
A maior parte dos medios recolleron hoxe a noticia da presentación da Anthology of Galician Literature realizada onte en Compostela na que interviron os responsables de Xerais e Galaxia, coeditores da obra, e Roberto Varela, conselleiro de Cultura e Turismo, entidade que apoiou esta edición. A obra, preparada por Jonathan Dunne recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía. Neste acto de presentación Manuel Bragado leu unha carta de Dunne, que non puido participar no acto por atoparse nestes momentos fóra de Galicia e, a súa vez, Víctor Freixanes, director da editorial Galaxia, a carta redactada polos editores que acompañará ao envío que da antoloxía se realizará a centros de estudos galegos, lusos e hispánicos, así como a axentes literarios e editoriais de todo o mundo.
Velaí como foi recollida a noticia:
- Europa Press: «Una antología traducida al inglés busca “internacionalizar” la literatura gallega en un recorrido de 800 años»
- A Nosa Terra: «Presentada a primeira edición bilingüe da “Antoloxía da Literatura galega”»
- Galicia hoxe: «A vía british»
- La Voz de Galicia: «A “Antoloxía da literatura galega” en inglés completarse en 2012»
- Xornal de Galicia: «Tres mil sementes máis de cultura galega no mundo»
- Faro de Vigo: «Unha antoloxía traducida ao inglés procura internacionalizar a literatura galega»
- El Correo Gallego: «As letras galegas dan un paso esencial na súa internacionalización»
- La Opinión da Coruña: «Unha antoloxía en inglés busca internacionalizar a cultura galega»
Documentación de referencia:
- Obras galegas traducidas ao inglés.
- Antoloxía de Literatura galega (1196-1981). Folla de novidades en galego (pdf)
- Anthology of Galician Literature (1196-1981). News in english (pdf)
- Antoloxía de Literatura galega (1196-1981). Cartas dos editores en galego (pdf)
- Anthology of Galician Literature (1196-1981). Letter from the Publishers in english (pdf)
- Carta de Jonathan Dunne. (pdf)
XERAIS


Coeditada por Xerais e Galaxia, co apoio da Consellaría de Cultura e Turismo, na primeira quincena de xuño, chegará ás librerías o volume Anthology of Galician Literature 1196-1981, preparada por Jonathan Dunne e que recolle en edición bilingüe obras que van dende o século XII ata o ano 1981, datas para nada casuais pois abarcan dende o primeiro documento en galego que se conserva ata o Estatuto de Autonomía.
Coeditada por Xerais e