As traducións ao inglés de «Non son de aquí», de María do Cebreiro, e da «Poesía completa», de Lois Pereiro optan ao Premio Popescu

10 Xuño 2011

Autores,Noticias,Poesía,Premios,Traducións

O poemario Non son de aquí, de María do Cebreiro, publicado en galego por Xerais e traducido ao inglés por Helena Miguélez-Carballeira, así como a Poesía completa de Lois Pereiro, traducida por Jonathan Dunne, optan ao prestixioso Premio Popescu para a tradución de poesía, que outorga a Poetry Society británica con carácter bianual. Ao premio compiten 73 candidaturas de 25 idiomas e será fallado no vindeiro mes de setembro.

«Non son de aquí» de María do Cebreiro traducido ao inglés

27 Abril 2010

Autores,Poesía,Traducións

I Am Not from Here, da poeta e profesora María do Cebreiro Rábade Villar (Santiago, 1976), é o titulo da tradución inglesa de Non son de aquí (2008) preparada por Helena-Miguélez Carballeira, directora do Centro de Estudos Galegos da Universidade de Bangor (Gales) para o selo británico Shearsman Books.

Xornal de Galicia preparou unha ampla información sobre esta importante noticia. Parabénes a María do Cebreiro.

«Non son de aquí», presentación en Compostela

24 Abril 2009

Noticias,Poesía,Presentacións

xg00161401Hoxe, venres, 24 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago presentarase Non son de aquí, o poemario de María do Cebreiro. No acto a autora estará acompañada por Manuel Darriba, Daniel Salgado e o editor Fran Alonso.

«Non son de aquí», crítica en «Protexta»

2 Abril 2009

Críticas,Poesía,Xerais_nos_medios

cebreiro_protexta1Xabier Cordal publica no Protexta 09 unha crítica sobre os poemarios máis recentes de María do Cebreiro, entre os que está Non son de aquí.

Finalistas premios AELG2008

18 Marzo 2009

Ensaio,Narrativa,Noticias,Poesía,Premios

Déronse a coñecer hoxe as obras finalistas dos premios AELG as mellores obras literarias do pasado ano 2008. En case todas as categorías son numerosas as obras editadas pola editorial.  Os membros da AELG poderán emitir o seu voto ata o 5 de maio.

Literatura infanto-xuvenil (Aelg-Gálix):
1. A Cabeza de Medusa, Marilar Aleixandre
2. Caderno de animalista, Antón Fortes Torres
3. Fume, Antón Fortes Torres
4. O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo
5. PAlAbrAs brAncAs, Elvira Riveiro

Poesía:
1. A melancolía dos corpos, Xulio López Valcárcel
2. Acendede as almenaras: cántigas de amor, de amigo e de escarnio, Bernardino Graña
3. Amor Amén, Iolanda Zúñiga
4. Construcións, Eduardo Estévez
5. Cultivos transxénicos, Carlos Negro
6. Hordas de escritura, Chus Pato
7. Látego de algas, Antón Reixa
8. Libro de Alicia, Olalla Cociña
9. Migracións. Rafa Villar
10. Non son de aquí, María do Cebreiro
11. O xeito de Freud, Carlos Lema
12. Reversos: días adiados, Ramiro Fonte

Teatro:
1. Fume / Insomnio, Rubén Ruibal Armesto e Carlos Losada Galiñáns
2. Historia da chuvia que cae todos os días, Roberto Salgueiro
3. Nachtmahr, Raúl Dans
4. Unha primavera para Aldara, Teresa Moure

Ensaio:
1. Anti Natura, María Xosé Queizán
2. Caderno de notas, Jenaro Marinhas del Valle
3. Fendas abertas: seis ensaios sobre a cuestión nacional, Carlos Taibo
4. Fin de século en Palestina, Miguel Anxo Murado
5. Historia de Ourense, Marcos Valcárcel
6. Miro Casabella e a nova canción galega, Xan Fraga
7. O espírito da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios, Luís G. Soto
8. O natural é político, Teresa Moure
9. Por unha Galiza liberada e novos ensaios, Xosé Manuel Beiras

Tradución:
1. A conxura dos necios (John Kennedy Toole), Eva María Almazán García
2. As flores do mal (Charles Baudelaire), Gonzalo Navaza
3. Cantos e fragmentos (Safo), Raúl Gómez Pato
4. O xiro postal (Sembène Ousmane), María Isabel García Fernández
5. Un home na escuridade (Paul Auster), Eva María Almazán García

Narrativa:
1. A choiva do mundo, Xosé Manuel Pacho Blanco
2. A verdade como mal menor, X. Luís Martínez Pereiro
3. Costa Norte/ZFK, Xurxo Borrazás
4. Festina lente, Marcos S. Calveiro
5. Memoria de cidades sen luz, Inma López Silva
6. O libro das viaxes imaxinarias, Xabier P. DoCampo
7. O profesor de vegliota, Manuel Veiga
8. O xardín das pedras flotantes, Manuel Lourenzo
9. Os nomes do traidor, Xurxo Sierra Veloso
10. Shakespeare destilado, Xesús Constela

«Non son de aquí», palabra e lugar

3 Xaneiro 2009

Críticas,Poesía,Xerais_nos_medios

Iago Castro Buerguer publica hoxe no suplemento «Nós» do Xornal de Galicia esta crítica sobre o poemario Non son de aquí de María do Cebreiro.

xg00161401Que nada lle sexa alleo: velaquí o principal e máis ambicioso compromiso de María do Cebreiro co poema, como volve demostrar co libro de recente publicación de Non son de aquí (Xerais). «A poesía é o gran milagre do mundo!», escoitoulle un día María a Pimentel, e entón a decidida exploradora do verso deu en peneirar palabras, discursos, recordos e todo canto lle puidese ser descoñecido ao poema –inxente traballo malia tanta historia–. E tamén procurou xeografías de seu: Santiago de Compostela, Lisboa, Sintra, Madrid, Granada, A Coruña, Biscaia, Ámsterdam, Bangor… porque a única ilusión posible de dominar as palabras é ligalas a un espazo. Mais, que son os lugares senón alí onde situamos a memoria?

A casa poética de María do Cebreiro non ten paredes. Tirounas para ir na busca desesperada das palabras que foron as súas algunha vez e que sabe perdidas. Pódese pasar sen chamar e estar ben a gusto cos poemas que só caben nos seus libros. pero ollo, a súa poesía non se pode confinar, cómpre levala canda nós. É de vento. Non é de aquí. Lendo os seus versos estamos condenados a ser libres. Iago Castro Buerguer.

María do Cebreiro no «Diario Cultural»

21 Decembro 2008

Entrevistas,Poesía,Xerais_nos_medios

cebreiro-320x200O pasado xoves, 18 de decembro, María do Cebreiro foi entrevistada no Diario Cultural con motivo da aparición do seu poemario Non son de aquí.