Marcos Calveiro e Pere Tobaruel falaron de como constrúen a novela histórica

2 Maio 2012

Mesa Redonda,Narrativa,Reportaxes

Reproducimos a reportaxe de Montse Dopico en Dioivo sobre a mesa redonda de onte na Feira do Libro de Santiago, organizada por RedeLibros onde participaron Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente ) e Fran Zabaleta (Medievalario).

 

A novela histórica, testemuña da utopía cotiá

Venecia é un labirinto. Unha maraña por terra, mar e aire. Un dédalo atravesado por cento cincuenta canles, salvadas por máis de trescentas pontes de madeira e pedra á sombra de cento corenta campaniles e de setenta igrexas e capelas. Dispostas teselas que conforman o máis grande e fabuloso mosaico do universo”. O escritor Marcos Calveiro comeza boa parte dos capítulos da súa novela ‘Settecento’ con descricións coma esta. Mais, curiosamente, nunca visitou a cidade italiana.

‘Settecento’ xurdiu, ademais, dunha imaxe. O autor leu nunha revista de música que en Venecia houbera un tempo no que os aprendices dos luthiers pelexaban até a morte no porto polas mellores madeiras para os seus xefes. Contouno na Feira do Libro de Santiago, nunha mesa redonda sobre a novela histórica. Advertiu ao principio de que, nin el, nin os seus compañeiros no debate, Pere Tobaruela e Fran Zabaleta, coñecían os segredos do xénero. Pero algún nos revelaron.

Cada un deles ten o seu método. O de Marcos é, segundo el mesmo o definiu, “caótico”. Comeza polo capítulo final e despois escribe o resto, sen guión sobre os personaxes. Traballa escoitando música. Documéntase moito, -le libros, vai aos arquivos-, pero non toma notas. Nin considera a rigorosa exactitude histórica como “un dogma de fe”, pois o que fai é, -lembrou-, literatura, e non historia.

Pere e Fran son máis sistemáticos, aínda que, no fondo, o seu xeito de traballar non é tan distinto ao de Marcos. Pere consulta historiadores. Mesmo para detalles como, -contou a anécdota na Feira do Libro- se o almorábide levaba roupa branca ou verde. Fran traballa co seu guión, e preocúpalle que o lector poida sentirse enganado se se decata dalgunha inexactitude histórica. Pero recoñece que, moitas veces, os personaxes atopan o seu propio camiño, diverxente do que el nun principio lles planeara.

Cada un deles presentou o libro doutro. Pere dixo de ‘Settecento’ de Marcos que para escribir liñas como as que encabezan esta crónica, tiña que ter toda a información sobre a cidade moi ben lida e dixerida. Marcos confesou que botaba de menos no libro de Fran, ‘Medievalario’, que non estivese en galego, pois a historia pídeo. Mais sinalou tamén que, para el, o importante na novela histórica non é a profusión dos datos, senón a súa achega á vida cotiá da época que recrea. Cualidade que, -subliñou-, si amosa ‘Medievalario’.

Fran apuntou, pola súa banda, ao xeito no que Pere conta a viaxe dunha investigadora catalá a Galicia ao tempo que narra a volta dunha familia catalá asentada en Galicia a Cataluña, no tempo da industria da salgazón. Mais o máis importante, -sinalou-, é que a acaba falando dos seres humanos, “dos motivos que nos levan e nos traen”, da arela de buscarnos a nós mesmos, que é o que distingue as boas novelas.

Unha das conclusións da mesa foi que, malia todo o traballo de documentación e todo o esforzo por darlle verosimilitude ás historias, os novelistas son “grandes mentireiros”. Porque para que che crean tes que mentir, traspasar a liña entre ficción e realidade. Marcos explicou que el partía sempre dunha idea, unha imaxe… algo como un billete de 25 pesetas que nos ensinou. Un agasallo da súa avoa, no que alguén escribiu algo para outra persoa de aquí desde Alemaña. “Aquí hai unha novela”, dixo.

Fran asegurou que a el, o que o “fascina vitalmente”, son as utopías. As loitas da xente que se rebela contra o poder establecido. E esa foi outra das conclusións da mesa: a novela histórica ten que apuntar a esas loitas cotiás, aos heroes anónimos. Ás cousas pequenas. Porque, dicía despois Pere, a historia é cíclica e sempre pasa o mesmo: o poder tenta manipular aos de abaixo. E, xa que a novela é un xeito de coñecer a realidade, bo é que olle a esas loitas.

Montse Dopico

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais na Feira do Libro de Santiago

25 Abril 2012

Feiras_do_libro,Presentacións

A FEIRA DO LIBRO DE SANTIAGO e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA
comprácense en convidalo/a aos seguintes actos:

  • Día 1 martes, 20:00 horas: Mesa redonda, organizada por REDELIBROS, “Os segredos da novela histórica” coa participación de Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente) e Fran Zabaleta (Medievalario).
  • Día 2 mércores, 19:00 horas: Presentación de O silencio de Mario Regueira. Intervirán: Arturo Casas, Manuel Bragado e o autor.
  • Día 2 mércores, 20:00 horas: Presentación de Dark batterfly de Rexina Vega. Intervirán: Armando Requeixo, Rosa Enríquez, Manuel Bragado e a autora
  • Día 3 xoves, 20:00 horas: Presentación de Os fillos do mar de Pedro Feijoo. Intervirán: Suso de Toro, Sergio Zearreta, Manuel Bragado e o autor.
  • Día 5 sábado, 19:00 horas: Presentación de transmuta, de Xabier Cordal. Intervirán: Arturo Casas, Oriana Méndez, Mónica Camaño, Manuel Bragado e o autor.
  • Día 5 sábado, 20:00 horas: Presentación de Iria de Anxo Angueira. Intervirán: X. L. Méndez Ferrín, Manuel Bragado e o autor.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

“Os fillos do mar”: Unha historia que se pode ler no Vitrasa

19 Abril 2012

Narrativa,Presentacións

Texto de Marcos Calveiro na presentación de onte en Librouro

Sirve a literatura galega para ler no Vitrasa?

E respondendo a túa pregunta, amigo Simón, sobre que clase de historia de pode saír dunha mente tan retorta como a que Pedro  Feijoo parece que ten, e isto dixéchelo ti, non eu. Que non quero leas co autor, aquí de corpo presente. Pois é ben sinxela a reposta: unha historia que se pode ler no Vitrasa. É non é quitarlle méritos a historia, ao contrario. Explícome.
Porque, amigo Simón, eu vou farto de tomar o vitrasa en Vigo, o 17, o C3, o C5, e atopar a un feixe de xente de todas as idades a ler, e nunca xamais vin un libro galego, por que?
A literatura galega non sirve para ler nos vitrasa? Non……..
Están mal impresos os libros galegos e as liñas saltan co troupeleo do bus polas rúas costentas da cidade o que fai imposible a súa lectura? Non…………………
A empresa prohibe ler libros galegos no autobús? Non………………aínda que todo se andará.
Non nada diso, o problema non está nos vitrasas, aínda que ben podían mellorar a súa frecuencia, nin tampouco nos lectores, amigo Simón. Permíteme a familiaridade, pero xa é como se nos coñecésemos de toda a vida
Onde está entón? Nos autores e editores. E aquí entoo un sonoro mea culpa pola parte que me corresponde como autor, e o editor aquí ao meu carón debería facer o mesmo.
Se che digo a verdade, non sei en que momento a meirande parte dos autores galegos perdemos a cabeza. Toleamos sen remedio perseguindo un xigante que logo resultou ser un muíño,  procurabamos un soño inalcanzable, o Santo Grial da nosa literatura: A GNG (A Gran Novela Galega). E nesa insensata procura perdemos o norte, non buscabamos lectores, que va,  tanto nos tiñan. Queriamos pasar a eternidade, alcanzar o parnaso, normalizar o  noso sistema literario dunha vez por todas, poñer en fin o cascabel, ao gato das nosas letras. E nesa fuxida moitos esquecémonos dos lectores e do primeiro mandamento da  novela, aquel que Dumas, Verne, Dickens ou London tiñan gravada a ferro quente nas súas cabezas cando escribían: EN-TRE-TE-MEN-TO. O primeiro obxectivo dunha novela é entreter ao lector, enganchalo, levalo como nunha vagoneta na montaña rusa da trama a carón dos seus protagonistas.
Ese é o pecado orixinal, que moitos autores galegos cometemos cando escribimos. Perdémonos en florilexios e fogos de artificios postmodernos e esquecémonos do esencial, do pracer de contra unha historia que atrape toda a atención do lector, como fixo Sherezade co Sultán ou o cego co seu cantar ou Tusitala cos habitantes dos mares do sur. Porque levamos contando dende a noite do tempos, porque construímonos con cada relato escoitado, con cada relato transmitido. Somos, todos, relato, amigo Simón. Coma ti, todos os que estamos aquí somo personaxes dunha ficción, que neste mesmo intres, nalgures alguén relata ou está a escribir. A vida é ficción. A realidade non existe, é o relato que fan do que nos acontece, un relato que logo nós adaptamos, mudamos ou agochamos. As liñas da vida escríbenas por nós, os que mandan os que manipulan, os demais, eles son os que escriben o noso relato. Son moi poucos, os afoutos, os clarividentes, os que son quen de escribir o seu propio relato, a súa propia ficción, a súa propia vida.
E que ten sito que ver coa túa historia, estaraste a preguntar, amigo Simón. Moi sinxelo, a túa  historia, a  que  escribiu  Pedro,  pódese ler  no  vitrasa, eu  fíxeno e ata me pasei varias   paradas, e en vez de baixar en Teis acabei en Chapela.
Porque “Os Fillos do Mar” engancha, mergúllaste nela xa non es quen de saír. Queres saber máis, coñecer todo, descubrir o que pasa. E volvemos ser coma nenos, coma cando lle roubabamos horas ao sono, lendo á luz dun lanterna baixo as mantas mentres os nosos país pensaban que durmiamos. Eu volvín recuperar esa sensación de novo, unha sensación que  moi de cando en vez atopo na lectura dunha novela.
Porque a trama da túa historia, amigo Simón, é un preciso reloxo suízo no que cada peza está ben engraxada para que as agullas avancen segundo a segundo, inexorables, como o propio relato da vida. Por iso e tan difícil falar da novela, da súa trama, porque facelo pode levarnos a mover unha desas pezas  xa non sería o mesmo, poderiamos estragar ese prezado mecanismo interno.
Pero non todo é trama, con iso, non chega para entreter, ten que haber algo máis? E que é, preguntaraste. Moi sinxelo, es ti Simón. En canto te coñecemos, simpatizamos contigo. Porque, amigo Simón, e terás que recoñecermo, es un miñaxoia. Ti poderías ser calquera de nós, non es o heroe afouto e indestrutible. Diso nada, pasas toda a historia a mercé dos acontecementos e zarandeado por algúns dos teus compañeiros de reparto: nazis, narcos, matachíns brasileiros… Sempre vas por detrás, incluso do lector, mais ao cabo, redímeste, e tomas as rendas da túa historia con determinación, quizabes por amor, quizabes…
Xa temos a trama, a empatía co protagonista, contigo Simón. Mais queda algo máis aínda. O topos do que falaban o gregos, permitídeme a pedantería, un lugar onde recoñecernos, e este lugar e Vigo, a cidade que soñaron un feixe de arquitectos,  a cidade que foi, e que xa non é pois a esnaquizamos. Do paseo de Alfonso, ao Novo Derby, da cervexería o Sireno, ao vello mercado da Laxe. Levamos estas rúas costentas baixo as unllas dos dedos como a roña, precisamos delas.
Tiveches moita sorte, amigo Simón, para min foi unha honra acompañarte nesta historia, e se che digo a verdade, nalgún momento desexei con todas as forzas  estar do outro lado do espello, ao teu carón na ficción, para axudarte na túa empresa cando máis perdido estabas . Mais non estaba na miña, agardo que Pedro lle poña remedio na súa próxima novela.
E facédeme caso, mercade o libro, irvos  a unha parada de vitrasa, coller o o primeiro que pase e viaxade co amigo Simón. Non vos defraudara.

Marcos Calveiro

Chuzame! A Facebook A Twitter

Mesa redonda sobre “Os segredos da novela histórica”

14 Marzo 2012

Mesa Redonda,Narrativa

O venres 16 de marzo, na Libraría Paz de Pontevedra, convidámosvos á unha incursión na novela histórica:

Os segredos da novela histórica

Coa participación de: Marcos Calveiro (Settecento), Pere Tobaruela (Poñente) e Fran Zabaleta (Medievalario). Queremos que sexa unha oportunidade para falar sobre a novela histórica escrita en Galiza e sobre os procesos de creación. Aquí tedes o plan da mesa:
Primeira parte: Presentación das obras e debate en torno ao tema “Qué é a novela histórica?”

Segunda parte: Coloquio aberto sobre os procesos de elaboración da novela histórica: documentación, redacción, vocabulario, recursos, tratamento dos personaxes, verosimilitude…

Terceira parte: Proposta de elaboración de relatos ambientados nos universos literarios dos autores participantes, utilizando personaxes, situacións e ambientes descritos nas historias orixinais, en colaboración con Redelibros, que publicará os relatos resultantes.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro: «A literatura infantil e xuvenil é o primeiro elo na formación lectora». Entrevista de Ramón Nicolás en Que Leer

8 Febreiro 2012

Entrevistas,Infantil,Narrativa

Ramón Nicolás publicou na revista nº 173 unha entrevista con Marcos Calveiro. No seu blog, Caderno da Crítica, ofrécea traducida ao galego.

Marcos Calveiro: «Os personaxes mandan»

Poeta, biógrafo, responsables de novelas de fondo histórico para adultos e destacado autor da literatura xuvenil galega fálanos dos seus proxectos e das súas  últimas obras.

Marcos Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968) exerce a avogacía na cidade de Vigo, onde vive, compaxinando este labor coa literatura. En narrativa para adultos destacan as súas novelas Festina lente e Settecento e no ámbito da literatura xuvenil colleitou numerosos éxitos en forma de galardóns literarios e unha indiscutible aceptación entre o lectorado. Neste último xénero destacan, entre outros, O carteiro de Bagdad, O pintor do sombreiro de malvas ou, o máis recente, Centauros do deserto (Rodeira/Edebé), co que conseguiu o premio Raíña Lupa.

Realizou unha orixinal biografía de Lois Pereiro este ano pasado. Que supuxo para vostede este traballo?
Era a primeira vez que aceptaba un encargo e ademais dunha obra de non ficción. Foi o maior reto ao que me enfrontei como escritor, o de maior responsabilidade e tamén o que máis me cambiou, sobre todo como persoa. E iso que ao final, desesperado pola miña propia incapacidade, fixen algo de trampa e a obra saíu con moita ficción.

O seu O pintor do sombreiro de malvas, co que conseguiu numerosos premios, segue reeditándose. Cal cre que foi clave do seu éxito?
Supoño que a emoción. Unha historia emotiva e emocionante polo que me comentan os lectores. Unha historia  na que tiven un guía extraordinario que nunca volverei ter: o propio Van Gogh coas súas palabras e os seus cadros. Gran parte do éxito débolla a el, á súa sensibilidade como artista e como persoa.

Centauros do norte foi a súa última publicación. Que pesa máis nela: a revisión histórica, o cinema, a acción?
O pasado, a miña propia memoria de infancia: a dun neno que quedaba pasmado diante do televisor vendo un western tras outro. O Sétimo de Cabalaría,  Xerónimo, o xeneral Custer, o derradeiro mohicano, Shane, o Mississipi, as dilixencias, Grupo Salvaxe, a febre do ouro, Liberty Valance…

Reclamou con frecuencia a relevancia da literatura infantil e xuvenil galega, por que?
As cifras e os datos, ás veces fríos, avalan neste caso a miña reclamación: a LIX é o máis traducido, exitoso,  e premiado da literatura galega, pero aínda non se lle dá a importancia que debería ter. Só hai que ver a repercusión nos medios de calquera premio ou publicación de LIX para decatarse da súa escasa relevancia social en moitos casos. Cando publiquei a miña primeira novela para público adulto houbo moitos que descubriron que era escritor, cando xa levaba varias obras de LIX publicadas e premiadas.
A LIX é o primeiro elo na formación lectora, sen ela non habería futuro, os lectores, como os dinosauros, extinguiríanse.

Algún proxecto narrativo?
Estou a traballar, tras case un ano en branco no que non parei de viaxar por centros escolares. Trátase dunha novela de adultos en principio e aínda teño para moitos meses de traballo por diante. Non sei, é unha historia que se me meteu dentro e ata que consiga  botala fóra non poderei porme con outros proxectos de LIX que tiña máis inmediatos. Son da opinión de que son as historias ou os personaxes os que o escollen a un e non ao contrario. Eles mandan e eu obedezo.

Ramón Nicolás

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)

7 Decembro 2011

Autores,Feiras_do_libro,Noticias

O escritor Marcos Calveiro participou en diversos actos na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Reproducimos a información da súa intervención no Centro de Cultura Escrita Miguel Ángel Cuervo, en Colima.

 

 Marcos Calverio ofreció charla en Colima

Amena charla ofreció el escritor, oriundo de Galicia, España, Marcos Calveiro, en el Centro de Cultura Escrita “Miguel Ángel Cuervo”, ubicado en el jardín Corregidora de esta ciudad capital, como parte de las actividades que se realizan en Colima con la Feria Internacional del Libro a través del Programa Ecos de la FIL, bajo la organización del Gobierno del Estado mediante su Secretaría de Cultura, con apoyo del Fondo de Cultura Económica, Ediciones El Billar de Lucrecia y la Dirección General de Publicaciones del Conaculta.

Con la presencia de 150 alumnos de la escuela secundaria Enrique Corona Morfín, turno matutino; el novelista, quien participó hace unos días en la Feria Internacional del Libro en Guadalajara, Jalisco, estuvo en Colima para promover sus obras, hablar de su creación literaria y de sus inicios como escritor.

Antes de comenzar la charla, el Coordinador Estatal de Fomento a la Lectura de la S.C., Esaú Hernández, agradeció a Marcos Calverio por haber aceptado la invitación para estar en nuestra ciudad y compartir con estudiantes su experiencia en el quehacer literario, “y sobre todo tener la oportunidad de hablar con los jóvenes de lo que ha leído, de lo que ha escrito, y dejar para este centro y para todos ustedes una experiencia que tiene que ver con lo que él ha vivido y ha tenido que pasar y aprender para poder ser este escritor tan importante que es”, destacó.

Al comenzar la charla, Calverio recordó que su interés por escribir surge desde niño cuando escuchaba las fascinantes historias de narración oral que platicaban los habitantes de su lugar natal, por lo que decidió ser escritor, “y para mí escribir es viajar fundamentalmente, yo no escribo sobre mi país, ni con historias relacionadas con Galicia, para nada. Escribo de lugares, de países que nunca he conocido porque a través de la escritura se puede viajar con la mente, conocer sitios”.

Por lo anterior, destacó que le parece apasionante escribir novelas de países que no conoce, lo cual es fascinante ya que hace un viaje con la imaginación. Por tanto, destacó que ha publicado libros ambientados en Estados Unidos, Venecia, Irak, entre otros, “y curiosamente hace un año escribí una novela ambientada en México que era un país al que no conocía, me documenté sobre la revolución mexicana que fue en la época en la que me inspiré, en un episodio que habla de Pancho Villa. Después se publicó la obra y ahora estoy aquí conociendo México”, comentó.

El novelista gallego, en el 2005 publicó su primer libro y hasta la fecha cuenta con 15 obras publicadas, en su mayoría novelas infantiles y para jóvenes, así como un poemario. Es autor  de “Centauros del Norte”, “El cartero de Bagdad”, “Rinocerontes y quimeras”, entre otros volúmenes. Fue ganador del Premio Ala Delta, con “El cartero de Bagdad” (2008) obra incluida en la prestigiosa lista White Raven de ese año y del premio Barco de Vapor 2008 en lengua gallega. Ganó el premio Lazarillo 2009 con “El pintor del sombrero de malvas”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro participan na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México)

29 Novembro 2011

Autores,Feiras_do_libro,Noticias

Os escritores Agustín Fernández Paz, Rosa Aneiros e Marcos Calveiro participan na Feira Internacional do Libro de Guadalajara (México). Algúns xornais como Atlántico e El Correo Gallego, ademais da Asociación Galega de Editores, informan sobre a súa actividade alí a través de axencias.

 

Unha delegación de editores e escritores galegos atópase na cidade mexicana de Guadalaxara para participar na Feira Internacional do Libro, que comezou ou pasado 26 de novembro e prolongarase ata ou 4 de decembro. Agustín Fernández Paz, que ou martes recibirá ou Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil; Rosa Aneiros e Marcos Calveiro, son vos autores que protagonizan as principais actividades, especialmente con público escolar.

Así, manterán diversos encontros con integrantes de clubs de lectura que “previamente estiveron traballando” coas súas obras, sinalou Rosa Aneiros, e con estudantes de distintas idades. Ou acto principal celebrarase ou xoves 1 de decembro, cando Rosa Aneiros e Marcos Calveiro recibirán a un grupo de nenos e meniñas indíxenas dá Sierra de Durango, na zona centro-occidental do país, lindante co estado de Jalisco.

Trátase de novos tepehuanos do norte, unha dás máis de 60 etnias existentes en México que, segundo destacou Rosa Aneiros, “reciben unha educación bilinge” tanto en español como na lingua autóctona. “Será interesante explicarlles que hai outros lugares onde tamén se fala e estúdase nunha lingua propia”, sinalou a autora, en alusión ó galego.

“Algúns deles non saíran antes de Durango e para todo será a primeira vez que vingan á FIL”, explicou Rosa Aneiros que, xunto con Marcos Calveiro, falaralles de “como se constrúe unha historia” desde ou punto de vista literario, e dá importancia dous libros e a lectura para a formación dous mozos.

En canto a Agustín Fernández Paz, será entrevistado pola propia Rosa Aneiros nun encontro denominado ‘Ou pracer dá lectura’, que se celebrará ou mércores día 30. Ambos, xunto con Marcos Calveiro, participarán ao día seguinte nunha mesa redonda coa lema ‘Voces de Galicia’.

EDITORES

Na caseta colectiva dá Asociación Galega de Editores (AGE) e a Xunta de Galicia, representada polo presidente do gremio, Manuel Bragado, e polo director xeral do Libro, Francisco López Rodríguez, exponse unha selección do catálogo dunha vintena de editoriais. Delas, a única que conta cunha caseta propia na FIL é Kalandraka, á que se suma a empresa distribuidora de libros Arnoia, situada non pavillón internacional xunto coa caseta dá AGE.

A caseta de Kalandraka atópase ou pavillón nacional de México, xa que a editorial galega especializada en literatura infantil e xuvenil abacele a esta feira representando ó seu selo mexicano Libros para Soñar. Alí mantén encontros con editores, distribuidores, bibliotecarios e libreiros latinoamericanos e estadounidenses, ademais de promocionar as obras distinguidas co Premio Internacional Compostela de Album Ilustrado.

A Feira Internacional do Libro de Guadalaxara celebra este ano a súa 25 edición, na que Alemaña é ou país invitado. Non programa de actividades destaca a presenza de autores e ilustradores como Herta Mller e Jutta Bauer en representación dá delegación alemá. Tamén participan ou poeta Juan Gelman, ou novelista Mario Vargas Llosa e ou artista plástico Anthony Browne.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro falará de Lois Pereiro en tres Universidades alemanas

2 Novembro 2011

Conferencia

Os días 3-4 e 5 de novembro, o escritor Marcos Calveiro impartirá tres conferencias arredor da vida e obra de Lois Pereiro nos Centros de Estudos Galegos da Universidade de Tubinga, da Universidade de Heidelberg e da Universidade Libre de Berlín.

Marcos Calveiro publicou na colección Fóra de Xogo de Xerais a obra Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e Antoloxía no pasado mes de febrerio.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Finalistas de Xerais na VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento

26 Setembro 2011

Infantil,Noticias,Premios,Xuvenil

Publicamos o listado de libros de Xerais que resultaron finalistas en distintas categorías da VIII edición do Premio Frei Martín Sarmiento. Trátase dun premio que é outorgado a través da votación dos propios estudantes galegos.

2ª CATEGORÍA (3º e 4º de EP):

3ª CATEGORÍA (5º e 6º de EP):

4ª CATEGORÍA (1º e 2º de ESO):

5ª CATEGORÍA (3º e 4º de ESO e Bacharelato):

6ª CATEGORÍA ( adultos):

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro abriu, co seu pregón, a Feira do Libro de Monforte

26 Agosto 2011

Feiras_do_libro,Noticias

La Voz de Galicia recolle a información sobre a apertura da Feira do Libro de Monforte, que tivo a Marcos Calveiro como o seu pregoneiro. Reproducimos a información:

El escritor Marcos Calveiro abrió la decimocuarta Feira do Libro de Monforte con un pregón cargado de alusiones a Lois Pereiro y a la literatura, en el que también estuvieron presentes el alcalde y la concejala de cultura de Monforte, Severino Rodríguez y Pilar López, y el alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián. En su discurso, Marcos Calveiro destacó que había estado en la ciudad varias veces cuando se estaba documentando para realizar su libro biográgico sobre el poeta, Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. El escritor comentó, además, la tristeza que le provoca el cierre de muchas librerías que ha vivido durante su vida e hizo mención directa a la librería Mapa de Monforte, que cerró sus puertas hace más de un año. «O poder da literatura é maxia, cando unha libraría pecha, moita desa maxia pérdese», explicó Marcos Calveiro.

La figura de los libreros también fue un punto importante del pregón. «Non hai mellor compañeiro que un libro e, se non sabes cal escoller, acode ao libreiro», dijo el escritor en referencia a esta profesión. También destacó la gran importancia que han tenido para él los libros en las situaciones complicadas. «Nos momentos máis difíciles botamos de menos os libros e as lecturas», comentó Marcos Calveiro, que concluyó el pregón con una frase muy literaria: «Os libros poden mudar as vidas para sempre: avisados estades».

Debate sobre Lois Pereiro

Después del discurso, a las ocho y media se realizó una mesa redonda que trató sobre la figura de Lois Pereiro. A el debate acudieron el propio Marcos Calveiro, el periodista Xosé Manuel Pereiro, hermano del poeta que además fue el encargado de realizar el pregón de la anterior edición, Jacobo Fernández Serrano, autor de Lois Pereiro. Breve encontro, Iago Martínez, autor de Lois Pereiro. Vida e obra y Manuel Bragado, director de Edicións Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo

28 Xuño 2011

Autores,Feiras_do_libro

Actos de Xerais na Feira do Libro de Vigo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Rocío Moar Quintela sobre «Lois Pereiro. Vida e obra», de Marcos Calveiro

23 Maio 2011

Críticas,Fóra de Xogo

Os xornais La Opinión e Faro de Vigo publicaron unha recensión de Rocío Moar Quintela sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro. Reproducímola integramente:

En clave cinematográfica

Náufrago Lois

O avogado e narrador vigués Marcos Calveiro (1968) achéganos unha recomposición,en clave cinematográfica, da vida do poeta monfortino, que se completa cunha detallada cronoloxía, un caderno fotobiográfico e unha antoloxía poética.
Coa morte como marco (1997–2010) e cun ritmo demorado,viaxamos ata as primeiras escenas da súa infancia e adolescencia en Monforte, o período de creatividade entusiasta en Madrid, as ansias de descuberta nas viaxes por Europa a última etapa na Coruña, onde finaría, vítima da colza e da Sida, con 38 anos. A través dos diálogos descubrimos as ilusións, dúbidas e medos dun home cunha personalidade intelixente e creativa; a importancia que tiveron na súa vida a familia,a súa compañeira Piedade Cabo ou amigos como Manuel Rivas, Antón Patiño, Moncho Raíces… E tamén a necesidade constante de expresarse a través da escrita, buscando respostas ou no devalo entre a fuxida e a aceptación da morte.
Dun xeito paralelo, e menos explícito, seguimos o ronsel da chamada “Xeración de Transición” e do ambiente de liberdade que se respiraba entón en Galicia, Madrid e no resto de Europa.
Unha apertura que deu os seus froitos na literatura e nas artes pero que tamén provocou numerosos naufraxios.
Unha obra que se achega con respecto e sen dramatismos, á figura e á obra de Lois Pereiro, autor homenaxeado neste 2011 no Día das Letras Galegas.

Rocío Moar Quintela

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

20 Maio 2011

Críticas,Fóra de Xogo

O crítico Ramón Nicolás publicou unha pequena recensión sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro no suplemento Culturas de La Voz de Galicia. Reproducímola integramente:

Escenas dun guión vital

Tamén Marcos Calveiro revisa vizosamente os aspectos vitais e literarios de Pereiro adoptando unha estrutura ben orixinal que permite perfi lar, con espírito divulgativo e alta sensibilidade, todos os ángulos, mesmo aqueles menos espallados ou espiñentos, do biografado. Así pois, a través de vinte e dous breves capítulos articulados coma se fosen outras tantas escenas dun inventado guión cinematográfico construído con axilidade e alto poder comunicativo, o autor gaña certo distanciamento respecto do material exposto para reconstruír e describir momentos e situacións claves do universo Pereiro, especialmente afortunados por emocionantes, os que tira do faiado da memoria
familiar: esas «torres que o sostiveron» e que dalgún xeito Calveiro proxecta con limpeza no seu libro, engadindo unha cronoloxía e unha breve e significativa escolma poética do autor.

Ramón Nicolás

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Esther León Viloria sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

19 Maio 2011

Críticas,Fóra de Xogo

El Correo Gallego publicou unha recensión Esther León Viloria sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro.

Lois Pereiro por Calveiro: de escritor a protagonista

Biogafía do poeta monfortino, homenaxeado no Día das Letras Galegas, dirixida á mocidade a modo de guión cinematográfico

Marcos Calveiro (Vilagarcía de Arousa, 1968), un dos escritores da literatura infantil e xuvenil actual máis galardoado, adoita dicir que cando dá vida a unha historia non pensa no lectorado potencial, senón que son os editores os que o determinan. Nesta ocasión escribiu Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía a petición expresa de Edicións Xerais de Galicia. Fixou previamente, dado que se publicaba na colección Fóra de xógo, como receptor a mocidade, un destinatario que para este vigués de adopción non se diferencia moito dun público adulto con respecto ás súas preferencias lectoras.
Á marxe desta cuestión, non se trata dunha biografía ao uso, xa que se parte dun ficticio guión cinematográfico en homenaxe á paixón de Lois Pereiro (Monforte de Lemos, 1958-A Coruña, 1996) pola sétima arte. En realidade, as vinte e dúas fugaces escenas nas que se desenvolve este breve texto de cento cincuenta páxinas poderían resumirse en tres, seguindo un esquema clásico de presentación, nó e desenlace. En canto á ficcionalización, cómpre salientar que a singularidade do poeta, unida aos seus trazos representativos do conxunto da xeración dos 80, permiten deseñar un protagonista sumamente atractivo e repleto de matices.
Na primeira parte, a mo do de introdución, repásase a infancia e adolescencia en Monforte de Lemos. A través da evocación desta etapa ofrécense as mostras iniciais dun carácter soñador, unha afección temperá pola lectura e unha especial sensibilidade, motivo de preocupación de súa nai.
Na segunda, xa fóra da contorna familiar, aínda que preto de seu irmán Xosé Manuel, dáse noticia das múltiples experiencias vividas a cabalo entre Madrid e diversas cidades europeas (Berlín, Praga, París).
A terceira e última etapa da vida do monfortino está marcada pola enfermidade e remata coa súa morte, agardada pero non por iso menos dramática.
Na cronoloxía recóllese que Pereiro foi unha das vítimas da sida, un drama que incidiu especialmente en toda a xeración dos 80 en España.
Chama a atención que o feito de ser vítima da sida só apareza na cronoloxía, mentres que o envelenamento pola colza centra unha escena; así como a elección do enfoque á hora de abranguer a figura de Pereiro, que semella moi marcada pola empatía entre autor e autobiografado e tamén polo lectorado ao que se dirixe
en primeira instancia. Máis alá de posíbeis reparos, débese felicitar a Marcos Calveiro polo esforzo levado a cabo para achegar a vida e obra do poeta á mocidade a través dunha emotiva ficción con varias claves da súa poética, un álbum fotográfico e unha breve antoloxía na que se recolle un guión para a TVG xunto a fragmentos de Poemas 1981/1991 (1992), Poesía última de amor e enfermidade (1992-1995) (1995) e Poemas para unha loia (1997).

Esther de León Viloria

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro en La Región: «Lois era un santo, todos falan ben del»

18 Maio 2011

Autores,Entrevistas,Fóra de Xogo

O xornal La Región publicou onte unha entrevista de Rosé Carrera con Marcos Calveiro a raíz do seu libro Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Reproducímola integramente:

Marcos Calveiro, escritor. Autor de Lois Pereiro. Náufrago do paraíso

«Lois era un santo, todos falan ben del»

Marcos Calveiro recibiu hai pouco máis dun ano a encarga de escribir un libro sobre Lois Pereiro, o poeta que o marcara na súa mocidade, cando andaba á procura doutras literaturas que o conectasen coas súas inquedanzas, propias dun rapaz que viña dunha cultura urbana e cosmopolita. O traballo de biógrafo, confesa, non foi doado. Ao final, o resultado foi un libro, “Lois Pereiro. Náufrago do paraíso”(Edicións Xerais, 2011. Colección Fóra de Xogo) no que mostra escenas da vida de Lois Pereiro, reais e ficcionadas, a xeito de guión de filme imaxinario. Marcos Calveiro, nado en Vilagarcía en 1968, aínda que afineado en Vigo dende a súa infancia, é autor de libros coma” O Carteiro de Bagdad” ou “O pintor do sombreiro de malvas” e obtivo, entre curros, o Premio da Crítica 2008 e o Premio Irmandade do Libro 2009 por “Fest’malente”. Como escritor de literatura xuvenil, o que máis me atraeu foron as escenas do Lois neno”, sinala. Comezamos a entrevista coma el, tamén a xeito de guión. Interior. Café. Día. A cita con Calveiro ten lugar nun café de Vigo onde adoitan xuntarse coñecidos intelectuais á hora do vermú. O ruido constante do caír de moedas dunha máquina comecartos obrigaa un cambio de mesa para que o acto de comunicación tmnscorra de vagar, sen interferencias.

Vostede non coñeceu en vida a Lois Pereiro. Como foi o seu achegamento a súa vida?
Pois foi un problema. Eu era un admirador da súa poesía, da dúa obra. Tiña algunhas referencias da súa vida, pero moi xustiñas. Eu fago ficción, normalmentee, esta era a primeria vez que me enfrontaba a un libro de non ficción, o que me obrigou a andar e unha gravadora a costas, entrevistando a amigos, familiares, visitanto lugares… Un traballo de meses no que problema foi como organizar o material porque non quería facer unha biografía ao uso.

Un traballo e un labor que roza ás veces a liña co xénero xornalístico.
Ese era curro problema. Eu non son xornalista, non estou afeito a preguntar e meter o dedo na chaga. Ao final, non me atrevín a sacar a gravadora, por pudor de biógrafo, supoño. Non me atrevín a sacala no medio dunha conversa coma se fose unha arma de destrueión masiva. Así que cando estaba só tratabade transcribir todo o que me comentaran antes. Un día en que debía estar inspirado, viume a ilumación de construír, xa que el era un gran cinéfilo, unha especie de guión de cine imaxinado que non se rodara xamais. Son pezas soltas, recreando cousas da súa vida, algunhas que parten dunha anécdota real e que eu ficciono e outras que son pura ficción miña, tratando de respectar ese Lois que todo o mundo me retratara nas súas conversas.

E como e a ese Lois do quel lle falaron?
Era un santo, un santo en vida. De verdade, todo o mundo fala moi ben del nas súas lembranzas. A memoria a constrúe un na súa cabeza, é algo moi mentireiro, pero os ollos da xente non minten. Todo o mundo falaba del coma un ser excepcional, xeneroso, boa persoa, encantador e moi retranqueiro.

Que opinan de resultado as persoas coas que falou e que saen reflectidas no libro?
Curiosamente o único que se queixou foi Xosé Manuel (irmán de Lois Pereiro), que me dixo que el quedaba como o malo da pelicula coma irmán maior. Pero claro, eu fun tamén o máis vello e sei o que representa iso cando tes irmáns pequenos. Pero, en principio, á xente gustoulle. Moitas cousas son ficción, pero mantendo e representando o espírito do Lois que eles coñeceron. Para min é motivo de orgullo. Pero non fago outra biografia. Nunca digas… Nunca xamais. Pero bueno, eu o fixen porque fun un dos que reivindicara este Día das Letras para Lois.

Os epítetos de poeta maldito, poeta punk.., quedan confirmados ou hai que ir máis aló do mito Lois Pereiro?
O malditismo é moi relativo. Era un poeta que estaba en boca de moita xente nova, que comezabamos a escribir en galego e nos gustaba a literatura galega, como alguén de referencia. Iso de maldito vai máis ben unido aco fatalismo da súa vida. Eo que ten de punk, pois tamén é moi relativo. Foi punk porque naquel momento había punk. Pero logo deixou de selo e coidaba moito a súa apariencia. Era un dandy, coma Bandelaire.

Está o Lois poeta, o Lois prosista, o Lois guionista, o letrista. Con quen se queda?
Todos nos quedamos co Lois poeta. “Poesía última de amor e enfermidade” é un libro de poesía obscena no sentido de que el se abre e conta a súa historia toda, o amor, a súa relación cos demais, coa súa adicción. Pero logo ten un texto como “Modesta proposición” que se adianta a panfletos dos que se está falando agora, como o “Indignádevos: A novela (“Náufragos no paradiso’) dun tipo que non se estilaba moito na literatura galega. É unha novela máis de estirpe europea, moi influenciada por Thomas Bernhard. A1gúns dos párrafos mellores de Lois están na novela. Prosa poéica, con imaxes moi potentes, expresionistas. Todo o mundo o asocia aos poemas e ao famoso “Narcisismo” que cantou Radio Océano (o grupo de música do seu irmán). Son poemas nos que se nota a pegada das linguas que dominaba e da música, do rock. É moi contemporáneo.

Todo iso marcou aos escritores que viñeron despois, como é no seu caso?
Creo que si. É unha referencia, da cidade, do mundo urbano e das súas propias referencias, que son cultísimas.

Rosé Carrera

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dolores Vilavedra fala de Lois Pereiro a través da «Poesía completa» de Ana Acuña e dos libros de Marcos Calveiro e Iago Martínez

13 Maio 2011

Clásicos,Críticas,Crónica,Fóra de Xogo

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «Ensaio para tempos anestésicos» aborda algúns dos libros publicados por Xerais en torno á figura de Lois Pereiro. Reproducimos os fragmentos referidos:

Na endeita de obras conmemorativas da nosa efeméride literaria anual salientan xa algúns textos que de certo están chamados a ser obras de referencia. Velaí o caso da Poesía completa de Lois Pereiro, editada por Ana Acuña para Xerais con todo o rigor filolóxico que se agarda dunha publicación deste tipo;
(…)

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, esta pensada para públicos máis novos. Estruturada ao xeito dun guión cinematográfico, permítenos tamén escoitar, nun contexto ficionalizado, as voces que acompañaron a Lois ao longo da súa vida. Estas son as vantaxes que ten conmemorar figuras recentes: que aínda é posible seguir o seu ronsel palpitante, procurar a súa pegada humana, que o paso do tempo aínda non borrou.

Algo distinta é a obra de Iago Martínez. Cun título aséptico e pouco estimulante, Lois Pereiro. Vida e obra, quen é un dos mellores coñecedores do poeta monfortino sorpréndenos porque demostra de facto algo no que non se adoita reparar, ou faise de xeito superficial, se cadra por mor da nosa propia ignorancia. Refírome ao feito de que moita da poesía desta época, e nomeadamente a de Lois, non se pode entender sen coñecer a música rock. Martínez revela a mesta rede de referencias intertextuais entre poemas e cancións que é clave na obra do monfortino, e faino coa mesma precisión e rigor ecdóticos que lle aplica á xenealoxía dos textos; se cadra, o único que lle falta é a banda sonora. Todo isto converte este traballo en obra de referencia imprescindible. Ao tempo, a veta xornalística do autor lévao a profundizar en aspectos que noutras monografías sobre Pereiro resultan un tanto desdebuxados, e estou a pensar no affaire da colza ou na intrahistoria da movida coruñesa. En fin, un feixe de páxinas tan vivas, profundas e ben escritas que, por arrebatadoras, compangan á perfección coa poesía de Lois.

Dolores Vilavedra

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista de Mar Mato con Marcos Calveiro: «Eu non escribo no folio en branco para sufrir senon para divertirme»

2 Maio 2011

Autores,Entrevistas,Xuvenil

A xornalista Mar Mato publica hoxe no Faro de Vigo unha entrevista con Marcos Calveiro, gañador esta fin de semana do Premio AELG na categoría Infantil e Xuvenil polo seu libro O pintor do sombreiro de Malvas. Na entrevista fálase tamén de Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, a biografía que Marcos acaba de publicar na colección Fóra de Xogo.

«Eu non escribo no folio en branco para sufrir senon para divertirme»

«Con Lois Pereiro, a RAG, por pirmeira vez, non vende o cadáve exquisito de tódolos os anos»

MAR MATO – VIGO O libro que recibira o premio Lazarillo 2009; o mesmo que foi ilustrado por Ramón Trigo e se expuso na exposición White Ravens na Feira do Libro de Bolonia deste ano escollido pola Bibioteca de Munich, O pintor do sombreiro de malvas, (Xerais), volveu esta fin de semana a recibir un galardón, o de mellor libro infantil-xuvenil da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. O seu autor, Marcos Calveiro (Vilagarcía, 1968), celebraba aínda onte o agasallo dos seus compañeiros por “recoñecer” un libro sobre os últimos días de Vincent Van Gogh.

–Participar na White Ravens deulle visibilidade internacional.
–Foi un recoñecemento implícito que a Biblioteca de Munich seleccionara esta obra en galego para esa exposición xunto a outros 250 libros de todo o mundo. Pode ser que un editor estranxeiro vexa a recensión na web alemana e decida traducilo. É destacable que na White Ravens sempre haxa un libro en galego a pesar de ser unha lingua de poucos falantes.

–Por que escribe vostede?

–Un autor pon moito da súa vida nos libros. Son unha parte importante da miña vida e eu pásoo pipa escribindo. Non escribo para sufrir no folio en branco. Si, hai moito traballo pero divírtome. Supoño que, como fun un gran lector dende neno, teño esa pulsión de escribir.

–Vén de pubicar Lois Pereiro. Náufrago do paraíso (Xerais), unha biografía atípica.
–A min, encargáronme facer unha biografía de Lois, o que aceptei de inmediato porque era unha honra, aínda que non o coñecín personalmente. Era a primeira vez que me encargaban un libro de non ficción, aínda que ó final foi ficción polos problemas que tiven.

–Problemas?

–Non pola familia, senón por min. Eu non son xornalista e a min púidome o pudor en moitas ocasións nas que non me atrevín a preguntar moitas cousas. Andaba cunha gravadora e non a empreguei porque me daba vergonza. Despois de darlle moitas voltas, pensei que non quería facer unha biografía ó uso porque, por primeira vez tiñamos un homenaxeado no Día das Letras Galegas que non é ó uso. Quería facer algo distinto e pensei nun guión de cine. Escollín algunhas escenas relevantes da súa vida e recreeinas. Nalgunhas ocasións parto dunha anécdota real; noutras, son pura invención a raíz dunha fotografía ou dunha imaxe sobre el.

–Con 23 anos e cunha sentenza a morte polo aceite de colza.

–El quedou esnaquizado a raíz da colza, co fígado moi mal. Todo o mundo asociamos a imaxe gótica a Lois, pero todos os envelenados quedaron así, con perda de masa muscular. Foi nun tempo moi curto o proceso de deterioro físico. É máis, a primeira vez que vin as fotos confeso que chorei. Ves, primeiro, un adolescente que marcha a Madrid a comerse o mundo;e, nuns meses despois, ves fotos nas que está esnaquizado.

–Que destaca de Lois?

–Era un poeta minucioso. Escribía e correxía; podía estar meses cun poema buscando a palabra axeitada; tiña unha poesía destilada como se fose un licor. Os poemas parecen sinxelos pero chegar aí é moi difícil. O seu corpo, pola enfermidade e a dor foi unha loita constante.

–Cre que Pereiro é o gran descoñecido para a xente nova?

–Penso que non. Os seus libros vendéronse ben. Os da miña xeración tiñámolo coma un mito. Para o gran público… Era máis coñecida María Mariño que Lois? Eu penso que non. Este ano por primeira vez a RAG non vende o cadáver exquisito de tódolos anos do ano catapún-chimpún.

Mar Mato

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Todo é silencio», «O pintor do sombreiro de Malvas» e «Randea do alento», Premios AELG

Premios

O sábado pola noite falláronse en Santiago de Compostela os Premios AELG, concedidos pola Asociación de Escritores en Lingua Galega.

En libros de Xerais recaeron os galardóns de tres das categorías.

Na categoría de Narrativa, o premio foi para Todo é silencio, de Manuel Rivas.

Na categoría de Literatura Infantil e Xuvenil o premio foi para O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro.

E no apartado de tradución o premio foi para a tradución que Marga do Val realizou do libro Randea do alento, de Herta Müller, a Premio Nobel alemana.

As obras finalistas destes premios deunas a coñecer a Asociación de Escritores en Lingua Galega o pasado mes de marzo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

6 Abril 2011

Blogs,Críticas,Fóra de Xogo

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog unha recensión sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro. Reproducimos os principais parágrafos:

Guión axeitado

Marcos Calveiro opta polo modelo do guión cinematográfico para ofrecernos unha introdución á vida e á obra de Lois Pereiro. Como é sabido, o poeta era un grande afeccionado ao cine, polo que Calveiro elixe o modelo do guión cinematográfico para realizar dun xeito didáctico unha introdución ao escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Pola vinculación que o poeta homenaxeado tiña co cine, así como por ir este libro dirixido aos nosos estudantes de ESO e Bacharelato, tan familiarizados co audiovisual, cremos que a elección deste formato foi un acerto.

Ao xeito dos guións cinematográficos, o texto divídise nun conxunto de escenas onde se presentan momentos, espazos e mesmo familiares e amigos que foron fundamentais na vida de Lois Pereiro. O libro ábrese e péchase con dúas escenas que transcorren con Lois xa morto: a primeira no cemiterio, mentres a avoa e a muller que criou os irmán Pereiro arranxan a sepultura de Lois un ano despois da súa morte; a derradeira, cos trámites que o amigo do poeta, Manuel Rivas, e o seu irmán Xosé Manuel Pereiro realizan para que se lle dedique a Lois o Día das Letras Galegas de 2011. Estas dúas escenas actúan como marco do decorrer vital e creativo do poeta, que se nos presenta no resto das escenas.

Ao longo destas escenas, Calveiro vainos pondo en contacto co paraíso perdido da infancia no Incio, co colexio dos escolapios de Monforte, coas viaxes dos irmáns Pereiro a Lugo (aínda nenos) para acudir ao dentista, pero onde comeza a súa afección á literatura, cos volumes de Verne ou Agatha Christie, que mercan nunha libraría emblemática para todos os galegos que amamos os libros, Souto. O ambiente socioeconómico en que medra Lois e tamen o cultural está moi ben reflectido nas escenas de Monforte dos anos 1972 a 1976: a chegada do 600 ou da televisión, as compras de libros na libraría Mapa (alí o adolescente Lois decide mercar nada menos que O cemiterio mariño de Valery), a atracción pola música, a literatura e mais o cine que senten os rapaces do COU do 74. Nesta etapa, na vida de Lois, vai ser fundamental o seu coñecemento de Piedade Cabo, que será o grande amor da súa vida.

Outro bloque de escenas é o que nos presenta o Lois madrileño, na etapa que vai do 1977 ao 1981. Son anos de contactos coa música rock e punk, coas tardes de ver películas na Filmoteca Nacional, da fundación da revista poética Loia (con Manolo Rivas, Xosé Manuel Pereiro e Antón Patiño), así como da publicación, nesta revista, dos primeiros poemas. É o tempo onde comeza tamén as súas viaxes literarias e literaturizadas por Europa, como polo París onde está enterrado Jim Morrison ou Mélies… Mais todo iso conclúe polo envelenamento co aceite de colza, en 1981, e regresa este ano a Monforte un Lois estragado física e animicamente.

O poeta, desde este momento, vive non como unha máscara literaria, senón como realidade a sensación da dor, da destrución e mesmo de ter como destino a morte. O tópico literario e existencial do home como ser nado para a dor e a morte, que noutros non deixa de ser unha máscara literaria, en Pereiro convértese en realidade. Mais fai literatura, poesía desa realidade e ata esa realidade de dor e saberse nado para a morte é tamén o seu dandismo. O poeta e a obra fanse así inseparables, aínda que poidamos gozar, e moito, da obra, marcada pola dor e pola morte, así como por unha ansia de as superar, sen que coñezamos a súa vida e só a través dos poemas.

A vida do poeta complétase cos anos de enfermidade e dor, especialmente a partir do diagnóstico da sida, causada pola adicción á heroína. Especialmente conseguidas nos parecen as tres escenas que preceden á derradeira. Vemos non só unha persoa asediada pola dor e pola morte, que é consciente de que lle queda pouco, que está realmente condenado, mais tamén dunha persoa que quere vivir e que produce como froito desa tensión uns poemas que resultan inesquecibles para calquera lector, aínda que non coñeza as circunstancias vitais en que foron escritos. Velaí a grandeza da verdadeira poesía.

O libro complétase cunha rigorosa cronoloxía, unha boa achega de fotografías e cunha pequena antoloxía de poemas de Lois Pereiro, que conclúe co célebre epitafio: Cuspídeme enriba cando pasedes / por diante do lugar no que eu repouse / enviándome unha húmida mensaxe / de vida e de furia necesaria. Grande acerto é a elección deste poema para pechar o libro.

(…)

Manuel Rodríguez Alonso

Chuzame! A Facebook A Twitter

Recensión de Armando Requeixo sobre «Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

31 Marzo 2011

Blogs,Críticas,Fóra de Xogo

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Lois Pereiro. Náufrago do paraíso de Marcos Calveiro. Reproducímola integramente:

Biopic Pereiro

Achegarse á vida e á obra de Lois Pereiro para facelos comprensibles ao grande público non é tarefa precisamente doada.

Ben sabía do desafío que tal supuña Marcos Calveiro cando aceptou escribir para Edicións Xerais unha biografía novelada con escolma incluída dalgúns dos seus máis significativos versos.

O resultado desa proba de lume é Lois Pereiro. Náufrago do paraíso, texto transxenérico que participa por igual do relato documental e a crónica novelada, nunha liña que xa ensaiaran antes entre nós, con desigual fortuna, Xosé Antón Neira Cruz, Marilar Aleixandre ou Antón Lopo, entre outros.

Mais hai na aposta de Calveiro un achado estrutural que coido abondo atinado: as luces e sombras de Pereiro chegan a nós nunha sucesión de escenas cinematográficas nas que, tras introitos didascálicos de intensión poética, figuran imaxinarios diálogos daqueles que trataron en vida o autor e foron a súa tribo.

Pairando sobre os principais trazos e textos de Pereiro, unha sorte de experimental cadea de flashes ao Wenders fai que Calveiro consiga devolvernos o retrato máis humano e conmovedor dun poeta que viviu defrontado sempre co seu peor inimigo: el mesmo e a súa circunstancia.

A completa cronoloxía final, o suxestivo apéndice fotográfico e a representativa antoloxía de textos cos que se pecha a obra non son senón acaídos títulos de crédito deste logrado biopic literario que, de seguro, agradará aos que lle presente ollos para máis saber da furia húmida e letal do inmenso Pereiro.

Armando Requeixo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Poesía completa» de Lois Pereiro e «Lois Pereiro, náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

21 Marzo 2011

Autores,Clásicos,Fóra de Xogo

O crítico Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, unha recensión crítica sobre Poesía completa de Lois Pereiro, en edición de Ana Acuña, e sobre Lois Pereiro, náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro. A recensión pode lerse tamén no seu blog. Reproducímola integramente:

E a loia segue o seu voo

Seguen a ocupar os andeis das novidades editoriais as publicacións derivadas da celebración do Ano Pereiro. Asoman aínda outros traballos de diverso carácter e orientación, como os que se agardan de Daniel Salgado, Antón Lopo ou Iago Martínez entre outros, mais entrementres circulan xa estas dúas entregas que a continuación se presentan.

O PEREIRO MÁIS HUMANO

Marcos Calveiro ofrece, así pois, en Lois Pereiro. Náufrago do paraíso unha vizosa revisión dos aspectos vitais e artísticos de Lois Pereiro. E había tempo que un non lía un exercicio biográfico que, rexido polo principio da sinxeleza, estivese gobernado por unha estrutura tan orixinal que, talvez por riba doutras posibles consideracións, contaxia unha enorme sensibilidade respecto do biografado e do seu legado literario.

Sinxeleza, non sempre doada de conseguir, que de certo é resultado dun traballo intenso de expurga e priorización do realmente substantivo que se obtivo de  lecturas, interpretacións, consulta de documentos e testemuños orais. Esta materia prima xa modificada conduce o lector por un exercicio de iluminación das diferentes estancias vitais de Lois Pereiro, articulándose a través de vinte e dous breves capítulos,  e aquí radica a súa orixinalidade,  que se presentan coma se fosen vinte e dúas escenas dun falso guión cinematográfico que afonda, reconstrúe e describe verosímiles situacións evocadas, poboadas sempre de personaxes tanxibles. O recurso, que sería tan querido ao biografado pola súa manifesta cinefilia, permite asemade certo distanciamento respecto do relatado, aínda que nunca non oculta a especial sensibilidade con que calquera capítulo é tratado.

Fóra, así pois, da escolla representativa de momentos clave dunha biografía, o libro de Calveiro posúe valores engadidos como son tanto o de reconstruír, mesmo emocionalmente, toda unha vida como o de rescatar moitos elementos e fíos soltos, agora anoados, tirados do faio da memoria familiar –esas “torres que o sostiveron” en feliz expresión do biógrafo- e de persoas próximas do universo pereiriano, e todo suturado cunha prosa áxil, coidada, visual e efectiva. Pouco máis se pode pedir a un libro que, ademais, incorpora unha útil cronoloxía e mais unha breve escolma poética do autor.

PARA LER TODA A SÚA POESÍA

E para completar, ou iluminar, a anterior achega talvez nada mellor que complementala cun exercicio ineludible como é a lectura, ou relectura, da palabra herdada do poeta. Con este obxectivo, Edicións Xerais de Galicia, da man da profesora Ana Acuña, integra en Poesía completa a totalidade dos textos poéticos de Lois Pereiro, incorporando nun único volume tanto o póstumo Poemas para unha Loia, como os Poemas 1981/1991 e a Poesía última de amor e enfermidade, alén doutros cinco textos soltos tirados das revistas Luzes de Galiza e Anima+l, xunto con senllos prólogos que acompañaban o primeiro dos poemarios recuperados que asinaron no seu día Manuel Rivas e Manuel María.

A proposta, acaidamente introducida e editada de xeito respectuoso coas edicións orixinais, permite deste xeito obter unha visión global, completa e integradora que, abofé, posibilita unha vez máis acceder a ese mundo literario, persoal e singular, que Lois Pereiro deixou espallado nestas publicacións. Unha construción poética que é un retrato contemporáneo e fresco do noso tempo, poboado por infinidade de referencias literarias, musicais e cinematográficas. Nos poemas hai espazo para resonancias esgazadoras en ocasións, e sempre emitidas desde  fondas raigames universalistas e de xinea propia, con multitude de claves actuais que deben converterse nunha invitación explícita para compartir e espallar, sobre todo entre lectores máis novos que han descubrir unha voz que lles fala directamente, ao cerebro e ao corazón.

Ramón Nicolás

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crónica de H. Pena sobre dous dos libros de Xerais en torno a Lois Pereiro: a «Poesía completa» e «Lois Pereiro, náufrago do paraíso»

Autores,Clásicos,Fóra de Xogo

O Xornal de Galicia publicou unha crónica de H. Pena sobre dous dos libros que Xerais en torno a Lois Pereiro: a Poesía completa, en edición de Ana Acuña, e Lois Pereiro, náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro, publicado en Fóra de Xogo. A maiores, nos próximos días distribuirase nas librerías a obra ensaística de Lois Pereiro baixo o título Modesta proposición e outros ensaios e, posteriormente, a biografía Lois Pereiro. Vida e Obra escrita por Iago Martínez. Reproducimos integramente a información do Xornal de Galicia referida aos dous primeiros títulos:

Xerais reúne a poesía de Lois Pereiro
A editorial galega lanza dous textos que, de xeito ben diferente, xiran en torno ao universo do poeta protagonista do Día das Letras Galegas
Con motivo do nomeamento de Lois Pereiro como protagonista do Día das Letras Galegas 2011, estase a producir unha profusión de títulos co poeta monfortino como protagonista. A editorial Xerais vén de lanzar dous volumes que, de xeito ben diferente, xiran en torno ao universo de Lois Pereiro. Trátase da biografía novelada de Marcos Calveiro, Náufrago do paraíso, e da Poesía completa de Pereiro, reunida por primeira vez pola profesora e investigadora Ana Acuña.

En Náufrago do paraíso, Marcos Calveiro novela a vida do poeta, estruturando unha “falsa biografía” do autor como se dun guión de cine se tratase. O seu responsable explica para Xornal que foi “toda unha honra” para el escribir este libro. “Sempre fun un gran seguidor e admirador de Lois Pereiro, pero, pese a iso, tiven que investigar e indagar moito, porque penso que a personaxe requiría algo distinto da típica biografía”, sinala.

Con respecto á estrutura do texto, Calveiro indica que o libro “parte dunha anécdota real” para logo trazar un percorrido “ficticio” sobre a vida de Lois Pereiro. “Eu recréoo á miña maneira e son as miñas palabras as que poño en boca de personaxes reais”, apunta. Cabe destacar que esta biografía vai máis aló da vida do propio Lois, “chegando até o ano 2010, no momento en que se lle nomea como protagonista do Día das Letras”.

Outra das peculiaridades do traballo de Marcos Calveiro é que se trata dunha obra dirixida ao público xuvenil –“que grazas á súa estrutura podería incluso ser representada por escolares”–, non obstante, o seu responsable precisa que “realmente é un libro para todo tipo de públicos”.

O autor afirma que “non tería feito este libro” de non ser un gran admirador do de Monforte. “Dende a primeira vez que abrín un libro seu caín rendido ante a súa poesía. Lois representa a modernidade e, pese á distancia xeracional, tivemos problemas e sentimentos similares”, di Calveiro.

Por último, e cuestionado acerca de se hai hoxe algún escritor que se achegue ao espírito punk de Pereiro, Marcos Calveiro responde que “a súa inexistencia pode ser reflexo da sociedade, se non os hai é seguramente porque non os esixe”.

TODO LOIS PEREIRO

Por outra banda, a investigadora e profesora da facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, Ana Acuña, reuniu as obras completas de Lois Pereiro nun mesmo volume. 
Así, Acuña compendia os poemas que Pereiro publicou na revista Loia, no libro Poemas 1981-1991 e en Poesía última de amor e enfermidade. Ademais, a profesora rescata outros textos do poeta, como Nostalxias siamesas, un poema asinado polo propio Pereiro e Piedad Cabo que foi publicado no magazine Luzes da Galiza.

Para finalizar, o volume inclúe tamén outros dous textos de Manuel María e de Manuel Rivas –Xustificación e O viaxeiro que non se detivo na derradeira estación– que abren o libro póstumo Poemas para unha Loia.

H. Pena

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica no blog Trafegando ronseis de «Lois Pereiro, náufrago do paraíso», de Marcos Calveiro

15 Marzo 2011

Blogs,Críticas,Fóra de Xogo

O blog Trafegando ronseis publicou unha crítica sobre Lois Pereiro, náufrago do paraíso, de Marcos Calveiro. Reproducímola a continuación:

Martes do antroido, pola mañá, en Lalín.
Entro na libraría. Vexo o libro, folléoo. Como non, mércoo. Gustoume o plantexamento da biografía, que ollei por riba.
A lectura debe agardar. Quizais poida ao día seguinte.
Mércores de cinza, pola tarde-noite, dentro.
Por fin, podo comezar a lectura do libro. Non podo lelo enteiro, como quixera. Debo poñer un exame e organizar as clases do día seguinte. En contra do que se fai normalmente, comecei polo final: lin os poemas, a biografía, detívenme nas fotos.
Xoves pola tarde, dentro.
Por fin, podo gozar plenamente coa lectura do libro. Avanza rápido, déixase ler tan facilmente que ata dá mágoa rematalo. Gústame o xeito de encarar a operación biográfica: retallos da súa vida, lembranzas dos que estiveron con Lois Pereiro, curta vida e longos anceios.
Venres pola noite, dentro.
Releo de novo. Detéñome en detalles, boto contas das idades, anótoas no libro, subliño. Soño esperta, recupero imaxes de lugares, versos de Lois que amei dende que os descubrín… cantos anos hai xa?
Sábado pola tarde, dentro.
Achégome ao blogue. Falar dos libros custa traballo, máis dalgúns coma este. Decido “copiar” a fórmula que tan bo resultado dá: parabéns a Marcos Calveiro pola sinxeleza, pola forza, pola escrita, polo achegamento. Unha lectura ideal para o meu alumnado, ese que tan preocupada me tiña: como achegarlles este poeta? Quizais agora sexa máis doado.
Cada capítulo, un ano da súa vida. Un repaso, unha historia, un chisco da curta vida dun home que nos deixou escritos algúns dos poema máis fermosos da Literatura Galega.
Marcos Calveiro publica esta Biografía e Antoloxía de Lois Pereiro en Xerais: Lois Pereiro, náufrago do paraíso. Imprescindible.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Finalistas dos Premios AELG 2011

4 Marzo 2011

Ensaio,Fóra de Xogo,Narrativa,Noticias,Poesía,Premios,Teatro,Traducións,Xerais,Xornalismo,Xuvenil

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados.

Blog Literario

1. Ferradura en tránsito, de Xosé Manuel Eyré.

2. O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro.

3. Trafegando ronseis, de Gracia Santorum e Xosé Anxo Fernández Alonso.

Ensaio

1. A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana, de Carlos Paulo Martínez Pereiro.

2. Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero, de Manuel Castelao.

3. O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.

Literatura Infantil e xuvenil ( coa colaboración da Gálix)

1. Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto.

2. O pintor do sombreiro de malvas (Xerais), de Marcos Calveiro.

3. O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro.

4. Suso Espada. “Nota Roja”, de Francisco X. Fernández Naval.

Mellor traxectoria en xornalismo cultural 2010 (AELG-Colexio de Xornalistas)

1. Anxo Tarrío.

2. Daniel Salgado.

3. Fran P. Lorenzo.

4. Iago Martínez.

5. Ramón Nicolás.

Narrativa

1. O coitelo en novembro (Xerais) de Marilar Aleixandre.

2. Obediencia, de Antón Lopo.

3. Periferia (Xerais) de Iolanda Zúñiga.

4. Settecento (Xerais) de Marcos Calveiro.

5. Todo é silencio (Xerais) de Manuel Rivas.

6. Xuvia-Neda (Xerais) de Vicente Araguas.

Poesía

1. Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval.

2. Estremas, de Ana Romaní.

3. Retro(visor) (Xerais)  de Antía Otero.

Teatro

1. Canibalismo, de Marcos Abalde Covelo.

2. Cínicas, de Teresa Moure.

3. Flores de Dunsiname (Xerais) de Manuel Lourenzo.

Tradución

1. Bilbao-New York-Bilbao (Kirmen Uribe) (Xerais), na versión de Isaac Xubín.

2. Lóbrego Romance. Pálida Pantasma. As Lendas Espectrais de Malvadia (Jack Mircala), por Isabel Soto.

3. Randea do alento (Herta Müller) (Xerais), de Marga do Val.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lois Pereiro. Náufrago do paraíso», biografía e antoloxía de Marcos Calveiro

23 Febreiro 2011

Fóra de Xogo,Novidades

Lois Pereiro. Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, de Marcos Calveiro, é unha das novidades deste mes de febreiro na colección Fóra de Xogo.

Coma se do falso guión dun filme imaxinario se tratase, esta biografía amosa algunha das escenas de vida do poeta Lois Pereiro. A súa infancia e adolescencia nese universo todo que foi para el o seu Monforte natal. Aqueles anos de Loia en Madrid, nos que percorreu os camiños do entusiasmo e da fatalidade. As viaxes europeas na procura de acordes e descubertas. Os últimos días na Coruña, cando intentaba vivir onde o vento sopraba. A familia, os amigos, a paixón, a escrita artellan este emocionante relato miniado con agarimo e admiración polo escritor Marcos Calveiro.
Unha biografía que se completa cunha detallada cronoloxía, un caderno fotobiográfico e unha antoloxía poética do autor homenaxeado o 17 de maio de 2011.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Libros de Xerais finalistas nos Premios da Edición 2010

21 Febreiro 2011

Autores,Noticias,Premios

A Asociación Galega de Editores fixo públicos esta fin de semana os libros e autores finalistas nos Premios da Edición 2010, que serán entregados en Lugo o sábado 12 de marzo durante o transcurso da Noite da Edición.

No que se refire aos libros de Xerais, os finalistas son Todo é silencio, de Manuel Rivas, no Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción do ano; a novela Bilbao-New York-Bilbao, traducido por Isaac Xubín, no Premio Lois Tobío ao mellor libro traducido do ano; e a Guía ilustrada da Galicia invisible, ilustrada por Noemí López, así como Quéroche contar un conto, ilustrado polos alumnos do centro ASPANAEX de Vigo, no Premio Isaac Díaz Pardo aos mellor libro ilustrado do ano.  En canto ao Premio Xosé María Álvarez Blázquez ao autor ou autora do ano, os finalistas son Xosé Neira Vilas, Pepe Carreiro e Marcos Calveiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, o booktrailer

18 Xaneiro 2011

Fóra de Xogo,Premios,Vídeos,Xuvenil

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/8YtEqGgkIVQ" width="600" height="448" wmode="transparent" /]

Booktrailer da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e as ilsutracións son de Ramón Trigo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O pintor do sombreiro de malvas», de Marcos Calveiro: crítica en O levantador de Minas

13 Xaneiro 2011

Blogs,Críticas

O blog O levantador de Minas, de Afredo Ferreiro, publica hoxe unha crítica sobre O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, que reproducimos a continuación:

O pintor do sombreiro de malvas revela desde o inicio un argumento puído e ben equilibrado. Contén unha aventura adolescente no rural, un toque da dicotomía mestre-discípulo e o desarraigo social dun xenio das artes plásticas, todo isto nun ambiente campestre que resulta coherente coa lembranza cromática que podamos conservar dos cadros de Van Gogh. A historia decorre mansamente por mesurados capítulos en que os temas son debullados con intelixente mestría emocional, atrévome a dicir que no ronsel do mellor Agustín Fernández Paz.

Se a isto acrecentamos que a lingua literaria posúe unha riqueza que favorece as descricións sen facerse demasiado mesta para un lector pouco atraído polos virtuosismos cultos, entón chegamos a unha das fórmulas do éxito co grande público. Esta solidez debería facer d’ O pintor do sombreiro de malvas un triunfo máis na feliz ambición dun autor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre «O pintor do sombreiro de Malvas», de Marcos Calveiro

20 Decembro 2010

Fóra de Xogo,Premios,Xuvenil

A revista Clij inclúe no seu último número unha recensión crítica de Mª Jesús Fernández sobre O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, Premio Lazarillo 2009. «Con só cinco títulos publicados para o público infantil-xuvenil, este autor consolidouse entre os primeiros do panorama literario galego para estas idades», escribe referíndose a Marcos Calveiro. A continuación, fala da novela, centrada nun personaxe mítico: o pintor Van Gogh.

A recensión crítica remata con estas palabras: «A novela, moi interesante na recreación da historia e na elección do punto de vista narrativo, enriquécese co traballo doutro recoñecido artista, Ramón Trigo, que ilustra o libro cuns belos apuntes inspirados na obra de Van Gogh».

A recensión pode baixarse íntegra en pdf.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Intensa programación de Xerais para o derradeiro día do Culturgal

28 Novembro 2010

Eventos

Hoxe remata o Cultugal en Pontevedra. Amais das intensa programación do evento, que se pode consultar na web ou descargar o en pdf, Xerais ofrece para hoxe domingo un intensto día de encontros con autores. A programación de Xerais para os tres días tamén se pode descargar en pdf.

Domingo 28

Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Camilo Franco entrevistará aos autores.
Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais.
Actos abertos ao público.

12:30 h. Fina CasalderreyE ti que farías por min? / Un saco de estrelas

13:00 h. Elena GallegoDragal

13:30 h. Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas (Premio Merlín 2010)

18:00 h. Manuel Rivas: Todo é silencio

19:00 h. Marcos Calveiro: Settecento / O pintor do sombreiro de malvas

19:30 h. Manuel Portas: Denso recendo a salgado

Chuzame! A Facebook A Twitter

Programación de Xerais no Culturgal

19 Novembro 2010

Autores,Debates,Entrevistas,Feiras_do_libro,Fóra de Xogo,Narrativa,Vídeos,Xerais

Os próximos días venres 26, sábado 27 e domingo 28 celébrase en Pontevedra o Culturgal, que se desenvolverá no Pazo de Congresos.

Trátase da III edición do Culturgal, que este ano se celebra na capital do Lérez, unha nova aposta por ofrecer un escaparate do que produce a industria cultural galega.

A programación do Culturgal está chea de actividades que se poden consultar na súa web.

En Xerais, presentamos a nosa programación para os tres días, que tamén se pode baixar en pdf.


Venres 26

Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Iago Martínez entrevistará aos autores.
Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais.
Actos abertos ao público.

18:00 h. Diego Ameixeiras: Asasinato no Consello Nacional
18:30 h. Iolanda Zúñiga: Periferia (Premio Xerais 2010) / Vidas post-it


Sábado 27

19:30 h.  Presentación no Salón de Actos En castellano no hay problema
de Carlos Callón
Acto organizado en colaboración coa Mesa Pola Normalización Lingüística
Participan: Cris Quinteiro (Responsable da Mocidade pola Normalización Lingüística de Pontevedra), Manuel Bragado, Carlos Callón.

Domingo 28

Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Camilo Franco entrevistará aos autores.
Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais.
Actos abertos ao público.

12:30 h. Fina CasalderreyE ti que farías por min? / Un saco de estrelas
13:00 h. Elena GallegoDragal
13:30 h. Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas (Premio Merlín 2010)
18:00 h. Manuel Rivas: Todo é silencio
19:00 h. Marcos Calveiro: Settecento / O pintor do sombreiro de malvas
19:30 h. Manuel Portas: Denso recendo a salgado

Se é cultura, está en culturgal from Culturgal on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Reedicións de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro en Fóra de Xogo

20 Outubro 2010

Autores,Premios,Premios_Xerais,Reedicións,Xuvenil

Os últimos libros de Rosa Aneiros e Marcos Calveiro na colección Fóra de Xogo son obxecto dunha nova edición ante a súa demanda por parte dos lectores e lectoras. Reedítanse os libros Ás de bolboreta, de Rosa Aneiros, que entra na 3ª edición, e O pintor do sombreiro de Malvas, que entra na 2ª edición. Ambos os dous son libros premiados; o de Rosa Aneiros foi Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 e o de Marcos Calveiro recibiu o Premio Lazarillo 2009. 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Montse Pena Presas sobre «O pintor do sombreiro de Malvas», de Marcos Calveiro

19 Outubro 2010

Críticas,Fóra de Xogo,Premios,Xuvenil

O portal LG3, de Cultura galega.org publica unha recensión crítica da investigadora en literatura infantil e xuvenil Montse Pena Presas sobre O pintor do sombreiro de Malvas, de Marcos Calveiro, publicado na colección Fóra de Xogo, que reproducimos integramente:

Lenzo de palabras

A novela é un lenzo, un cadro en que os acontecementos suceden paseniño, mais que cando o fan, deixan marcas ben profundas. O texto amósanos a vida de Vincent Van Gogh en Auvers-sur-Oise, relatada a través do ollar dun mozo parisino que chega á pequena vila para reconducir o seu camiño. Quen se achegue a estas páxinas, mozo ou non, deberá deterse a observar unha lectura que nos pinta os ollos de emocións e que nos lembra, maxistralmente, os últimos dous meses de vida do pintor holandés.

Unha oración que podería ser a descrición dunha pintura: “As mulleres aquelas parecían levar alí séculos. Chantadas ergueitas, como as árbores e os outeiros, semellaban agromar da mesma terra, como se fosen parte dela dende a noite dos tempos” (páxina 112). Unha das moitas sentenzas tan fermosas coma plásticas que se poden atopar n’O pintor do sombreiro de malvas (2010), a volta de Marcos Calveiro á ficción xuvenil que o fixo xusto merecedor do Premio Lazarillo 2009.

A novela é un lenzo, un cadro en que os acontecementos suceden paseniño, mais que cando o fan, deixan marcas ben profundas. O texto amósanos a vida de Vincent Van Gogh en Auvers-sur-Oise, relatada a través do ollar dun mozo parisino que chega á pequena vila para reconducir o seu camiño. Axiña comparten soidades, e o rapaz protagonista –cuxo nome as lectoras nunca chegamos a coñecer– acaba sendo o acompañante do pintor nas súas incursións polas fragas da contorna, nas súas arroutadas e nalgunhas das súas angurias persoais. Ambos están unidos pola súa inadaptación á colectividade: Van Gogh polos seus problemas de alcoholismo e o seu inconformismo; o mozo pola constante procura do seu camiño e o descoñecemento das súas orixes.

Namentres, a comunidade vilega estrutúrase como un microcosmos que é unha representación a pequena escala das forzas que moven o mundo: a represión, personificada polo sacerdote e por Jojo, tía do rapaz; a amizade, representada polo doutor Gachet –grande amigo do artista e personaxe real retratado por este–; o amor, na figura de Adeline, romance iniciático do protagonista; a maldade, un sentimento que acubilla o corazón do xendarme Rigaumont; e a fidelidade incondicional, da que é mostra Theo, irmán do xenio. Fronte a eles, o pintor e o rapaz procurarán a súa liberdade sen conseguir que as súas soidades esvaezan.

A novela vese moi favorecida, doutra volta, da facilidade de Calveiro para recrear ambientes e personaxes históricos. A precisión do autor é inxente á hora de introducir pegadas do tempo recreado (neste caso 1890) que funcionan como referentes (ou como interrogantes que incentivan a curiosidade) para o lectorado e que conseguen trasladalo ao espazo e ao tempo desexados. Libros de Zolá ou sentenzas de Dickens (que aparecía tamén en Rinocerontes e quimeras), anécdotas do pintor holandés Anton Hirsching ou comentarios sobre as creacións de Cézanne, amais da morte de Henri Nestlé –creador do imperio de chocolate– mestúranse facendo máis esvaradía a liña entre ficción e realidade.

Fronte a outras creacións do autor –que non contan con este ingrediente–, esta novela destaca polas súas magníficas e detallistas descricións. Calveiro convértese nun pintor de escenas con palabras, un recurso que acada a súa maior forza cando o narrador describe cadros de Van Gogh con tanta precisión que consegue que os visualicemos. A reprodución dalgunhas das pinturas máis nomeadas do artista no propio libro logo de que sexan aludidas consegue que se estableza unha vizosa ponte entre a plástica e a literatura que fomenta a interartisticidade. Ademais, o decorrer da narración zarrapícase continuamente de pequenas e significativas historias protagonizadas por diversos habitantes de Auvers, conformando así un interesante mosaico impresionista.

Cun final que non desvelarei, O pintor do sombreiro de malvas amósanos como debemos ir sempre na procura da liberdade e que a tristura, desgraciadamente, ás veces se acubilla para sempre no corazón das persoas. Quen se achegue a estas páxinas, mozo ou non, deberá deterse a observar unha lectura que nos pinta os ollos de emocións e que nos lembra, maxistralmente, os últimos dous meses de vida do pintor holandés.

Montse Pena Presas

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Settecento», en O levantador de minas

30 Setembro 2010

Blogs,Narrativa,Opinións_lectores/as,Xerais nos blogs

O blog O levantador de minas fala moi favorablemente de Settecento, a novela de Marcos Calveiro, Entre outras cousas, sinala:

«É, ao tempo, unha novela animada e rica en descricións anímicas oportunamente traballadas. A complexidade que require unha ben construída rede vital que chega ao fondo das necesidades particulares dos personaxes, os cales representan, como corresponde a unha narrativa de acción, o fundamento dunha historia que se conta coa axilidade e frescura. Unha novela para entreter coa ambición da mellor literatura».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Calveiro reivindica a importancia da literatura infantil

13 Setembro 2010

Autores,Infantil

Ao fío do Congreso do IBBY que onte se pechou en Santiago de Compostela, o escritor Marcos Calveiro, reivindica nas súas declaracións ao Xornal de Galicia que a literatura infantil «non é unha literatura de segunda», destacando o labor de dignificación que supón o congreso do IBBY para a súa percepción social.


Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro hoxe na Feira do Libro de Monforte

25 Agosto 2010

Asinatura,Autores,Feiras_do_libro,Narrativa,Noticias

En Monforte desenvolverase a XIII edición da Feira do Libro do mércores 25 de agosto até o sábado 28, na rúa Cardeal, con horarios entre as 11.00 a 14.00 e de 18.00 a 22.00 horas todos os días. Na primeira xornada, o acto de inauguración será ás 18:00 horas, a cargo de Xosé Manuel Pereiro. Logo, ás 20:30 h., Marcos Calveiro asinará exemplares do seu libro Settecento e do resto da súa obra.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, crítica de Ramón Nicolás

24 Agosto 2010

Críticas,Fóra de Xogo,Premios,Xerais_nos_medios,Xuvenil

AS CORES E AS FRONTEIRAS DA VIDA

MARCOS CALVEIRO PUBLICA O “PREMIO LAZARILLO 2009”: UNHA FERMOSA HISTORIA DE AMIZADE NA ENCRUCILLADA DE DÚAS VIDAS QUE SE ENCONTRAN: A DUN ADOLESCENTE E A DO PINTOR VINCENT VAN GOGH

Non hai moitas datas deixaba nestas páxinas as impresións suscitadas pola novela Settecento, de Marcos Calveiro. Volvo agora ao mesmo autor pois cadra no tempo de publicación estoutra proposta narrativa que, baixo o título de O pintor do sombreiro de malvas, acadou o premio Lazarillo na convocatoria do ano pasado, competindo con outros orixinais nas diversas linguas do estado. Nunha e noutra novela avivecen certos lugares comúns na obra do autor, máis concretamente o de emprazar unha trama argumental nun tempo histórico moi concreto e, xaora, extraordinariamente documentado. Neste caso é en Auvers, unha pequena vila próxima a París e no verán de 1890, onde coinciden, por desemellantes motivos, os dous protagonistas fundamentais: un mozo de dezaseis anos que é enviado á casa dun familiar a pasar uns días, que logo se converterán nun tempo de duración incerta, e mais un pintor, un tanto peculiar e un pouco estrafalario, de barba desordenada e ataviado cun sombreiro de malvas, coñecido co nome de Vincent. Entre os dous irase xerando un vincallo afectivo que se transformará nunha relación de amizade situada, por certo, nun momento clave para os dous.

Así pois Calveiro é quen de captar a atención de quen se achegue ao texto, ao longo de trinta e seis breves capítulos, presentando un trama que avanza en diversos sentidos e que, nun momento determinado, chegan a converxer. É o adolescente quen, desde o seu propio punto de vista, e nunha sorte de caderno de bitácora ou crónica que discorre case xornada a xornada, permite que se vaia avanzando na trama argumental, algo inusual nunha vila provinciana pero que se activa a través da presenza dos dous personaxes. Nesa fuxida cara adiante á que o rapaz se ve abocado a providencia, neste caso laica, fará que se cruce coa dun artista, Vincent, de intensa personalidade, arrebatado pola práctica do que é pintura: unha vivencia total que vai más alá do que en aparencia os ollos nos transmiten e que revela “unha verdade que ninguén enxerga”. Con todo, o pintor debe convivir cunha fogueira que arde no seu interior e avivecida coas relacións familiares fracturadas, con amores non correspondidos, con problemas económicos e psicolóxicos, con certas adiccións, cunha filosofía de vida que os sectores máis tradicionais e convencionais non entenden nin permiten.

O rapaz, un impenitente lector, por outra parte, xirando unha e outra vez arredor do seu novo amigo, consómese tamén por un lume que vai a máis e, logo dun período de certa aprendizaxe onde no fondo o que procura é a el mesmo e as súas orixes, aprende a valorar o que é a amizade co pintor e mais tamén o amor a través de Adeline, que fará coa súa vida. Nesta traxectoria atoparase coa incomprensión de parte da sociedade, dos poderes relixiosos e da súa propia familia ata que o golpe que lle infrinxe a morte, logo de vela fronte a fronte, obrigarao a escoller de vez entre o sedentarismo e unha inequívoca limitación da súas posibilidades que lle ofrecería a súa vida en Auvers ou procurar outras arelas noutros horizontes.

A novela presenta un indubidable interese para o lector adulto –repárense, por só citar dous elementos, tanto nas coidadas e intensas descricións da natureza como na forza emocional das páxinas finais, alén dos grandes temas sobre os que implicitamente nos fai pensar: a relixión, a vida e a morte, a arte…– e, ademais, amosa certas dinámicas que a converten nunha prezada e interesante proposta para os lectores xuvenís. E, asemade, non se deben esquecer as acertadas ilustracións da cuberta e de interiores, debidas á man de Ramón Trigo e inspiradas, non podía ser doutro xeito, na obra de Van Gogh. Ramón Nicolás

Texto de Ramón Nicolás publicado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia o sábado 14 de agosto de 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro e Martin Pawley conversan sobre «Settecento»

13 Agosto 2010

Autores,Debates,Feiras_do_libro,Narrativa,Presentacións,Vídeos,Xerais nos blogs

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Wq8MQlzM3-c" width="600" height="450" wmode="transparent" /]
Conversa entre Martin Pawley e Marcos Calveiro sobre a novela Settecento no marco da Feira do Libro da Coruña. (4 de agosto de 2010).
Vía O levantador de minas. Moitas grazas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Non podería escribir sen Twitter», Marcos Calveiro

11 Agosto 2010

Artigos literarios,Autores,Twitter

«Chámome Marcos S. Calveiro e son escritor de tempada outono-inverno. Desta volta, porén, unha entrega para unha editorial madrileña obrigoume a cambiar de ritual e pasar o estío a escribir. Á compaña habitual das miñas cousas favoritas, que sempre invoco coa canción de Coltrane, sumáronse por primeira vez os meus seguidores no Twitter. Penso que xa non podería escribir sen eles…»

Artigo completo en Xornal de Galicia de 11 de agosto de 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais na Feira do Libro de Monforte

10 Agosto 2010

Asinatura,Autores,Crónica,Feiras_do_libro,Narrativa,Noticias,Premios

Xerais prepara o programa dos actos que realizará na Feira do Libro de Monforte de Lemos, que terá lugar do 25 ao 28 de agosto na rúa do Cardeal.

O xoves 26 de agosto, ás 19:00 horas Ricardo Gurriarán presentará Inmunda escoria. A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela 1939-1968.

O mesmo xoves, ás 20:00 horas Xabier Quiroga presentará a súa novela máis recente, O Cabo do Mundo, Premio da Crítica 2010 no eido da narrativa.

En ambas as dúas presentacións, os autores estarán acompañados polo editor Manuel Bragado.

Na Feira do Libro de Monforte tamén participarán Xosé Manuel Pereiro que pronunciará o pregón no serán do día 25 e o escritor Marcos Calveiro que asinara exemplares de Settecento, O pintor do sombreiro de malvas (Premio Lazarillo 2009) e o resto da súa obra en data por determinar.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Settecento», conversa entre Marcos Calveiro e Óscar Sánchez

4 Agosto 2010

Entrevistas,Feiras_do_libro,Natureza,Presentacións,Twitter,Xerais nos blogs

Moi interesante foi a longa conversa que Óscar Sánchez e Marcos Calveiro mantiveron onte na Feira do Libro da Coruña arredor de Settecento. A conversa foi seguida por varios tuiteiros que foron recollendo algunhas das respostas de Calveiro: “Comezo sempre as novelas polo derradeiro capitulo.”; “Para documentarme leo moitísimo, nas novelas que estou escribindo agora levo case 300 libros; porén nunca tomo notas.”; “Cando estou escribindo estou con todas as cousas preferidas, dende a música, as comidas ou as persoas queridas…”“Escribo dende aquel rapaz de 15 anos que fun.”; “O instituto ou a adolescencia é onde esta a patria de cadaquén”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Settecento» de Marcos Calveiro, presentación na Feira do Libro da Coruña, o martes 3 de agosto ás 21:00 horas

2 Agosto 2010

Feiras_do_libro,Narrativa,Noticias,Presentacións

Mañá, martes 3 de agoto, ás 21:00 horas presentarase na Feira do Libro da Coruña (xardíns de Mendez Núñez) Settecento de Marcos Calveiro. No acto Óscar Sánchez e o editor Manuel Bragado conversarán co autor sobre a novela.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Settecento» de Marcos Calveiro

1 Agosto 2010

Críticas,Narrativa,Presentacións,Xerais_nos_medios

AS MÁSCARAS DE VIDA

Que Marcos Calveiro, tras o seu celebrado Festina lente, decida, en parte non desprezable, continuar a estratexia da novela histórica, ben fundamentada documentalmente, ben artellada tecnicamente –velaí neste caso a estrutura de concerto barroco, presente tamén no ritmo narrativo–, depositando o coidado preciso na expresión e mais na lingua polo que consegue unha peza de lectura áxil e ecos verosímiles resulta sempre gratificante.

Fóra do indicado, Settecento permite reconstruír, cunha fidelidade absoluta, a Venecia no século XVIII, que se transforma en algo máis ca un escenario: velaí unha cidade que é “labirinto, concerto, festa, tránsito, cábala, teatro, caravasar ou fraga”, en palabras do autor. Nela, non podía faltar a presenza de Antonio Vivaldi, de quen se realiza tamén unha biografía ficcional a través da descrición do seu proceder, dos seus sentimentos, dos seus problemas e mais do seu xenio musical, apoiado nese tránsito por personaxes de eco duradoiro como son Anna Giró, a primma donna do músico, e sobre todo dese triángulo conformado por Caterina –a alumna preferida de Vivaldi no Hospicio da Piedade–, e os fundamentais Giacometto Casanova e Aldo Pietá: o mítico Casanova xunto cun aprendiz de luthier e protexido de Vivaldi que gozará de relevancia na trama. A carón deles Torttoni ou o afortunado recurso atopado na figura de Leo, león alado do Pazo Ducal, que resulta moi rendible como contrapunto técnico da novela, e mais tantos outros fan pensar tamén nunha novela non só de protagonista senón realmente coral.

Unha proposta, en fin, que tamén nos conduce a París e Viena, que recala mesmo en Santiago de Compostela, outra cidade que resulta operativa para asistir a algunhas das páxinas máis brillantes centradas na descrición das extremas necesidades que vivía a poboación labrega naquela altura e na importancia do poder relixioso. Settecento sitúanos, así pois, con acerto nun tempo, nunhas vidas e nunha música de onte pero tamén de hoxe, e que explica o que tras as máscaras podemos atopar. Ramón Nicolás

Texto de Ramón Nicolás publicado no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia o 31 de xullo de 2010.

Settecento será presentada o vindeiro martes, 3 de agosto, ás 21:00 horas na Feira do Libro da Coruña. O autor conversará sobre novela con Óscar Sánchez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro e Ramón Trigo na Feira do Libro de Vigo

9 Xullo 2010

Fóra de Xogo,Premios,Presentacións,Vídeos

Marcos Calveiro e Ramón Trigo. Feira do Libro de Vigo. 7 de xullo de 2010. from Manuel Bragado on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais na Feira do Libro da Coruña

8 Xullo 2010

Asinatura,Autores,Crónica,Infantil,Merlín,Narrativa,Noticias,Premios_Xerais,Presentacións

Xerais xa ten pechado o programa dos actos que realizará na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez.

Día 2 luns
19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra.
19:30 h.: Francisco Fernández Naval, Camilo Franco e o pintor Alfonso Costa, autores do libro Níxer, asinarán exemplares do Libro solidario promovido por Acción Contra a Fame.

Día 3 martes
19:00 h.: Ánxel Vázquez de la Cruz asinará exemplares do seu libro Luz de Tebra.
20:00 h.: Presentación do libro Luz de Tebra de Ánxel Vázquez de la Cruz.  Intervirán: Manuel Rivas, Manuel Salorio, Manuel Bragado e o autor.
21:00 h.: Presentación do libro Settecento de Marcos Calveiro.  Intervirán Óscar Sánchez, Manuel Bragado e o autor.

Día 4 mércores
18:30 h.: Xosé Neira Vilas asinará exemplares do seu último libro Presenza galega en Cuba e do resto da súa obra.
19:00 h.: Presentación do libro Xenaro e a hucha do Indiano de Mar Guerra.  Intervirán Manuel Bragado e a autora.
20:00 h.: Presentación do libro Presenza galega en Cuba de Xosé Neira Vilas. Intervirán: Manuel Bragado e o autor.

Día 5 xoves
19:00 h.: Manuel Rivas asinará exemplares de Todo ben e do resto da súa obra.

Día 6 venres
19:30 h.: Suso de Toro asinará exemplares de Sete palabras e do resto da súa obra.
20:00 h.: Presentación do libro Xuvia-Neda de Vicente Araguas. Intervirán: Manuel Bragado e Vicente Araguas.

Día 7 sábado
19:30 h.: Presentación do libro de relatos O coitelo en novembro de Marilar Aleixandre.  Intervirán: Xavier Seoane, Manuel Bragado e a autora.

Día 9 luns
20:00 h.: Presentación da novela Denso recendo a salgado de Manuel Portas. Intervirán: Manuel Bragado e o autor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Settecento» de Marcos Calveiro, crítica de Montse Pena Presas

Críticas,Narrativa,Xerais_nos_medios

INVENTAR VENECIA

Unha voz consolidada

Sinalar que Marcos Calveiro é un magnífico creador e recreador de ambientes é, quizais, dicir xa pouco na pretensión de resumir a súa traxectoria. Dende o arrecendo a salgado, enchido de maxín, de Sari, soñador de mares (2005), pasando polo maquinismo dezanovesco de Rinocerontes e quimeras (2007), pola cidade en guerra d’O carteiro de Bagdad (2007), sen esquecer a misteriosa Compostela do S. XVII en Festina Lente (2008), as súas novelas son unha fiestra aberta a unha realidade a miúdo afastada e pretérita. A xeito de pintura paisaxística en movemento, a escrita de Calveiro é unha máquina do tempo que nos leva, desta volta con Settecento, a percorrer as rúas da Venecia do S. XVIII da man do mestre Antonio Vivaldi. Ao seu carón, tres personaxes principais con forza de seu protagonizan un triángulo amoroso de mocidade: Aldo, un inocente mozo campesiño, aprendiz de luthier e protexido de Vivaldi; Caterina, alumna aventaxada e intelixente do mestre da música, marcada polo seu destino prefixado de muller da época; e Giacometto Casanova, o mítico conquistador –que o creador presenta aquí nunha das súas primeiras aventuras. O desexo por fuxir dunha cidade que se convertera en cárcere para ela propicia a traizón de Caterina aos seus amigos, de terribles consecuencias. Así comeza o nó da historia, que logo seguirá a pegada destes caracteres –con decadencia do mago do violino incluída– por diferentes lugares e tempos. Viaxaremos a Compostela, a París e a Viena, nun fío narrativo con analepses e prolepses que consegue o que procura: manter en cada páxina a intriga lectora. O multiperspectivismo achega aínda máis dinamismo á acción, ao erixirse sobre elementos coma unha voz narrativa obxectivista (que deixa paso a uns fantásticos diálogos) ou a cesión da visión a Leo (o león de San Marcos, símbolo da cidade), cuxos pensam e n t os –de observador aventaxado – coñecemos a través do uso do estilo indirecto libre.

Calveiro manexa un material narrativo inxente para unha novela media –refírome ao tamaño, que non á calidade– como é Setteccento. Non se trata de desvelar algunhas das claves desta narración, mais por momentos a lectora demanda máis páxinas. Hai intrigas que quedan por resolver e que son abondo intrigantes para ser reconstruídas só polo maxín do receptor. Déixolles tan só dúas, por se len a novela: Por que remata Aldo en Compostela? Como chegan a el o guecho de Caterina e a composición inacabada de Vivaldi? Estes flocos soltos non impiden gozar dunha novela magnífica, que tira da lectura de comezo a fin e que confirma, unha vez máis, a Marcos Calveiro como a voz nova máis consolidada da literatura galega. Xoguemos con el a inventar Venecia. Montse Pena Presas

Texto de Montse Pena Presas publicado no suplemento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo o 24 xe ñu de 2010. A páxina completa onde aparece publicado pode baixarse en pdf aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O pintor do sombreiro de malvas», presentación o mércores 7, ás 20:30 na Feira do Libro de Vigo

5 Xullo 2010

Asinatura,Autores,Fóra de Xogo,Merlín,Noticias,Premios,Presentacións,Xuvenil

Os organizadores da Feira do Libro de Vigo acaban de facernos chegar a noticia de que finalmente será posible realizar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o mércores 7, ás 20:30 horas, xa que o concello de Vigo decidiu realizar a proxección do partido do campionato mundial de fútbol nun espazo do Castro. Xerais agradece as xestións realizadas polos organizadores da Feira do Libro, ao tempo qe saúda a rectificación do concello de Vigo, a promoción da lectura e o fomento do deporte e do lecer, nunca foron incompatibles.

No acto de presentación do mércores d’ O pintor do sombreiro de malvas, novela gañadora do Premio Lazarillo 2009, acompañarán a Marcos Calveiro o editor Manuel Bragado e o ilustrador Ramón Trigo que agasallará a todos os asistentes cun debuxo. Na mesma xornada, a partir das 19:00 horas, María Reimóndez asinará exemplares do seu libro máis recente, O monstro das palabras, e do resto da súa obra.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O pintor de sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro

Fóra de Xogo,Opinións_lectores/as,Premios,Xerais nos blogs,Xuvenil

Unha moi interesante opción esta lectura de Marcos Calveiro. O pintor do sombreiro de malvas é, creo, toda unha homenaxe á arte, á pintura, e a un dos grandes, Van Gogh. Claro que a novela ofrece máis, para interesar ao lector, e máis se este é un lector adolescente. A novela ofrece amor, dúbidas, amizade, espertares, paisaxes, humanidade. É fácil pasear detrás de Vicent, admirar Auvers, sentir a beleza da natureza da man da prosa pura de Calveiro. Polas súas páxinas sentimos o decorrer dos días, o espertar da natureza, o resentimento, o medo, a desazón da dúbida, pero tamén contemplamos as árbores, a vía do tren… e comemos chocolate coma se fose a primeira vez que o gorentamos.

E mentres todo isto sucede e as páxinas avanzan, a dor dun home que sente que o mundo que o rodea é demasiado grande, ou demasiado pequeno, ou tal vez, simplemente, é el o que non entende ese mundo que lle tocou vivir. Porque é difícil ser diferente, porque a soidade avanza e resinte, porque nada pode facer a amizade cando hai demasiada dor.

Un detalle precioso: as ilustracións. Xa sabedes que devezo por elas. Ramón Trigo fai un magnífico traballo neste libro recreando as pinturas orixinais para acompañar de cando en vez esta prosa maxestuosa que está a arrasar na nosa Literatura. Unha prosa que non ofrece concesións ao descoido, cun vocabulario realmente escolleito que nos lembra con cada libro a riqueza do noso léxico.

Unha gran opción para o noso alumnado, un novo xeito de achegalo á riqueza pictórica e unha lectura que seguro lles gustará. A eles e a calquera adulto, porque o mellor deste autor é que non define idades, como eu coido que sucede realmente. Trafegando ronseis

Anotación publicada no blog Trafegando ronseis o 3 de xullo de 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Feira do Libro de Vigo, programa definitivo de actos para esta semana

Asinatura,Autores,Fóra de Xogo,Narrativa,Presentacións,Xuvenil

A inoportuna coincidencia na Praza de Compostela da celebración da Feira do Libro de Vigo e da proxección dos partidos do campionanto mundial de fútbol, obriga a editorial a cancelar a presentación da novela de Marcos Calveiro, O pintor do sombreiro de malvas, prevista para o vindeiro mércores. Agardando que non se produzan novas continxencias, o programa defnitivo de actos organizados por Xerais deica remate da Feira será o seguinte:

Día 5, luns, ás 19:00 horas: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros Sol de Inverno , Premio Xerais de Novela 2009 e Ás de bolboreta , Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 e o resto da súa obra.

Día 5, luns, ás 19:30 horas:
Presentación da novela Dragal de Elena Gallego. Acompaña á autora o editor Manuel Bragado.

Día 6, martes, ás 19:30 horas:
Presentación do libro de relatos Xuvia-Neda de Vicente Araguas. Acompaña ao autor o editor Manuel Bragado.

Día 7, mércores, ás 19:00 horas: María Reimóndez asinará exemplares do seu libro O monstro das palabras e do resto da súa obra.

Día 8, xoves, ás 19:30 horas:
Presentación do libro Níxer promovido por Acción contra a Fame e Cultura Sociedade Galega. Interveñen tres dos seus autores, Camilo Franco, Francisco X. Fernández Naval e Alfonso Costa, acompañados de Isabel Iglesias Santos, responsable en Galicia de Acción contra a Fame e do editor Fran Alonso.

Día 9, venres, ás 19:30 horas:
Presentación da novela A Intervención de Teresa Moure. Acompañará á autora o editor Manuel Bragado. No acto proxectarase unha vídeointervención creada por Teresa Moure.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«”O pintor do sombreiro de malvas”: Unha homenaxe á pintura»

22 Xuño 2010

Críticas,Fóra de Xogo,Premios,Xerais_nos_medios,Xuvenil

O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro, achégase ás derradeiras horas do xenial Vincent Van Gogh

Marcos Calveiro iniciou a súa andaina na LIX galega en 2006, ano en que deu a lume Sari soñador de mares, novela para a mocidade á que axiña lle seguiría Rinocerontes e quimeras (2007). Malia a súa incorporación á LIX en datas recentes, Calveiro entrou neste sistema literario con moi bo pé, como mostra a positiva valoración destas obras pola crítica, a súa rápida tradución a outras linguas da contorna (caso, por exemplo, do castelán e do catalán) ou a obtención de galardóns de recoñecido prestixio pola súa produción posterior, tales como o premio Ala Delta ou The White Ravens por O carteiro de Bagdad (2007); o Barco de Vapor por O canto dos peixes (2008) ou, máis recentemente, o Lazarillo de Literatura Xuvenil 2009 por O pintor do sombreiro de malvas (Edicións Xerais de Galicia, 2010).

Nesta última obra o vigués achégase aos derradeiros meses en Auvers da vida do pintor Vincent, personaxe que se identifica co recoñecido Vincent Willem Van Gogh (Países Baixos, 1853-Francia,1890), artista do que ao longo do relato se ofrecen datos biográficos e da súa produción pictórica, á que xa se alude dende a cuberta do libro na que está presente un dos seus cadros máis considerados.

A través dun narrador en primeira persoa, testemuña dos feitos, o lectorado agardado descobre a un tempo a plenitude vital deste narrador, un adolescente de dezaseis anos, e a perda das ganas de vivir que levarán á morte do “pintor do sombreiro de malvas” (nome co que nalgún momento da narración se identifica o personaxe de Vincent pola súa vestimenta).

A chegada deste último a Auvers supón para o narrador a descuberta dunha nova visión da vida. Ao longo de trinta e seis capítulos numerados, o mozo protagonista dá conta dos trazos do temperamento do pintor (facundia, angustia existencial, irritabilidade, etc.), así como da súa propia personalidade, que se vai conformando grazas á relación co artista e cos demais membros da colectividade da pequena vila do sur de Francia que, en moitas ocasións, atafegan a súa liberdade.

É no momento da morte de Vincent cando o adolescente terá que decidir se queda en Auvers (onde a vella tía Jojo ou o xendarme da vila lle lembran continuamente o feito de que sexa fillo de solteira; onde non amigou cos mozos do lugar, que mesmo mallan nel por mor da súa relación coa rapaza da taberna, e onde Adeline aspira a que compartan un futuro común que nada ten que ver cos seus proxectos) ou se deixa atrás todo o que o rodea para definir un novo futuro.

Trátase dunha obra moi ben documentada, de léxico moi rico e coidado (igual que os outros títulos precedentes do autor), na que Marcos Calveiro achega de maneira amena aos máis novos a traxectoria vital e profesional dun pintor de peso na historia da arte.

Texto de Marta Neira publicado en El Correo Gallego o 22 de xuño de 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais na Feira do Libro de Vigo

Asinatura,Autores,Feiras_do_libro,Fóra de Xogo,Narrativa,Noticias,Premios,Presentacións

Xerais adianta a relación das presentacións que ten previsto realizar na Feira do Libro de Vigo, que se celebrará na Praza de Compostela do 2 ao 11 de xullo. A estes actos engadiranse diversas asinaturas de autores e autoras que anunciaremos nos vindeiros días.

Día 2 venres:
Cid Cabido, autor da novela Unha historia que non vou contar, Premio de ao mellor libro de narrativa 2009 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, pronunciará o pregón de apertura ás 20:00 horas.

Día 2, venres, ás 20:30 horas:
Presentación da novela A viaxe do Ser de Manuel Pérez de Lis. Acompaña ao autor a editora Helena Pérez.

Día 3, sábado, ás 19:00 horas: Agustín Fernández Paz asinará exemplares dos seus libros ValadosLúa do Senegal , Premio ao mellor libro Infantil e Xuvenil 2010 da Asociación de Escritores en Lingua Galega, e o resto da súa obra.

Día 3, sábado, ás 20:30 horas:
Presentación da novela de Suso de Toro, Sete palabras, Premio da Crítica de creación literaria 2010. Conversa co autor o editor Manuel Bragado.

Día 5, luns, ás 19:00 horas: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros Sol de Inverno , Premio Xerais de Novela 2009 e Ás de bolboreta , Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009 e o resto da súa obra.

Día 5, luns, ás 19:30 horas:
Presentación da novela Dragal de Elena Gallego. Acompaña á autora o editor Manuel Bragado.

Día 6, martes, ás 19:30 horas:
Presentación do libro de relatos Xuvia-Neda de Vicente Araguas. Acompaña ao autor o editor Manuel Bragado.

Día 7, mércores, ás 19:00 horas: María Reimóndez asinará exemplares do seu libro O monstro das palabras e do resto da súa obra.

Día 7, mércores, ás 20:30 horas:
Presentación da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, Premio Lazarillo 2009 de Literatura xuvenil. Acompaña ao autor o ilustrador Ramón Trigo e o  editor Manuel Bragado.

Día 8, xoves, ás 19:30 horas:
Presentación do libro Níxer promovido por Acción contra a Fame e Cultura Sociedade Galega. Interveñen tres dos seus autores, Camilo Franco, Francisco X. Fernández Naval e Alfonso Costa, acompañados de Isabel Iglesias Santos, responsable en Galicia de Acción contra a Fame e do editor Fran Alonso.

Día 9, venres, ás 19:30 horas:
Presentación da novela A Intervención de Teresa Moure. Acompañará á autora o editor Manuel Bragado. No acto proxectarase unha vídeointervención creada por Teresa Moure.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro fala dos Premios Xerais 2010

15 Xuño 2010

Autores,Entrevistas,Premios_Xerais,Vídeos
Chuzame! A Facebook A Twitter

«Settecento» de Marcos Calveiro

8 Xuño 2010

Críticas,Narrativa,Xerais nos blogs

Gustoume moito este libro de Marcos Calveiro, moito máis, sen dúbida, que Festina Lente. Settecento lévanos a pasear pola Venecia do século XVIII, mentres escoitamos a melodía das súas palabras e coñecemos de primeira man os personaxes, rumores, envexas e máscaras que poboan esta cidade de contos e soños. En contraste, a música cerimoniosa compostelá, cidade atrasada e relixiosa, con fames e pestes, con relixión por riba de todo. E é que en Venecia existe o carnaval, a máscara, a igualdade baixo esta, cando menos durante un tempo. Aínda que esta máscara pode non ser real, ser a máscara da vida, a que utilizamos cada día para agocharnos detrás dela, para tentar sermos máis forte ou para ocultar os nosos verdadeiros sentimentos. Porque é esta, ao final, a máscara que debemos erguer para entender os personaxes, as súas paixóns, odios e frustracións. Música e poesía definen a obra. Lela e escoitala. Pisar as ruelas de Venecia oíndo os nosos propios pasos, os que se reflicten na novela, o rumor da auga constante nesta fermosa cidade, as campás, as notas disonantes dos humanos, as súas baixezas e mentiras, pero tamén o amor, a admiración, a lealdade. Imposible unha lectura xorda, imposible unha lectura rápida: hai que degustala, sentir as notas que tocan as palabras, a linguaxe engaiolante utilizada, o león que coñecemos de pedra tornarse humano, máis humano que os humanos, e pasear unha e outra vez por unha das cidades máis fermosas do mundo. Cando menos para min. Collede o libro ao remate do curso. Lédeo nas vacacións, disfrutádeo. Porque serán unhas vacacións inesquecibles.

Anotación publicada no blog Trafegando ronseis o 8 de xuño de 2010.

Aproveitamos para abeizoar a Marcos Calveiro que hoxe obtivo o Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil pola súa novela Centauros do Norte.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Goretoxo recomenda «Settecento» de Marcos Calveiro

Narrativa,Opinións_lectores/as,Xerais nos blogs

Settecento de Marcos Calveiro

Venecia, no último alento, foi agocho de segredos xa daquela milenarios. As institucións do Estado, a delación como arma política e o poder absoluto dun Consello oligarca dábanlle aspecto de estado policial. E os cidadáns adicados ao placer, fora do tipo que fora, lonxe, moi lonxe das vellas virtudes republicanas que os seus antergos tiveran a honra, baixo o león de San Marcos. Por esas rúas, pontes e canles naufragan en bebedelas os devezos dun Vivaldi que xa vai vello, que desconta os últimos dias, a última estrea. Entre grappa e café recén chegado pola vía de Viena e mailo Turco sitiador, as anécdotas ilustran o ambiente, a paisaxe humana e a humidade da lagoa: a cidade na lagoa, un tema mítico de vello, repetido aló onde houbera augas paradas, dende Ys ata Antela. E Venecia sempre xogou cos mitos e as fontes de información, sempre foi intermediaria nas grandes liñas de tensión do seu presente. De todos os seus presentes.

Sen afondar nas sicoloxías dos personaxes, sen diseccionar a profundidade histórica das herdanzas dunha cidade que xa era vella cando a tumba de Prisciliano foi reinventada, todo cadra, todo encaixa nunha vidreira alumeada pola ollada do león, adurmiñado ás veces, pero sempre preocupado pola felicidade dos seus. O xogo veneciano das carautas, do engano, e a paixón pola música, e por medio dela, do recoñecemento, son as abas desta cadea de cristal. A música, escolla do autor, pódese escoitar en culturagalega.org.

Unha novela ben feita, para ler dun tirón sen case levantar os ollos do papel. Unha magoa que non teña oitocentas páxinas, en lugar de cento noventa, que o asunto ben podía dar para máis. O seguinte: recuperar Festina Lente.

Anotación de Pedro Silva (Goretoxo) publicada no blog De mares, portos e portas o 7 de xuño de 2010

Chuzame! A Facebook A Twitter

«A lúa dos Everglades» de Xesús Manuel Marcos na mesa de noite de Marcos Calveiro

31 Maio 2010

Narrativa,Opinións_lectores/as,Xerais_nos_medios

A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos, Premio Terra de Melide 2007

Marcos Calveiro recomenda a lectura da obra A lúa dos Everglades, escrita por Xesús Manuel Marcos e premiada en 2007 co Premio Terra de Melide. O autor de Setecentto atopou neste libro unha gran novela que, afastándose dos tópicos da manida literatura da emigración, retrata a vida de diferentes persoas máis aló da súa terra. “Son tres historias diferentes que no desenvolvemento do libro acaban por unirse. A primeira trata de tres emigrantes vellos que teñen unha panadería nun barrio de Bos Aires e aparecen mortos. A segunda fala dun funcionario en Madrid que quere ser escritor e que comeza unha amizade cun veciño seu. Por último, na terceira atopamos unha muller que foi agredida e que está na UCI en Miami”, explica Marcos Calveiro. Para este escritor, a obra de Xesús Manuel Marcos é un libro que paga a pena e que, quizais, non tivo a sorte que merecía nas librarías. “É unha gran novela e conta co premio Terras de Melide. Non obstante, cando se fixeron os resumos do ano coas mellores obras quedou fóra de todo iso. Pasou desapercibida e é un libro moi recomendable”, lamenta Marcos Calveiro. Aínda que cada un dos argumentos parecen estar distanciados tanto na súa trama como nos seus escenarios, as tres pezas están intimamente conectadas entre si. “Realmente é un quebracabezas e e no libro agóchase un segredo de familia. Todos sabemos que en cada casa hai, polo menos, un morto escondido debaixo da alfombra e neste caso cúmprese esa máxima”, sinala o autor da aplaudida Festina lente. Marcos Calveiro recomenda así unha obra que merece maior atención por parte dos lectores, xa que a súa calidade e a súa profundidade son excepcionais.

Texto publicado en Xornal de Galicia o 29 de maio de 2010.


Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro, entrevista en «La Voz de Galicia»

Autores,Entrevistas,Narrativa,Xerais_nos_medios

Begoña Sotelino publica na edición de hoxe de La Voz de Galicia unha interesante entrevista con Marcos Calveiro con motivo da publicación de Settecento. Reproducímola na súa totalidade.

«Escoitei moito a Vivaldi, pero tamén a Neil Young»

O autor de «Settecento» fixo unha novela histórica a ritmo de concerto barroco

Marcos Calveiro naceu en Vilagarcía en 1968, pero reside en Vigo desde os once anos e creceu no barrio de Teis, onde aínda vive, «e iso imprime carácter», recoñece, o que quere dicir que é vigués-vigués. O autor, de profesión avogado, debutou na literatura hai catro anos baixo a etiqueta de escritor de obras para público xuvenil con Sari, soñador de mares. Despois chegou Rinocerontes e quimeras, e logo diso gañou o Premio Ala Delta de literatura infantil e xuvenil con O carteiro de Bagdad. Pero non tardou en desfacerse de selos que non serven máis que para excluír lectores.

Tralo seu exitoso debut adulto con Festina lente, retorna polos sendeiros da historia con Settecento, ao tempo que coincide nas librerías co lanzamento de O pintor do sombreiro de malvas (Premio Lazarillo 2009). «Eu publico a pares», chancea.

Vivaldi é o artellador do argumento de «Settecento». ¿Como xurdiu facelo protagonista?

–Foi froito da casualidade. Lin un artigo dun musicólogo que falaba dos galeóns que chegaban a Venecia carrexando as madeiras que logo empregaban os lutieres e contaba que había verdadeiras pelexas por conseguir as mellores madeiras. Quedeime con esa idea e a novela realmente nace desa imaxe dos lutieres. E logo, tirando do fío, pensei que unha historia ambientaba en Venecia precisaba de música, da que eu tecnicamente non teño nin idea, aínda que son un gran melómano. A min gústanme moito o barroco e Vivaldi, que ademais ten un concerto para gaita e zanfona, aínda que fora falsificado, que daquela xa había piratería. Era habitual aproveitarse e editar partituras adxudicándoas ao nome famoso dun autor.

¿Todos os personaxes que aparecen na novela son reais?

–Hai algúns reais aos que lles mantiven o nome, como Casanova de rapaz, e outros aos que llo mudei, como o autor teatral Carlo Goldoni, que aquí é Tortoni… pero o fundamental foi a música, porque a novela está estruturada como un concerto barroco nos seus catro movementos: allegro, adagio, presto e finale , e na escrita tentei manter ese ritmo que vai de lento a lixeiro ata o final vivaz.

É doado imaxinalo escribindo e escoitando a Vivaldi todo o tempo, ¿non?

–Si. Escoitei moito barroco e moito Vivaldi, sobre todo as óperas, que son a súa faceta menos coñecida; pero tamén escoitei moito a Neil Young, e temas como o Favourite Things de John Coltrane.

A obra ten detrás un importante traballo de documentación…

–Si. Eu coñecía datos, pero claro, había que afondar. Eu pásoo moi ben con esa parte previa da escrita porque gozo moito coa lectura. Estudei biografías de Vivaldi, de Goldoni, libros sobre o teatro do século, a Venecia da época a través das crónicas de viaxeiros ingleses e franceses que andaban por alí… Eu ademais é que non coñezo Venecia. Nin me atraía sequera. Agora si.

Pero a historia tamén chega ata Santiago de Compostela

–E que un dos protagonistas da novela fai un periplo Venecia-París-Santiago, e remata cun pequeno McGuffin en relación cun Stradivarius que aparece na catedral de Santiago de Compostela. Hai que descubrir o misterio lendo as dúas últimas liñas novela. Eu non o vou facer, ¡claro!

Poderíase dicir que «Settecento» é unha recreación da vida de Vivaldi?

–Non. É unha novela coral na que aparecen máis dunha ducia de personaxes e todos teñen relación con Vivaldi, pero realmente é unha historia de amor, traizón, culpa e redención final. O tema é o amor, a procura da beleza e as máscaras que todos nos poñemos todos os días cando nos erguemos pola mañá para saír á rúa.

Parece que hai medo ou falta de imaxinación na literatura galega para abordar temas que saian de Galicia, ¿non?

–Hai moitos prexuízos. Tamén parece que se escribes unha novela xuvenil ten que estar protagonizada por rapaces, e non ten por que. E se escribes en galego tes que referirte a un tema galego? Pois non. Podes escribir de calquera cousa, de calquera tempo, de calquera lugar. A min resúltame máis difícil escribir sobre o mais próximo, porque dache a posibilidade de fabular e de mentir. Gústame Cunqueiro e a súa capacidade de recrear mundos que nunca pisou.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«”Settecento”: moi boa música», crítica de Manuel Rodríguez Alonso

28 Maio 2010

Críticas,Narrativa,Xerais nos blogs

MOI BOA MÚSICA

[En Settecento] Marcos Calveiro reincide no eido da novela histórica e reconstrúe agora a peripecia vital de Vivaldi na Venecia do século XVIII, mais tamén cun salto ao Santiago do mesmo século, nun contrapunto moi ben logrado. A novela, culturalista e ás veces dunha linguaxe altamente poética, entretén a calquera lector e Calveiro consegue nesta obra que gocen coa lectura todo tipo de lectores, tanto os que só buscan un pasatempo coma aqueles que procuran o culturalismo ou mesmo as excelencias dunha linguaxe preciosista de gran forza poética.

O corpo central da novela é a reconstrución da vida de Vivaldi na Venecia do século XVIII. O relato principia cunha descrición poética da cidade que está perfectamente conseguida. Nesta cidade vitalista e proxectada cara á arte e á música, mais así mesmo á intriga, o proveito económico e ata o crime, vive Vivaldi na súa gloria, mais tamén no comezo da súa decadencia. Como é xa un tópico no mundo da música –lembremos a película sobre Mozart–, Vivaldi ten tamén en Venecia o seu envexoso que loita por destruílo: Benedetto Ricotta. Malia ser un tópico o tema da envexa do mediocre cara ao xenio, Calveiro sae moi airoso neste asunto, máxime cando a vinganza de Ricotta se acabará volvendo contra el e entra dentro da mellor tradición do que un lector con formación coida que ten que ser unha vinganza veneciana chea de intriga.

A figura que de Vivaldi traza o novelista engaiola o lector. Ese contraste entre o músico excelso, mais ao mesmo tempo obsesionado por obter cartos para poder sufragar os seus moitos gastos e o gusto pola boa vida ou a obsesión sexual ofrecen unha visión poliédrica do personaxe que resulta moi suxestiva. A galería das mulleres relacionadas dun xeito ou doutro con Vivaldi tamén é moi positiva, desde a malvada Caterina á sacrificada Paolinna. As descricións dos paseos e marchas nocturnas de Vivaldi e doutros personaxes por Venecia teñen unha plasticidade propia do cine. O elemento fantástico da estatua do león que os vixía eu creo, non obstante, que resulta innecesaria e prescindible.

Manexa ben Calveiro a estrutura da novela con anticipacións ou prolepses de feitos (como o episodio da presenza e morte de Aldo en Santiago), que converten o lector nun colaborador activo do narrador, de xeito que este lector se sente compracido ao ir atando cabos e recompoñendo a historia pola súa conta. As relacións humanas, especialmente as amorosas, son tratadas así mesmo dun xeito acaído, con esa mestura de amores-desamores entre Aldo-Caterina-Casanova, Anna-Vivaldi-Carlo… A historia da morte de Graziella e os seus antecedentes caen dentro do tópico sobre a intriga que o lector con certa formación cre propia de Venecia, mais o novelista resólvea sen caer no tópico.

Destaca na novela o anaco que dedica á descrición da fame en Santiago, cos exércitos de aldeáns famentos que invaden as rúas da cidade pedindo esmola. Parécenos unha homenaxe ao célebre anaco que Murguía dedica á descrición da fame de 1853 en Los Precursores. Se en Venecia gozabamos coa súa beleza decadentista, aquí o novelista vese que domina a chamada estética da fealdade.

Xa que logo, novela histórica, culturalista, cunha linguaxe moitas veces altamente poética especialmente rica é na transmisión das sensacións –olores, ruídos, mesmo sensacións táctiles–, na descrición das cidades e lugares onde se desenvolve o relato, entretida e que, malia utilizar tópicos, como poidan parecer os da bela e a besta (a relación Vivaldi e Anna, por exemplo), a envexa perante o xenio (Ricotta-Vivaldi), a decadencia na vellez de quen de novo foi rico e famoso (Vivaldi), a muller anegada (Paolinna) fronte á muller perversa (Caterina), os personaxes intrigantes de Venecia, o contraste entre a Venecia amante da arte e a Venecia obsesionada polo negocio ou o Santiago aferrollado polo clero e a Inquisición produce no lector unha sensación positiva e anovadora do tópico.

[...]

Polo tanto, novela histórica sobre Vivaldi que nos achega á figura poliédrica do gran compositor, mais tamén que reproduce con acerto, entre outros lugares, a Venecia e o Santiago do século XVIII. É un libro que os afeccionados á lectura deben meter no saco de lecturas que facer este verán. Manuel Rodríguez Alonso

Fragmentos da crítica publicada por Manuel Rodríguez Alonso no blog Bpuvard e Pécuchet.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro presentará as súas novelas en Outes

27 Maio 2010

Autores,Narrativa,Noticias

Marcos Calveiro presentará mañá, venres 28 de maio, ás 20:30, na Casa da Cultura de Outes, as súas dúas novelas máis recentes O pintor do sombreiro de malvas e Settecento. No acto, organizado pola Asociación Cultural Barbantia, Asociación Cultural Terra de Outes, La Voz de Galicia e o concello de Outes, participarán María Xesús Blanco, socia de Barbantia; Xoán Mariño, presidente da Asociación Cultural Terra de Outes; e mais o alcalde de Outes, Carlos E. López Crespo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Teresa Moure e Marcos Calveiro mañán na Feira do Libro de Lugo

21 Maio 2010

Autores,Feiras_do_libro,Fóra de Xogo,Narrativa,Noticias,Presentacións,Xuvenil


No serán de mañán, sábado 22 de maio, a Feira do Libro de Lugo, que se celebra na Praza Maior, acollerá a participación dos escritores Marcos Calveiro e Teresa Moure.
A partir das 19:30 horas, Marcos Calveiro asinará exemplares das súas novelas Settecento e O pintor do sombreiro de malvas (PREMIO LAZARILLO 2009).
Ás 20:00 horas, Teresa Moure presentará A Intervención, acompañada do editor Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais na Feira do libro de Lugo

13 Maio 2010

Feiras_do_libro,Fóra de Xogo,Narrativa,Noticias,Presentacións

Xerais organiza diversos actos na Feira do Libro de Lugo, que se celebrará na Praza Maior do 15 ao 23 de maio.

Día 20 xoves, 19:30 horas
Rosa Aneiros asinará exemplares dos libros: Sol de Inverno (PREMIO XERAIS DE NOVELA 2009) e Ás de bolboreta (PREMIO FUNDACIÓN CAIXA GALICIA 2009)

Día 22 sábado, 19:30 horas
Marcos Calveiro asinará exemplares dos libros: Settecento e O pintor do sombreiro de malvas (PREMIO LAZARILLO 2009)

Día 22 sábado, 20:00 horas
Presentación da novela A intervención de Teresa Moure.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Older Posts »