na súa intervención, Xesús Alonso Montero agradeceu o Premio Ánxel Casal e recordou ao máis importante editor galego do período republicán e a coincidencia de que fora paseado o mesmo día que Federico García Lorca, a quen editara aqueles inesquecibles Seis poemas galegos. «Ánxel Casal nin sequera tivo a oportunidade de despedirse dos seus seres máis queridos ou dos membros do seu partido, como fixeron as sesenta persoas que escribiron as cento vinte cartas reunidas neste volume». Despois de agradecer o premio ao xurado, lembrou que todas esas cartas, escritas en situación límite, estaban impreganadas dos valores da Segunda República, «valores plenamente vixentes».

Todos os parabéns do equipo de Xerais para Rosa Aneiros, Xesús Alonso Montero, Fran Alonso e para o resto de autores e editoras premiadas, así como para Camilo Franco (magnífico condutor da cerimonia) e os editores ourensáns organizadores dunha das máis brillantes Noites da Edición celebradas até agora.

«Sete palabras» de Suso de Toro, presentación en Ourense

30 Novembro 2009

Narrativa,Noticias,Presentacións

O vindeiro xoves, 3 de decembro, ás 20:15 horas nas instalacións do Liceo de Ourense (rúa Lamas Carvajal nº 5) terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a obra máis recente de Suso de Toro. No acto o editor Manuel Bragado conversará con Suso de Toro sobre a novela.

«Cartas de republicanos galegos condenados a morte» presentación en Ourense

3 Outubro 2009

Crónica,Noticias,Presentacións

O luns, 5 de outubro, ás 20:15 horas presentarase no Liceo de Ourense Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o libro máis recente do profesor Xesús Alonso Montero. No acto acompañarán ao autor Manuel Peña Rey e o editor Manuel Bragado.

«Para seguir bailando», presentación en Ourense

29 Abril 2009

Narrativa,Noticias,Presentacións

Capa NarrativaPara seguir bailando, o libro de relatos de X.F. Fernández Naval, será presentado mañá 30 de abril, ás 20:15 horas no Liceo de Ourense. No acto acompañarán ao autor Ánxeles Cuñas e Xavier Paz.

Marcos Valcárcel, presentación e homenaxe

27 Novembro 2008

Historia,Noticias,Presentacións

10000523013O sábado 29, ás 19:00 horas, nas instalacións do Liceo de Ourense (Lamas Carvajal 5) presentarase Historia de Ourense o máis recente libro de Marcos Valcárcel. O acto contará coa intervención de Francisco Rodríguez Fernández (alcalde de Ourense), Alfonso Vázquez Monxardín, Manuel Bragado e o autor. A continuación, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao infatigable labor de Marcos a prol da cultura de noso.

«Historia de Ourense», novo libro de Marcos Valcárcel

11 Novembro 2008

Historia,Noticias

Acaban de chegar do prelo os primeiros exemplares de Historia de Ourense, o novo libro de Marcos Valcárcel. O libro será presentado o sábado, 29 de novembro, ás 19:00 horas no Liceo de Ourense. A continuación, ás 21:00 horas no restaurante San Miguel celebrarase unha cea-homenaxe de recoñecemento de todos os amigos e amigas ao infatigable labor de Marcos a prol da cultura de noso. As persoas interesadas en asistir poden escribir a este correo electrónico: homenaxeamarcos@gmail.com

xg00159901Este libro de Marcos Valcárcel constitúe unha achega, breve pero rigorosa, á historia de Ourense. A crónica do percorrido vital dunha cidade cunha longa historia e un moi poderoso legado cultural. Unha viaxe posible dende o mundo romano até a actualidade esculcando nos xeitos de vida, nas ideas e nos sucesos que marcaron o devir urbano. O convite a descubrir xuntos, os lectores e tamén os alumnos de Secundaria e dos Institutos, as raíces da cidade que acobillou figuras tan relevantes da nosa historia como Curros Enríquez, Lamas Carvajal, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Florentino Cuevillas, Eduardo Blanco Amor, Antón Tovar, Carlos Casares e Xosé Luís Méndez Ferrín.