«En castellano no hay problema», de Carlos Callón, presentación en Madrid o martes 5 de xullo

1 Xullo 2011

Crónica,Presentacións

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o martes 5 de xullo, no Centro Galego de Madrid, sito na rúa Carretas, 14-3º andar. O acto contará coa participación de Francisco Jorquera, deputado do BNG no Congreso dos Deputados, e Carlos Callón, autor do volume e presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

«Inmunda escoria» preséntase hoxe en Madrid

7 Outubro 2010

Crónica,Presentacións,Socioloxía

O libro Inmunda escoria, publicado por Xerais baixo o subtítulo «A universidade franquista e as mobilizacións estudantís en Compostela, 1939-1968, de Ricardo Gurriarán, presentarase hoxe en Madrid ás 19:30 horas, en Blanquerna Centre Cultural (Alcalá 44). O acto contará coa participación de Xosé María Calviño, Ezequiel Méndez, Fermín Bouza e Ricardo Gurriarán. Este evento está organizado por Xerais, pola Fundación 10 de Marzo e por Blanquerna Centre Cultural.