Finalistas dos Premios AELG 2011

4 Marzo 2011

Ensaio,Fóra de Xogo,Narrativa,Noticias,Poesía,Premios,Teatro,Traducións,Xerais,Xornalismo,Xuvenil

A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) fixo público hoxe os finalistas dos seus premios anuais. Tras unha votación dos seus asociados anunciou os finalistas tanto nas categorías de libros editados como de blogs e xornalismo. A gala de entrega dos premios será o 30 de abril en Santiago. Os membros da AELG serán tamén quen escollan de entre os finalistas os galardoados.

Blog Literario

1. Ferradura en tránsito, de Xosé Manuel Eyré.

2. O levantador de minas, de Alfredo Ferreiro.

3. Trafegando ronseis, de Gracia Santorum e Xosé Anxo Fernández Alonso.

Ensaio

1. A man que caligrafando pensa: do plástico-escritural e da manuscrita novoneyriana, de Carlos Paulo Martínez Pereiro.

2. Elucidacións na sombra. Análise e interpretación de dúas pezas de Carvalho Calero, de Manuel Castelao.

3. O clamor da rebeldía. Rosalía de Castro: ensaio e feminismo, de María Pilar García Negro.

Literatura Infantil e xuvenil ( coa colaboración da Gálix)

1. Contos para nenos que dormen deseguida, de Pinto & Chinto.

2. O pintor do sombreiro de malvas (Xerais), de Marcos Calveiro.

3. O segredo de Marco Polo, de Francisco Castro.

4. Suso Espada. “Nota Roja”, de Francisco X. Fernández Naval.

Mellor traxectoria en xornalismo cultural 2010 (AELG-Colexio de Xornalistas)

1. Anxo Tarrío.

2. Daniel Salgado.

3. Fran P. Lorenzo.

4. Iago Martínez.

5. Ramón Nicolás.

Narrativa

1. O coitelo en novembro (Xerais) de Marilar Aleixandre.

2. Obediencia, de Antón Lopo.

3. Periferia (Xerais) de Iolanda Zúñiga.

4. Settecento (Xerais) de Marcos Calveiro.

5. Todo é silencio (Xerais) de Manuel Rivas.

6. Xuvia-Neda (Xerais) de Vicente Araguas.

Poesía

1. Bater de sombras, de Francisco X. Fernández Naval.

2. Estremas, de Ana Romaní.

3. Retro(visor) (Xerais)  de Antía Otero.

Teatro

1. Canibalismo, de Marcos Abalde Covelo.

2. Cínicas, de Teresa Moure.

3. Flores de Dunsiname (Xerais) de Manuel Lourenzo.

Tradución

1. Bilbao-New York-Bilbao (Kirmen Uribe) (Xerais), na versión de Isaac Xubín.

2. Lóbrego Romance. Pálida Pantasma. As Lendas Espectrais de Malvadia (Jack Mircala), por Isabel Soto.

3. Randea do alento (Herta Müller) (Xerais), de Marga do Val.

«Quéroche contar un conto», recensión crítica de Ramón Nicolás

20 Decembro 2010

Infantil,Solidariedade

No seu blog Caderno da crítica, Ramón Nicolás publica unha recensión crítica sobre o libro Quéroche contar un conto, libro no que se recollen relatos de An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos, cedidos, por motivos solidarios a ASPANAEX. Reproducimos a recensión crítica:

Hai poucos días ocupábame dun álbum infantil que se achegaba literariamente aos eidos dun trastorno do desenvolvemento como é o autismo.  Arestora cómpre falar dunha feliz iniciativa que Xerais acolle, coedita e pon en circulación e que, fundamentalmente, desvela e amosa algunhas das capacidades, neste caso artísticas e expresivas, que persoas con minusvalía intelectual poden levar a cabo.

Deste xeito Quéroche contar un conto é unha iniciativa partiu dunha nai da asociación ASPANAEX (Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra), que idea a edición dun libro na que un conxunto de escritores prestaran a súa achega literaria, de forma altruísta, para que un grupo de persoas con minusvalía enchesen ese mundo de palabras coas súas propias ilustracións.

Se os imaxinativos e acaídos textos de An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos resultan perfectos, polo ritmo, os asuntos recreados e o tratamento que se lles outorga para un libro destas características e intencións, non o son menos as ilustracións debidas a un grupo de auténticos artistas plásticos como o constituído por Adrián, Inés, Ana Belén, Mateo, Fani e Gonzalo quen, baixo a coordinación de Carmen Jiménez e Mª José Ramos, realizaron un fabuloso traballo que transmite as enormes posibilidades creativas e interpretativas destes últimos.

Parabéns, sen dúbida, a todos os responsables desta iniciativa literaria e solidaria, dous adxectivos que deberían se vincular en máis ocasións das que estamos afeitos.

Ramón Nicolás

Presentación de «Quéroche contar un conto», editado por Xerais e Aspanaex

8 Decembro 2010

Infantil,Presentacións,Solidariedade

O vindeiro sábado 11 de decembro terá lugar a presentación do libro Quéroche contar un conto, libro no que participan  An Alfaya, Francisco Castro, Xosé Cermeño, Agustín Fernández Paz e Irene Pérez Pintos.

A presentación, organizada por Aspanaex e, no seu nome, o presidente desa entidade, José Manuel Carballo Cabezas, terá lugar ás 12 horas do sábado no MARCO (Príncipe 54), en Vigo. Posteriormente servirase un cóctel. ASPANAEX prega confirmación de asistencia nos teléfonos 986.20.83.95 e 986.21.36.29.

«Quéroche contar un conto», un libro de Xerais e Aspanaex

18 Novembro 2010

Infantil,Solidariedade

Quéroche contar un conto é unha publicación de Xerais e colaboración con Aspanaex ((Asociación a favor das Persoas con Discapacidade Intelectual da Provincia de Pontevedra) que acaba de chegar a todas as librarías. Trátase dun libro que pretende dar a coñecer á sociedade as capacidades que teñen as persoas con minusvalía intelectual, constituíndose nun claro exemplo de cómo estas persoas conseguen superar as súas dificultades cando se lles ofrecen os apoios necesarios e se lles dan oportunidades de participar.

O libro contén relatos infantís de An Alfaya, “Os segredos das cores”; Francisco Castro, “A sombra que asombra”; Xosé Cermeño, “Historia de don Ramón e o susto que puido levar cando a marea subía e non quería baixar”; Agustín Fernández Paz, “Unha amiga secreta”; e Irene Pérez Pintos, “Cousas que facer un día de chuvia”, aos que Aspanaex quere agradecerlles a súa participación desinteresada e altruísta, porque se contaxiaron do entusiasmo de Cristina (nai de Raquel) no proxecto de editar un libro de contos, onde os escritores, coa súa imaxinación encherían as páxinas de palabras, e onde as persoas con minusvalía intelectual o pintarían de bonitas cores coas súas ilustracións.


Fallados os Premios Martín Sarmiento 2009

30 Abril 2009

Fóra de Xogo,Noticias,Premios,Sopa de Libros

Acabamos de coñecer o fallo da quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polos equipos de Normalización Lingüística da FEREGA e outorgado por máis de cinco mil lectores e lectoras. Foron premiadas tres obras publicadas por Xerais ao longo do pasado ano 2007:

Os premios foron fallados no seo dunha Gala realizada en Vilagarcía na que participaron varios milleiros de rapaces e rapazas. Os nosos parabéns para os premiados e para os organizadores.

Premio Frei Martín Sarmiento, finalistas

23 Setembro 2008

Fóra de Xogo,Infantil,Narrativa,Noticias,Premios,Sopa de Libros,Xuvenil

Acabamos de coñecer as obras finalistas da quinta edición do Premio Frei Martín Sarmiento, organizado polos equipos de Normalización Lingüística da FERE e outorgado, a pasada edición, por máis de cinco mil lectores e lectoras. As obras finalistas das publicadas por Xerais, ao longo do pasado ano 2007, son as seguintes:

O fallo do premio coñecerase o 30 de abril de 2009 e será outorgado por milleiros de lectores e lectoras que valorarán as obras finalistas ao longo do curso.

"O ceo dos afogados"

14 Xullo 2008

Fóra de Xogo,Opinións_lectores/as,Premios,Xerais_nos_medios,Xuvenil

No blog Revolta da freixa publícase unha anotación sobre a lectura d’ O ceo dos afogados, a novela de Francisco Castro, finalista do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2007.