María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, de Charo Portela, ilustrado por Jaime Asensi.
Un labor exemplar
Paz–Andrade paraos máis novos
No 25º aniversario do seu pasamento homenaxéase a V. Paz– Andrade no Día das Letras Galegas. A súa personalidade cautiva dende o comezo, o seu espírito incansable fai do seu traballo un valiosísimo legado para toda Galicia.
Ao abeiro deste recoñecemento Charo Portela Yáñez publica na colección “Merlín” de Xerais un libro que divide en dúas partes; unha primeira que vén ser un percorrido polos momentos significativos da vida do pontevedrés e unha segunda, onde se recollen oito mostras dos seus textos máis representativos. Exemplos de Pranto matricial (1955), Sementeira do vento (1968), Cen chaves de sombra (1979) ou A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978) aparecen aludidos neste apartado para que os lectores mozos se acheguen á figura de Paz- Andrade de forma amena, coñezan retallos do seu dilatado quefacer literario e avalíen non só o puramente artístico, senón tamén aspectos como o tempo e o espazo no que se desenvolveron os acontecementos narrados como parte da historia do País e, se é o caso, os poñan en relación coa situación actual da nosa Terra, feito que lles permitirá, quizais, entender un pouco mellor as claves que rexen o funcionamento do mundo.
Pola súa parte, as imaxes que Jaime Asensi elixe para ilustrar o texto de momentos da vida do escritor homenaxeado e de portadas de libros revelan un testemuño da época certamente interesante.
XERAIS














Unha nova colección de aventuras vén de irrumpir no panorama literario galego. Con dous títulos, Tintimán, pseudónimo de Uxío Lobo, acaba de chegar para instalarse entre os mozos aos que lles atrae o risco, a historia e as fortes emocións. O seu autor
Cama e conto
A
A existencia de valados físicos e imaxinarios é hoxe en día unha realidade espallada por case todo o mundo e somos nós, as persoas, os que os construímos con táboas, formigón armado ou prexuízos do máis diverso. Nun momento dado non se sabe –ou si– por que alguén decide erguer unha fronteira e impedir o trafego de vida, preservando ideas, modos de vida, mesturas.
O flamante gañador do Premio Merlín 2009 amosa os seus dotes de
O mundo dos soños e da ensoñación ofrecen ao escritor a posibilidade de crear e recrear universos fantásticos onde rexen as coordenadas da vontade, do desenfado, do absurdo ou da lóxica segundo a situación. Todo funciona o se desbarata cando un ente estraño invade un territorio e tamén o espazo vital se enrquece ou empobrece cando algo é afín ou contrario ao considerado modelo.
Da man de Edicións Xerais de Galicia chega Mariquiña a andoriña, unha carteira ben singular que percorre Galica entregándolles correspondencia a outros iguais. A pega, o paporroibo, a pomba, a bubela ou o galo son algúns dos destinatarios das súas cartas a Tui, Vigo, Pontevedra, Ferrol, Lugo ou O Corurel, os lugares aos que se despraza a andoriña para cumprir co desexo do emisor de que a súa mensaxe sexa ben recibida. Son mensaxes de seres queridos que dalgunha forma alegran a vida ao seren compartidas cos demais, así Amador, o paxaro pescador, recibe carta do seu irmán Xaquín dende Pequín; da mesma fora que Piruco, o cuco, é convidado a unha papadela, ou Lalo, o urogalo, recibe unha canción do seu sobriño Paspallás, o gaiteiro que fai música co seu peteiro.
María Navarro publica hoxe en «Faro da Cultura» unha crítica sobre 

