O último adeus a Don Paco

29 Novembro 2010

Autores,Noticias

O próximo mércores 7 de xaneiro, nun acto que se celebrará no Centro Social Caixanova, en Vigo, daráselle a último adeus a Don Paco Fernández del Riego. Da man da Fundación Penzol, a Editorial Galaxia, as fundacións Otero Pedrayo e Isla Couto, así como co apoio do Concello de Vigo e o Consello da Cultura Galega, realizarase pasado mañá unha homenaxe aberta arredor da súa figura.

Este domingo, Manuel Bragado, director de Edicións Xerais de Galicia, escribiu no Faro de Vigo un artigo sobre o significado da figura de Paco del Riego, tanto para a cultura galega como para, moi especialmente, o ámbito editorial.

A dirección e o cadro de persoal de Xerais quere expresar o seu pesar polo seu falecemento.