Xurxo Martínez: «Luís Soto deixou unha idea do nacionalismo como algo amplo»

3 Maio 2012

Crónica,Entrevistas

A edición ourensá de La Voz de Galicia publica unha entrevisa de Miguel Ascón con Xurxo Martínez González sobre o seu libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega.

 

 

«Luís Soto deixou unha idea do nacionalismo como algo amplo»

O filólogo galego afonda no seu último libro na figura do histórico nacionalista, comunista e sindicalista ourensán

Filólogo galego nado en Coia (Vigo) en 1984, Xurxo Martínez é un prometedor investigador que dedicou o seu último traballo, publicado en Xerais, a Luis Soto, relevante sindicalista, comunista e nacionalista ourensán.

—Por que se fixou en Luis Soto?

—A primeira razón sería un interese persoal por unha figura descoñecida a cal tiña referencias sobre todo por ser o compañeiro de Castelao nas viaxes a Cuba e a Estados Unidos. A segunda razón é porque coñecrin a tres persoas que me adimaron desde un principio a escribir este libro, que son Xosé González, Garcia Crego e Méndez Ferrín.

—¿Por que pensa que a súa figura caeu no esquecemento?

—Por un lado, porque foi expulsado do Partido Comunista, pero aínda que máis adiante pidenlle que volva, é un trámite e volve marchar. Entón, a historia da militancia no Partido Comunista é un pouco abortada. Despois, coa súa segunda militancia, que foi o naccionalismo e a UPG, cando se produce a crise na dirección no ano 1976, el decide marchar cos expulsados.

Como se documentou?

—O groso da documentación está no Arquivo Histórico Provincial de Ourense, que é onde se atopa un dos fondos privados máis importantes de todo o país. Son moitisimas caixas, cartafoles e hai aínda cousas inéditas para publicar quen teña interese. Despois, un pouco de todos os lados: a Fundación Penzol, que é sempre un refuxio para os investigadores, a Universidade.,,

—¿Cal foi a pegada máis destacada de Soto nesta provincia?

—A pegada que ten en Ourense é o seu traballo sindical á hora da organización dos mestres na época da República. El é yndos fundadores e promotores se (ATEOe) non é nada casual nome. Ademais, Soto foi un dos promotores e secretario da comisión organizadora da homenaxe de despedida a Celso Emilio Ferreiro.

—¿Que opinaría Soto da actual atomización do nacionalismo?

—Luis Soto deixou unha idea do nacionalismo como algo amplo, diverso. Desdea súa liña de pensamento do frentepopulismo, entendía que o nacionalismo podia ter diferentes sensibilidades pero o importante era que se crease unha fronte popular contra aquilo que se considerase prexudicial tanto para Galicia como para as súas clases traballadoras.

O libro «Luís Soto. A xeira pola unidade galega» inicita ao Concello de Celanova a dedicarlle unha rúa á figura de Soto

10 Abril 2012

Crónica,Noticias,Presentacións

O xornal La Región faise eco do acto de presentación do libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González e da intención do Concello de Celanova de dedicarlle unha rúa a Luís Soto.

 

Celanova dedicará una calle a Luis Soto en su 110 aniversario

El grupo de gobierno estudiará las posibles ubicaciones en la carretera de Vilanova o el Cercado

En pleno aniversario del poeta y celanovés, Celso Emilio Ferreiro, el Concello de Celanova y la Fundación Curros Enríquez no han cesado su labor de promocionar y divulgar la vida y obras de importantes personalidades que han tenido a bien nacer en esta tierra de poetas y poesías. El 2012 es el Año Celso Emilio, pero también de Luis Soto Fernández del que en los próximos meses se conmemorará el 110 aniversario de su nacimiento y el 30 de su defunción (A Bola, 1902-México D.F., 1982).

Mercedes Gallego, Xosé González, Xurxo Martínez, Antonio Mouriño, Manuel Bragado y Sara F. Soto.

Político y periodista de gran peso en el exilio, al que se vio obligado a huir debido a la persecución franquista, Soto Fernández acompañó en 1938 al líder nacionalista Castelao en su famoso viaje por los Estados Unidos y Cuba con el fin de conseguir apoyos para el bando republicano, dirigió la revista Vieiros (editada entre 1959 y 1968 por el Padroado da Cultura Galega de México) y en 1964, participó en la fundación de la Unión do Pobo Galego (UPG).

‘Soto foi un vilanovés de pro Mercedes Gallego, Xosé González, Xurxo Martínez, Antonio Mouriño, Manuel Bragado y Sara F. Soto.que naceu circunstancialmente en Podentes (A Bola) e que sempre tivo a Vilanova (e tamén a Celanova) como punto de referencia local e ó mesmo tempo universal sobre o que se forxou toda a súa traxectoria’, recuerda el alcalde de Celanova, Antonio Mouriño, que confirmó que a lo largo de este año el Concello dará su nombre a una de las calles que todavía están sin nombrar en la villa de San Rosendo (en la zona de O Cercado o en el camino a su Vilanova natal). ‘Colocando o seu nome nunha rúa esperamos contribuir a facer familiar a súa memoria, a mellor forma de poder apreciar o traballo realizado noutras épocas por persoeiros que hoxe forman parte da nosa historia’. Mouriño realizó el anuncio en el transcurso de la presentación de la biografía ‘Luis Soto. A xeira pola unidade galega’ de Xurxo Martínez González, y la que asistieron familiares y amigos de Soto.

Seguindo as pegadas de Luís Soto: Xurxo Martínez presentou o libro en Mondariz

8 Febreiro 2012

Crónica,Presentacións

O xornal Faro de Vigo publicou unha información sobre a presentación do libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, en Mondariz.

 

Un libro recuerda el paso por Mondariz de Luis Soto, compañero de Castelao

El Centro Social de Mondariz acogió la presentación del libro de Xurxo Martínez sobre Luis Soto, compañero de Castelao en el exilio, y que fue maestro en Mondariz.

El acto, que organizó la Asociación Ecocultural Búrbida, de Mondariz y Mondariz Balneario, contó con la presencia de Xosé M. García Crego, editor de Edicións Xerais de Galicia, que también fue amigo personal de Soto.

En el libro se cuenta que Soto salvó la vida en 1936 gracias al párroco local Francisco Álvarez, quien lo escondió en la casa rectoral antes de marchar a Portugal disfrazado de religioso.

Después Soto, vivió exiliado en México hasta la muerte del general Franco, donde ejerció como político y activista cultural, nombradamente como director de la prestigiosa revista cultural“Vieiros”.

Nacido A Bola (Ourense) a principios del siglo pasado, Luis Soto Fernández (1902- 1982) fue un profesor de ideología izquierdista que ejerció su magisterio en Mondariz entre 1934 y 1936.

En el Concello de Mondariz existen numerosas solicitudes de este personaje según informó el cronista local, Xosé Guisado Nogueira.

Tamén o  xornal Atlántico publicou unha información sobre a presentación do libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, en Mondariz.

O estudoso Xurxo Martínes presentou o domingo, no Centro Social de Mondariz, o seu libro sobre o docente Luís Soto, editado por Xerais. Deste xeito Mondariz lembrou a este mestre galeguista que foi compañeiro e amigo de Castelao, nun acto organizado pola Asociación Ecocultural ‘Búrbida’, que contou coa presenza do autor e do editor Xosé García Crego.

Xurxo Martínez (no centro), presentou en Mondariz o seu libro sobre o mestre Luis Soto.

Xurxo Martínez (no centro), presentou en Mondariz o seu libro sobre o mestre Luis Soto.

Luis Soto, que finou en 1982, naceu na Bola, Ourense, en 1902, foi ensinante e exerceu o seu maxisterio en Mondariz entre os anos 1934 e 1936. E foi precisamente no 36, cando lle salvou a vida o párroco local Francisco Álvarez, que o agochou na casa reitoral de Mondariz antes da súa fuxida a Portugal disfradado de cura. Soto viveu exiliado en México ata a morte de Franco, e alí exerceu como político e activista cultural amáis de como director da prestixiosa revista cultural ‘Vieiros’. Na casa do Concello de Mondariz locarizáronse distintos escritos nos que o mestre demandaba melloras para os alumnos do seu centro escolar.

Xurxo Martínez: «Luís Soto foi o gran ideólogo do nacionalismo galego de inspiración marxista»

26 Xaneiro 2012

Crónica,Entrevistas

A edición compostelá de La Voz de Galicia publica unha información sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.

 

«A figura de Luís Soto foi clave no nacionalismo marxista»

No xantar da Rocha (1964) foi un dos creadores da Unión do Pobo Galego (UPG), o miolo do nacionalismo galego artellado arredor do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Chamábase Luís Soto e a súa fi gura foi agochada porque decantouse do bando dos perdedores. Así o explicou onte o vigués Xurxo Martínez González —28 anos, licenciado en Filoloxía Galega— na presentación do seu libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega (Edicións Xerais, Vigo, 2012) na Libraría Couceiro. «A fi gura de Luis Soto é clave porque foi o gran ideólogo dun nacionalismo galego de inspiración marxista», di Xurxo Martínez, quen se refire a Soto como «vencido por partida doble: non só pola guerra civil senón tamén pola historia moderna do nacionalismo galego». De Soto sabíase que acompañou a Castelao no seu exilio de Cuba e Estados Unidos e que dirixiu Vieiros. «Pero foi moito máis: un loitador social toda a súa vida dende os tempos da República», di Xurxo Martínez.

Unha figura fundamental da nosa historia. «Luís Soto. A xeira pola unidade galega», de Xurxo Martínez González; crítica de Alfredo Iglesias

19 Xaneiro 2012

Críticas,Crónica

Alfredo Iglesias Diéguez publicou no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.

 

Na xeira Soto

Memoria dun comunista galego

Cando en 1983 sae do prelo Castelao, a UPG e outras memorias (Xerais), o seu autor, Luís Soto (1902-1982), xa non estaba entre nós; porén, quizais o seu falecemento non abonde para explicar que esa obra pasase desapercibida para a maioría da sociedade galega, pois era a obra dun home que dende a súa mocidade loitara a prol da dignificación do pobo galego, tanto no aspecto social como identitario.

Velaí está a súa traxectoria vital:a súa militancia activa no sindicalismo docente da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), primeiro, e despois na FETE; o seu compromiso coa II República, que o levou a militar, logo de fuxir das gadoupas de Atila dende a súa Galicia natal cara á zona leal á República, en Solidariedade Galega Antifeixista

e a percorrer durante o ano 1938 os EEUU e Cuba en defensa da causa republicana xunto a Castelao; a fundación de revistas da importancia de Vieiros; a participación en cantas iniciativas se promoveron a prol da defensa da identidade nacional de Galicia,como o Padroado da Cultura Galega…

Que pode explicar, daquela, ese inxusto esquecemento? Quizais a razón habería que buscala na súa militancia política. Efectivamente, dende os seus anos mozos, milita activamente no Partido Comunista de España, que na volta dos anos corenta recoñece o feito diferencial galego ao aceptar a fundación da Comisión Galega,pola que tanto loitara Luís Soto, quen xa en 1940 sostiña que a“solución da cuestión nacional e da cuestión colonial son inseparables da derrota do réxime capitalista”. Unha militancia que abandona para fundar, en 1964,a Unión do Pobo Galego, xunto aos rapaces de Brais Pinto, que malia ser doutra xeración “pensan o mesmo ca min”.

Porén, precisamente esa honestidade intelectual, é a razón que lle fai abandonar a UPG con algúns deses mozos para fundar a UPG-liña proletaria trala crise de 1976. Así,nos últimos anos da súa vida, Luís Soto andaba comprometido co artellamento dunha nova organización comunista: o Partido Galego do Proletariado, o primeiro partido independentista e de clase da Galicia contemporánea, do que Luís Soto foi elixido presidente no seu congreso fundacional celebrado en 1978.

Unha figura fundamental na historia recente do noso pobo que se caracteriza pola busca permanenteda unidade de acción fronte ao inimigo común e a procura dunha síntese entre marxismo e galeguismo que Xurxo Martínez González vén de recuperar nesta súa obra Luís Soto: a xeira pola unidade galega que edita Xerais.

Alfredo Iglesias Diéguez

O nacionalismo plural de Luís Soto centrou a presentación do libro de Xurxo Martínez

21 Decembro 2011

Críticas,Crónica,Noticias,Presentacións

Manuel Bragado publica hoxe en Brétemas unha crónica da presentación onte en Vigo de Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.

 

Sinalárono tanto Xosé González como Xurxo Martínez no acto de presentación de Librouro: «Luís Soto traballou por construír unha arquitectura plural, unha polifonía política que permitise a autoorganización da sociedade en diversos partidos nacionalistas.» Sei que esta primeira e interesantísima biografía sobre Luís Soto, un dos creadores do sindicalismo galego do ensino, unha das figuras do exilio galego, un dos promotores da anticipatoria revista Vieiros, unha das persoas claves na fundación da UPG, un marxista republicán que conciliou co pensamento nacionalista, pon en cuestión moitas das interpretacións que até agora se teñen feito da historia do nacionalismo galego. Unha biografía esencial, documentadísima, desmitificadora, concibida para rehabilitar unha figura clave na historia do galeguismo do século XX inxusta e interesadamente esquecida. Recoméndoa moi vivamente.

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

16 Decembro 2011

Críticas,Crónica,Narrativa,Novidades

Dolores Vilavedra realiza no suplemento Luces de El País o seu periódico repaso de novidades. Reproducimos os textos referidos aos libros de Xerais.

Extramunde, de Xavier Queipo

Tamén en capa dura chega a nós Extramunde de Xavier Queipo, un merecidísimo -xulgando sen saber cales foron as outras obras concursantes- Premio Xerais 2011. Con esta novela o autor demostra que a vontade de estilo non está rifada coa eficacia narrativa. Queipo é quen de enfiar unha historia que nos atrapa ata o final, que nos leva da Galicia inquisitorial ata Macao nunha viaxe marítima polos océanos Atlántico e Índico percorrendo terras remotas. Sendo como é unha novela de viaxes e de aventuras, Extramunde ofrécenos tamén un convite a tentar entender a nosa condición humana, a pescudar no que somos e en porque o somos, e a aceptar con humildade e afouteza o que hai nas nosas vidas de azar e continxencia. Organizada en catro partes, é na primeira delas, O santuario dos embruxados, onde Queipo acada as máis altas cotas de expresividade grazas a un singular e sobrio rexistro que agocha moitas horas de traballo na procura da palabra precisa. A partir de aí, a viaxe na nau dos tolos cobra outro ritmo, máis moroso, o da cotidianeidade dos periplos oceánicos, pero tanto ten: a lectora está xa entregada a personaxes e historia, e non hai volta atrás: avanza canda eles disposta a compartir o seu destino final, sexa este cal for.

O máis estraño, de Manuel Rivas

A edición en capa dura, cunha emocionante fotografía na portada, da contística completa de Manuel Rivas, baixo o suxestivo título de O máis estraño, é unha ocasión de ouro para obter unha visión de conxunto da produción de quen é xa un dos grandes contistas da historia da literatura galega. Organizada pola orde cronolóxica de aparición dos libros, bótase en falla unha maior minuciosidade editorial á hora de citar cando e onde se publicaron por vez primeira relatos como O partido de Reis, ou de explicar por que se despraza A barra de pan do seu lugar orixinal (formaba parte da primeira edición de Ela, maldita alma) a outra sección da colectánea. Estou a falar de miúnzas filolóxicas que non lle apoñen nada á obra para os lectores do común, pero que suporían un valor engadido pois cómpre non esquecer que Rivas é xa un clásico, aquén e alén nós, e como tal cómpre tratalo (polo menos de cando en vez….).

Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras

Para o público incondicional do policial, Diego Ameixeiras é un valor seguro, aínda que ás súas Historias de Oregón saiban a pouco, limitadas como están pola súa condición orixinal de seren pensadas como unha narración por entregas, que lle valería ao autor o Premio que La Voz de Galicia concede a este tipo de textos. Certa confusión no desenlace dalgunhas das tramas, e unha menor presenza dos achados que caracterizan adoito o estilo de Ameixeiras son os danos colaterais menores que o formato lle impón a este texto.

Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, de Antonio Reigosa

Nadal é tempo de tradicións pero, como acontece noutras culturas, precisamos consolidar prácticas laicas que poidamos ir, ano a ano, convertendo en rituais. Unha das máis fermosas pode ser a lectura ou agasallo de libros navideños, deses tan ben editados que mesmo serven para decorar, e que podemos reler ano tras ano cos máis pequenos (ou non…) da casa. As editoras abren o camiño con dúas xoais: as Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal de Antonio Reigosa afonda nas orixes deste tempo mítico para ir achegándose aos costumes festivos de nós e poñer en evidencia, como lles dicía, que algunhas tradicións non o son tanto como cremos.

Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González

E dende a nosa memoria colectiva, sepultada por tantas décadas de opresión e alienación, reaparece outra figura ben dispar, a de Luís Soto, sindicalista e figura destacada do nacionalismo galego de posguerra estudada por Xurxo Martínez González (outro xove investigador, deses que son presente certo e alentadora promesa de futuro) nunha documentadísima biografía (Luís Soto. A xeira pola unidade galega) chamada a ser dende xa unha obra de consulta imprescindible para o estudo da nosa historia máis recente.

A loita nacionalista de Luís Soto. Crítica de Armando Requeixo sobre «Luís Soto. A xeira pola unidade galega», de Xurxo Martínez

12 Decembro 2011

Críticas,Crónica

O crítico Armando Requeixo publicou unha recensión sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiño.

Memoria de Luís Soto

Aínda que por veces estrañe a algúns, segue a haber persoeiros de noso de relevancia indiscutible que continúan agardando por unha monografía que os biografe como cómpre. É o caso do intelectual e activista galego Luís Soto, de quen apenas se contabamos con algúns meritorios artigos publicados en diversos foros e que tivo que agardar polo traballo dun dos máis rigorosos investigadores das últimas promocións para saír do arrombamento no que semellaba andar enfuscado.

Luís Soto. A xeira pola unidade galega é o título do volume que nos desagraviou de tal esquecemento e Xurxo Martínez González o estudoso ao que hai que llo agradecer.

Nesta moi documentada crónica biográfica, Martínez González dá conta do seu nacemento na Bola (1902) e primeiros anos de estudos en Vilanova dos Infantes e Celanova e da súa marcha á emigración arxentina. Mais tamén das súas primeiras experiencias xornalísticas naquela terra, onde axudou a fundar o moi modesto xornal El Eco de Huinca Renancó, onde amosou xa a súa inequívoca caste de xornalista comprometido, o que deu con el no cárcere.

De regreso á Terra ―e tal como informa o seu biógrafo―, pronto tivo que volver marchar para cumprir co exército na fronte do Annual, da que retornou para rematar a carreira de mestre e pasar exercer na arraiana Buscalque, en Ramirás e Mondariz.

Durante este tempo e antes do estourido da Guerra Civil, cóntanos Martínez González que Soto desenvolvería unha moi intensa actividade política primeiro no seo da ATEO (a Asociación de Traballadores da Ensinanza de Ourense) e no PCE (Partido Comunista de España) e logo tamén na Federación Galega de Traballadores do Ensino. Este labor veuse truncado polo conflito armado, que o obrigou a sumarse ás barricadas republicanas de Vigo e que, unha vez perdida a praza, fixo que tivese que marchar ás terras de crianza no interior ourensán e, dende alí, fuxir ata Portugal e deste a Francia, onde seguiu defendendo a causa republicana nas filas de diferentes organizacións democráticas.

Polo remate da Guerra Soto atópase xa en México, tal como explica Martínez González. Alí acabou por erixirse nunha figura fundamental da promoción da nosa cultura naquelas terras e á súa tarefa política sumou tamén unha vigorosa dedicación na promoción do Padroado da Cultura Galega e na dirección da emblemática, Vieiros, revista de vangarda no exilio na que figuraron as voces das principais escritoras e escritores galegos do momento.

Agora ben, os anos de madureza e os tempos derradeiros de Soto van estar ocupados polas angueiras nacidas da súa pertenza fundacional á UPG, que tivo nel un dos principais promotores do Terra e Tempo e, nunha segunda etapa, da UPG-Liña proletaria e mais o PGP (Partido Galego do Proletariado), formación na que militou ata a fin dos seus días, como nos lembra Martínez González, quen ten tamén palabras para o seu tránsito derradeiro, en México DF, polo mes de santos de 1981.

Todo este periplo é relatado polo biógrafo partindo de fontes documentais e mais de entrevistas con algúns dos camaradas de Soto (Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel García Crego) e distintos familiares (o seu fillo Luís Soto García, entre outros), o que fan deste Luís Soto. A xeira pola unidade galega un traballo máis que fidedigno na recreación da andaina dun intelectual que apenas se esbozou as súas memoranzas en Castelao, a UPG e outras memorias (1983) e que ten nesta obra de Xurxo Martínez González cabal espello dunha vida dedicada a unha causa: a loita a prol dunha nación galega libre e identificada.

Armando Requeixo

 

Xurxo Martínez: «O BNG debe aprender de Luís Soto a antepoñer os intereses teóricos». Entrevista en Radiofusión sobre «Luís Soto. A xeira pola unidade galega»

2 Decembro 2011

Crónica,Entrevistas,Radio

Radiofusión emitiu unha entrevista con Xurxo Martínez González sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega.

X. Martínez: “O BNG debe aprender de Luís Soto a antepoñer os intereses teóricos ao canibalismo interno”

Luís Soto é un descoñecido para moitos, mesmo para os nacionalistas galegos. Unha biografía que Edicións Xerais vén de colocar nos andeis das librarías axúdanos a coñecer a un dos fundadores da UPG, compañeiro de Castelao nas xeiras a prol da República e un dos directores da revista Vieiros. Luís Soto. A xeira pola unidade galega é unha obra escrita por Xurxo Martínez, que reivindica a figura deste histórico político galego, “o primeiro que asentou a teoría do nacionalismo desde unha óptica de esquerdas”, asegura. Segundo Martínez, a saída da UPG de Soto, polo seu apoio a Xosé González (“Pepe de Redondela”) provocou o seu silenciamento e ocultación.

En canto ás leas internas que actualmente se están a dar entre as diferentes correntes do Bloque, Xurxo Martínez asegura que “o BNG debe superar os canibalismos internos e pór por riba os intereses teóricos que coincidan coa práctica”. A experiencia vital, asegura o autor, debería servir ao nacionalismo galego para asumir erros e apostar pola unidade.

A entrevista pode escoitarse aquí en mp3.

Acción política e Galicia en «Luís Soto. A xeira pola unidade galega». Artigo de opinión de Eduardo Gutiérrez

1 Decembro 2011

Artigos literarios,Críticas,Crónica

El Progreso publica un artigo de opinión de Eduardo Gutiérrez  sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González

Un libro sobre Luís Soto

XURXO Martínez González é un mozo, investigador histórico de vocación, rigoroso e perspicaz, que paseniñamente se vai especializando na biografía de figuras galegas que desenvolveron unha parte da sua vida no exilio. No ano 2007 ocupouse de Fuco Gómez e agora ven de publicar, en Edicións Xerais, ‘Luis Soto. A xeira pola unidade galega’. Tal e como se sinala na obra, Soto é unha figura un tanto descoñecida, pero con implicacións importantes mesmo na historia recente de Galiza, particularmente de aquela propia do que o autor chama “o primeiro partido arredista e de clase contemporáneo”, da que fora elexido presidente.

Pero a traxectoria vital de Soto pasa por moi variados e accidentados pasaxes: emigrante moi novo na Arxentina, mestre con grande actividade sindical antes da guerra e despois, e sempre militante moi activo do Partido Comunista de España. En calidade de tal, acompaña a Castelao na sonada viaxe a Estados Unidos e Cuba nunha xeira de propaganda a prol da República. De aí procede tamén, aquela especie de título, que se lle apuña nalgunha clandestinidade, de ‘secretario’ do lider nacionalista. O propio autor deste libro destaca tamén as retesias que había no eido galeguista de posguerra pola excesiva proximidade de Castelao aos comunistas.

Mais aparte desa colaboracióne amizade cordial co rianxeiro, unha das tarefas máis importantes de Luis Soto foi a actuación no seo do Padroado da Cultura Galega de México, entidade editora da prestixiosa revista ‘Vieiros’, un verdadeiro fito na historia hemerográfica de Galiza, tanto en contidos como en deseño e impresión lembramos que foi unha das nosas primeiras adquisicións na benemérita ‘Librouro’, daqueles envios que recibía Patiño procedentes de alénmar. A estudar este período e en xeral importantes aspectos da vida política no exilñio, dedica Xurxo Martínez unha parte importante da sua obra, empregando material praticamente inédito, procedente do fondo Luis Soto que se conserva no Arquivo Provincial de Ourense. Capítulo igualmente decisivo é o consagrado á fundación da UPG, á crise do ano coa expulsión de militantes históricos e á fundación da UPGLiña Proletaria.

O autor sinala no prólogo da obra, que non se deixou engaiolar polas teimosas indicación recibidas de xente afín ao biografiado, e que procurou manter “unha certa distancia”. Temos as nosas dúbidas sobre o particular, porque é tarefa sempre extraordinariamente complicada, e máis ainda logo de meses de intenso traballo de pescuda e análise, co risco de converter a convivencia en connivencia.

Con todo, ao noso xuízo Xurxo Martínez realizou unha completa e interesante biografía máis centrada na actuación política de Luis Soto que na sua peripecia vital, valor que nós aprezamos, ainda que quizais porque se trata, ao noso xuízo, dunha perxonaxe non especialmente atractiva.

Eduardo Guitiérrez

Desvelar o tempo dunha figura fundamental: crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre «Luís Soto. A xeira pola unidade galega», de Xurxo Martínez

30 Novembro 2011

Críticas,Crónica

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González.

 

Para non esquecer

A desmemoria histórica interesada fai que quen foron figuras sobranceiras do exilio ou do antifranquismos pasen a ser esquecidas, porque non lle convén ao poder vixente que se lembren os seus feitos e mais as súas ensinanzas. A cultura oficial e politicamente correcta de hoxe non tolera os que defenden a autodeterminación ou que simplemente seguen a declararse marxistas ou que non aceptan a sociedade de mercado neoliberal como a única forma posible de organización social. Por iso, parabéns para esta coidada biografía de Luís Soto, que nos ofrece un investigador mozo como é Xurxo Martínez.

Luís Soto foi unha figura senlleira do antifascismo e da loita antifranquista. A súa militancia lévao antes da Guerra Civil ao sindicalismo e ao Partido Comunista. A súa convicción nacionalista faino loitar pola fundación dun partido comunista galego, mais bate co centralismo do PCE español. Participa na fundación da UPG e o gran contacto entre o exilio republicano marxista e os mozos de Brais Pinto e os fundadores da UPG. Martínez González percorre toda a peripecia vital, mais tamén ideolóxica de Soto.

A primeira parte da biografía abarca desde 1902, ano de nacemento de Soto, a 1931, data da proclamación da II República. Ao presentarnos a infancia e xuventude de Soto, Martínez recrea moi ben a Galicia do primeiro terzo do século XX e ofrécenos unha imaxe dunha Galicia onde inzan os mestres de ideoloxía progresista (os pais de Soto) ou as asociacións agrarias. Tamén a Galicia dos emigrantes retornados de América, que non só traen cartos ou desenganos, senón tamén ideas e libros novos e revolucionarios, como o tío do propio Soto. Xa que logo, desbota o tópico da Galicia rural conservadora e católica e estamos ante unha colectividade onde non son alleos o progresismo, o sindicalismo e mesmo o socialismo ou o anarquismo.

Como tantos do seu tempo, Soto marcha á emigración arxentina con só dezasete anos, para volver, derrotado, coma o pai de Migueliño de Castelao, en 1921. O autor, con evidente acerto, alude á tremenda situación que está a crear entre os mozos galegos a guerra de Marrocos na década dos vinte. En África pasará Soto tres anos como soldado. De volta do servizo militar, Soto converterase en mestre, mais nun mestre laico, que retira da aula todos os símbolos relixiosos.

A chegada da Segunda República supón unha grande ilusión para Soto. Cómpre que o lector se fixe na ATEO (Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense) e comprenderá mellor a xenreira que Franco tivo contra o ensino público e que seguen a manter os seus actuais continuadores. Nesta etapa Soto pasa a ser un activo militante do PCE. O lector pode atopar non libro non só unha boa análise non só da vida de Soto nos tempos da República, senón tamén do ambiente político-social deste momento.

A terceira parte dedícaa á actividade de Soto durante a Guerra Civil. Desenvolve moi ben as relacións Soto-Castelao, así como o labor propagandístico realizado por Castelao-Soto entre os emigrantes galegos de América (Nova York, A Habana…). A fuxida de Soto cara á zona republicana é unha verdadeira novela de aventuras, que o historiador relata con bo pulso. Despois analiza polo miúdo a actividade de Soto durante a guerra, a prol da República. Unha sección importante é a xa devandita colaboración Soto-Castelao.

A cuarta parte presenta a actividade de Soto no exilio mexicano, entre 1939 e 1950. Asistimos ás actividades de Soto para articular e unir a oposición antifranquista no exilio, o choque entre o seu nacionalismo e a política centralista do PCE, á fundación do Fogar Galego ou á edición de publicacións. Debe lerse a influencia de Soto sobre Castelao cando este define o seu concepto de nación aplicado a Galicia en Sempre en Galiza. O autor tamén explica polo miúdo como se foi realizando a creación da revista Vieiros, a partir de precedentes como Saudade. Constituído o Padroado da Cultura Galega de México en 1959 xurdirá a revista Vieiros, dirixida por Carlos Velo, Florencio Delgado Gurriarán e o propio Luís Soto. O autor analiza acertadamente o impacto desta revista en Galicia, especialmente entre o grupo madrileño de Brais Pinto e sobre a UPG.            Dende os anos sesenta, Soto pode volver a Galicia. O libro incardina agora a vida de Soto con acontecementos fundamentais da última historia de Galicia como a fundación da UPG, a homenaxe en Ourense a Celso Emilio Ferreiro en 1966 ou os movementos nacionalistas e marxistas de oposición no tardofranquismo . Nesta etapa Martínez sinala acertadamente como a visión que de Castelao ofrece Soto (a do político republicano, antifascista e nacionalista) é a oposta á do grupo Galaxia, que incidía sobre o Castelao escritor, pintor e humorista. Cómpre ler tamén a xenreira que lle producían as emisión radiofónicas do Padroado, en 1966, ao o hoxe é presidente de honra do PP, Manuel Fraga, daquela ministro de Información de Franco ou como impediu este mesmo personaxe a difusión do número 3 de Vieiros.

En fin que se queremos comprender mellor a Galicia actual e máis a do inmediato pasado, así como coñecer unha das grandes figuras da nosa historia recente, cómpre ler este libro. Gústanos ademais que o autor empregue, aínda que non estean recollidos polo VOLGa, termos como feixismo, feixista ou antifeixismo. É un acerto así mesmo aludir sempre a Franco como Atila e agrádanos que non considere pexorativo un termo como bolxevique, que non dubida en aplicar a Soto. Non nos gustan tanto, máxime nun autor que é licenciado en filoloxía galega hiperenxebrsmos ou castelanismos como pitelo por cigarro, retrasar no canto de atrasar ou o emprego de marzal, adx., ´propio do mes de marzo´, no canto de marzo.

Manuel Rodríguez Alonso

 

 

Xurxo Martínez: «Luís Soto foi esquecido porque formou parte dos vencidos». «O acontecido na UPG debería ser contado dende a óptica dos expulsados»

28 Novembro 2011

Crónica,Entrevistas

Mundo Galicia e La Voz de Vilalaba publican unha entrevista  de V. Outeiro con Xurxo Martínez González sobre o seu libro Luís Soto. A xeira pola unidade galega, que Xerais acaba de publicar na colección Crónica.

 

Edicións Xerais acaba de publicar, entre as súas novidades, a biografía “Luís Soto. A xeira pola unidade galega”. Sobre esta figura polifacética do nacionalismo galego escribiu Xurxo Martínez González. Falamos con el.

Cal foi a motivación para emprender o teu traballo de reconstrución da figura de Luís Soto?

A sintonía e proximidade que sentín con protagonista, creadas por varias persoas como Ferrín, García Crego ou Xosé González (Pepe de Redondela). Estes trataron moito a Soto e animáronme a escribir algo sobre el. A idea inicial era facer un artigo de investigación pero a figura de Soto abranguía demasiados eidos. A súa actividade era digna de ser coñecida e recoñecida. Velaquí o resultado.

Suponse que no momento de comezar coa esculca tiñas algunha idea sobre Soto: deches con algunha sorpresa especial sobre a súa figura?

Polo xeral sábense tres cousas: que acompañou a Castelao por Cuba e Estados Unidos; que participou na fundación da UPG e que dirixiu Vieiros. Non son actividades banais.

Porén, Soto despregara unha tarefa monumental dende os tempos da República até o exilio en México. Aparece como unha das figuras máis dinámicas, con distintas responsabilidades políticas, sociais ou culturais. Citemos algunhas: dirixente da Asociación de Traballadores do Ensino de Ourense (ATEO), director de Nueva Galicia, membro da dirección do PCE en México, secretario xeral da Comisión Galega do PCE, delegado da Internacional de Traballadores do Ensino, redactor de España Popular e Nuestra Bandera, dirixente da Alianza Nazonal Galega, director de Vieiros, secretario xeral do Padroado da Cultura Galega, fundador da UPG e do PGP etc.

Parece difícil soster que Luís Soto foi un home de segunda fila. El foi un motor de explosión en múltiples iniciativas.

Que destacarías da personalidade política de Luís Soto?

 A coherencia e firmeza nos principios nos intres bos e malos. Soto sentiuse identificado coa liña do frentepopulismo e con esa idea morreu. Foi un dos responsábeis de integrar a ATEO na UXT dentro da liña deseñada polo PCE naquela altura. Na guerra civil potencia xunto a Castelao a Solidariedade Galega Antifeixista. No exilio aínda é máis clara esta postura. Mais sempre quixo engadir un matiz: as novas estruturas debían posuír autonomía. Se o PCE potenciaba a XSUN pois Soto potenciaba a Comisión Galega de Axuda á XSUN, por exemplo.

A súa gran teima foi a creación dun partido de orientación comunista ao servizo da nación galega. Eis a súa gran contribución política. Acadou o obxectivo co nacemento da UPG.

Sindicalismo, política, cultura… Podemos definir a Soto como un home total?

Pouco lle quedou por facer a Soto. O seu dinamismo e dispoñibilidade para a loita é digna de imitar. Malia as doenzas que sufría, que ás veces o tiñan encamado meses enteiros, non o afastaban do compromiso activo. Soto non era un militante pasivo, un que está por estar, que pasa por alí para ter un carné. Non hai actividade do exilio galego en México onde non estea Soto e fose sindical, política, cultural ou internacional.

 Non pensas que Luís Soto sería merecente dunha maior atención por parte das e dos nosos historiadores?

 Sen dúbida porque Soto ofrece un guión diferente para interpretar, por exemplo, o exilio galego. Polo xeral séguese, máis ou menos, o discurso oficial do exilio de Bos Aires. Soto foi crítico co Consello de Galiza no seu nacemento malia a amizade con Castelao, que manterían deica a morte do rianxeiro. Porque a vida de Luís Soto permítenos seguir a defensa da liberdade de Galiza dende unha interpretación marxista. Facer unha historia do nacionalismo non é cinguirse ao Partido Galeguista, a Castelao ou a Ramón Piñeiro. O nacemento da UPG, por exemplo, debe ser posto á luz da tarefa de Soto por teorizar un nacionalismo de práctica marxista.

O fondo privado de Soto foi entregado en 1993 , grazas á mediación de Elixio Villaverde García. Toda esa inxente documentación (até 18 caixas) debeu ter maior atención á hora de escribir a nosa historia.

Tampouco o mundo do nacionalismo político parece prestar a atención debida ao noso personaxe..

Luís Soto foi esquecido porque formou parte dos vencidos. Non só os da guerra civil senón os da historia moderna do nacionalismo galego. Se Soto decidise continuar na UPG tras o conflito de 1976 entón este libro xa se tería publicado.

 Un dirixente como foi Soto debía aparecer no discurso do nacionalismo de esquerdas. Seguramente foi o primeiro gran ideólogo dun nacionalismo de orientación marxista. Está detrás do primeiro xornal comunista monolingüe en galego. Os seus traballos teóricos están no Arquivo Provincial de Ourense. Ninguén pode dubidar de que era a persoa máis formada das que fundaron a UPG. Soto viña da dirección do PCE; da executiva da Federación de Ensino da UXT durante a guerra; viña de liderar a corrente interna dos comunistas galegos que quería un PCG; tiña un vasto coñecemento da cultura galega e da teoría marxista-leninista etc.

 Que outras figuras ou acontecementos da historia de Galicia pensas serían merecentes dun mellor estudo e proxección?

 Tense traballado arreo nos libros de memoria e biografías. En poucos anos apareceron cousas sobre Xoán Xesús González, Víctor Fraiz, Benigno Álvarez ou mesmo Placeres Castellanos, por citar algúns que tiveron relación con Soto. Hai anacos da historia que contan con importantes investigacións (o que máis, seguramente, o período bélico do 36). Mais hai outros tramos en claroescuros como boa parte do XIX galego (salvando as achegas de Barreiro Fernández para a francesada e o levantamento de 1846) ou a historia máis recente do nacionalismo.

 Considero, entre outros, que os episodios acontecidos na UPG deberían ser contados dende a óptica dos que foron expulsados deste partido. Non só dende o feito puntual senón tamén dende o ideolóxico. Cito os sucesos de 1976 ou a escisión da que naceu o PCLN. Descoñezo onde está gardada a memoria de persoas como Pepe de Redondela, García Crego, Xosé María Brañas, Manuel Reboiras, Ramón Muñiz, García Montes, Mariano Abalo, Xan Carballo etc. Estas persoas, que conformaron unha das xeracións máis determinantes do nacionalismo galego, deben contar a súa versión e deben aparecer persoas dispostas a recollela.

V. Outeiro

«Luís Soto. A xeira pola unidade galega», de Xurxo Martínez González, novidade da colección Crónica

17 Novembro 2011

Crónica,Novidades

Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González, é unha das novidades de Crónica de novembro de 2011.

Luís Soto é apenas un descoñecido para a maioría da sociedade galega e con el vai parte do noso pasado. Esta obra afonda na súa vida e no seu tempo: o sindicalismo da ATEO e o PCE na II República, Castelao e a UXT na Guerra Civil; a Comisión Galega do PCE e a Internacional do Ensino na posguerra; o Consello de Galiza e a JSUN; o Padroado da Cultura Galega e Vieiros no exilio; a fundación da UPG, a súa teoría e pensamento; a crise do 76 na UPG e o nacemento do PGP. En todo isto, Luís Soto foi parte protagonista. O autor acudiu ao fondo Luís Soto (no Arquivo Histórico Provincial de Ourense), practicamente inédito, para realizar unha biografía que se botaba en falta. Xurxo Martínez González incorpora ao libro nova documentación sobre o exilio, o nacionalismo ou a revista Vieiros. Outros arquivos, co descubrimento de novos papeis, completaron unha obra necesaria para comprendermos mellor a esquerda, o exilio en México, a cultura e o nacionalismo galegos. Unha peza imprescindible para encaixar a historia máis recente.