O libro Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro e ilustrado por Fino Lorenzo, na colección sopa de libros, é unha das novidades do mes de marzo.
En Recendos de aire sonoro as notas musicais e as palabras danse a man e camiñan xuntas polos vieiros que trazan os versos. Nos seus poemas ecoa o violín, treme a arpa, percute o timbal, láiase a gaita, Beethoven saúda a Bob Dylan mentres berran as guitarras de rock e a orquestra se despista. Un libro para ler cos cinco sentidos. As dúas paixóns de Antonio García Teijeiro, a música e a poesía, establecen un diálogo fascinante neste poemario fermosamente ilustrado por Fino Lorenzo, que vai espertar nos lectores e lectoras sensacións vivas e profundas, cargadas de emoción.
XERAIS
Mañá domingo, 25 de abril, ás 19:00 horas na 
