Federico Cocho falou sobre “Guerra Civil” no Culturgal

3 Decembro 2011

Culturgal,Presentacións

Na tarde de onte, primeiro día do Culturgal, o xornalista e escritor, Federico Cocho mantivo unha interesantísima charla co, tamén xornalista, Eduardo Rolland sobre o libro Guerra Civil. O que pasou en Galicia e en España, publicado por Xerais na colección Crónica.

 O programa de Xerais para hoxe, Sábado 3 é:

  • 14:00 h.: Presentación de Dragal I e Dragal II de Elena Gallego. No Salón. Conversa coa escritora Ledicia Costas
  • 19:00 h.: Conversa con Manuel Rivas e José Luis Cuerda. Todo é silencio  novela e película. No Salón. Entrevistados por Manuel Jabois

Federico Cocho, Dionisio Pereira e Gonzalo Amoedo presentarán os seus libros de memoria histórica en Baiona

16 Novembro 2011

Crónica,Noticias,Presentacións

Valmiñor.info informa das xornadas que o IEM organizou en Baiona, durante o transcurso das que participarán varios autores de Xerais, presentando os últimos libros que publicamos na colección Crónica centrados na memoria histórica: Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España de Federico Cocho Loita de clases e represión no mar (1864-1939), de Dionisio Pereira; e A memoria e o esquecemento. O franquismo na provincia de Pontevedra; de Gonzalo Amoedo:

Presentación das novas achegas da historiografía da Guerra Civil e a represión franquista en Baiona

O Instituto de Estudos Miñoranos e a Comisión “Volta dos Nove” organizan un ciclo de actividades para lembrar e coñecer a sublevación militar de 1936 e os tristes e dolores acontecementos que lle sucederon. O ciclo consiste na presentación de cinco libros editados no ano 2010 e que percorren distintos aspectos tantos dos anos da Guerra como da represión posterior á mesma. Así mesmo farase unha achega ao acontecido na vila de Baiona e unha homenaxe artística aos “Nove de Baredo” e ás vítimas da persecución franquista.

As actividades desenvolveranse na Capitanía Marítima de Baiona (R/ Elduayen 20, 1º andar) segundo o seguinte programa:

17 de novembro, xoves, ás 20:30h

Presentación, por parte dos autores, dos libros:

  • Cruzados o herejes. La religión, la Iglesia y los católicos en la Galicia de la Guerra Civil (2010) de José Ramón Rodríguez Lago (Doutor en Historia Contemporánea. Profesor Asociado da U. Vigo)
  • Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España de Federico Cocho (Xornalista, traballa na reitoría da U. da Coruña, colabora na Radio Galega)

24 de novembro, xoves ás 20:30h

Presentación dos libros de:

1 de decembro, xoves ás 20:30h.

  • Domingo Rodríguez Teijeiro (Doutor en Historia, profesor de Historia Contemporánea na U. Vigo presenta o seu libro Presos e prisións na Galicia de guerra e de posguerra. 1936-1945 (2010)

3 de decembro, sábado ás 18h

  • Conferencia de Carlos Méixome Quinteiro (Instituto de Estudos Miñoranos): “Baiona, 1936
  • 19.30 Homenaxe poético-músical aos Nove de Baredo. Exposición de pintura e fotografía. Exposición “Atopados

Crítica de Alfredo Iglesias sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

20 Outubro 2011

Críticas,Crónica

O suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, publica hoxe unha crítica de Alfredo Iglesias sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Necesaria memoria

Para coñecermos o pasado

Unha vez que os militares rebeldes se fixeron co control do territorio galego en xullo do 36, deu comezo un período de violenta represión, exercida sobre as autoridades militares e civís que lideraron a defensa da República, os líderes políticos republicanos (agás os que se comprometeron co fascismo), os dirixentes sindicais e obreiros, os intelectuais galeguistas, os mestres e, finalmente, o pobo indefenso, que pagaron coa súa morte o delito de defender a legalidade republicana.

Ademais, alén desa brutal represión, a violencia exerceuse mediante as penas de cárcere e os traballos forzosos,

as depuracións do funcionariado –sobre todo do corpo de mestres–, as sancións económicas ás familias de represaliados republicanos, o exilio…, e mesmo a través do servizo ‘voluntario’ no exército franquista, que as máis das veces era a forma de limpar calquera posible sospeita de desafecto ao novo réxime.

Así mesmo, ao estar Galiza na retagarda das frontes, axiña se converteu na despensa –sobre todo pesqueira–, dos exércitos sublevados e dos territorios sometidos ao seu control e en campo de concentración e cárcere dos milleiros de presos realizados polos exércitos sublevados a medida que ían sometendo novos territorios e en subministradora de armamento e roupa para os exércitos rebeldes.

Velaí a razón pola que se pode dicir que o pobo galego sufriu de moi diversos xeitos –malia que en Galiza non houbo nin grandes batallas nin liñas de fronte–, unha guerra que, por primeira vez, Federico Cocho analiza dende unha perspectiva xenuinamente galega no libro Guerra Civil: que pasou en Galicia e en España (2011).

Alfredo Iglesias

Artigo de Pablo Vaamonde sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

19 Outubro 2011

Artigos literarios,Críticas,Crónica

Pablo Vaamaonde publica en Galicia Confidencial un artigo sobre o libro  Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Que pasou na Guerra Civil

O meu amigo Federico Cocho ven de publicar un libro necesario e oportuno: “Guerra Civil, que pasou en Galicia e en España” (Xerais, 2011). O texto está ordenado en trinta capítulos nos que o autor relata cronolóxicamente, en forma de crónica xornalística, a sucesión de feitos que levan desde as debilidades da II República e os movementos conspirativos (o que Azaña cualificou como unha “carreira cega cara a catástrofe”), ata os principais episodios da guerra, a cruel persecusión dos derrotados na postguerra e a lenta e sistemática eliminación dos maquis, despois de anos de estéril resistencia polos montes.

É un libro honesto e rigoroso, froito de catro anos de intenso traballo e do estudio de numerosa documentación. O autor fai un excelente labor de síntese e constrúe un texto con vocación divulgativa e de gran valor educativo, que debería ser lectura obrigada en todos os centros de ensino de Galicia. Despois de anos de medo e silencio é preciso contar a historia con honestidade para evitar que se repitan os erros do pasado. “Honrar aos que sufriron. Rehabilitar a memoria dos asasinados naquel baño de sangue. (…) Interiorizar a lección contra a intolerancia, contra os salvapatrias, contra os extremistas. Aprender da historia para manter sempre viva a chama da liberdade e da paz”, tal como reclama o propio autor.

Cando ocorre unha catástrofe natural (Haiti, Fukushima) queda unha pegada de destrucción e morte. Máis cando se produce unha confrontación bélica permanece, ademáis, un rastro de temor, de xenreira e de contas pendentes que fai que as feridas permanezan abertas durante xeracións. Hai pouco estivemos en Mostar –conteino noutra crónica-, e alí puidemos ver o medo nos ollos da xente, o silencio receloso e a emoción asomando nos ollos. Tamén vimos os parques da cidade sementados de túmulos.

Nunha guerra, e máis nunha guerra entre irmáns, hai sempre un traballo previo para alimentar o odio, para afondar na crispación que leva á construcción das barricadas e o uso das armas. Nos preámbulos da Guerra Civil houbo unha extensa confabulación civil e militar que preparou o terreo para provocar e xustificar o derramento de sangue.

O hispanista Paul Preston (El holocausto) preguntábase, nunha recente entrevista, como puido chegar tan lonxe o odio. A súa muller atopouno algunha vez chorando sobre os documentos que lle serviron de base para contar esta historia, que él mesmo cualifica como inhumana. “Os franquistas –decía o historiador- vían España como un corpo donde se incrustara unha especie de veleno en forma de comunismo, anarquismo ou liberalismo, un veleno que compría quitar exterminando físicamente ás persoas portadoras”. Foi unha guerra cruel, na que morreron milleiros de inocentes, seguida dunha longa postguerra na que os vencedores practicaron unha represión sistemática e continuada sobre os vencidos.

Despois de tantos anos de medo e silencio, a Guerra Civil comezou, nos últimos anos, a ser tema literario para diversos autores (Rivas, Muñoz Molina, Mendoza), e hai historiadores e grupos de traballo que están a facer unha grande labor de investigación para procurar a verdade histórica. Débese mencionar o rigoroso traballo realizado polas universidades galegas (“As vítimas, as voces, os nomes e os lugares”), baixo a dirección do profesor Lourenzo Prieto. Tamén hai numerosas asociacións para a recuperación da memoria histórica que procuran a restauración da honra das víctimas do franquismo.

Pero era preciso un libro coma este, con afán divulgativo e coa pretensión de achegar unha lectura honesta da historia a quen queira comprender as causas e as consecuencias terribles desta guerra, que marcou o século XX deste país e mesmo de Europa. O propio autor explicaba nunha entrevista a orixe deste texto: “Foi por unha cuestión de interese persoal. O meu pai, Ángel Cocho, foi secretario das Mocedades Galeguistas e logo militante do Partido Galeguista. Nun proceso de busca de información atopei que faltaba un libro de síntese, que contase a guerra desde unha óptica galega”. Tamén afirma: “Galicia quedou axiña na zona nacional, e daquela moitos galegos foron mobilizados porque ‘lles tocaba`. Pero o mito da Galicia fascista é mentira: así o proban os 14.000 represaliados que contabilizou ´Nomes e Voces`. (…) O que pasou en Galicia é unha proba de que o golpe tiña unha intención exterminadora, pois non era para nada necesario. A guerra só durou uns días, pero houbo 5.000 fusilados ou ´paseados`”.

O xeneral Mola, que exerceu como “director” da conspiración enviou instruccións por escrito (maio do 36): “Se tendrá en cuenta que la acción ha de ser en extremo violenta para reducir lo antes posible a un enemigo fuerte y bien organizado”. Os militares sublevados empregaron o terror de xeito sistemático. Contaron, ademáis, coa cobertura ideolóxica da Igrexa: “Houbo complicidade e aberta colaboración represora para o que definiron como “Cruzada”. Foi un apoio clave na ultracatólica España do momento”.

En Galicia non houbo campos de batalla: os nosos mozos foron morrer noutras xeografías. Pero houbo unha represión cruel contra dos vencidos, durante e despois da guerra, e houbo campos de concentración que acolleron a miles de presos en condicións infrahumanas, milleiros de cidadáns honestos perseguidos e humillados, e outros que fuxiron de España para salvar a vida ou evitar a prisión…

Como dí o autor no prólogo do libro: “Bágoas, moitas bágoas. Dor e sufrimento inimaxinables na Galicia de hoxe. Milleiros de mozos levados a morrer nunha guerra da que tamén foron vítimas. Vidas estragadas en plena mocidade. Moreas de crimes impunes por todos os recunchos do país. Viúvas, orfos e nais desgarradas pola perda dos fillos. Cárcere e penalidades sen conto para milleiros de familias. Esa é a nosa historia e convén coñecela. Para eso serve este excelente libro de Federico Cocho.

Pablo Vaamaonde

X. L. Méndez Ferrín recomenda «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

17 Outubro 2011

Artigos literarios,Críticas,Crónica

O escritor X. L. Méndez Ferrín recomendoulle, na súa Caixa Postal do Faro de Vigo, o libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho., a un dos seus comunicantes.

Acabo de ler un libro recentemente publicado: Federico Cocho, Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, Xerais,Vigo, 2011.A min, persoalmente, serviume para ordenar os meus coñecementos sobre a materia e para adquirir outros novos.Trátase dun relato claro aínda que non neutral, porque para aquela terríbel realidade non cabe a posibilidade de non escoller bando. Todos o fan, por moi neutrais que se proclamen algúns. O libro conta o ocorrido en Galicia entre 1936 e 1939 e ponno en relación cos acontecementos políticos e militares de España. Precisa cal foi a participación dos galegos no exército sublevado e no exército leal á República. Desde o meu criterio o relato que nos ofrece Federico Cocho é verdadeiro e amosa, máis unha vez, que a Historia de España non é a Historia de Galicia. Trátase dun libro moi valioso, no que certamente se inclúen unhas poucas inexactitudes. Eu recoméndollo vivamente ao meu comunicante.

«Boa síntese sobre a Guerra civil»: Crítica de Manuel Rodríguez Alonso sobre o libro de Federico Cocho

27 Setembro 2011

Críticas,Crónica

O crítico Manuel Rodríguez Alonso publicou no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

Boa síntese sobre a Guerra Civil

O 18 de xullo de 2011, setenta e cinco anos despois de que a sublevación de parte do exército dese lugar ao estalido da Guerra Civil, rematouse de imprentar este libro de Federico Cocho, que engorda a colección “Memoria” de Edicións Xerais, una colección que xira ao redor da contenda civil e dos anos de posguerra, cos seus efectos perverso sobre os vencidos e aquelas persoas que dalgún xeito foron considerados afíns á ideoloxía democrática e ao goberno republicano. O xornalista Federico Cocho presenta neste volume unha boa síntese sobre o que foi a Guerra Civil, remontándose aos seus antecedentes (a II República), mais tamén referíndose ás súas consecuencias inmediatas: os fuxidos e a guerrilla, os campos de concentración e cárceres do franquismo, así como a represión na inmediata posguerra.

Federico Cocho analiza o desenvolvemento da Guerra Civil en Galicia e en todo o territorio do Estado, mais sempre desde a perspectiva galega. Esta visión totalizadora do conflito, mais desde unha perspectiva galega é un dos acertos evidentes do libro.

No haber dos acertos cómpre sinalar tamén o estudo que se fai das causas da Guerra Civil e das consecuencias nos primeiros anos da posguerra, como xa indicamos no primeiro parágrafo desta recensión crítica.

O libro desfai outro tópico moi manido: o do conservadorismo galego. Galicia quedou nos primeiros momentos da sublevación dentro da España franquista, polo que serviu de graneiro da España franquista e tamén de subministradora de materiais e de soldados. Mais tamén foron moitos os galegos encarcerados, paseados ou exiliados ou os que se puxeron ao lado da República porque a guerra os atopou en zona republicana ou porque se pasaron ás filas da República. Por outra banda, moitos do voluntarios galegos do exército franquista fórono para fuxir da represión.

O libro iníciase coa análise do período republicano. Aínda que estamos de acordo en xeral co dito nesta sección, cómpre indicar que nos parece esaxerado falar  a propósito da República dunha democracia sen demócratas. O autor subliña que a Constitución republicana por laica, por exemplo, deixaba fóra os católicos. Mais isto non é así. Moitos católicos consideran que o Estado debe ser laico. Por outra banda, a posibilidade dos estatutos de autonomía ou o sometemento do poder militar ao poder civil alporizaba os militares. Cómpre lembrar que nas democracias imponse o voto das maiorías e se a maioría de España quería unha constitución marcada polo laicismo, o ensino público, o sometemento do poder militar ao civil ou a posibilidade de encamiñarse cara a fórmulas federais do Estado, os que non estean de acordo teñen que loitar por cambiar as cousas democraticamente, nunhas novas elección ou nun novo referendo, pero nunca por unha sublevación militar.

Neste sentido disentimos da interpretación que o autor fai da Transición, en que defende os pactos aos que se chegou cos chamados poderes fácticos para, segundo el, que non quedase ninguén fóra da Constitución. O certo é que na Transición nunca se propuxeron a referendo nin se lle presentaron claramente ao pobo eleccións como as da forma de Estado (república ou monarquía?), estado federal ou centralista etc. polo chamado medo aos poderes fácticos (o gran capital, a burocracia franquista, a Igrexa, o Exército). Os partidos teoricamente antifranquistas aceptaron e pasaron polo aro, co apoio dos medios de comunicación, asoballadores da opinión pública, por medo a estes poderes fácticos.

Xa que logo, non todo é tan bonito na Transición. Desde estas páxinas xa temos dito centos de veces que iso non foi unha Transición, senón unha Transacción, marcada polo medo aos chamados poderes fácticos. O autor, que é tan xeneroso en reproducir todo tipo de opinións sobre a Guerra Civil e as súas consecuencias, tamén debería recoller esta. Xa que logo, o libro neste eido (e é posiblemente a única tacha que lle apoñemos) instálase na interpretación oficial da Guerra Civil e da Transición dos historiadores como Santos Juliá ou de El País e o grupo de intelectuais ligados a este medio.

Con todo, a síntese sobre o período republicano é moi boa e resume en poucas páxinas o principal desta etapa. Do mesmo xeito analiza moi ben os meses da conspiración (co gran papel de Mola e o cativo da Falanxe), o golpe en Galicia e en España, así como o exterminio dos líderes políticos e cidadáns, nun plan claramente establecido polos franquistas. Así mesmo analiza moi ben os episodios principais da Guerra Civil como a resistencia de Madrid, o contexto internacional, a participación dos galegos en ambos os dous bandos, o papel a favor dos sublevados da Igrexa (con especial énfase no arcebispo de Santiago, un dos grandes creadores do concepto de cruzada). Non pasa por alto o terror na zona republicana e analiza episodios célebres como o de Paracuellos.

Nas últimas partes do libro, analízanse as consecuencias da Guerra Civil na inmediata posguerra: cárceres e campos de concentración para os franquistas, o exilio, as depuracións, os fuxidos e o maquis…

Outro acerto é a inclusión no remate dos capítulos de biografías sintéticas sobre os persoeiros máis destacados tanto do bando republicano como do sublevado.

Boto en falta no libro, máxime despois das investigacións de Amoedo e outros, a análise do comportamento que tiveron tras o golpe destacadas figuras do republicanismo ou do galeguismo. Habería que falar máis polo miúdo dos comportamentos de Risco, Cunqueiro, Torrente Ballester… ou mesmo da actitude que amosou quen dá hoxe nome a unha das fundacións máis citadas de Galicia: Pedro Barrié de la Maza.

Xa que logo, o libro realmente non fai investigación, pero ofrece unha extraordinaria síntese do que foi a Guerra Civil en Galicia e en España desde unha perspectiva xenuinamente galega. Láiase o autor no prólogo que hoxe case non se toca o tema da Guerra Civil nas clases de historia dos nosos institutos e colexios de bacharelato. Non sería mala cousa que os profesores de historia de ESO e bacharelato considerasen que os seus alumnos deben rematar os estudos de Ensino Medio coñecendo o que ofrece este libro. É unha síntese sobre a Guerra Civil imprescindible e redactada cunha linguaxe propia da reportaxe xornalística que fai doada a súa lectura.

Neste comezo de curso non me queda máis que aconsellar que o profesorado utilice este libro para preparar as súas clases, mais tamén para que o lea o alumnado, aínda que non sexa enteiro, polo menos algúns anacos.

Manuel Rodríguez Alonso

Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», do xornalista Federico Cocho

26 Setembro 2011

Críticas,Crónica

O crítico Francisco Martínez Bouzas publicou no seu blog, Novenoites, unha recensión crítica sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, do xornalista Federico Cocho.

O 18 de xullo de 2011, setenta e cinco anos despois de que a sublevación de parte do exército dese lugar ao estalido da Guerra Civil, rematouse de imprentar este libro de Federico Cocho, que engorda a colección “Memoria” de Edicións Xerais, una colección que xira ao redor da contenda civil e dos anos de posguerra, cos seus efectos perverso sobre os vencidos e aquelas persoas que dalgún xeito foron considerados afíns á ideoloxía democrática e ao goberno republicano.

Federico Cocho (Xinzo de Limia,1958) achéganos á Guerra Civil desde unha perspectiva galega, cunha clara intención divulgativa, esteando o seu libro non propiamente na esculca directa, senón nunha exhaustiva investigación bibliográfica que esnaquiza moitos dos estereotipos franquistas, como o do caos comunista. Mais o autor analiza tamén os erros da República que, porén, non xustifican o golpe. Un libro, pois, de síntese, que ten o seu xerme nos silencios cos que se atopou o autor en xeral e nomeadamente no círculo familiar no que ninguén lle quería falar do que pasara co seu avó e co seu pai, secretario de Mocidades Galeguistas, vítimas os dous da inxustiza da Guerra e da brutalidade da represión.

Xa que logo, o libro persegue  o obxectivo de integrar nun só texto o que acontecera durante a Guerra no espazo físico de Galicia e o que lles pasou aos galegos alén da nosa terra, na fronte de Aragón, en Teruel, Cataluña, Cantabria ou Asturias. Como acertadamente se recolle na presentación editorial, en Galicia “non houbo trincheiras, pero a represión franquista deixou preto de 5.000 fusilados e paseados e milleiros de mozos galegos mortos en crueis batallas lonxe da casa”. Con eses milleiros de vítimas inocentes aínda non se fixo xustiza e é dubidoso que se faga algún día tendo en conta as reaccións contra o movemento da memoria histórica e a “estéril” e “pueril” (Ángel Viñas) teima por impedir a esculca dos crimes contra a humanidade cometidos polos vencedores da Guerra.

O libro de Federico Cocho, escrito con ton e metodoloxía xornalística, ao xeito de grandes reportaxes, estruturase en trinta capítulos. Bota a andar analizando a experiencia da II República: expectativas xeradas, logros e atrancos, proceso de polarización nos meses previos a xullo do 36, trama golpista dirixida por Mola e sublevación de Franco. Nos capítulos sucesivos, estuda o autor o xurdimento do fascismo español e galego, os primeiros envíos de tropas desde Galicia,  a participación das mesmas nas principais batallas, a guerra no mar. Xa no corpo central do texto, detalla o autor os conflitos da Igrexa coa República e a toma de postura daquela a favor do golpe; cárceres, campos de concentración, batallóns de traballadores forzados; asañamento dos vencedores cos derrotados, mestres e masóns sobre todo.

Noutras seccións do volume, segue a evolución política e o día a día na zona nacional, os enfrontamentos na zona republicana e tamén o chamado terror vermello. O libro remata coa caída de Cataluña e o dramático éxodo de centos de miles de españois e cos capítulos dedicados aos maquis que loitaron contra a ditadura franquista ata finais dos corenta, así como a súa agonía nos anos seguintes ata 1952, cando o franquismo dá oficialmente por concluída  a liquidación dos bandoleiros en toda España.

Un libro que asume a historia, sen maniqueísmos, pero tamén sen falsos e inútiles irenismos, para dignificar e honrar as vítimas, rehabilitar a súa memoria e transmitirnos una lección que cómpre interiorizar, contra a intolerancia e os extremismos. Así conclúe Federico Cacho a Introdución a este libro de cuxas afirmacións é moi difícil discrepar, se un se basea non en querenzas de partidismo fanático, senón nesa guía que nos fai humanos e que non é outra que a razón.

Francisco Martínez Bouzas

Federico Cocho: «O mito da Galicia fascista é mentira, e próbano os 14.000 represaliados que contabilizou Nomes e Voces»

22 Setembro 2011

Crónica,Entrevistas

A xornalista Montse Dopico publicou en El Mundo unha longa entrevista con Federico Cocho a raíz da publicación do seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, na colección Crónica.

«Lo que pasó en Galicia prueba la intención exterminadora del golpe»

  • Federico Cocho sintetiza la información sobre la guerra civil en un libro
  • Analiza lo ocurrido desde la perspectiva gallega y en base a bibliografía
  • Apunta a la falsedad de los estereotipos franquistas como la ‘Galicia leal’
  • Señala que el caos en la calle fue consecuencia de la sublevación militar

Ni el golpe militar del 36 fue una respuesta al caos desatado por la izquierda, ni había una revolución comunista en marcha, ni la Iglesia apoyó a Franco en respuesta a las matanzas de religiosos, ni existió una unánime “Galicia leal”.

Son consensos a los que los historiadores -aunque los debates continúan abiertos-, van llegando. El periodista Federico Cocho sintetizó y reunió en un libro, ‘Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España’, (Xerais), los principales datos y conclusiones sobre las causas, desarrollo y consecuencias de la contienda que enfrentó no a dos, sino a tres Españas, la reformista, la revolucionaria y la reaccionaria. El autor nos lo cuenta poco antes de presentar su obra en la Feira do Libro da Coruña.

Su investigación comenzó buscando datos sobre su padre y su abuelo. ¿Cómo fue?

La Guerra Civil es un tema de gran interés para mí, como periodista. Cuando trabajaba en la prensa siempre me encontraba con el silencio: la gente no quería hablar. Tampoco tenía mucha información directa familiar de lo que había pasado con mi padre y mi abuelo.En el 2006 comencé a investigar, aprovechando que se habían abierto los archivos. Fue, así, una cuestión de interés personal. Mi padre, Ángel Cocho, fue secretario de las Mocedades Galeguistas y luego militante del Partido Galeguista. En este proceso me encontré con que faltaba un libro de síntesis, que contase la Guerra Civil desde una óptica gallega. Además, veía que todavía hay mucha ignorancia sobre lo que pasó. Visiones sesgadas por la propaganda franquista, o no actualizadas, o muy fragmentarias…

Es un libro que recoge los principales debates entre historiadores. Más de síntesis bibliográfica que de investigación de fuentes primarias.

Sí, es un libro de clara intención divulgativa. Sí hay algo de investigación directa, pero lo principal es esa revisión bibliográfica. Le ahorro al lector el trabajo de leer esos 10.000 libros que dice Preston que hay sobre la guerra civil española. No es un libro de tesis que aporte interpretaciones muy novedosas, pero lo que sí hago es ofrecer una óptica gallega. La participación gallega en la batalla del Ebro nunca se había contado en gallego…

Comienza explicando que, si bien la buguesía y la clase obrera habían quedado excluídas de la participación política en la Restauración, medidas del gobierno republicano como el intento de reforma agraria o militar enfadaron a sectores sociales que no estaban dispuestos a perder sus privilegios…

Es que en el magma común de la cultura popular se mantienen tópicos como el del caos comunista. Por eso es tan importante la divulgación. Hay mucha investigación reciente que demuestra la falsedad de los estereotipos franquistas. La República fue un estallido de ilusión, un intento de modernización social, política, económica; de reforma agraria, educativa, militar… Pero generó unas expectativas que no pudo cumplir. El sistema no llegó a estabilizarse, en parte porque tuvo enemigos desde el primer momento. La República estuvo sometida a muchas tensiones, desde el intento de golpe de Sanjurjo hasta las insurrecciones anarquistas, la insurrección de 1934 movida por los socialistas… en un contexto europeo de grandes confrontaciones ideológicas.

La responsabilidad del golpe es de los militares que se sublevaron contra el Gobierno legítimo. Pero analiza usted también los errores de la República.

Tener una perspectiva crítica con la República no significa, ni mucho menos, justificar el golpe. Desde el primer momento de la República comenzó a gestarse la conspiración militar, por lo que no es cierto que el golpe fuese una respuesta al desorden, a las insurrecciones obreras… El asesinato de Calvo Sotelo fue sólo la gota que colmó el vaso. Pero Mola organizó el golpe desde el principio, aunque luego lo ejecutó Franco.Respecto a los errores de la República, una de las grandes enseñanzas de la Transición fue el intento de buscar el consenso. La Constitución de 1931, en cambio, dejó fuera a la España católica. En las últimas elecciones republicanas, la CEDA tenía un proyecto corporativo y parafascista, el PSOE era revolucionario, el anarquismo recurría a la violencia como medio político logrando movilizar a la masa de trabajadores que vivía en la miseria. Había muchas reformas pendientes, problemas estructurales sin resolver, pero no se supo o no se quiso hacer.

De las figuras gallegas, Casares Quiroga es un personaje bien polémico. ¿No supo ver lo que se le venía encima?

Yo no quise olvidar que fue un hombre muy respetado por los líderes obreros, los sindicatos… Era abogado y les ayudaba gratis… era una persona muy generosa. La presidencia le llegó un poco de carambola, estaba enfermo… Le habían advertido de la conspiración, y dice Tusell que no es cierto que no hizo nada, porque si Franco estaba en Canarias y Mola en Pamplona no era por casualidad. Pero hay consenso en los historiadores en considerar que tanto Casares Quiroga como Azaña no calibraron la magnitud de la conspiración. Pensaron que podrían controlarla, como había pasado con el intento de Sanjurjo. Respecto a Galicia, fue importante la conjunción republicano-galleguista, los gallegos tuvieron importancia en la política estatal. Pero es cierto que en el momento en el que el Estatuto gallego iba a llegar a Cortes, ya no se veía a Casares Quiroga como un aliado. Con Cataluña y País Vasco hubo problemas de atribuciones, competencias, de integración… y por eso cuando le tocó a Galicia se fue retrasando el Estatuto de Autonomía.

La represión comenzó por militares, gobernadores civiles, dirigentes políticos y sindicales, militantes de partidos y sindicatos… Pero la mayoría eran obreros, labradores, marineros, artesanos o profesionales liberales como médicos, maestros…

A los primeros que mataron fue a sus propios compañeros, militares. Lo que pasó en Galicia es una prueba de que el golpe tenía una intención exterminadora, pues no era para nada necesario. La guerra duró sólo unos días, pero hubo 5.000 fusilados o “paseados”, según los datos del proyecto ‘Nomes e Voces’. En Galicia no hubo matanzas de curas y hacendados. Lo que sí hubo fue muchas muertes controladas, instigadas o toleradas por las autoridades militares. De los cuatro gobernadores civiles que mataron, ni todos se resistieron. El objetivo era hacer “limpieza”. En el 39, ya terminada la guerra, todavía mataron a 50.000 personas en toda España. Franco no era un militar brillante, sino una persona a la que no le importaba sacrificar soldados para aniquilar al enemigo. Batallas terribles como Teruel, el Ebro, Brunete… no tenían objetivos militares lógicos. Eran sólo auténticas carnicerías, como reconocieron otros militares franquistas. A Franco no le interesó nunca acortar la guerra. A la República tampoco, pero por otras razones.

La Falange no era nada antes del golpe. La afiliación se disparó después. ¿Por qué?

Ni la Falange ni el Partido Comunista eran más que organizaciones minoritarias. La Falange ni había sido capaz de hacer a su fundador, José Antonio Primo de Rivera, diputado. Y los golpistas encontraron en ella un apoyo para hacer el trabajo sucio, junto con guardias civiles, o con las llamadas Guardias Cívicas, que eran grupos paramilitares. A la Falange se apuntaron estudiantes, señoritos, gente de la CEDA y de Renovación Española, comerciantes, burgueses, ultracatólicos, e incluso ex militantes de izquierdas o ex-sindicalistas para salvar su vida, o intelectuales como Torrente Ballester, que después se desmarcó del régimen. Era un paraguas protector integrarse en Falange o ir de voluntario a la guerra, aunque el número de voluntarios gallegos fue bajo proporcionalmente.

La Iglesia se habría puesto del lado de los golpistas, destaca usted, aunque no hubiese quemas de iglesias y asesinatos de religiosos. Era parte de los terratenientes….

El golpe militar desató el caos, y no al revés. El Gobierno perdió el control del orden público, porque por un tiempo, hasta el 37, no hubo Estado. En esos meses se desataron las matanzas de religiosos en Madrid, Levante, Cataluña… Eran un objetivo fácil y además un símbolo del poder. La República había intentado crear un Estado laico, con una educación aconfesional, quitando la enseñanza de las manos de la Iglesia. Fue una falta de táctica, pues la mayoría de la población española era católica. Y con una Iglesia reaccionaria, -que reacciona ante las reformas que intenta implantar el Gobierno-, al llegar el golpe lo apoyaron desde el primer momento. Le llamaron Cruzada… El arzobispo de Santiago fue uno de ellos.

¿Cuál fue el protagonismo de los gallegos en la propia guerra?

Galicia quedó pronto en la zona nacional, entonces muchos gallegos fueron movilizados porque “les tocaba”. En cada unidad juntaban a los soldados menos ideologizados con los falangistas y requetés -que no eran muchos en Galicia-. Franco utilizó también soldados mercenarios, como los marroquíes. Galicia aportó tropas, y algunos voluntarios, además de alimentos, y sirvió también como hospital en la retaguardia. Del lado republicano podemos destacar las Milicias Populares Gallegas, formadas en Madrid por iniciativa de gente como Castelao o Santiago Álvarez, que fue por los pueblos convenciendo a los segadores gallegos. Luego las Milicias se integraron en el Ejército Popular de la República, en una brigada dirigida por Líster. Una parte se marcharon después por los Pirineos, pasaron a Francia donde acabaron en campos de concentración, otros se exiliaron en América… Castelao tenía mucho interés en demostrar que Galicia no era leal al franquismo, tal como decía la propaganda franquista. Ese mito de la Galicia fascista es mentira, y lo prueban los 14.000 represaliados que contabilizó ‘Nomes e Voces’. Luego hay que tener en cuenta que alistarse era un modo de sobrevivir. Gente como el galleguista Pousa Antelo fue a la guerra por eso. Por otra parte, el wolframio gallego sirvió para pagar a los nazis su ayuda a Franco.

Las condiciones inhumanas de las cárceles y campos de concentración franquistas eran parte del “castigo” y del intento de resocialización, según los historiadores. ¿Qué piensa usted?

Es que los presos eran los “rojos”, el símbolo de los males de la patria. El régimen los estigmatizó y ello sirvió para justificar esos malos tratos, las condiciones infrahumanas… En Galicia hubo varios campos de concentración y cárceles como la de San Simón, Celanova…. En Camposancos actuó un tribunal militar. Los juicios en los consejos de guerra y tribunales franquistas eran una farsa en la que la condena estaba decidida antes de empezar la vista. Otro modo de represión fue la económica. El trabajo esclavo en los Batallones de Trabajadores, la depuración en los funcionarios… Despedían a muchos y ocupaban sus puestos con ex-combatientes o con sus familiares. A muchas personas les prohibieron ejercer su profesión, las arruinaron a multas, les robaron sus bienes…

Franco tenía especial obsesión con los masones. Pero no era para tanto, según cuenta usted.

El mito de la conspiración judeo-masónica era una manía de Franco, parece que fruto de lecturas escasas y mal asimiladas. Los masones reivindicaban, en secreto, valores que hoy están asumidos, como la libertad, la igualdad, el debate de ideas… Es cierto que muchos políticos republicanos eran masones, pero no eran tampoco tantos como Franco decía. Había masones incluso en el ejército de los sublevados, el propio hermano de Franco era masón…

Finaliza el libro con un capítulo sobre la guerrilla. ¿Por qué no escribió una conclusión?

La guerrilla es otro tema del que necesitamos una visión crítica, sin mitificaciones. En un principio eran personas que huían al monte para salvar su vida. Después vino la organización, primero con la Federación de Guerrillas de Galicia-León y luego con el Ejército Guerrillero, que el PC dirigió. Algunos guerrilleros actuaron siempre por libre, y otros acabaron siendo meros delincuentes, y no hay por que negarlo.Unos mantuvieron sus principios y lucharon contra el franquismo y otros no. Estaban esperando la ayuda de las democracias tras el fin de la Segunda Guerra Mundial, pero ésta no llegó. No hice un capítulo de conclusiones porque creo que es el lector quien debe llegar a ellas. La parte más humana -no quería que fuesen todo datos y cifras- la dejé para los perfiles que coloqué al final de cada capítulo. No es un libro de tesis, sino una síntesis basada en lo que dicen los historiadores, los expertos que tienen un trabajo sólido y riguroso. No está, por ejemplo, Pío Moa… Tampoco quise ser equidistante, pues es la visión de un demócrata.

Montse Dopico

Hoxe Federico Cocho na Feira do Libro da Coruña

5 Agosto 2011

2011,Autores,Crónica,Feiras_do_libro,Historia,Noticias,Presentacións

Hoxe na Feira do Libro da Coruña o acto de Xerais estará protagonizado por  Federico Cocho que, acompañado do escritor Carlos G. Reigosa, presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España. O acto comezará ás 19:30 horas.

Hoxe Manuel Rivas e Carlos Callón na Feira do Libro da Coruña

3 Agosto 2011

2011,Autores,Crónica,Feiras_do_libro,Lingua,Narrativa,Noticias,Presentacións

Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por  Manuel Rivas que presentará a súa novela Todo é silencio e por Carlos Callón o seu  libro máis recente Como defenderes os teus dereitos lingúísticos. No serán do venres, día 5, Federico Cocho presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, publicado na colección Crónica.

  • Día 3 mércores
    • ás 19:00 horas: Acto literario-musical Todo é silencio de Manuel Rivas.  Participan: Manuel Rivas e Rómulo Sanjurjo.
    • ás 21:00 horas: Presentación Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.  Participan: Xabier P. DoCampo, Fran Rei, Manuel Bragado e o autor.

Reportaxe sobre «Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho

27 Xullo 2011

Uncategorized

O suplemento Culturas de La Voz de Galicia publicou o pasado sábado unha reportaxe de M. Otero sobre Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho.

Luz do pasado sobre o futuro

Alumear un dos períodos «máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente». Iso e o que fai Federico Cocho no seu libro GuerraCivil. Que pasou en Galicia e en España, que edita Xerais e sairá á venda proximamente.
Así o explica no prólogo Carlos G. Reigosa, que asegura que o gran mérito do autor está en facer esta achega «desde o equilibrio, a lucidez e o rigor imprescindibles para non saír da canle marcada polo río dos feitos e non deixar de contextualizar o que sucedeu».
A obra de Federico Cocho (que, tras unha longa traxectoria como reporteiro e informador político,traballa agora no Reitorado da UDC), é froito de catro anos de intenso traballo e vén avalada por unha larga lista de virtudes que garanten a súa credibilidade.
Unha delas é a utilización de fontes de primeira man, ben contrastadas, o que, a xuízo de Reigosa, engade máis valor á súa vertente divulgativa, «sobre todo nun país onde os historiadores aínda figuran enfrontados e divididos en dous, ou tres, bandos».
Mais aló das polémicas, o que nos deixa o novo libro de Federico Cocho é o relato do «rudo encono duns anos de esperanzas, erros e atrocidades», ademais de sentar as bases «que nos permiten entender o fracaso colectivo de España, albiscando, de paso, os seus responsables e as súas bárbaras consecuencias».

A «carreira cega» cara a catástrofe

«[…] Entre 1914 e 1945 numerosos conflitos convulsionaron Europa. Nese breve espazo de tempo padeceron guerras civís os irlandeses, os rusos, os gregos e os fi neses; caeron tres imperios, morreron millóns de persoas en dúas guerras mundiais, triunfou a revolución rusa, fracasaron outras dúas e ascenderon e caeron o nazismo e o fascismo. Con este panorama, sintetizado por J. Casanova, a Guerra Civil española semella menos anacrónica, por moito que se tratase do cuarto golpe en menos de 15 anos.
«A guerra española estoupou por causas estritamente internas, mais non se debe esquecer que xunto a confl itos ideolóxicos autóctonos (o factor relixioso, por exemplo) aliñábanse outros de carácter político que tamén se dirimían en Europa e que desembocaron na Segunda Guerra Mundial. Por iso non lles falta razón aos que catalogan a guerra española como prólogo da contenda mundial. A guerra era española, pero desde os primeiros días internacionalizouse por mor da axuda nazi e fascista aos militares sublevados, a inhibición das democracias europeas e, posteriormente, o apoio da URSS á República.
«Houbo responsabilidade política nos partidos que deixaron a República sen apoio, primeiro rebelándose contra ela e logo xogando a vía do desgaste para que madurase o momento da revolución (Largo Caballero).
Hóuboa, por suposto, na irresponsabilidade, cegueira e tremenda debilidade do Goberno de Casares Quiroga. Hóuboa tamén, resulta obvio, en dirixentes como Calvo Sotelo, que deron cobertura ao golpismo e á estratexia do golpismo, ou por parte de Gil Robles, que se deixou arrastrar nesa dirección e logo liscou dicindo que non foi posible a paz. «Responsables foron os axitadores revolucionarios dedicados á sabotaxe, á queima de igrexas e conventos e aos atentados que fi xeron da orde pública o gran problema e o grande obstáculo para a convivencia. Sumáronselles os pistoleiros falanxistas lanzados á subversión fascista e a crear o estado de cousas conveniente por toda España —incluso alí onde, como en Galicia, non podían pretextar previa provocación dos revolucionarios— para que o exército se levantase e tamén os fanáticos requetés preparando o seu propio miniexército para restaurar a monarquía católica e autoritaria.
Responsables foron patróns e terratenentes que financiaron o pistoleirismo ou impuxeron unhas condicións laborais semiescravistas. «Pero se un sector do Exército non se sublevase contra o Goberno lexítimo, sabendo o custo de sangue que a súa vontade de limpeza patriótica e reaccionaria arrostraba, non estouparía a Guerra Civil: a peor das solucións aos males de España, que eran moitos, fosen estruturais ou conxunturais.
«A guerra sería evitable se os extremismos antidemocráticos non conspiraran desde o primeiro día contra a democracia republicana. Ao cabo, un deles, o militar, o brazo armado do propio Estado, derrubouna. Aquel Exército de 1936 estaba en mans de militares feitos na loita en África, eran católicos antigos, ultraconservadores, vinculados a patróns e terratenentes e non soportaban o clima de desorde pública. Rexeitaban os estatutos de autonomía —nos que vían puro separatismo—, odiaban á clase política en xeral e embrutecéranse na guerra de Marrocos […]».

M. Otero

Actos de Xerais na Feira do Libro da Coruña

22 Xullo 2011

Feiras_do_libro,Presentacións


  • Día 3 mércores
    • ás 19:00 horas: Acto literario-musical Todo é silencio de Manuel Rivas.  Participan: Manuel Rivas, Rómulo Sanjurjo e Manuel Bragado.
    • ás 21:00 horas: Presentación Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.  Participan: Xabier P. DoCampo, Fran Rei, Manuel Bragado e o autor.

«Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España», de Federico Cocho, novidade do mes de xullo na colección crónica

Crónica,Novidades

Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, de Federico Cocho, é unha das novidades do mes de xullo, e publícase na colección Crónica.

Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España narra, desde unha perspectiva global, o que ocorreu na Guerra Civil seguindo un fío galego, ao tempo que explica os sucesos en territorio galego encadrados na evolución dos acontecementos no resto do Estado. En Galicia non houbo trincheiras, pero a represión franquista deixou preto de 5.000 fusilados e paseados e milleiros de mozos galegos mortos en crueis batallas lonxe da casa. Estiveron na fronte, sufriron a guerra e pagárona co seu sangue, sen que a día de hoxe se saiba o número exacto de mortos e de mutilados que custou. Federico Cocho actualiza, reúne e sintetiza nesta obra a información dispoñible 75 anos despois daquel maldito verán de 1936. Cunha estrutura de 30 capítulos temáticos, rematados con breves perfís biográficos, o autor ofrece un texto para ser lido con facilidade por un público xeral que queira coñecer ou actualizar o que sabe e dispoñer dunha visión de conxunto do que ocorreu en Galicia e en España durante e inmediatamente despois de rematar a Guerra Civil. Como afirma Carlos G. Reigosa no prólogo, «Federico Cocho pertence á estirpe dos bos e xenerosos que queren contribuír a alumear un dos períodos máis escuros, violentos e decisivos da nosa historia recente […]. E faino desde o equilibrio, a lucidez e o rigor imprescindibles para non saír da canle marcada polo río dos feitos e non deixar de contextualizar o que sucedeu. Todo isto ollado desde un miradoiro propio que ben poderiamos chamar a perspectiva galega dos feitos».