En apenas dúas semanas chegarán ás librarías os exemplares de Melancolía de sofá, o primeiro libro de Luisa Castro no catálogo de Xerais. O volume recolle unha antoloxía da obra xornalística en galego que a autora de Baleas e baleas publicou nesta primeira década de 2000.
A quen se dirixe un escritor cando escribe? Só se pode dicir algo desde a máis radical intimidade, desde a renuncia absoluta a auditorio ningún. E que fai un escritor publicando nun xornal? Ten algo que dicir? Quere facelo, en realidade? Á contradición de escribir haille que sumar a de pretender influír na opinión da actualidade. Melancolía de sofá é un libro que reúne artigos de Luisa Castro publicados ne galego ao longo de seis anos, onde se dá conta do comenzo do novo século desde o sentir axitado de quen cría saber e debe descubrir, desde a sorpresa de quen debe escribir e desexaría calar. En todos eles o lector ha de atopar ese debate que é a marca da súa autora: pódese dicir algo que non sexa gratuíto? Pódese en realidade escribir sobre algo?
XERAIS