Jaureguizar estará no Nadalxogo de Compostela asinando exemplares dos seus Tintimán

20 Decembro 2010

Animación á lectura,Eventos,Infantil,Narrativa,Tintimán,Xuvenil

O escritor Santiago Jaureguizar estará no Nadalxogo, en Compostela, asinando exemplares do seu libro Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela, os días 23, 25, 27 e 28 de decembro, así como o día 2 de xaneiro. O Concello de Santiago está a empregar o personaxe Tintimán durante as actividades de Nadalxogo a fin de promocionar a lectura e promover o coñecemento da cidade.

Podes atopar a Tintimán, o reporteiro máis novo e arrichado do país, dentro do Espazo Tintimán do Nadalxogo, no Multiúsos Fontes do Sar de Santiago, entre o 23 de decembro e o 3 de
xaneiro. Tamén haberá obradoiros.

Obradoiros

Para ser un auténtico Tintimán, podes escoller entre dúas actividades:
• Obradoiro de animación en plastilina: Tintimán ten que buscar os pés á estatua de Cervantes. Para botarlle unha man, podes elaborar personaxes en plastilina e decorados para rodar a túa propia curtametraxe.
• Obradoiro de cociña. Nunca serás un Tintimán verdadeiro se non sabes cociñar corazóns de chocolate. Aprendéfacer este saboroso doce de biscoito e chocolate.

Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios, o amor pola aventura e un axitado traballo de xornalista.  A cidade de Santiago de Compostela é un escenario emocionante e arriscado para o primeiro misterio que ten que descubrir.  O reporteiro investigará se realmente existe a Irmandade Xelmírez, unha seita perversa, ou se só é unha lenda. Señor Grozni, un gato cun parche nun ollo, e Mónica, unha amiga que asegura ser a súa moza, achegaranlle a axuda precisa para que Tintimán descubra a verdade.

Baixa toda a información sobre Tintimán e Corazón de chocolate. Un misterio para Tintimán en Compostela.

Chuzame! A Facebook A Twitter