Manuel Rivas, galardoado co premio Acción Solidaria pola Fundación Luís Tilve

14 Xullo 2011

Autores,Noticias,Premios

O escritor Manuel Rivas acaba de ser galardoado pola Fundación Luís Tilve, creada en 1989 co apoio da UXT, na modalidade de Acción Solidaria debido ao seu «gran compromiso e sensibilidade cara a un amplo abanico de aspectos”, como a recuperación da memoria histórica, a defensa do medio ambiente, a protección da lingua e a cultura galega, ou a defensa dos necesitados, como, segundo a organización, demóstrase na cesión dos dereitos de obras “como Nana para a Asociación Meniños».

O acto de entrega dos premios terá lugar en Ferrol o venres 15 de xullo.

Chuzame! A Facebook A Twitter