

A xornalista Mar Mato publica hoxe no Faro de Vigo unha entrevista con Marcos Calveiro, gañador esta fin de semana do Premio AELG na categoría Infantil e Xuvenil polo seu libro O pintor do sombreiro de Malvas. Na entrevista fálase tamén de Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, a biografía que Marcos acaba de publicar na colección Fóra de Xogo.
«Eu non escribo no folio en branco para sufrir senon para divertirme»
«Con Lois Pereiro, a RAG, por pirmeira vez, non vende o cadáve exquisito de tódolos os anos»
MAR MATO – VIGO O libro que recibira o premio Lazarillo 2009; o mesmo que foi ilustrado por Ramón Trigo e se expuso na exposición White Ravens na Feira do Libro de Bolonia deste ano escollido pola Bibioteca de Munich, O pintor do sombreiro de malvas, (Xerais), volveu esta fin de semana a recibir un galardón, o de mellor libro infantil-xuvenil da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. O seu autor, Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), celebraba aínda onte o agasallo dos seus compañeiros por “recoñecer” un libro sobre os últimos días de Vincent Van Gogh.
–Participar na White Ravens deulle visibilidade internacional.
–Foi un recoñecemento implícito que a Biblioteca de Munich seleccionara esta obra en galego para esa exposición xunto a outros 250 libros de todo o mundo. Pode ser que un editor estranxeiro vexa a recensión na web alemana e decida traducilo. É destacable que na White Ravens sempre haxa un libro en galego a pesar de ser unha lingua de poucos falantes.
–Por que escribe vostede?
–Un autor pon moito da súa vida nos libros. Son unha parte importante da miña vida e eu pásoo pipa escribindo. Non escribo para sufrir no folio en branco. Si, hai moito traballo pero divírtome. Supoño que, como fun un gran lector dende neno, teño esa pulsión de escribir.–Vén de pubicar Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais), unha biografía atípica.
–A min, encargáronme facer unha biografía de Lois, o que aceptei de inmediato porque era unha honra, aínda que non o coñecín personalmente. Era a primeira vez que me encargaban un libro de non ficción, aínda que ó final foi ficción polos problemas que tiven.
–Problemas?
–Non pola familia, senón por min. Eu non son xornalista e a min púidome o pudor en moitas ocasións nas que non me atrevín a preguntar moitas cousas. Andaba cunha gravadora e non a empreguei porque me daba vergonza. Despois de darlle moitas voltas, pensei que non quería facer unha biografía ó uso porque, por primeira vez tiñamos unhomenaxeado no Día das Letras Galegas que non é ó uso. Quería facer algo distinto e pensei nun guión de cine. Escollín algunhas escenas relevantes da súa vida e recreeinas. Nalgunhas ocasións parto dunha anécdota real; noutras, son pura invención a raíz dunha fotografía ou dunha imaxe sobre el.
–Con 23 anos e cunha sentenza a morte polo aceite de colza.
–El quedou esnaquizado a raíz da colza, co fígado moi mal. Todo o mundo asociamos a imaxe gótica a Lois, pero todos os envelenados quedaron así, con perda de masa muscular. Foi nun tempo moi curto o proceso de deterioro físico. É máis, a primeira vez que vin as fotos confeso que chorei. Ves, primeiro, un adolescente que marcha a Madrid a comerse o mundo;e, nuns meses despois, ves fotos nas que está esnaquizado.
–Que destaca de Lois?
–Era un poeta minucioso. Escribía e correxía; podía estar meses cun poema buscando a palabra axeitada; tiña unha poesía destilada como se fose un licor. Os poemas parecen sinxelos pero chegar aí é moi difícil. O seu corpo, pola enfermidade e a dor foi unha loita constante.
–Cre que Pereiro é o gran descoñecido para a xente nova?
–Penso que non. Os seus libros vendéronse ben. Os da miña xeración tiñámolo coma un mito. Para o gran público… Era máis coñecida María Mariño que Lois? Eu penso que non. Este ano por primeira vez a RAG non vende o cadáver exquisito de tódolos anos do ano catapún-chimpún.
XERAIS











Os organizadores da Feira do Libro de Vigo acaban de facernos chegar a noticia de que finalmente será posible realizar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o mércores 7, ás 20:30 horas, xa que o concello de Vigo decidiu realizar a proxección do partido do campionato mundial de fútbol nun espazo do Castro. Xerais agradece as xestións realizadas polos organizadores da Feira do Libro, ao tempo qe saúda a rectificación do concello de Vigo, a promoción da lectura e o fomento do deporte e do lecer, nunca foron incompatibles.
Unha moi interesante opción esta lectura de
O pintor do sombreiro de malvas
Da man da Asociación Cultural Barbantia,
Marcos Calveiro

Un adolescente é enviado pola súa nai dende París a pasar cunha tía unha boa tempada na vila de Auvers.
O pintor do sombreiro de malvas é o título da novela galardoada co último
V. Oliveira entrevista a Marcos Calveiro en Galicia hoxe con motivo da obtención do 
Segundo anunciou hoxe a