Xesús Manuel Marcos na Feira do Libro de Monforte

27 Agosto 2010

Asinatura,Autores,Feiras_do_libro,Fóra de Xogo,Narrativa

Hoxe, venres 27 de agosto, a partir das 20:000 horas, o escritor Xesús Manuel Marcos asinará exemplares das súas obras na Feira do Libro de Monforte. Xesús Manuel Marcos é autor da serie «O Brindo de Ouro», da que se levan publicadas dúas novelas, A chamada do Brindo e A Táboa da Hospitalidade, e dunha xa extensa obra narrativa entre as que destacan títulos como A lúa dos Everglades (Premio Terra de Melide 2007) e Fonte de Esperante.