Recital poético de Xoán Abeleira o mércores 22 na Coruña para presentar «Pan de ánimas»

20 Febreiro 2012

Noticias,Poesía,Presentacións,Recital poético

O vindeiro mércores 22 de febreiro, ás 19.30, o poeta Xoán Abeleira dará un breve recital na libraría Nova Colón da Coruña para presentar o seu novo poemario,  Pan de ánimas

Pan de ánimas é unha ofrenda a todos os mortos: aos mortos que seguen vivos e aos vivos que existen mortos. Pan de ánimas é o son da moega que deita o sol da moenda. Pan de ánimas é a fariña do ollo que arela ver o seu ser. Pan de ánimas é o canto da roda que une o gran e a cinza. Pan de ánimas é un cántico á moa que ten a nada por centro. Pan de ánimas é estoutra maquía desa materia escura que chamamos poesía.