Xavier Queipo: «As normas que rexen o capitalismo financeiro funcionan como unha relixión». Entrevista de Montse Dopico

9 Abril 2012

Autores,Entrevistas,Narrativa

Praza Pública publica unha entrevista,  centrada en Extramunde, de Montse Dopico con Xavier Queipo, Premio Xerais 2011 e Premio Xosé María Álvarez Blázquez 2011 da AGE.

«Temos un goberno de ‘liquidadores’ disfrazados de xestores da débeda pública»

Xavier Queipo acaba de gañar o premio Xosé María Álvarez Blázquez 2011 da Asociación Galega de Editores. Non moito despois de que a súa novela Extramunde, -que tamén está nomeada para os galardóns da Asociación de Escritores en Lingua Galega-, lograse o Xerais. A súa traxectoria literaria, unha das máis singulares dos creadores do país, viuse así, unha vez máis, recoñecida. E con el repasámola.

O da AGE foi un premio non esperado, -dixeches-. Están a tirar estes recoñecementos polos outros libros teus que estaban esquecidos, e que sempre reivindicas?

Unha cousa é desexar un premio e outra ben distinta “esperar” que nolo concedan, como unha dádiva. Había unha forte competencia, o que ten que ver coa calidade dos outros finalistas. Foi un recoñecemento a toda unha traxectoria, o que é de agradecer. Xa me gustaría que uns libros por levar premios tirasen dos outros, mais o mercado do libro en galego, escuálido de seu, non funciona así. Nin os libreiros, nin os distribuidores, nin os gurús que recomendan libros nin os propios lectores funcionan dese xeito, senón polo inmediatismo.

Un dos criterios do xurado foi o feito de teres cultivado os distintos xéneros. Aínda que o que fixeches é máis ben cuestionar as convencións xenéricas. Por iso e por outras razóns a crítica sitúate na posmodernidade. Identifícaste con esa definición?

Eu son escritor xeneralista, que tanto pode producir un poema río como un ensaio, un conto futurista ou unha novela de aventuras, un artigo de opinión ou unha peza de teatro. Certo que en Galiza teño un maior recoñecemento como narrador, mais en Bruxelas coñécenme como poeta membro do Brussels Poetry Collective dende 2007. Diría que non entendo de xéneros, como categorías ríxidas e inmutábeis. A verba postmodernidade adoita ten un significado distinto segundo o punto de vista. Eu considérome un escritor contemporáneo que procura renovarse en cada libro, entendido como un proxecto distinto. Niso vou contracorrente, pois o que se estila hoxe é repetirse a un mesmo ata a náusea, como eses escritores que se especializan en tramas policiais ou poemas líricos, en contos ocorrentes ou en literatura humorística.

Hai varias conexións entre Extramunde e O paso do noroeste. A viaxe a a aventura, por exemplo. En que medida un serviu de base para o outro?

A vida é unha aventura, á que un nace espido, vai medrando e remata por esvaecer cando o derradeiro latexo do corazón. Dun punto, o óvulo, deica o derradeiro alento de vida, outro punto. Pódese identificar a vida cunha viaxe no tempo. Nese senso escribir unha novela de viaxes e aventuras é un oxímoron, pois todas o son en maior ou menor medida, con maior ou menor claridade: falen do pasado ou do futuro, estean centradas en Ourense ou non Mares do sur. Xa van alá uns anos dende que publiquei O Paso do Noroeste (1996) e a miña escrita ten evolucionado coa adquisición de novos rexistros. Non teño unha bóla de vidro, desas que usan os adiviños para saber se podería ter escrito Extramunde sen antes escribir O Paso do Noroeste ou os contos de Os ciclos do bambú. É un feito e a miña análise detense na constatación dos feitos.

O encontro con outros mundos, co Outro, co descoñecido, está en toda a túa literatura: Extramunde, Contornos, Malaria sentimental…. Parece que a temática da viaxe quere conducirnos cara á reflexión sobre como ollamos ao Outro. É así?

Non concordo ao cen por cen coa túa afirmación. Interésame pescudar no coñecemento propio, iso é certo. Certo tamén que se pode facer de moitas maneiras, entre elas investigando a relación con outras culturas e outros mundos, vivindo no abraio permanente da descuberta, tanto da outredade como das reaccións que “o externo” produce en min. A viaxe, o contacto co externo cumpre un obxectivo, que é o de analizar as propias reaccións, mais tamén as de coñecer os límites do propio e o que é máis importante reducir os límites da ignorancia e acadar unha visión holística do mundo.

Outra cuestión fundamental na túa literatura é a reflexión sobre a identidade. Identidades transnacionais, multilingües… (En Glosarios, Os ciclos do bambú, ou as identidades nómades de Diarios dun nómada ou mesmo Dragona). As túas novelas fan pensar no discurso do multiculturalismo, de feito. Só que en Galicia esta cuestión é confundida -desde o poder, principalmente- co abandono da propia cultura, como dicías en Papaventos. Que futuro lle ves á identidade galega, á luz de todos estes debates?

Non sei se a pregunta é complexa ou é que a resposta non pode ser, por forza, simple. Dende 1989 non vivo en Galiza, senón en Bruxelas, que é unha cidade cosmopolita onde se falan un cento de linguas, o que lle confire un estatuto xa non de multilingüismo senón mesmo de cacofonía e na que a transnacionalidade (o feito de ser eu e de vivir entre trasterrados) é algo que forma parte do meu universo cotián. Iso non acontece en Galiza e foi se cadra a razón pola que Dragona, que é unha novela que fala de identidades, de multilingüismo, de trasterramento e de multiculturalismo non recibiu un tratamento respectuoso en Galiza. Criticouse, por exemplo, que os diálogos non fosen fluídos. Como se pode esperar que os diálogos sexan fluídos se as personaxes falan entre elas nunha pretendida lingua franca, que é a súa terceira ou cuarta lingua de uso? Iso fíxeno á mantenta e en galego, mais non se entendeu e a novela non acadou a atención que merecía nin pola construción de personaxes nin pola técnica dos diálogos, nin tan sequera pola temática na que se fala non só dunha cidade cosmopolita senón dunha nova maneira de construír asociacións libres e relacións entre as persoas.

Que relixión é a que asasina no nome da paz ou queima as mozas por ser violadas?, pregúntase o abade Xoán López en Extramunde. A novela critica o poder omnímodo e inquisidor da Igrexa. E reivindica a loita posible pola liberdade e contra o abuso de poder. Na actualidade parece haber unha volta ás loitas relixiosas da Idade Media (choques de fundamentalismos, di Tariq Ali). Temos que preocuparnos máis por isto, ou polo fundamentalismo dos mercados financeiros que, como dixeches noutra entrevista, secuestra a democracia?

Eu diría simplemente: temos que preocuparnos e temos que reaxir. O fundamentalismo dos mercados non difire moito do relixioso, pois remite ao mesmo modelo: a intolerancia e o dogma. Dalgún xeito as normas que rexen o capitalismo financeiro funcionan como unha relixión, cos seus dogmas ou principios sagrados, coa fe cega no intanxible, coa frialdade de trato (exclusión) para os herexes. Dalgún xeito o fundamentalismo dos mercados financeiros asasina a liberdade individual, coarta os dereitos, masacra culturas e diferenzas e uniformiza, non tanto na pobreza como na dependencia.

Sempre defendiches o “mal de linguas”. En Extramunde o Roxo, condenado por falar linguas descoñecidas, é quen de entenderse co naturalista portugués… Hai algo na novela de reinvindicación da universalidade da lingua galega?

Paulos, o Roxo de Extramunde é quen de se comunicar cun nativo do Senegal, cun pigmeo, cun almirante chinés, cun cingalés que fala o pidgin de Trincomalee ou cun naturalista portugués. A reivindicación non é tanto neste caso a da universalidade dunha lingua específica (o galego) como o abraio ante a maxia da comunicación entre persoas que falan en linguas diferentes. Tamén por suposto o abraio ao constatar a capacidade que algunhas persoas teñen ou foron desenvolvendo para se comunicar nunha multiplicidade de linguas, para absorber como esponxas os códigos lingüísticos doutras culturas. Os ataques a unha lingua específica (o galego no caso que nos afecta) son manifestacións colaterais do capitalismo financeiro, que instaura gobernos que destrúen a banca pública (as caixas de aforro) coa mesma frialdade que perpetran o lingüicidio do galego ou atacan directamente os dereitos sociais de amplas capas da poboación. Son todas elas obras de “liquidadores”, unha perigosa raza de esbirros do capitalismo financeiro. Nós temos iso, por desgraza, un goberno de “liquidadores” disfrazados de xestores da débeda pública.

Dos moitos, moitísimos, personaxes de Extramunde-, un deles é o hermafrodita. En Dragona había tamén algo sobre identidades sexuais ou de xénero non normativas. Sobre identidades que traspasan os binomios impostos. É outra das dimensións da túa reflexión sobre a identidade?

A reflexión da identidade parte do sufrimento, propio e alleo, de sentir un rexeitamento por unha parte importante da sociedade cando un non se comporta como mandan os canons, como manda o medo, como manda a tradición, como manda o que manda. Hai nos meus textos unha reflexión permanente para non clasificar, non xulgar, non condenar. Trátase de entender que existen identidades diversas e non necesariamente estáticas nin no tempo nin na expresión. Fágoo porque creo na liberdade individual e detesto as etiquetas, as marcas a ferro, sexan estas perpetradas nos animais ou nos escravos.

Tamén é inevitable non ver en ‘Extramunde’ outros dos teus grandes temas, como a insignificancia dos humanos ante a natureza, (Ártico, Nos dominios do Leviatán, Pegadas…); ou o ollar atento e analítico do científico (que imprime ao relato distintos ritmos) que definías en Cartas marcadas. Dalgún xeito, Extramunde é todo Queipo, pois nel está o fundamental da túa literatura. Velo así? Que andas a escribir agora?

Co paso dos anos fun construíndo unha cosmogonía propia. Temas recorrentes, obsesións, ideas que aparecen e desaparecen mais que sempre están aí. Niso, un escritor non difire de calquera outro individuo na construción da personalidade. Facémolo todos. O que acontece é que os escritores imos mostrando eses pregues do noso ser: no estilo, na temática, mesmo no escenario onde as nosas obras se sitúan. Se cadra reflectimos tamén o que non somos ou que quixeramos ser. Artico foi o inicio do abraio, cando comecei a andar polos mares e polo mundo, logo virían outras manifestacións do mesmo abraio da descuberta como Ringside, Diarios dun nómada, Os ciclos do bambú ou Malaria Sentimental, ou a xa citada Dragona. Mais tamén hai obras de reflexión, de deter o carro e poñer no papel o que se pensa do mundo, da cultura ou da literatura, como Cartas marcadas, Felices e diferentes ou Caderno da Revolución cultural.

Algunhas veces procurando o recurso do humor ou da parodia como Contornos, Mundiños ou Manual de Instruccións. Outras de experimentalismo nas formas narrativas ou poéticas, como O ladrón de esperma ou Glosarios. Outras aínda, dialogando cos fillos que non teño en O espello e o dragón, Saladina ou A illa dos cangrexos violinistas. E o que aínda está por vir. Unha traxectoria, como valoraron os editores ao me conceder o premio Xosé María Álvarez Blázquez ao escritor máis destacado de 2011. Agora teño varias frontes abertas (varios proxectos). Non sei cal deles vai avanzar a maior velocidade e cal vai quedar en proxecto e nunca chegará as e concretar. Podo dicir simplemente que estou escribindo en galego e que non penso deixar de o facer porque uns liquidadores ridículos e ignorantes, pequenos mequetrefes sen raíces, decidiran que non é moderno, ou interesante ou necesario. Eu penso todo o contrario.

Montse Dopico

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo estará hoxe no Club de Lectura Sete Vidas, en Gondomar, con «Extramunde»

13 Marzo 2012

Animación á lectura,Clubs_de_lectura,Narrativa

O escritor Xavier Queipo  participará hoxe no Club de Lectura Sete Vidas, dedicado á narrativa, que promove a asociación Espazo Lectura en Gondomar, para falar da súa novela Extramunde, Premio Xerais 2011.

O premio Xerais de novela, Xavier Queipo, no Sete Vidas deste mes

Este martes, 13 de marzo, a partir das 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar, terá lugar a sesión mensual do club de lectura Sete Vidas.

O escritor Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011 e recente Premio Ánxel Casal ao Autor do Ano, participará este martes, 13 de novembro, no club de lectura Sete Vidas para falar cos lectores e lectoras da súa última novela Extramunde (Xerais, 2011).

Na primeira parte da sesión, de 20.00 a 21.00 horas, as persoas que participen no club poderán conversar arredor da novela antes de que o propio autor, Xavier Queipo, se incorpore á tertulia para charlar cos lectores e lectoras.

O libro
Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos Atlántico e Índico na procura de mundos afastados, para rematar nun poboado da tribo dos Dayaks, os cortadores de cabezas. Extramunde, escrita nunha prosa coidada, engaiolante, por veces vertixinosa, supón a culminación dun soño: a negación da diferenza, a procura da liberdade. Dividida en catro seccións, cada unha cun ritmo e cun alento diferenciado, admite varios niveis de lectura, pois é, ao mesmo tempo, novela de aventuras, de viaxes e de pausada reflexión. Unha novela que non vai deixar indiferente a quen se adentre no proceloso mar da escrita de Queipo.
O autor
Xavier Queipo (Compostela, 1957). Licenciado en Bioloxía e Medicina e Cirurxía, desde 1989 vive e traballa en Bruxelas como funcionario da Unión Europea. É un dos autores que durante a década de 1990 incorporou á narrativa galega rexistros e temas nos que salientan a heterodoxia e o gusto pola hibridación cultural. Desde 1990 escribe e publica regularmente en galego. É autor, entre outros libros, de Ártico e outros mares (relatos, 1990); Ringside (relatos, 1993), O Paso do Noroeste (novela, 1996); Malaria sentimental (novela, 1999); Papaventos (2001, novela); O ladrón de esperma (2001, relatos); Os ciclos do bambú (2003); Glosarios (poesía, 2004); O espello e o dragón (2005, literatura infantil); Dragona (2007, novela); Caderno da Revolución Cultural (crónicas radiofónicas, 2007); Saladina (novela, 2007); Felices e diferentes (crónicas radiofónicas, 2009); A illa dos cangrexos violinistas (literatura infantil, 2009); Cartas marcadas (ensaio, 2010); Ártico 2.0 (relatos, 2011) e Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011.

Membro do Dichterscollectif van Brussel desde 2007. Recibiu varios premios en Galicia e o Premio da Crítica española en 1991. Ten participado en numerosos libros coletivos e antoloxías, traduciu do francés ao galego a Amin Maalouf e Hervé Guivert, e do inglés a Conrad e Joyce.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tres novelas de Xerais finalistas no Premio Literario Arcebispo de San Clemente

15 Febreiro 2012

Narrativa,Noticias,Premios

O Premio Literario Arcebispo San Clemente fixo públicos os libros finalistas da súa 18ª edición. Os tres son libros publicados por Xerais:

A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda

O bebedor de rakia, de Xesús Manuel Marcos

Extramunde, de Xavier Queipo

 

Reproducimos, a maiores, a información que publica La Voz de Galica ao respecto:

 

Houellebecq es uno de los finalistas del premio literario San Clemente

El 18º Premio Literario otorgado por alumnos del Rosalía de Castro de Santiago cuenta ya con los finalistas en las tres modalidades de novela gallega, en castellano y extranjera

El 18.º Premio Literario Arcebispo San Clemente, que fallan los alumnos de Bachillerato del Instituto Rosalía de Castro de Santiago y de otros cuatro centros de Galicia, ya cuenta con finalistas en las tres modalidades de novela gallega, en castellano y extranjera. En lengua gallega las obras finalistas son: A veiga é como un tempo distinto, de Eva Moreda; O bebedor de rakia, de Manuel Marcos; y Extramunde, de Xavier Queipo -las tres editadas por Xerais-. Las finalistas en lengua castellana son: Caligrafía de los sueños, de Juan Marsé (Lumen); El ruido de las cosas al caer, de Juan Gabriel Vásquez (Alfaguara); y Deseos, de Marina Mayoral (Alfaguara). En lengua extranjera: Siete años, de Peter Stamm (Acantilado); El mapa y el territorio, de Michel Houellebecq (Anagrama); y Purga, de Sofi Oksanen (Rinoceronte). La entrega de los premios a los ganadores de la anterior edición (Xulia Alonso, Eduardo Mendoza y Colm Tóibín) tendrá lugar el 22 de marzo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo nunha entrevista sobre «Extramunde»: «As axencias de calificación son hoxe como a Igrexa no século XVI»

31 Xaneiro 2012

Autores,Entrevistas,Narrativa

A revista El Siglo publica unha entrevista (que asina J.V.) con Xavier Queipo, centrada, entre outras cuestións, en Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011.

 

«ESPAÑA DEBERÍA ESTAR ORGULLOSA DE TENER CUATRO LENGUAS»

En su obra Extramunde, Premio Xeráis de novela, 2011; Xavier Queipo (Santiago de Compostela 1957), licenciado en Medicina y biólogo de profesión, rinde un homenaje a las minorías. Un barco, metáfora de la nave de los locos, parte, en el libro, de Galicia para llevar a Borneo a personas marginadas del siglo XVI: retrasados, epilépticos, enfermos, ciegos, rebeldes con el dogma, etcétera. Hoy, según el escritor, autor también de Las aventuras del capital Duchesnoy, Malaria sentimental, El Ladrón de esperma y Papaventos, entre otras obras, “el barco de Extramunde sigue remando porque las personas que componen las minorías corren el peligro de convertirse en marginadas e indeseables para la mayoría”.

Al leer Extramunde una tiene la sensación de regresar a lo peor de Galicia: Al oscurantismo, a la ignorancia, a la miseria y a la superstición.

—Eso ya está aquí otra vez. En este momento quizá no sea la Iglesia Católica, como institución, la que tenga el poder omnímodo que tuvo en el siglo XVI, época en la que transcurre Extramunde, pero las agencias de calificación, digamos las multinacionales, configuran un poder en la sombra que es más duro quizá que el que entonces tenía la Iglesia. Qué es lo que está bien hoy: tener dos niños, una segunda residencia, un perro e irse de vacaciones dos veces al año. Es un Modelo de vida deseado por casi todo el mundo, aunque la mayor parte de las personas no se lo puedan permitir. Y modelo impuesto. No seguirlo es ser diferente casi siempre. Ser diferente en el siglo XVI era ser epilépico, hermafrodita, ser una persona que analizaba el dogma, ser un tullido, un librepensador, etcétera. Todas estas personas viajan prisioneras en el barco A nosa señora das aguas santas, en mi libro Extramunde. Ser diferente hoy es no aceptar el modelo impuesto. La mayor parte de las personas del Movimiento 15-M no lo aceptan, es ser inmigrante, es tener un comportamiento sexual distinto, es ser una persona con discapacidad, persona a la que se le va a retirar la ayuda… ¿Acaso no es esto una forma de opresión de las minorías? A las minorías hay que tratarlas con más cariño que a las mayorias. Las mayorías se defienden solas. No hay que masacrar a las minorías, no hay que aislarlas.

¿Cree usted en la democracia?

—Si la democracia es el gobierno del pueblo, sí. Si es el respeto a las minorías, sí. Si es que cada voto valga lo mismo, sí. Si significa que no hay inmunidad parlamentaria, sí. Democracia es que seamos capaces de darnos un sistema de gobierno, en el cual no se aplaste a las minorías, se las tenga en cuenta y se las cuide.

—¿Cómo surge Extramunde?

—Con dos sueños. Después de leer La historia de la locura de Michel Foucault, en la que habla de la nave de los locos, una noche tuve un sueño sobre un barco con gente que yo conocía, que me parecía que estaba cuerda pero que para otras personas era gente rara, extraña y con un comportamiento poco habitual. En otro sueño, soñé que le cortaba la cabeza a un tigre y éste es uno de los episodios finales de Extramunde. A partir de estos dos sueños comencé a escribir. “Vamos a tener un barco lleno de locos”, me dije. Podía ser un barco de hoy o de ayer, y pensé que un recurso era situarlo en el pasado, así nació el barco A nosa señora das aguas santas. Luego hice un cronograma y un recorrido hasta la caza del tigre. Fui diseñando los personajes principales pero haciendo muchos, sin construir una historia lineal sino una historia de personajes que aparecen y desaparecen. Ves el personaje del abad, y desaparece poco después, lo mismo sucede con los personajes del capitán Mourelle, de Lorenzo de Sousa y de Xoan López. Al final, el que queda es Roxo de Extramunde, que ya estaba al principio y que no era un personaje principal.

Y el libro acaba con referencias indirectas al mito del buen salvaje.

—El mito del buen salvaje no es un mito, creo que todos somos buenos hasta que la ideología dominante nos enseña a ser malos o alguien nos agrede, o nos coarta la libertad. Pero todos queremos a nuestros hijos y nietos, salvo que nos hayan hecho algo, entonces, por ese algo comenzamos a tener una actitud defensiva que nos lleva a planear una acción en contra, que nos induce a ir en contra de alguien. En principio, yo de niño tenía fama de ser bueno, me aislaba y no me metía con nadie. He tratado de seguir siendo bueno pero cuesta trabajo porque hay mucha gente que te puede insultar y agredir.

Quizá dentro de cien años las personas mal intencionadas serán consideradas enfermas y se las podrá tratar del modo más normal o ¿piensa usted que estos comportamientos son inherentes a la condición humana y por lo tanto, incurables?

—La condición humana es la diversidad, cada uno de nosotros es diferente, pero te fuerzan a ser igual, te fuerzan a votar, a pagar impuestos.

Un orden es necesario, si no la sociedad no funciona.

—Esto ya no funciona. Hace 15 años había menos mendigos. Los primeros mendigos que aparecieron en Londres, lo hicieron en el reinado conservador de Margaret Tacher, a partir de ahí se produjo la quiebra de la producción siderúrgica y no hubo nada que sustituyera a esta producción. Los sin techo, por otro lado, están obligados a relacionarse con la marginación. Por otro lado, no puede ser que alguien que tenga una incapacidad no pueda subirse al tren, que alguien ciego no pueda leer las novedades literarias en braile porque no hay traduciones.

¿Qué ha aprendido usted en el viaje que le ha llevado a Bruselas, donde trabaja en un organismo internacional?

—Desde el punto de vista político, he aprendido que siempre hay una posibilidad para el diálogo, hasta con los enemigos más acérrimos, y que el federalismo funciona. Un federalismo que me gustaría que funcionase en el Estado español. En Bélgica ha habido una crisis de Gobierno federal pero el resto de los gobiernos, el valón, el flamenco y el de la región autónoma de Bruselas funcionaban perfectamente. En la calle no se notaba nada. Sólo hubo dificultad para aprobar el presupuesto anual del estado, dificultad que también puede darse en un sistema político centralista. Bruselas, por otro lado, es una ciudad muy grande. En mi distrito hay más de 100 lenguas registradas. Esto enriquece. Negociar en qué idioma hablo para hacerme entender, algo que me sucede diariamente en mi trabajo, me ha enseñado que la coexistencia lingüística y el respeto a todas y cada una de las lenguas son posibles. Por todo ello, he aprendido que España debería estar orgullosa de tener cuatro lenguas y que no debería estar empecinada en tener una sola grande y no sé si libre o esclava porque la lengua española donde es grande es en Latinoamérica. No hay más que ver qué escritores en español triunfan en el mundo.

—¿De qué se siente orgulloso de Galicia?

—De mi estirpe, de mis abuelos, de mis antepasados. De que hemos sido un pueblo forzado a emigrar, casi siempre por causas económicas. Y de que cuando hemos ido fuera hemos sido capaces de construir comunidades y de mantener nuestra lengua, y nuestra cultura, no todos al mismo nivel, pero con la idea de que si nos preguntaban de donde éramos, lo supiéramos.

“Galicia es una sociedad no reproductiva y opresora”, escribe usted en una de sus novelas.

—Bajamos en población y en futuro. Tendríamos que importar gente para que cultive los campos. Un país no puede vivir del turismo. El sector terciario en Galicia está bien pero no es suficiente. El sector más productivo de Galicia es la automoción: Peugot y Citroen en Vigo, y si quitamos la pesca, nos quedamos con un país sin ningún tipo de estructura. No digo pobre, porque ya lo somos. Por otro lado, el Gobierno no puede reducir gastos en Educación, Sanidad y Cultura, porque la Educación, la Sanidad y la Cultura crean personas sanas, ilustradas y con capacidad de innovación. El gobierno tiene que invertir para reactivar los sectores en recesión. Merkel y Sarkozy están haciendo lo que no deberían hacer. Deberían activar el sector público. Volviendo al tema gallego, aquí, a causa del envejecimiento de la población, hay un gran problema con el cultivo de los campos. Hay muchas tierras sin cultivar debido al sistema de propiedad de la tierra y el abandono de la misma. Galicia llegó a exportar trigo, centeno, avena y cebada, para eso estaban los puertos gallegos, y lo que no podemos hacer hoy es estar es importando todo cuando tenemos un potencial de producción importante. El ex conselleiro de Agricultura, Suárez Canal, el mejor que hemos tenido, creó el Banco de Tierras, es decir, el que no estuviera cultivando sus tierras podía cederlas a otro, que sí las iba a cultivar a cambio de una cantidad pequeña o de un porcentaje de producción.

Las leyes no pueden cambiar la mentalidad, el gran problema de Galicia.

—Esto hay que explicarlo bien. El que cede la tierra tiene que ver claro que no la pierde, que la puede vender cuando quiera, que va a cobrar. Tiene que ver que antes de cederlas, estaba perdiendo. Por poco que fuera el pago de la contribución, sumado año tras año y tierra a tierra es muchísimo. Esto es muy serio.

¿Piensa usted que el actual gobierno hará algo en este sentido?

—No estoy muy informado al respecto, pero pienso que no está promoviendo el Banco de Tierras con la fuerza, la ilusión y el convencimiento del anterior.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Do Premio Xerais de Novela 2011 ao nacionalismo de Luís Soto, pasando polas tradicións galegas do Nadal. Repaso de novidades de D. Vilavedra

16 Decembro 2011

Críticas,Crónica,Narrativa,Novidades

Dolores Vilavedra realiza no suplemento Luces de El País o seu periódico repaso de novidades. Reproducimos os textos referidos aos libros de Xerais.

Extramunde, de Xavier Queipo

Tamén en capa dura chega a nós Extramunde de Xavier Queipo, un merecidísimo -xulgando sen saber cales foron as outras obras concursantes- Premio Xerais 2011. Con esta novela o autor demostra que a vontade de estilo non está rifada coa eficacia narrativa. Queipo é quen de enfiar unha historia que nos atrapa ata o final, que nos leva da Galicia inquisitorial ata Macao nunha viaxe marítima polos océanos Atlántico e Índico percorrendo terras remotas. Sendo como é unha novela de viaxes e de aventuras, Extramunde ofrécenos tamén un convite a tentar entender a nosa condición humana, a pescudar no que somos e en porque o somos, e a aceptar con humildade e afouteza o que hai nas nosas vidas de azar e continxencia. Organizada en catro partes, é na primeira delas, O santuario dos embruxados, onde Queipo acada as máis altas cotas de expresividade grazas a un singular e sobrio rexistro que agocha moitas horas de traballo na procura da palabra precisa. A partir de aí, a viaxe na nau dos tolos cobra outro ritmo, máis moroso, o da cotidianeidade dos periplos oceánicos, pero tanto ten: a lectora está xa entregada a personaxes e historia, e non hai volta atrás: avanza canda eles disposta a compartir o seu destino final, sexa este cal for.

O máis estraño, de Manuel Rivas

A edición en capa dura, cunha emocionante fotografía na portada, da contística completa de Manuel Rivas, baixo o suxestivo título de O máis estraño, é unha ocasión de ouro para obter unha visión de conxunto da produción de quen é xa un dos grandes contistas da historia da literatura galega. Organizada pola orde cronolóxica de aparición dos libros, bótase en falla unha maior minuciosidade editorial á hora de citar cando e onde se publicaron por vez primeira relatos como O partido de Reis, ou de explicar por que se despraza A barra de pan do seu lugar orixinal (formaba parte da primeira edición de Ela, maldita alma) a outra sección da colectánea. Estou a falar de miúnzas filolóxicas que non lle apoñen nada á obra para os lectores do común, pero que suporían un valor engadido pois cómpre non esquecer que Rivas é xa un clásico, aquén e alén nós, e como tal cómpre tratalo (polo menos de cando en vez….).

Historias de Oregón, de Diego Ameixeiras

Para o público incondicional do policial, Diego Ameixeiras é un valor seguro, aínda que ás súas Historias de Oregón saiban a pouco, limitadas como están pola súa condición orixinal de seren pensadas como unha narración por entregas, que lle valería ao autor o Premio que La Voz de Galicia concede a este tipo de textos. Certa confusión no desenlace dalgunhas das tramas, e unha menor presenza dos achados que caracterizan adoito o estilo de Ameixeiras son os danos colaterais menores que o formato lle impón a este texto.

Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal, de Antonio Reigosa

Nadal é tempo de tradicións pero, como acontece noutras culturas, precisamos consolidar prácticas laicas que poidamos ir, ano a ano, convertendo en rituais. Unha das máis fermosas pode ser a lectura ou agasallo de libros navideños, deses tan ben editados que mesmo serven para decorar, e que podemos reler ano tras ano cos máis pequenos (ou non…) da casa. As editoras abren o camiño con dúas xoais: as Trece noites, trece lúas. Libro das marabillas do Nadal de Antonio Reigosa afonda nas orixes deste tempo mítico para ir achegándose aos costumes festivos de nós e poñer en evidencia, como lles dicía, que algunhas tradicións non o son tanto como cremos.

Luís Soto. A xeira pola unidade galega, de Xurxo Martínez González

E dende a nosa memoria colectiva, sepultada por tantas décadas de opresión e alienación, reaparece outra figura ben dispar, a de Luís Soto, sindicalista e figura destacada do nacionalismo galego de posguerra estudada por Xurxo Martínez González (outro xove investigador, deses que son presente certo e alentadora promesa de futuro) nunha documentadísima biografía (Luís Soto. A xeira pola unidade galega) chamada a ser dende xa unha obra de consulta imprescindible para o estudo da nosa historia máis recente.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Escribir con material nobre: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Vicente Araguas

12 Decembro 2011

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Vicente Araguas publicou unha recensión crítica de Extramunde, de Xavier Queipo, nos xornais El Ideal Gallego, Diario de Ferrol, Diario de Arousa e Diario de Bergantiños.

 

O último libro de Xavier Queipo, Premio Xerais, é un percorrido global (fálase xa pouco de novelas totais, mudan os tempos, si, se cadra tamén as vontades) de San Andrés de Teixido a unha tribo de cortadores de cabezas. Todo isto cando a Inquisición andaba a atribular os espíritos, e de paso aos corpos.

Pragmática posmoderna

A paixón viaxeira da narrativa de Xavier Queipo

Xavier Queipo, actualmente en Bruxelas, como o seu colega de pluma Xavier Alcalá, cadra con este non soamente no exercicio de carreiras científicas mais tamén na práctica de literaturas enraizadas na vella vocación de contadores de historias, como aquel edimburgués glorioso, Robert Lonis Stevenson, do que os dous Xavieres ben poderían (se é que aínda non o fixeron) reclamarse.

De Stevenson e Verne, de Swift e Defoe e de cantos meteron no fardel literario a paixón viaxeira e as gañas de narrala. Que non outra cousa conleva o anceio da viaxe, o poder facela para despois contala. Ou ao revés. O que non deixa de ser unha posibilidade. Así e todo, e entro xa en materia, o último libro de Xavier Qtleipo, premio Xerais, é un percorrido global (fálase xa pouco de novelas totais, mudan os tempos, si, se cadra tamén as vontades) de San Andrés de Teixido a unha tribo de cortadores de cabezas. Todo isto cando a Inquisición andaba a atribular os espíritos, e de paso aos corpos.

Elementos > De maneira que con semellantes adobios; cregos sementais, meigas “comme ii faut”, navegantes, exploradores, herboristas, indíxenas de pelaxes variadas, Xavier Queipo argalla unha desas narracións que tiñan moito éxito cando se falaba de posmodernidade.

Aquel tempo en que o semiótico Umberto Eco viña de atopar, con “II nome della rosa”, a pedra filosofal da novela vendidísima sea rexeitar a dignidade conceptual. (Logo, despois, tentaría facer o propio con “II pendolo di Foucault”, e se ben as ventas funcionaran, de entrada máis dun millón de exemplares, o persoal apuntou cara a outros obxectivos, farto de gato cando na tenda da outra beirarrúa ofrecían lebre). E o herbívoro que daban no negocio da outra banda reivindicaba a novela de viaxe co seu punto de cocción aventureira, trufado de fantasía (nada que ver co realismo máxico, outra cousa) e un chisco de poción histórica.

Por aí, agora que isto xa non se leva, e prima unha seudonovela histórica resesa e aínda indixesta, volve Xavier Queipo, a remexer nesta pota, pero non con culler de pau, senón con outra de material nobre.

O do seu estilo, de grande riqueza léxica e elegancia estilística. Para apuntalar un concepto amplísimo, se cadra un chisco de  máis para unha novela longa onde non acontecen demasiadas cousas. Senón secuencias, por non dicir estampas, dunha historia que lembra un pouco a aqueles álbumes de Nesté de “Las maravillas del mundo”. Claro que sen chocolatinas envoltas no papel de prata e o cromo incorporado. Aquelas marabillas que nos levaban aos Deroe, Swift, Stevenson, Verne das novelas que denotaban paixón de contar.

A de Xavier Queipo ou Xavier Alcalá. Os dous en Bruxelas. Os dous científicos. Os dous a contar na literatura galega de hoxe.

Vicente Araguas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación de «Extramunde», de Xavier Queipo, en Bruxelas, mañá 8 de decembro

7 Decembro 2011

Narrativa,Premios_Xerais,Presentacións

A novela gañadora co Premio Xerais de Novela 2011, Extramunde, de Xavier Queipo, presentarase mañá 8 de decembro, ás 18,30 horas, na libraría Orfeu de Bruxelas.
Orfeu é unha libraría portuguesa e galega situada na Willem de Zwijgerstraat, 43, na Rue du Taciturne (B-1000 Brussel/Bruxelles).

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo: «O exercicio da crítica mantenme vivo e optimista». Entrevista de Ramón Nicolás para Que Leer centrada en «Extramunde»

2 Decembro 2011

Audios,Entrevistas,Narrativa,Premios_Xerais

A revista Que Leer do mes de novembro publica unha entrevista de Ramón Nicolás con Xavier Queipo sobre Extramunde.

Xavier Queipo, aniversario con Premio de fondo

Flamante ganador del Premio Xerais de novela 2011, Queipo nos habla sobre Extramunde», la obra galardonada y otros asuntos literarios y personales

Xavier Queipo  (Santiago de Compostela, 1957), licenciado en Biología y en Medicina, vive en Bruselas desde hace más de veinte años, lo que que le otorga una atalaya singular desde la que otear el horizonte de la literatura y cultura gallegas, de las que es arte y parte indiscutible. Libros como Ártico, que fue premio de la crítica española, ahora reeditado, O paso do noroeste o Dragona convierten su contribución en un obligado referente para nuestra narrativa contemporánea. Este premio pone rostro de nuevo, a quien dificilmente no lo conozca, a Xavier Queipo.

Veinte años desde su primera obra y ahora el premo Xerais. ¿Un año importante?

Soy corredor de fondo y no mido la carrera por años buenos y malos, pero la feliz confluencia de la edición de Artico 2.0 y la concesión del Premio, el más importante de las letras gallegas son eso, felices coincidencias. Si añadimos la publicación de dos títulos en francés, estoy satisfecho.

Vive fuera de Galicia pero su voz, siempre crítica, está aquí para quien quiera escucharla…

El ejercicio de la crítica me mantiene vivo y optimista. Lo de vivir fuera con frecuentes visitas al país proporciona un punto de vista distinto, ni mejor ni peor, pero distinto. Lástima que hayan cerrado ciertos medios en los que tenía libertad para presentar mis ideas. Quedé huérfano de canales de expresión y repugnado definitivamente con nuestros gobernantes autonómicos (del Partido de los Peores.)

El viaje, el naturalismo, los escenarios marítimos, la aventura, el respeto a la diferencia, la crítica al poder están en su obra. ¿También en Extramunde?

Ciertamente. El nivel cero de lectura sería una novela de aventuras clásica, pero después están otros niveles más vindicativos y políticos, como los que usted apunta. El naturalismo y los escenarios marítimos están presentes en muchas de mis obras. Uno habla con más seguridad de lo que sabe. Destacaría también una apuesta formal en la construcción de personajes atractivos y de narradores alternativos.

Entonces…, ¿el nivel de lectura política es hoy más necesario que nunca?

Todas  mis novelas lo son. Malaria Sentimental, traducida al castellano en Brinte Editores, hablaba de la tortura en las guerras larvadas; O Paso do Noroeste, traducida como Las aventuras del capitán Duchesnoy en Ézaro, de la confrontación entre tradición y razón, Dragona de un futuro caótico y de la reivindicación de la diferencia. Extramunde del poder omnímodo de la Iglesia. Para escribir sobre futilidades sobran escritores.

Que expectativas deposita nesta novela?

Soy consciente del interés que los premios Xerais despiertan en Galicia. Por eso invertimos en reutilizar parte del dinero del prmeio para hacer unas presentaciones espectaculares en Compostela y Vigo, con dramatizaciones , danza contemporánea y una performance mezclando música, textos e imágenes. El público lo agradeció y los medios de comunicación ignoraron los eventos. No se puede esperar mucho de profesionales mal pagados. Fuera ya es otra cosa, pues aún hay muchos prejuicios en el Estado sobre los sistemas literariso que so sean el castellano, una carencia de imperialistas fracasados, que en vez de ver una riqueza en la pluralidad de lenguas ven un peligro.

Ramón Nicolás

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados: Crítica de Manuel Gago sobre a novela de Xavier Queipo

29 Novembro 2011

Blogs,Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Manuel Gago publicou no seu blog, Capítulo Cero, unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011.

 

«Extramunde», a estraña viaxe dos espiritados

Leo Extramunde, o último premio Xerais de novela, do biólogo e escritor Xavier Queipo, dunha tacada cruzando de noite o Atlántico. Só durmo nos avións cando volvo rendido; da outra volta, gozo de ler, escribir e poder pensar un pouco de vagar, tomando tempo para cousas pendentes. Tiña gañas de ler esta novela sobre a intolerancia e a diferencia dun dos máis notables escritores do país. A novela ten dúas partes moi diferenciadas; nisto de facer reseñas literarias non me gusta moito explicar o argumento porque considero que é ser demasiado espoiler (cando eu vexo críticas desas que desgranan os feitos da novela fuxo delas como da peste). En todo caso, aquí compensa explicar un pouquiño para dar conta do que quero dicir.

A primeira parte de Extramunde é tal cal unha visión alucinada dun cadro de Brueguel o Vello. Queipo consegue con mestría trazar un panorama dun mundo pechado e ofegante, o dun santuario de espiritados do século XVII, no que un cre ver escenas vistas, se cadra, no Corpiño ou no San Campio de Outes; un mundo brutal e inxusto, onde a Igrexa dispón da vida e vontades, aínda que non dos espíritos. A brutalidade cultural da primeira parte lembroume as Comedias Bárbaras de Valle-Inclán e o territorio proceloso dunha Galicia tenebrosa e escura, pero tamén chea de poderosas imaxes visuais que ás veces nos gustarían que se estenderan máis na narrativa, como a vida da nai da pousadeira e a propia pousada. Igrexa e Monarquía dispoñen deportar aos espiritados que acuden ao santuario de Santo Andrés ás xunglas americanas, para que a natureza remate o que eles non queren facer, nunha sorte de depuración racial do diferente e enfermo. A prosa de Queipo móvese con facilidade construíndo un envolvente universo de lama, cheiro humano, maldade e miseria.

Un dos elementos interesantes é a viravolta que pega o libro e que conduce, realmente, toda o resto do libro. Tras un motín a bordo, os tolos conseguen facerse co control da nave que os levaba cara morte segura e emprenden unha longa viaxe bucaneira por África e o Índico. E velaquí acontece unha profunda viravolta narrativa: aqueles que eran diferentes, aqueles deixados da man de Deus, transfórmanse en persoas normais cando abandonan a sociedade que os concibe diferentes, que os relega e aparta, facendo seu aquel vello dito de que aos tolos fannos a xente. A nave dos tolos non é tal, xa que logo. Esta segunda parte, ben distinta da inicial, recupera a querencia de Queipo pola literatura do mar, na mellor tradición europea deste tipo de novelas de viaxes a voltas por destinos índicos. Primeira e segunda parte son ben diferentes no seu estilo e construción, demostrando que as mesmas persoaxes poden construír historias distintas de vez, e se cadra esa é a cousa que o lector deba ter máis presente nesta historia: que non é unha, senón dúas, en soprendente combinación. Unha sorte de Comedia Bárbara e de epopea marítima de Patrick O’Brian. Unha estraña e aleatoria epopea de liberación individual e colectiva.

Manuel Gago

Chuzame! A Facebook A Twitter

A Universidade de Bangor organiza un seminario sobre a obra de Xavier Queipo, que presentará alí «Extramunde»

28 Novembro 2011

Autores,Conferencia

A Universidade de Bangor organizou arredor un seminario arredor dalgúns aspectos da obra de Xavier Queipo, quen aproveitará a súa estadía no País de Gales para presentar Artico 2.0 e Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011. Reproducimos o programa:

Xavier Queipo is one of Galicia’s leading, most original narrative voices. In 2011 he was awarded the prestigious Xerais literary award (which is granted every year by Galicia’s leading publishing house). This one-day symposium aims to bring his work to the attention of Welsh and British audiences, by bringing researchers, students and writer together and encouraging new discussions on the role of the literary writer in contemporary Galician culture.

Friday, 2nd December
1-4pm Conference Room 3.

13:00 Welcome by Dr Helena Miguélez-Carballeira

13:15 Dr Cornelia Graebner:
Poetic Disruptions of the Neoliberal Etiquette: The European Constitution in Verse

13:50 Coffee

14:00 Dr Kirsty Hooper:
Xavier Queipo’s Glosarios: a model of relational poetics?

14:40 Xavier Queipo:
Flux and mutability: Membranes and literature

15:30 Round Table Discussion
(Audience participation will be encouraged!)

16:00 Close

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

A aventura da liberdade: Crítica de Francisco Martínez Bouzas sobre «Extramunde», de Xavier Queipo

24 Novembro 2011

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Francisco Martínez Bouzas publica no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011.

Na cerna da aventura

Convincente relato

Esta singradura equinoccial dun barco de tolos coa que Xavier Queipo acadou o Premio Xerais de Novela é un perfecto mostrario desa forma novelesca que Bakhtin denominou“ novela de aventuras e proba”, que transcorre na primeira parte na Mariña galega e nas outras tres nos mares oceánicos e nas selvas de Borneo. A novela, enfatiza a viaxe, o misterio e o risco; e a proba é a superación dese esquema saída – viaxe – retorno, aínda que en Extramunde o lector chegará ás últimas páxinas na procura do destino dos heroes –nesta achega non hai un protagonista individual claro– e decatarase de que non hai retorno.

Extramunde é á vez un tremebundo retrato da sociedade galega do século XVI, absolutamente irracional, que cre nas lendas e dicires populares e no que lle contan os seus abades que teñen bula para queimar as mulleres por bruxería ou posesión diabólica e enviar os homes ao barco que, por orde de El–rei, os terá de levar ás Indias para que os devore o mato ou sexan comidos por animalias ou indios caníbales. Así viaxarán, nun periplo por dous océanos un cargamento de aloulados, ata que o último protagonista terá que sobrevivir nunha selva do afastado Borneo.O autor artella a súa historia en catro partes diferenciadas e con desemellantes doses de interese: convincentes e ateigadas de empuxe e alento a primeira e a última, reiterativas, tediosas e sobradas de coñecementos mariños as outras dúas, nas que se narra a errática navegación polos mares oecéanicos.

No libro predomina a retórica do acto: os diálogos perden importancia fronte aos feitos e acción impera sobre a reflexión. Con todo, podemos ler este libro en clave alegórica. A viaxe non é unha iniciación senón a metáfora da procura da liberdade e do dereito á diferenza contra o poder despótico do Santo Oficio. O autor mergúllanos, en efecto, nos meandros máis sombrizos da historia española e tamén da galega: o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros e estarrecedores da Inquisición e na aventura / desventura desa navegación errática na busca da autonomía do eu e de mundos afastados. E como mandan os canons da novelade aventuras, o comportamento dos heroes é lineal e chéganos referido por un narrador heterodiéxetico, obxectivo e distante, posuidor dunha linguaxe vizosa, ateigada de forza descritiva que poboa o relato con personaxes perfectamente modelados. Xa que logo, e malia as eivas amentadas, unha convincente novela que non insire na cerna da aventura.

Francisco Martínez Bouzas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha novela de aventuras que interpreta o século XXI: «Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica de Xosé Manuel Eyré

23 Novembro 2011

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Xosé Manuel Eyré publicou en Galicia Confidencial unha recensión crítica sobre  Extramunde, de Xavier Queipo.

O prezo da liberdade de ser

X.M. Eyré debulla desta volta o libro ‘Extramunde’ de Xavier Queipo, editado por Xerais.

Foron, no comezo, unha serie de personaxes definidas pola diferenza; definidas pola diferenza porque é a diferenza quen nos define e non quen nos estigmatiza, quen nos estigmatiza e condena é a intransixencia. Xavier Queipo deulles nome e chamáronse Mauxa a Loba ou María a Caduca e eran sabedoras de bebedizos e remedios e conxuros. E serán condenados, tamén, Antón Vázquez (por “incitar” ao sexo a un cura), Bernardo Campaña ( herexe a alquimista), Andrés Meixide ( invencíbel se o atacaban os nervios), Paulos Carballo (mal do mexo negro), Roi Reboiras ( escamas nos sobrazos e nas virillas), Bartolomeu Díaz (fanático do Ciprianillo), Ramiro Fonte ( un ollo de cada cor), Domingos Tarrío (cre que é unha ave), Alfredo de Corme e Manuel o Becho (convulsións, mal do demo), Paulos de Extramunde ( fala linguas extrañas), o Cego de Zas ( le no vento a evolución das nubes), o Hermafrodita de Lobios… En tempo de Inquisición (XVI) serán condenados a seren erradicados do mundo, do mundo que a Igrexa Católica describe e prescribe, erixíndose como único paradigma e intérprete do que pode ser ou non.

No século XVI? Non pasa hoxe tamén? Non nos están a dicir como debemos falar, como debemos escribir?, non estamos os galegos a sufrir a persecución “dos diferentes”? Porque os galegos, só por ser galegos e exercer de tales…incomodamos.

Extramunde, Premio Xerais 2011, novela debida á autoría de Xavier Queipo, non é unicamente unha novela de aventuras no XVI. Tamén interpreta a sociedade de hoxe, século XXI. Lela só como novela de piratas é posíbel, igual que conformarse cos entrantres do xantar. Só a reflexión inconformista e activa garante degustar máis sabores. Xavier Queipo é, precisamente, autor que se pode definir desde a reflexión inconformista, a súa obra sempre nace da reflexión social e é fondamente inconformista, non se esqueza.

Nas catro partes en que aparece dividida, mais introito e epílogo, Extramunde relata a condena da diferenza, primeiramente, para despois incorporar o periplo da procura da liberdade colectiva e rematar coa aventura de conseguir a liberdade individual ou a aceptación da diferenza. Nesta estrutura narrativa, o primeiro a notar é como o autor logra un retrato social amplo, con personaxes cheas de vida e forza, envoltas nun ambiente pre-tráxico que, cando estoure, o lector atopará sabiamente suxerido e naturalmente evoluída a entrada na segunda fase, a da liberdade colectiva. A novela está construída de tal xeito que  o lector non cese de proxectar sobre o texto a súa capacidade contrastiva. Para que se contraste, en primeira instancia, como naquela Castela imperial e católica (da que formaba parte o Reino de Galiza) era imposíbel a diferenza, ata que punto a irracionalidade e soberbia gobernaban unha sociedade que se tiña por vangarda do mundo. Para que se contraste como, ceibe delas, a tripulación do Nosa Señora das Augas Santas logra unha convivencia harmónica onde as diferenzas son moi útiles, non son estigmas senón dons. Para que se contraste como, lonxe do caos, o ser humano logra realizarse lonxe da irracionalidade, da soberbia, do despotismo, porque só así logra realizarse a partir do distintivo, da diferenza. Para que se contraste como o Roxo de Extramunde (que fala linguas estrañas) si é aceptado lonxe da sociedade imperial, soberbia, irracional e despótica, aló no cu do mundo, entre unha sociedade de caníbales, nos antípodas…

A calidade descritiva, a plasticidade de que Queipo impregna as páxinas deste periplo na procura da liberdade, deste periplo na procura das Illas Palaos ( que aparecen e desaparecen), é un aspecto salientar e que pode sinalar cara ao contributo da cultura cinematográfica. De igual xeito non queremos esquecer certos acenos presentes na novela; velaí ese Cego de Zas que lembra o tamén cego do Sinbad cunqueirián; velaí como a expedición pirata chanta o pendón galego nas terras que descobre, o que sitúa a novela nunha liña que, partindo do Retorno a Tagen Ata ferriniano, pasa pola O cervo na torre de Darío X. Cabana deica chegar á, xa, actual Obediencia. Unha reflexión sobre isto tampouco estará completa sen outra máis, outra na que se teña en conta o motivo polo cal na narrativa galega ten lugar, concentrado nos últimos anos, este agromar de discursos da piratería: velaí o Piratas ( María Reimóndez), velaí o Monbars o Exterminador ( Hixinio Puente), velaí esta Extramunde.

Canda a calidade descritiva, salienta a hábil construción dunha notábel galería de personaxes, rapidamente caracterizados e individualizados, tendo todos en común o estigma social de seren personaxes con algunha peculiaridade que os fai diferentes; aínda, para máis, esa construción vaise complementando segundo avanza o desenvolvemento da trama. E tampouco se pode deixar de mencionar que, malia botar man de varios narradores, a dosificación da intriga non sofre senón que mantén un notábel grao de efectividade que volve ingrato pousar a novela.

Finalmente, compróbese como ben se pode dicir que a novela antes era estudo da sociedade, pretendía achegar un estudo social, daba unha visión do mundo. Mais a novela de hoxe, lonxe de quedar en estudo ou retrato social estático, transfórmase, desde el, en plataforma verbal cuxa finalidade consiste en que o lector elabore o seu propio estudo social. Que o lector, máis libre e importante ca nunca, actúe. Porque do contrario… do contrario, se as personaxes que a inquisición condenou ficaran de brazos cruzados…entón non pasaría nada, nin a novela existiría nin o lector a tería mercado, se todo segue igual é que non melloramos, non é hora de ficar espectadores, monicreques sen valor.

Xosé Manuel Eyré

Chuzame! A Facebook A Twitter

A literatura libre de Xavier Queipo en «Extramunde», anotación de Xosé Manuel Eyré

18 Novembro 2011

Blogs,Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

O crítico Xosé Manuel Eyré publica no seu blog unha nova anotación da lectura de Extramunde, de Xavier Queipo.


Literatura libre de Xavier Queipo

Quero adiantarlles algúns puntos que vou tratar na miña crítica de Extramunde, premio Xerais 2011, pódeme a paixón.

Hai, en primeiro lugar, unha moi clara haomenaxe ao Sinbad de Cunqueiro, nese Cego de Zas, traficante de ventos, e contador de historias, unhas historias ás que se lles pode ver certo parecido coas de Cunqueiro na triloxía que pon cabo á súa obra. Iso é o de menos, o parecido, que comeza xa pola extensión, o importante é que sexa contador de historias e o valor que estas historias teñen á hora de manter o ánimo da tripulación libertaria. Adianto que pensar nunha función bárdica igual é excesivo, mais tamén lóxico, pensalo.

Tamén, e xa non podo que sexa propositado, atopo un punto de contacto co Rinocerontes e Quimeras de Marcos Calveiro. Eu dixera que me sabía a pouco, como se rematara antes de tempo, apetecíame ler como aqueles seres, deformes pola diferenza, desenvolvían a súa loita libertaria. Pois ben, isto é o que fai Queipo, xunta un bo mangado de seres diferentes, condenados pola iquisición, e regálanos este apaixonante periplo libertario.

Libertario. Necesariamente hai que retrotraerse ao Tagen Ata de Ferrín. Lembrar O cervo na torre (Darío X. Cabana). E, por actual, a Obediencia de Antón Lopo. Trátase de literatura liberada, mais o carácter de ficción política é menor  no sentido de que non ten a angustia de Tagen Ata ou O cervo na torre, nin reclama a futuridade de Obediencia. É narrativa de aventuras, onde un mangado de seres marxinais, condenados pola inquisición, deixan unha lección de convivencia e non só de convivencia.

Velaí unha liña narrativa na que convén afondar, tampouco é casualidade que estes dous discursos libertarios conflúan no tempo, nin que os seus autores sexan quen son. Iso tamén o hai que ter en conta, para o presente e para o futuro.

Falta agora saber o que van dicir os que tanto falaban do exceso de nacionalismo na literatura galega. Iso, nesta novela de Queipo, evoluciona até ser o único lóxico.

Xosé Manuel Eyré

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo: «Extramunde é unha novela actual nas formas e nos contidos». Entrevista de Lourdes Varela

17 Novembro 2011

Autores,Entrevistas,Narrativa,Premios_Xerais

Lourdes Varela publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha entrevista con Xavier Queipo, Premio Xerais 2011, sobre Extramunde .

«Identifico a liberdade colectiva co dereito á autodeterminación»

Coa obtención do Premio Xerais deste ano pola súa novela Extramunde, probabelmente se lle teña feito xustiza a Xavier Queipo (Compostela, 1957): un dos escritores galegos de prosa máis elegante, como así o definiu o editor Manuel Bragado no acto de presentación do libro.

Durante a presentación de Extramunde, o editor da mesma, Manuel Bragado, cualificou de sorprendente o pouco premiada que estaba a obra de Vde. malia a súa, xa longa, traxectoria e o prestixio do que goza. É que non cre nos premios literarios, non tivo sorte cando se presentou ou, simplemente, non adoita Vde. presentarse a eles?

-Manolo Bragado, ademais de ser un dos meus editores, é tamén un amigo e como tal quere o mellor para min. (Non esqueza que eu publico por amizade cos meus editores –varios- que me agasallan cos seus requerimentos,malia non ser eu un gran negocio). Os premios son algo necesario nun sistema literario como o galego: para que os libros teñan visibilidadenas mesas de novidades, nas listas de recomendacións e no tratamento doscríticos. Isto agudizouse recentemente coa desaparición de certos medios de comunicación, que prestaban atención preferente á nosa literatura. Un sempre pensa que houbo casos nos que os propios libros merecerían mellor sorte, mais os xurados teñenos seus gustos e logo está o azar. Un xurado pode premiar o que outros non premiaron.Non me vou queixar, pois non está no meu natural de corredor de fondo. Libros como Glosarios, Os ciclos do bambú ou Dragona, coido que merecían mellor tratamento, pero, como pode comprender, algúns pensarán aínda que fun premiado en exceso.Son visións do mundo.

-Como lectora, a min paréceme que o eixo central sobre o que xira Extramunde é o “asunto”da liberdade. As súas persoaxes procuran a liberdade, pero, en qué clase de liberdade acredita Vde. como creador delas mesmas?

-A liberdade na que eu creo é a liberdade individual e colectiva.A primeira, se cadra máis sinxela de entender como dereito a vivir como un mesmo, sen ter que procurar ser como os demais queren que un sexa. A liberdade colectiva identifícoa co dereito á autodeterminación dos pobos e das tribos.

-Malia datar a trama no século XVI, a ninguén se lle escapa que esta novela trata temas moi actuais. En Extramunde é a Inquisión a principal inimiga da liberdade nesa época. Quen son os principais inimigos da liberdade hoxendía? Iso que chaman as “entidades financeiras”, os partidos políticos, as ideoloxías, as pseudodemocracias…?

-Un pode ler a novela como estime de gusto. Se fai unha análise tanto da estrutura como dos temas que alí se tratan, é probábel que descubra unha novela actual, nas formas e mais nos contidos.Ao meu ver, unha novela cunha forte carga política,como,en realidade, son todas as miñas novelas. Por poñer un exemplo: Malaria sentimental falaba, entre outras cousas, da tortura, do secuestro político, da guerra de guerrillas, do maoísmo, da sexualidade en situacións límites…,todo isto baixo unha aparencia de novela de aventuras e descubertas. A Inquisición continúa existindo.Non coa mesma face,mais baixo a forma de ausencia de respecto aos dereitos fundamentais,de intolerancia relixiosa,de manipulación informativa,   de capitalismo salvaxe, que extrae a plusvalía aos traballadores,que trafica con persoas, mercadorías e capitais…a hidra ten moitas cabezas.

-Algúns destes personaces, ademaisde diferentes, son tamén politicamente incorrectos. A relixión segue a ser “o opio do pobo” ou ese papel xa o asumiu agora a política?

-As relixións son unha especie de sedantes, en particular aquelas que predican a mansedume e a non-acción,o conformismo e a non confrontación. Eu non teño nada contra a xente que consome psicofármacos para conter os seus nervios, por iso non teño nada contra as relixións, sempre que non me queiran obrigar   a seguilas como norma única, o que acontecía co Santo Oficio. Non quero  que ninguén me obrigue a engulir pílulas que non preciso nin ter eu que pagar as drogas psicotropas que eles consomen.Se as precisase, xa me encargaría de procurar un remedio.

-Persoalmente, atopo semellanzas entre a súa novela e as diferentes versións dunha película que Vde. supoño que coñecerá, ben sexa co titulo de Rebelión a bordo ou co de O motín do Caine. Acerto na miña apreciación? É Vde. expectador habitual de filmes deste xénero? Que é o que máis lle atrae deles?

-Son dous filmes que están no meu imaxinario, certamente, mais non o pensara. Agora que o di, cando era novo fixen o papel de capitán do Caine –o que no cinema fixera Humprey Bogart- xogando nerviosamente con dúas bólas de aceiro na man mentres o interrogaban. Mais o motín a bordo de O Nosa Señora das Augas Santas só significa un incidente na novela. Certo que muda o rumbo do navío, mais a partir dese momento a similitude cos filmes que Vde. cita, coido que desaparece.

-Hai quen di que a literatura galega débelle unha grande novela ao mar, nomeadamente ao mar no que navegaron e navegan os nosos mariñeiros. Está disposto a liquidar esa débeda con algunha das súas próximas entregas?

-Detesto que alguén nos indique aos creadores o que debemos escribir e mais o que non.Eu teño escrito bastantes textos sobre o mar, lembre O paso do Noroeste, Ártico e outros mares, recentemente revisado e corrixido como Ártico 2.0, incluíndo algúns ensaios para explicar a ausencia de tradición marítima na nosa literatura, unha boa manchea de contos…Se cadra unha das razóns polas que non se escribe máis sobre os nosos mariñeiros é porque se trata dunha historia de escravismo nos límites da ética.Se eu lle contara o que sei, o que vin e me contaron…

-Disque o futuro do formato libro está en entredito, que de aquí a dez/quince anos o formato dominante será o ebook. Que opina deste asunto?

-Non teño unha bóla de cristal e desconfío sempre dos profetas. Certo que hai un vector evolutivo no facer uso da tecnoloxía para mellorar a vida, mais tamén hai un vector de mimetismo acrítico e gregarismo (facer o que outros fan). O resultado dos dous vectores declínase no interese comercial dos que aman producir en serie,non acumular excedentes, non arriscar polo que non produza lucro instantáneo…

-Agora mesmo, en Galicia acaban de publicarse os primeiros audio-libros. Extramunde é unha novela axeitada para se “lida en voz alta”, e polo tanto, escoitada?

-Eu escribo con música e, polo tanto, os meus libros son aptos para ser lidos en alto. Se tivo Vde. a oportunidade de presenciar o espectáculo O embigo do mundo -onde dramatizaron algúns dos meus textos Quico Cadaval e Anabell Gago, onde recrearon personaxes como “Dragona” a través da danza contemporánea, como fixo Olga Cameselle, ou nunha mestura de música e textos como fixo o Colectivo“Rio Lagares”- decataróase Vde. de que os meus libros poden facilmente converterse en textos sonoros ou aínda en filmes de mérito.

-Nese acto, chamou a atención que en lugar da presentación habitual, montara Vde. unha especie de performance. Tiña medo de aburrir aos presentes con esas presentacións ao uso que, de feito, adoitan enfastiar, aínda que ninguén se atreva a dicilo en público?

-Tiña necesidade de reivindicar outro xeito de presentar os libros, de dar aos lectores unha satisfacción extra. Mágoa que os medios de comunicación non reflectiron isto nas súas páxinas nin nos seus programas televisados, mais coido que a xente que participou masivamente nas presentacións-espectáculo agradeceu o esforzo dos artistas.Tamén quería dar idea de que se poden facer espectáculos sen necesidade de subvencións institucionais,como foi o caso.

Lourdes Varela

Chuzame! A Facebook A Twitter

Primeira impresión de «Extramunde»: Anotación de Xosé Manuel Eyré

16 Novembro 2011

Uncategorized

Xosé Manuel Eyré publica no seu blog, Ferradura en Tránsito, unha anotación sobre a súa primeira impresión na lectura de Extramunde, de Xavier Queipo.

Primeira impresión de «Extramunde»

Comecei a ler, a nova novela de Xavier Queipo, onte. Non houbo maneira de que puidera deixala até rematar a primeira parte. E agardo ansioso por continuar. Non terei moito tempo hoxe, o día máis atarefado da semana, aínda así é moi probábel que non resista volver abrila.

Sorprende, é o primeiro a dicir. Queipo non foi nunca un autor tirado á clásica maneira de de contar, porén, nesa primeira parte, acolle un discurso de clara pegada clásica. E non lle senta mal, agás algúns momentos onde cae na eacrita en liña, na escrita que aforra pausas e con cas pausas precisas delimitacións sintácticas, do resto logra un discurso ven competente.

Por certo, un clasicismo que vai moi acorde á complexidade da sociedade que retrata. Porque a finalidade é esa, o retrato dunha sociedade complexa, que lida coa vida como pode, e nesa loita está fortemente condicionada por unha relixión católica extremadamente arbitraria, deseñada para o control social mediante o apoucamento do propio ser humano, negadora afevoada e  combetente cruel de calquera que poña en perigo esa supremacía ou simplemente a conteste

Mais se iso é o que primeiro sorprende, o que te mantén preso á novela é ese ambiente tráxico, ese ambiente tráxico no que se moven un bo número de personaxes, bruxas, curas lascivos, homes dunha crueldade tan vertixinosa como epatante, enfermos… unha parte da sociedade que outra parte decide, moi arbitrariamente, tratar como inimigos da moralidade, o civismo e o progreso…cando o único que facían quelas pobres xentes era seren depositarios de cultura e saberes populares

Unhas personaxes moi ben trazadas. Un abano de personaxes moi ben trazadas, moi ben configuradas. Abano, non son dous ou tres caracteres fortes. Hainos fortes e outros que se fan fortes precisamente poal paciencia obrigada do seu carácter subalterno. Mulleres e homes. Ando na angueria de elaborar un dramatis personae.

Outro dos logros, precisamente posíbel porque as personaxes está  así de ben configuradas, é que en pouco espazo condensa un contido semático moi amplo. Ademais de que o discurso non queda fechado en si  propio, resulta moi difícil lelo sen tomar partido. Resulta moi difícil lelo sen facerse preguntas e opinar.

É dicir, trátase dun texto en permanente expansión. E esa expansión non afoga a lectura senón que a alimenta, méteche máis ganas de seguir lendo porque a túa lectura non é pasiva, non asistes a unha historia senón que a participas como lector….porque te atinxe, sénteste afectado por tan arbitraria crueldade.

Son consciente de que lin o que parece ser a primeira parte dunha novela de altura. Porque se así empezou, o lóxico é que aínda incremente o interese con que a leo, o raro sería o contrario, na república das letras o normal é o incremento. Vén a miña cabeza agora o dito sobre a importancia das primeiras páxinas. Non se pode dicir que sexa algo definitivo, porén o raro é lograr un título de altura cun comezo frouxo…

Xosé Manuel Eyré

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Extramunde», de Xavier Queipo. Crítica en Trafegando ronseis

Blogs,Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Trafegando Ronseis publica unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo.

Veño de ler o Premio Xerais de novela 2011: Extramunde de Xavier Queipo. Estamos a falar dunha boa novela moi ben escrita, con gran capacidade descritiva, que se desenvolve en pleno século XVI cando as vidas valen o que o Santo Oficio permite. Un libro que desenvolverá a súa historia a bordo dun barco que debe navegar na procura do máis alto dos nosos anceios: a liberdade, construíndo así unha novela de aventuras precisa e equilibrada que, para min, chegará á súa máxima plenitude na última parte da novela, cando o último protagonista terá que chegar a ser un indíxena máis nunha selva perigosa e afastada. Esta última parte creo que é cumio de toda a historia, a que semella máis interesante e a que resulta máis próxima para un lector ávido por chegar a adentrarse nesa maraña de posibilidades que a novela enleou nas súas páxinas. Novela de aventuras e de personaxes, posto que moitos deles resultan de en por si altamente interesantes. Gústanos o cego de Zas como narrador oral ou “contacontos”, o naturalista que escribe o seu diario, ou a importante virtude que amosa Paulos co seu don de linguas; todos eles son protagonistas posto que non podemos asegurar que a novela presente un só, senón que cada parte dálle máis importancia a un personaxe diferente.
Pero, e voulle poñer un “pero”, o libro resulta frío, e por frío entendo que non logra conmoverme, que non chego a preocuparme polo que lles poida ocorrer aos personaxes, que non os percibo coma meus. É unha gran novela, que entra pola porta grande na nosa historia literaria, pero o obxectivismo e o distanciamento que o autor provoca na súa escrita constitúe para min unha lacra á hora de “sentilo” posto que non logra transmitirme a lóxica indignación ante as inxustizas ou a preocupación nerviosa en calquera de tantos avatares contra os que esa curiosa tripulación ten que loitar. Faltoume a emoción que como lectora me gustaría sentir nunha novela cargada de aventuras, desventuras, loitas, medos, desexos e afliccións. Esa emoción que procura un libro cando non podes deixalo de lado nin cando non podes facer outra cousa máis que pensar nel constantemente, desexando volver a abrilo e viaxar con el a ese século que nos describen.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Extramunde», de Xavier Queipo, o último Premio Xerais: unha novela de calidade. Crítica de Manuel Rodríguez Alonso

15 Novembro 2011

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Manuel Rodríguez Alonso publica no seu blog, Bouvard e Pécuchet, unha recensión crítica sobre  Extramunde, de Xavier Queipo. Reproducimos a maior parte da recensión:

O último Premio Xerais

Como xa temos afirmado, os premios poden recibir todas as críticas que se queiran, mais é indubidable que algúns destes galardóns serven para darlle visibilidade á literatura e no eido da literatura galega o premio máis relevante é o Xerais, de tal xeito que podemos dicir que o curso literario remata co seu outorgamento e o seguinte ano literario comeza coa publicación deste premio. A novela galardoada este ano, Extramunde, cumpre con ser unha novela de calidade e ao mesmo tempo de doada e entretida lectura para calquera tipo de público.

A novela aparece articulada en catro partes, un introito e mais un epílogo. A primeira e a cuarta e derradeira partes transcorren en terra, mais en dous extremos do mundo. A primeira en Galicia e a derradeira en Borneo. Esta disposición é un dos acertos estruturais: realmente, a vida, nos dous cabos do mundo, non é tan diferente. Posiblemente, o único que realmente distingue os conquistadores occidentais dos aborixes do Extremo Oriente non é outra cousa que a potencia destrutora e bélica, baseada nunha técnica superior, dos occidentais. De superioridade ética occidental ningunha. Ata a cultura oriental de Borneo, tamén teocrática, é menos cruel e máis apegada á natureza ca a castelá señoreada pola Inquisición.

Queipo recrea na primeira parte a Galicia do Imperio español e dos Filipes, seguindo así a liña aberta por outros novelistas galegos como Conde, Rábade, Castro ou Calveiro (citamos de memoria). É a Galicia escura da Inquisición, mais tamén unha Galicia de incipientes librepensadores, como o crego e capitán López, de curas ilustrados naturalistas (como Bernardo de Campaña) e aberta a Europa e ao progreso, especialmente polos seus portos.

Queipo, nesta primeira parte, crea personaxes que pertencen a tópicos, ben deseñados ao longo da tradición literaria. Combina na súa creación diferentes tipos. Así o abade Augusto é por unha banda unha especie de Arcipreste de Hita, con algo de goliardo, mais tamén un crego lascivo propio da literatura popular e tamén un fanático inquisidor. As imaxes e comparacións animalizadoras fano parecer unha figura de Bestiario medieval: bandullo de batracio, ollos de becerro, ceiba en urro unha gargallada… O mesmo acontece coas personaxes femininas, onde vemos que o literario, especialmente os modelos da literatura española como a Celestina ou as mulleres cervantinas das ventas sen idealizar, tipo Maritornes, teñen unha grande influencia sobre as figuras de María a Cuca ou María Becerra. Os capitáns Mourelle e Sousa tamén se moven dentro do tópico esperado dos capitáns do Imperio español dos Filipes.

Así pois, o lector maduro e ben formado atópase con modelos xa esperados. Son personaxes (o mesmo acontecerá cos das outras partes) que responden a modelos e tópicos literarios previos: o escribán Manuel de Xurés, o naturalista Bernardo de Campaña, o Roxo de Extramunde ou os aborixes de Borneo. Mesmo cómpre dicir que algúns destes modelos remiten ao cine (o caso máis claro é o psicópata capitán Sousa, que lembra todos os cinematográficos capitáns de barco que, co seu autoritarismo psicopático e cruel, provocaron motíns).

É isto é así, porque cremos que Queipo quixo construír unha novela literaria e cinematográfica. Nos textos en que remata a súa obra Ártico 2.0, Queipo analiza as características que debe ter unha narrativa do mar e sinala que nela son fundamentais aventuras como os encontros con piratas, a posible aparición de seres fantásticos e míticos no mar, as grandes tormentas, as descubertas de terras e pobos descoñecidos e a dificultade da vida no mar aberto con enfermidades como o escorbuto, capitáns crueis, dieta monótona, augas chocas para beber… E iso é o que vai aparecer nas dúas partes centrais, onde a novela se centra na navegación, desde Betanzos ata rematar en Borneo.

Malia as case catrocentas páxinas que ten a novela, a intriga está ben levada de feito que o interese do lector non decae ao seguir a peripecia vital dos condenados da Inquisición, desde a prehistoria da súa condena, ata o desenlace final en Borneo, despois dunha arriscada navegación onde non faltan os motíns, os ataques de piratas, as tormentas nin todo aquilo que resulta propio dos relatos de aventuras marítimas.

Outros acertos da novela son o acaído uso do simultaneísmo especialmente na primeira parte, a utilización da literatura popular galega dos Séculos Escuros (moi ben traballados están os contos populares do cego de Zas) ou a sintaxe e en xeral a linguaxe empregada polo narrador, cun ton solemne e ata cun algo de arcaísmo, mais que non imposibilita a lectura doada para un lector actual. Nese sentido tamén merece parabéns a inclusión na narración de textos alleos ao narrador como son as transcricións das anotacións do escribán Manuel de Xurés, os contos do cego de Zas ou o epílogo final debido ao mercador e naturalista portugués Gabriel García.

Xa que logo, novela en que o peso da tradición literaria e mesmo cinematográfica é moi grande, desde a creación dos personaxes ata a liña argumental, especialmente no referido á peripecia aventureira e mariñeira. Un lector maduro e afeito á literatura recoñecerá, como xa vimos, personaxes e situacións como habituais na tradición literaria. Gozará con este recoñecemento. O lector novel gozará dunha aventura moitas veces con características cinematográficas e coñecerá mellor non só o mundo do mar na época das descubertas, senón tamén a Galicia dos tempos dos Filipes e do Imperio español. Gozará tamén coa literatura popular galega presente tanto na narración principal como nas narracións de contos populares do cura de Zas. Intuitivamente decatarase de que esta literatura popular era a única que existía en Galicia no Século de Ouro castelán.

Por todo isto, a novela é acaída como regalo para estas festas do Nadal, posto que pertence a esa literatura que sendo popular e non arriscadamente innovadora, utiliza procedementos propios da literatura de calidade, que hoxe por hoxe xa son asumidos pola maioría dos lectores sen estrañeza.

(…)

Manuel Rodríguez Alonso

Chuzame! A Facebook A Twitter

A prosa engaiolante de «Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011

9 Novembro 2011

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Fervenzas Literarias publica unha recensión sobre Extramunde, de Xavier Queipo, no seu Andel de novidades.

Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos Atlántico e Índico na procura de mundos afastados, para rematar nun poboado da tribo dos Dayaks, os cortadores de cabezas. Extramunde, escrita nunha prosa coidada, engaiolante, por veces vertixinosa, supón a culminación dun soño: a negación da diferenza, a procura da liberdade. Dividida en catro seccións, cada unha cun ritmo e cun alento diferenciado, admite varios niveis de lectura, pois é, ao mesmo tempo, novela de aventuras, de viaxes e de pausada reflexión. Unha novela que non vai deixar indiferente a quen se adentre no proceloso mar da escrita de Queipo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Conrad, Hergé e a novela «Extramunde», de Xavier Queipo, no artigo de opinión de Jaureguizar

7 Novembro 2011

Artigos literarios,Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Jaureguizar centrou o seu artigo de opinión de El Progreso en Extramunde, de Xavier Queipo., en relación co Conrad, Hergé e Theordor Roosvelt. Extramunde foi Premio Xerais 2011.

Traizoar para ser pirata

XABIER QUEIPO vive no corazón da escuridade, no centro de África. A causa soamente o coñecen Conrad e máis el. Conrad xa nos conta en‘Tifón’ (Sotelo Blanco) as súas motivacións para navegar lonxe das augas xurisdiccionais de Polonia, que non son diferentes ás de Theordor Roosvelt. O expresidente norteamericano percorreu e cartografou ‘El Río de la Duda’, como conta na crónica homónima que nos regalan agoran as Ediciones del Viento. Roosvelt navegou o Mato Grosso e máis o Amazonas. Queipo é todo o moreno que se pode saír de Samil, pero non ten problema en tomarlle o café a un negro, comprarlle pan a un negro ou mercarlle un voo a un preto. Hergé non era tan recatado na diatriba racial, como hai quen intúe en ‘Tintín en el Congo’ (Juventud), agora denunciado. Queipo está avencidado no Matongué, o barrio senegalés da Bruxelas pálida e cristiá polo seu traballo nas institucións europeas, pero preferiría estar empadroado na liña do horizonte, como ben demostra en ‘Extramunde’ a novela co que gañou outro premio, o Xerais desta volta. O Nosa Señora das Augas Santas cruza o Atlántico e o Índico coa mesma forza que Tintín percorre o mundo na procura de emocións e dun tesouro en ‘El secreto del unicornio’, a obra mestra de Spielberg e Jackson. No fondo, o motivo da aventura nolo resume Antón Coello en Extramunde: «Estou certo de que máis dun oficial me traizoaría só para se embarcar nunha aventura de piratería». O importante é a aventura por riba das razas, porque, como refire Roosvelt «a nosa expedición está composta de branco, negros e indios; todo eles espidos e berrando coma salvaxes».

Jaureguizar

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Extramunde», de Xavier Queipo: paixón por contar. Crítica de Ramón Nicolás

2 Novembro 2011

Críticas,Narrativa,Premios_Xerais

Ramón Nicolás publicou nas páxinas do suplemento Culturas de La Voz de Galicia unha recensión crítica sobre Extramunde, de Xavier Queipo.

Paixón por contar

GALARDOADA CO PREMIO XERAIS 2011,«EXTRAMUNDE» REBORDA AS EXPECTATIVAS MÁIS ESIXENTES: VELAQUÍ UNHA GRAN NOVELA

Hai unha semana escribía aquí sobre os 20 anos de presenza pública de Fran Alonso como escritor por mor da publicación de Ninguén. O mesmo podo afirmar agora de Xavier Queipo ao fío da publicación de Extramunde, coa que gañou o premio Xerais de Novela outorgado en xuño na illa de San Simón. Vinte anos contemplan, así pois, un traballo creativo, continuado, prolífico e non sempre recoñecido que, desde a súa estrea con aquel Ártico, agora reeditado baixo o título de Ártico 2.0, deixou nas mans dos lectores un máis que apreciable caudal literario guiado pola orixinalidade e por un teimudo e persistente espírito crítico, sempre gobernado por unha inequívoca paixón narrativa. Queipo contribuíu decididamente a abrir as ventás para que outros ventos soprasen na nosa narrativa, se se quer máis cosmopolitas, heterodoxos e sempre imaxinativos. Dalgún xeito todos eles converxen con fortuna nesta proposta galardoada, ao meu xuízo unha das máis intensas e coidadas do autor.

Son tantas as pulsións que dominan Extramunde que non é labor sinxelo sintetizalas en poucas liñas. Obxectivamente Queipo constrúe un friso composto polas vidas turbulentas dun feixe de persoas, en pleno século XIV,  consideradas en aparencia como iluminadas,  condenadas polo Santo Oficio e emprazadas nun escenario marítimo, no que o autor se move con extrema habilidade e verosimilitude. A procura da liberdade dos membros deste grupo e de novos horizontes nos que sobrevivir semellan estar, claro é, no alicerce das súas condutas. En boa parte, Extramunde constitúe unha impecable novela de aventuras, onde agroman aquí e acolá conspiracións e rebelións, con personaxes no gume entre a vida e a morte, convidando así a deixarse levar por ese arrecendo ás grandes novelas do xénero, ensambladas con precisión liña a liña, parágrafo a parágrafo, capítulo a capítulo, provocando con acerto o devezo que sente o lector por solventar os diversos fíos argumentais.

Mais tamén é certo que ese século XVI, pano de fondo do libro, resulta operativo para vehiculizar unha metáfora talvez apocalíptica pero case tanxible, do que pode significar e significa o exercicio desapiadado e ominipotente do poder contra o que é distinto; práctica derivada da imposición dunha doutrina e ideoloxía únicas, onde non é difícil rastrexar, noutra lectura claro é, os vincallos co tempo actual. Velaí unha invitación implícita para dirixir a ollada ao verdadeiramente relevante e nuclear na novela como é o concepto de resistencia e de loita, por veces contra un mesmo.

Non quixera concluír sen subliñar algúns elementos clave, ao meu xuízo, desta novela como son a poderosa forza e plasticidade descritiva que sorprende en varias pasaxes, a aposta pola singularización no perfil de personaxes, a atención outorgada ás linguas como vehículos de comunicación que serven para desandar os camiños do trasacordo ou  a presenza dos catro narradores, alén do  principal, como son o cego de Zas, cos seus poderes e o atractivo enganche que simboliza o seu relato oral, esa afortunada figura do escribán que espella por escrito o que ocorre e mais o diario dun naturalista que retrata con transparencia tanto as recaladas en portos afastados como todo aquilo inesperado que encontra. Sobra dicir que recomendo, e moi vivamente, a súa lectura.

Ramón Nicolás

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista a Xavier Queipo: «Analízome parcialmente a través dos meus personaxes»

25 Outubro 2011

Entrevistas,Narrativa

O Atlántico Diario publicou unha entrevista de Ana Baena con Xavier Queipo a raíz da publicación de Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011.

«O meu é a psicoanálise permanente, analízome parcialmente a través dos meus personaxes»

Francisco Javier Vázquez Álvarez (Santiago, 1957), máis coñecido como Xavier Queipo, celebrou onte no Museo do Mar os seus vinte anos adicado ao mundo da literatura. Manuel Bragado, Quico Cadaval, Anabel Gago, Olga Cameselle, o dj Mr. Choc e o propio Queipo participaron no espectáculo. Unhas horas antes, sentado nunha praza da cidade, descubríu a súa faciana máis oculta.

Xavier Queipo, onte no Museo do Mar.

—O Premio Xerais de Novela é un bo agasallo para estes 20 anos?
Os premios teñen varios compoñentes. Está o económico, que ven moi ben, sobre todo o de Xerais que é o máis alto en lingua galega con 25.000 euros. Pero tamén está a visibilidade que dan ao libro. Fai que un escritor que vive no estranxeiro dende hai 23 anos e que non podo acudir ás comidas e encontros, poda figurar.

—Para un escritor é necesario formar parte da vida social?
É importante porque podes falar coa xente, comunicarte cos compañeiros e planear colaboracións. Agora hai un explosivo interese por unha persoa que leva 20 anos traballando.

—Qué supón escribir en galego e vivir no estranxeiro?
Eduqueime en castelán. Son da xeración de Antón Reixas ou Manolo Rivas. Cando eu cheguei a Bélxica pensei que non tiña que perder o galego. Así na miña vida cotiá falo francés e inglés; pero para escribir uso o galego, que é a lingua que se fala na miña casa en Bruxelas.


—Leva 20 anos como escritor pero algo que combina coa súa formación como médico e biólogo

Non é difícil. Estes estudios déronme base técnica dabondo para traballar nunha institución europea de 8.30 a 19 horas. Despois boto o pecho e adícome a escribir, a reflexionar sobre o papel en novela e contos. Tamén estou nun colectivo poético en Bruxelas co que gañamos o Premio do Libro Europeo.

—De que reflexiona ao escribir?
Axúdame a desconectar. É un psicoanálise permanente, analízome parcialmente nos personaxes. Consigo o equilibrio, e son do 50% que non tomo tranquilizantes.

Ana Baena

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo, autor de “Extramunde”: «A inquisión agora é o capital»

20 Outubro 2011

Entrevistas,Narrativa

La Voz de Galicia publica unha entrevista de C. F. Iglesias con Xavier Queipo a raíz da publicación de Extramunde, Premio Xerais de Novela 2011.

«A inquisición agora é o capital»

O escritor apunta que a novela «fala da negación da diferenza»

Xavier Queipo reivindicouse central e non periférico asegurando que a súa identidade non estaba «construída contra ninguén». Presentou en Santiago Extramunde, a novela gañadora do Xerais, presentación que repetirá mañá en Vigo.

-Dúas palabras que definen á novela segundo a presentación son polifónica e posmoderna.
-Creo que nos dous casos queren explicar características que ten e que quizais se saian do convencional. Por unha parte, a polifonía pode ter que ver con que non hai un protagonista claro que leve o peso da historia. Vai cambiando en función do argumento e do escenario. Posmoderno igual ten que ver con que a estrutura non é a habitual. Tamén porque na novela van aparecendo moitas historias diferentes.

-«Extramunde» fala do poder da inquisición. Ese poder absoluto desapareceu, ¿ou cre que agora está noutras institucións?
-A novela fala da negación da diferenza. E a negación do diferente segue hoxe. Quizais en países sen ditadura pareza que non é así, pero dáse unha dobre moral porque en teoría todo está aceptado, pero na práctica as indemnizacións van para os directivos de NCG. Sempre hai unha clase dirixente e sempre gañan os mesmos, os que prefiren a inxustiza ao desorde. A inquisición agora é o capital, que é quen está definindo as normas.

-Na convocatoria do libro propón acabar coa perspectiva periférica.
-Resúltame desagradable que me digan que son periférico. Eu crecín en Galicia e o central en Galicia é ser galego. Quería explicar tamén que non se trata de que me pareza mal ser español, nin que estea en contra. É que para min o central é ser galego e penso que o sistema de pensamento hai que construílo desde a reafirmación disto.

C. F. Iglesias

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo: «’Extramunde’ é unha novela política»

Entrevistas,Narrativa,Premios_Xerais

A novela Extramunde , que foi presentada onte en Compostela e será presentada mañá en Vigo, no Museo do Mar, é foco desta entrevista con Xavier Queipo que se pode escoitar na web do Diario Cultural. Extramunde é unha novela política, declarou Xavier Queipo na entrevista de Ana Romaní e Anxo Quintela. A entrevista pode escoitarse aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación en Vigo de “Extramunde” de Xavier Queipo. Premio Xerais de Novela 2011

19 Outubro 2011

Narrativa,Premios_Xerais,Presentacións

O próximo venres, 21 de outubro, ás 20:15 horas terá lugar, no Museo do Mar de Galicia, Avda Atlántida, 160 de Vigo, o espectáculo artístico “L’ombelico del mondo”. Este acto preparouse con motivo da presentación de Extramunde de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela, 2011.

Intervirán Manuel Bragado, Quico Cadaval, Olga Cameselle e o Colectivo Riolagares (MisterChoco e Xavier Queipo).

Aquí se pode ler a carta do autor convidando a asistir ao espectáculo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carta do autor sobre o espectáculo artístico de Xavier Queipo hoxe en Compostela

Narrativa,Presentacións

O Galicia Hoxe informa do espectáculo artístico que se vai celebrar hoxe en Compostela (ás ás 20:15 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea) para presentar o Premio Xerais de Novela 2011, Extramunde, de Xavier Queipo, e reproduce unha carta que o autor fixo chegar, a través da editorial, aos seus lectores e lectoras.

Espectáculo artístico en Santiago para presentar o libro «Extramunde», de Xavier Queipo

Edicións Xerais de Galicia organiza para hoxe, mércores 19 de outubro, o espectáculo artístico titulado “O embigo do mundo / L?ombelico del mondo”, con moitivo da presentación do libro EXTRAMUNDE, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011.

O espectáculo, que contará coa participación de Manuel Bragado, Quico Cadaval, Olga Cameselle e o Colectivo Riolagares (MisterChoco e Xavier Queipo) terá lugar este mércores ás 20,15 horas no auditorio do CGAC, na rúa Valle Inclán de Santiago.

CARTA DO AUTOR:

Benquerido amigo, benquerida amiga:

Quero convidalo a asistir ao espectáculo «O embigo do mundo / L? ombelico del mondo» que preparamos con motivo da edición de Extramunde, a novela pola que obtiven o Premio Xerais de Novela 2011. Este espectáculo xorde dunha mestura de carraxe e narcisismo, chámeno ego, se prefiren unha aproximación psicanalítica. Perdoarán os excesos de sinceridade resultado, se cadra, dunha madurez súbita e non anunciada ou, se cadra máis prosaicamente, dunha enfermidade autoinmune. Xa o libro do Tao avisa dos perigos da sinceridade cando reza: «as palabras verdadeiras non son agradábeis, as palabras agradábeis non son verdadeiras.»

O narcisismo coido que o partillo con todos os meus colegas artistas, escritores en particular. Se así non fose coido que ningún deles escribiría, agás quizais por encarga, que é método ben ruín de vender a arte que practicamos.

A carraxe coido que a comparto con miles de galegos talmente «rebotados» cos excesos do poder que xa non saben onde procurar unha terapia que os devolva á normalidade. Excesos nos recortes en cultura e educación, mais tamén en axudas sociais, sanidade e outros servizos públicos. Paranoia declarada no uso da rebarbadora para tallar de raíz todo o que sexa cultura en galego (esa que lles fai acordar de onde veñen, de quen son fillos, o que lles custou tirar fóra esa cotra de galego de nación). Paranoia declarada neses seres bipolares que nos gobernan sen acerto.

O narcisismo e a carraxe poden semellar aspectos negativos da personalidade, mais non se apuren, pois neste caso constitúen ingredientes necesarios para preparar unha apócema que vai xerar optimismo, paixón polo traballo e ánimo renovado naqueles que a consuman con moderación. O feito de que este espectáculo non sexa subvencionado debería ter xa ese efecto balsámico de curar un aire maligno, de aventar escuros presaxios, de ter fe en nós mesmos. Individual e colectivamente.

Estou canso de ser considerado periférico (escritores periféricos, culturas periféricas; non sei se son parte dunha minoría ?doutra? ou se é canseira compartida, pois para nós, galegos de nación, o «central» é ser galego, falar en galego, soñar en galego, ler en galego, facer o amor en galego e ser quen de vivir toda a nosa vida en galego. Periférico é ter que falar en inglés, en castelán, rir as chanzas andaluzas e apandar co feito de que alancear touros constitúa a «festa nacional». Por iso, porque estou canso, para min Galiza é o embigo do mundo, o mesmo embigo polo que un día correu o sangue da nai, que o recibiu da avoa e así deica xeracións sen medida. Falo de sangue e de esencias transmitidas. Non falo de pureza de raza, non se confundan, que ben de mesturas que houbo e que se cadra van vir na miña estirpe, que coñeceu sen dúbida todas as razas e crenzas, pois sempre fomos de natural aventureiros e viaxantes, pouco dados á fidelidade e amadores de corpos diferentes.

Deste cansazo xorde a idea do «ombelico del mondo», do embigo do mundo, unha reafirmación persoal, un percorrido por unha traxectoria que se proxecta agora nesta novela, Extramunde, que hoxe celebramos.

Celebramos que antes existisen Ártico e Ringside, Papaventos e Mundiños, Malaria sentimental e O paso do noroeste; Os ciclos do bambú e O ladrón de esperma; Pegadas e Glosarios, Contornos e Dragona, por citar algunhas das entregas máis queridas, aquelas que fun ceibando para constituír un texto único, inacabado, unha cosmogonía propia, un mundo que xorde e se expande a partir dese embigo polo que me foran transmitidas a vida e a fala, o amor e a tenrura.

Celebramos, tamén, que outros soños virán, pois non hai nada que poida deter a un soñador crónico. A partir dese punto, e téndoo sempre como referente, xorden e xurdirán mil e unha historias, poemas, novelas e reflexións que abarcan o mundo todo, o de dentro e o de fóra, o que me foi dado e o que fun explorando co paso dos anos.

O espectáculo é, pois, un e diverso. Manolo Bragado glosará en breves palabras a súa experiencia como lector de Extramunde, a estrea que aquí nos convoca. A seguir, Quico Cadaval recollerá as esencias que encontrou en O ladrón de esperma e Papaventos. Olga Cameselle dará vida a Dragona, femia tráxica e feliz. E xa para rematar, o Colectivo Riolagares (MisterChoco e Xavier Queipo) presentará unha mestura de textos, imaxes e música que recolla esta traxectoria antes anunciada, con Galiza e o galego como puntos cardinais.

Unha aperta,

Xavier Queipo

Galiza, outubro, 2011

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, unha das novidades do mes de outubro

Narrativa,Novidades

Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, é unha das novidades de Narrativa do mes de outubro.

Extramunde narra, co alento prendido nas entrañas, unha viaxe alucinada que vai da freguesía de San Andrés deica a illa de Borneo, pasando por Senegal, Camerún, o Cabo de Boa Esperanza, Mozambique, a illa de Madagascar, a badía de Trincomalee, as illas de Anamán e o estreito de Malaca. Unha novela que retrata o poder omnímodo da Igrexa nos tempos escuros da Inquisición e a navegación polos océanos Atlántico e Índico na procura de mundos afastados, para rematar nun poboado da tribo dos Dayaks, os cortadores de cabezas.

Extramunde, escrita nunha prosa coidada, engaiolante, por veces vertixinosa, supón a culminación dun soño: a negación da diferenza, a procura da liberdade. Dividida en catro seccións, cada unha cun ritmo e cun alento diferenciado, admite varios niveis de lectura, pois é, ao mesmo tempo, novela de aventuras, de viaxes e de pausada reflexión. Unha novela que non vai deixar indiferente a quen se adentre no proceloso mar da escrita de Queipo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación en Compostela de “Extramunde” de Xavier Queipo. Premio Xerais de Novela, 2011

17 Outubro 2011

Narrativa,Premios_Xerais,Presentacións

O próximo mércores, 19 de outubro, ás 20:15 horas, no Centro Galego de Arte Contemporánea, terá lugar o espectáculo artístico ”L’ombelico del mondo”. Este acto  preparouse con motivo da presentación de Extramunde de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela, 2011.

Intervirán Manuel Bragado, Quico Cadaval, Olga Cameselle e o Colectivo Riolagares (MisterChoco e Xavier Queipo).

Aquí  se pode ler a carta do autor convidando a asistir ao espectáculo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Adianto de «Extramunde», de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011, no suplemento Culturas, de La Voz de Galicia

27 Xuño 2011

Uncategorized

O suplemento Culturas, de La Voz de Galicia, ofreceu o pasado sábado un adianto da novela Extramunde, de Xavier Queipo, Premio Xerais 2011. Reproducimos o texto introdutorio:

Viaxe ao XVI nunha nave de tolos
Culturas adianta o Introito» de Extramunde, a novela de Xavier Queipo galardoada co Premio Xeras, que narra a historia dun grupo de condenados pola inquisición.

«Unha hoste de condenados pola  Santa Inquisición, formada por  eivados e torturados, parte do  santuario dos embruxados cara  ao porto de Betanzos, guiados  pola man do Capitán Mourelle.
Alí, outra man, a de ferro do Capitán Lourenzo de Sousa, tomará o relevo para conducilos, a través dunha viaxe transoceánica, nunha goleta que ten como misión abandonar os condenados á súa sorte na selva de Guiana».
Este é, brevemente, o argumento de Extramunde, a novela do escritor Xavier Queipo (Santiago, 1957) galardoada co Xerais 2011.
O xurado do premio destacou especialmente «a calidade da súa escrita, na que destaca un arranque espectacular e unha enorme plasticidade».
O escritor, licenciado en Bioloxía e Medicina e Cirurxía, vive en Bruxelas desde 1989, onde traballa como funcionario da Unión Europea. Este galardón vén coroar o seu brillante labor como narrador ao longo de vinte anos «de dedicación constante, de persistencia na escrita e, dalgún xeito, de resistencia contra a ignominia», segundo o propio  autor.
Queipo explicou que Extramunde xorde «dunha forza interior, da ansia por escribir, por contar historias que ninguén contara, por retorcer a linguaxe ata abrir novos camiños formais.
Na escola aprendéranme o importante que é o contrato que o escritor establece co lector nas primeiras páxinas e así foi que arranquei a escrita desta novela cun inicio alucinado que nos ha  levar, tras múltiples navegacións e peripecias a un final reflexivo».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista con Xavier Queipo, Premio Xerais 2011: «A pobreza e a violencia sempre son parecidas. Agora na posmodernidade a apocalipse é a ausencia de emprego»

17 Xuño 2011

Entrevistas,Narrativa,Premios_Xerais

O suplemento Luces de El País publica unha entrevista de Teresa Cuíñas con Xavier Queipo, sobre Extramunde, a novela gañadora do Premio Xerais 2011.

«Hai un ataque e cómpre reconstruírmos isto pedra a pedra»

Cando Extramunde saia do prelo, en outono, os lectores e a crítica poderán comprobar os méritos da novela gañadora do 28º Premio Xerais. O pai da criatura, o escritor e tradutor compostelán Xavier Queipo, da vizosa colleita intelectual de 1957, é quen de cáseque reproducir o extenso relato, con exactitude abraiante, sentado á mesa dun restaurante tailandés de Matongé, o barrio africano de Bruxelas, a cidade na que reside desde hai máis de 20 anos e que lle proporciona “a distancia suficiente para ser independente e a desvantaxe de non participar no ambiente cultural galego, nos contactos e no ensino”. Dúas décadas publicando nas que Queipo, quen se sinte “pouco coñecido en Galicia”, conformou unha carreira literaria prolífica e diversa que se abriu coa saída de Ártico e outros mares (1991, Premio da Crítica Española), que Galaxia reedita agora nunha versión ampliada, Ártico 2.0. Con Extramunde marca na súa traxetoria outro fito que, de novo, conta con escenarios marítimos nun convulso século XVI.

Pregunta. Un mundo no que reina a maldade, a fame e un clima desfavorábel para a vida mais “unha serie de sucesos ensarillados como as doas dun colar de desgrazas” comparecen no inicio de Extramunde. Un cadro apocalíptico…

Resposta. No século XVI houbo unha microglaciación que provocou esa paisaxe gótica, de película de medo, que se describe. Hai que pensar que estamos na fin do feudalismo e que o punto de partida é unha sociedade pechada, de casamentos consanguíneos, miseria extrema, enfermidades e un poder omnipotente por parte da Igrexa que se mestura con crenzas ancestrais. Existe outro esoterismo en Galicia alén da brétema morriñenta, as pedras de abalar e a Santa Compaña que fai palidecer ao realismo máxico. É menos mediático, pero é máis real. Agradecínlle ao xurado que a escolla fose por maioría e non por unanimidade. Que houbera debate até o final é síntoma de boa saúde na literatura galega.

P. No seu discurso de recepción tamén lle mandou un recado ao conselleiro de Cultura, presente no acto.

R. Dirixínme a Roberto Varela para dicirlle o que penso: “Somos galegos, moitos momentos da nosa vida son en galego, facemos o amor en galego, queremos que os nosos fillos vaian á escola en galego. Dígalle ao Goberno da nosa parte que queremos galego”. Despois agradecínlle que estivera alí nese día. A xente, que até entón estivera un pouco tensa, merecía esa alegría e penso que todos saímos gañando.

P. Un grupo de condenados pola Inquisición inicia unha travesía en barco cara a unhas selvas ignotas onde ían ser abandonados á súa sorte, o que enlaza coa figura da ordalía, ou xuízo de Deus, que se aplicou desde a Grecia clásica para probar a inocencia ou a culpabilidade dos acusados mediante probas de forza que os enfrontaban coas potencias superiores. Por que recorre a unha ambientación histórica para este libro de aventuras? Trátase dunha fábula sobre os tempos actuais?

R. A pobreza e a violencia sempre son parecidas. Agora na posmodernidade a apocalipse é a ausencia de emprego. Puidera ser que hogano houbese menos miseria, pero que significa que a cocaína sexa máis popular nas aldeas có café? Ou que haxa máis anuncios de prostitución feminina e masculina ca ofertas de emprego? É miseria mental. Metáforas tan primitivas como esta permiten extraer a esencia dunha idea. O que me interesa é que a xente poida ler con varios niveis de atención. Nesa nave de tolos están á mercé da providencia… Dicían que non os mataban, simplemente deixábanos alí, que era o mesmo! Hai personaxes secundarias moi potentes, como un hermafrodita, descricións moi plásticas de treboadas, episodios de violencia contra as persoas, unha conspiración da curia de Compostela, unha rebelión a bordo, desembarcos en portos africanos, encontros con criaturas e paisaxes descoñecidas e motivos clásicos… O relato está engarzado de varios xeitos: un narrador principal, outro que se chama o cego de Zas e que ten o seu referente no cego de Gondar de Valle Inclán, o escribán que vai tomando nota de todo o que pasa e, ademais, acontece que a personaxe central nunca é a mesma.

P. Adivíñase un esforzo importante de documentación detrás da novela.

R. Moitas delas son lecturas que teño feito desde pequeno, dos libros de aventuras que me gustaban! En particular, é froito de soños que tiven e de dous anos mergullado en Conrad, Cortázar, García Márquez, as películas de vaqueiros, Lévi-Strauss, Wallace, n’ O rinoceronte do Papa, de Lawrence Norfolk, en moitas lecturas das que non lembro nada pero deixan pouso. Coido que Extramunde terá preto de 500 páxinas, pero co material que xuntei tería para moitas máis! Tiven que frearme! Pensando no lector e pensando en min, porque chega un intre no que cómpre pechar as historias. En calquera caso, quedan apuntamentos para proxetos futuros.

P. Que hai de aprendizaxe nesta viaxe?

R. É o sentido de procura primixenia que guiaba aos exploradores naturalistas, aos adiantados e aos descubridores: querían ver mundo para contalo, recrealo, gozalo ou o que fose. Estas xentes non tiñan nada que perder, porque viñan dunha miseria inmensa e saían dun ambiente de represión. Eran como os emigrantes nosos polo mundo coas súas maletas de cartón. Outros aspectos son a solidariedade que nace entre presos e mariñeiros, que ao final son todos iguais a bordo, e o choque coas forzas da natureza, con descricións de tempestades formidábeis inspiradas, en parte, na Historia Natural do conde de Buffon, do século XVIII, porque eu nunca vin unha néboa negra por riba do mar, aínda que existe! É no confronto onde as persoas ven a medida de si mesmas e que non son tan distintas das demais. Tamén o home precisa arredarse de si mesmo e buscar espazos abertos non opresivos, como o mar, para ser un mesmo, un novo mundo no que expresarse como é, como seguimos procurando nesta sociedade, na que xa estivemos mellor.

P. Cando foi iso?

R. Cando había menos paro, menos agresión á lingua e existía outro pudor. Os Gobernos de Fraga, sobre todo os primeiros, non nos odiaban. Eran conservadores e protofachas, pero con Rosalía e con Castelao. O seu carácter non era antinacionalista; tamén é verdade que o nacionalismo estaba daquela menos organizado e polo tanto non era considerado un enemigo potencial. “Como non nos fai dano, non o imos masacrar”. Ademais, cando hai, como agora, un momento de crise económica e ética, e hai que dicir ética porque senón os encausados por casos de corrupción non sairían elexidos nuns comicios como ven de pasar, a xente é menos espléndida e cada un vai máis polo seu. Diso falei no discurso do Xerais, da solidaridade entre os creadores galegos, mesmo en sentido guerreiro.

P. Que propón vostede?

R. Hai un ataque e cómpre unha estratexia para reconstruírmos isto pedra a pedra. Como formulou, no século V a. C., o chinés Sun Tzu n‘A arte da guerra, se amosas febleza cando te atacan, o inimigo arrisca máis para acabar contigo dunha vez por todas, envalentónase. A loita é crónica cando levas 16 anos na oposición, houbo unha vitoria parcial durante catro anos, e despois o desencanto foi terríbel e é maior cando desaparecen Vieiros e a edición en papel d’A Nosa Terra, o símbolo que foi Sargadelos está fóra de combate, vai pechar a sala Nasa e as axudas culturais desaparecen na súa meirande parte porque todo está absorbido pola gran chupadeira que é a Cidade da Cultura. Este país non ten infraestrutura empresarial para semellante megalópole. Cómpre recuperar a idea das comarcas e colocar a cultura nos lugares que están ao alcance da xente, ao xeito das capitais culturais europeas.

Teresa Cuíñas

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2011, intervencións dos premiados no acto de entrega

2011,Autores,Fóra de Xogo,Lingua,Merlín,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais,Xuvenil

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista a Xavier Queipo: «’Extramunde’ é unha novela clásica con estrutura moderna»

16 Xuño 2011

Autores,Entrevistas,Premios_Xerais

Faro de Vigo publica unha entrevista de Elena Ocampo con Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramunde. Reproducímola a continuación:


«En el siglo XVI como hoy, la sociedad tiene problemas para aceptar lo diferente»

El escritor y biólogo aborda en Extramude el «poder esmagador» de la ideología única

Cuarenta y ocho horas después de recoger el Premio Xerais de novela 2011 por “Extramunde” en la Illa de San Simón, Xavier Queipo responde al teléfono desde Bélgica. Viene del cine y comenta la última de “X-Men”, cuya crítica nos reservamos. En algún momento de la conversación, el escritor se identifica con un corredor de fondo y es que, lejos de prácticas atléticas cual Murakami, cruzar dos décadas con más de una docena de títulos publicados tiene mucho de tenacidad.

–Su currículo dice que es un hombre de ciencias imbuido en un mundo de letras. Cree que la oposición Ciencias versus Letras, ¿ha quedado ya desfasada?

–La mayor diferencia entre ciencias y letras es el método de estudio. Pienso que son complementarias. Cuatro biólogos y escritores: Xosé Miranda, Xabier Paz, Marilar Alexandre y yo participamos en una conferencia en Santiago organizada por el Consello da Cultura Galega en 2009, donde aseguramos que esa frontera debe ser cada vez menor.

–Pero, ¿usted piensa en números o en letras?

–Pienso, más que en números o letras, en establecer relaciones entre variables.

–El jurado del premio ha destacado la calidad literaria de su novela “Extramunde” y su espectacular arranque. Adelante algo más.

–Hay que revelar que es una novela de aventuras. Arranca con una hueste de condenados por la Santa Inquisición hacia el puerto de Betanzos en el siglo XVI. Allí embarcan. Hay quien tiene ´don de lenguas´ gente ´hermafrodita´, condenados por herejes o descreídos, quien se cree un abejorro, alguien que dijo que los huesos del Apóstol no estaban en Santiago o simplemente, quien tiene epilepsia. Hay una serie de personas, discapacitados o iluminados, que fueron dados por endemoniados.

–Salvando las diferencias y sin taras, es algo así como lo que está ocurriendo con los “condenados” del 15-M.

–Sí, algo así. Lo que pasa es que, tanto en aquel momento como ahora, la sociedad y sobre todo, el poder, tiene problemas para aceptar lo diferente. Es uno de los males de nuestro tiempo: la laminación intelectual. Una especie de mimetismo en el que todas las familias tienen que tener una segunda residencia, dos niños, un perro, un coche para mamá y otro para papá… ir a la Universidad. Todos los que tienen familias o ideologías que no entran en la óptica socialdemócrata o en la liberal, no son aceptados. Es el poder esmagador de la ideología única. Entonces estaba representada por el poder fortísimo de la Iglesia y hoy probablemente sea el capital, que es quien pone y quita gobiernos.

–¿Alguna referencia actual?.

–Escribo para lectores inteligentes que se darán cuenta que esas estructuras de poder, dominación y violencia no se diferencian de otras de hoy.

–El protagonista es el viaje. Define su novela como clásica pero, ¿eso no es postmoderno?

–Es una novela clásica pero con una estructura que yo clasificaría como moderna. No hay un personaje central, es la navegación. Como es un barco en el que se amotinan los locos entre comillas, se convierte en una especie de barco cuasi anarquista. Va recalando en Senegal, Camerún, Mozambique, Madagascar… Para acabar en Borneo, donde uno de los protagonistas entra en una tribu cortadora de cabezas.

–¿Hay mucho trabajo de documentación detrás?

–Cada planta o fenómeno meteorológico está puesto porque estaba ahí.

–Ya había sido ganado el Premio de la Crítica española en con Ártico e outros mares. Este llega con mucha más veteranía.

–Yo creo que soy un escritor nuevo en cada libro. Así lo afronto.

–A pesar de haber nacido en Santiago, su obra es recurrente en temas marinos.

–Tengo una serie de obsesiones con la vida en el mar y las aventuras. Aunque estudié Biología Molecular y Medicina, mi primer trabajo fue como biólogo marino y a partir de los días vividos en el mar, aparecieron los primeros relatos de Ártico, libro que acabo de reeditar y revisar.

Elena Ocampo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2011, as entrevistas a gañadores, membros do xurado e participantes

15 Xuño 2011

2011,Autores,Entrevistas,Fóra de Xogo,Merlín,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Blogaliza.tv realizou unha magnífica cobertura dos Premios Xerais 2011. No blog de Xerais podemos atopar todas as entrevistas que Alfredo Ferreiro fixo aos gañadores, membros do xurados e algúns dos asistentes. Un material documental ben interesante.

Eis a relación e os seus enlaces:

cid

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pemón Bouzas, membro do xurado do Premio Xerais de novela 2011

2011,Narrativa,Premios_Xerais,Televisión,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista a Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011: «Explorar outros mundos é intentar comprender o noso»

Autores,Entrevistas,Narrativa,Premios_Xerais

Galicia Hoxe publica unha entrevista de Montse Dopico con Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramdunde. Reproducímola a continuación:

O poder esmagador

Xavier Queipo: “O medo á liberdade é o que predica a dereita máis antidemocrática, esa que prefire a inxustiza á desorde”

Xavier Queipo responde, por correo electrónico, acabado de chegar a Bélxica despois de recoller na illa de San Simón o seu premio Xerais, ás nosas preguntas. Extramunde é, -conta-, unha novela con varios posibles niveis de lectura, que se rebela contra o poder omnímodo da Igrexa no século XVI, pero que ben podería estar falando dunha democracia actual esmagada polo capital financeiro.

A viaxe é, unha vez máis, protagonista na túa obra. En boa parte dela, a viaxe relaciónase coa procura da identidade. ¿Por que?

Cuestionar de onde vimos, a onde imos, que nos fixo así é consubstancial á natureza humana.

Tampouco é a primeira vez que fas novela de aventuras…

O primeiro libro que deixou pegada en min foi  Aladino e a lámpada marabillosa. A partir de aí, os relatos de fantasía e de aventura foron os meus favoritos -piratas, cabaleiros de helmo e armadura, exploradores, viaxeiros do espazo…-. Agora acáenme mellor as crónicas de exploracións e viaxes, como fonte para as miñas novelas.

Desta volta, o tema é “o papel esmagador da ideoloxía oficial, o poder omnímodo da Igrexa”. Onde podemos situar hoxe ese poder omnímodo que tivo a Igrexa no XVI?

Extramunde ten varios niveis posibeis de lectura, dende o máis lineal -unha novela de aventuras-, até outros máis elaborados, onde o lector pode establecer asociacións de ideas e semellanzas entre a sociedade galega do século XVI e o poder esmagador da Igrexa e a sociedade actual onde a democracia está secuestrada polo poder do capital financiero.

“Mal de linguas” había en “Diarios dun nómade”. Un “mal” do que, afortunadamente, non te curaches. Como ves as polémicas sobre o decreto do suposto plurilingüismo de Feijoo? En Bélxica a cuestión lingüística tampouco é simple…

O mal de linguas é para min unha necesidade, pois vivo nunha sociedade plurilingüe. Eu falo varias, todas elas mal e cun sotaque galego encantador, do que estou ben orgulloso. O importante aquí na Bélxica e o respecto polas dúas comunidades e establecer pontes de entendemento entre elas. Eu entendo o plurilingüismo de xeito diferente ao goberno da Xunta, mais ese é o goberno que nos demos. Entrementres -eles non van mudar- teremos que procurar facer uso dunha verba tan preciosa como solidariede, axudar entre todos a construír unha sociedade maioritariamente en galego, respectando as opcións que outros poidan ter e insistindo na aprendizaxe do portugués a partir do galego, que é unha materia pendente do ensino en Galiza.

Nas municipais saíu elixido na Coruña un señor que quere poñerlle L á Coruña, e en Santigo outro que di que na Nasa se crían terroristas. Que cres que pasará, se engadimos os recortes e retrocesos da Xunta do PP en cultura?

A entrevista é de literatura, supoño, mais xa que insistes direi que esas anécdotas son síntomas do recorte de liberdades que estamos a vivir, onde a ideoloxía non pasa de slogans que ben poden ir nunha camiseta. Se alguén basea o seu programa na letra  L é que esta en prácticas e non sabe o que é gobernar. Se alguén basea a súa campaña na ignominia, pois pouco se pode esperar del e do da liberdade individual. Preocúpanme os recortes culturais, mais tamén os de sanidade, educación, política social, etc. Do partido no goberno non vou falar. Só dicir que se son tan católicos como din saberán que se pode pecar de pensamento, palabra, obra e omisión. Coido que pecan cos catro ases da baralla.

“Extramunde” é unha “novela con varias novelas”. Como se estrutura?

Hai un cego que conta contos -o cego de Zas-, un escribán que fai anotacións nun caderno de bitácora, un naturalista que ten as súas notas e un narrador principal. As personaxes centrais van mudando de importancia, aparecendo e desaparecendo e o fío conductor é o navío, a viaxe dun barco onde conviven 80 persoas, dos que 19 son condenados polo Santo Oficio: frades heréticos, hermafroditas, aloulados, epilépticos, eivados, psicópatas e outros que teñen o mal de linguas, en definitiva xente diferente.

Outro dos elementos desta novela, e doutras túas, é a reivindicación da vida e da natureza. -Será que es biólogo-. Nesta, reivindicas a vida a partir da procura da liberdade…

A procura da liberdade está na esencia do ser humano. O medo á liberdade é o que predica a dereita máis antidemocrática, esa que prefire a inxustiza á desorde. A vindicación da vida en liberdade e en harmonía coa natureza forman parte da miña ideoloxía e reflíctense, por tanto, na miña escrita. O feito de ser biólogo condiciona un certo gusto pola descrición e pola celebración da vida en todas as súas expresións, incluídos os distintos comportamentos humanos. Xa o explicaba en Cartas marcadas, que me gustaría que fose máis lido e comentado.

MÁIS

“A democracia está secuestrada polo capital financeiro”

A dor, a perda, a incerteza, son tamén eixes da túa obra. Seica andamos un pouco desacougados. Serán o 15-M e todas esas revolucións actuais expresión en parte diso? -Incerteza ante a precariedade que nos impón o neoliberalismo, por exemplo-.

O desacougo é froito da indignación por unha democracia secuestrada polo capital financeiro. Os gobernos teñen cada día menos poder, mais viven nunha ficción de que poden mudar as cousas. Precisamos un tipo de sistema máis participativo e onde as diferentes opcións ideolóxicas poidan ser tidas en consideración no momento da toma de decisións. As revoltas do 15-M son manifestacións dunha xuventude que críamos anestesiada ou sonámbula, mais que ten tamén unha minoría que está ben esperta.

Outras veces foi Asia, e esta vez recuncas, pero tamén tiras para África. Din os críticos que a literatura galega nos últimos anos fai moito iso de explorar outros mundos. Como te documentas para que os teus ambientes sexan cribles?

Explorar outros mundos é intentar comprender o noso. Eu andei por Asia e asimilei unha pequena parte da súa cultura como propia. Acontéceme o mesmo coa cultura do país de acollida, que é Bélxica. Isto pode ser en certa medida froito da curiosidade que se deriva da miña formacion científica, mais tamén é unha procura constante por comparar, aprender, explorar, para logo retornar e axudar a construír unha sociedade máis xusta.

Ó mesmo tempo, na túa novela está Galiza “entendida como territorio mítico e esotérico”. Como é isto?

E un tópico de como nos ven fóra, do que esperan de nós: que lles contemos historias de aparecidos ou de lobicáns, de meigas ou de pedras de sandar. Galiza ten unha mitoloxía propia, como toda cultura diferenciada, que foi engulida ou deturpada polo catolicismo e polo poder imperial, mais temos referentes, crenzas ou costumes propios. Eu celebro ese carácter específico, non me asusta. Non quero ser igual a todo o mundo, quero vivir nunha sociedade onde haxa xente diferente, cadaquén cos seus gustos e as suas crenzas, que teño por norma ética respeitar.

Que supón para ti recibir o Xerais? -Xa gañaras o Premio da Crítica, o García Barros…

Recibir un premio é un xeito de ter visibilidade, de vindicar a existencia dun traballo que é de corredor de fondo. Levaba moitos anos sen recibir un mínimo recoñecemento e iso notábase. Non son fácil de desanimar, pois creo no que escribo, partindo da honestidade e da procura constante da calidade. A aceptación da obra está moi mediatizada pola obtención de premios, polas críticas que deses libros se fagan e pola presenza destacada na mesa de novidades. É inxusto, mais é asi. O Xerais é un gran premio, con moito impacto e prestixio. Daquela o que me vai traer é visibilidade. Vai tirar doutros libros que estaban esquecidos. Espero que isto aconteza xa e que mentres esperan a que no outono apareza Extramunde, vaian lendo no verá por exemplo Ártico 2.0 , que acaba de saír hai un par de semanas, ou Cartas Marcadas , que penso que é un bo libro para facer acordar o gusto pola lectura.

Montse Dopico

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de novela 2011 por “Extramunde”

14 Xuño 2011

2011,Autores,Entrevistas,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo: «Hai moitas cousas da miña novela ‘Extramunde’ que perviven hoxe: a negación das minorías, a laminación intelectual, a opresión ou a superstición…»

Entrevistas,Música,Premios_Xerais

Reproducimos a entrevista de Iago Martínez que publicou o Xornal de Galicia con Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de Novela 2011 con Extramdunde.

A xente que ataca a lingua galega é a que ten medo, e niso consiste ser de dereitas

O escritor, compostelán afincado en Bruxelas, cre que “o máis revolucionario en Galicia é escribir en galego”

Xavier Queipo (Santiago, 1957) quixo ser breve o sábado en San Simón ao recoller o Premio Xerais de Novela por Extramunde. Limitouse a agradecer a decisión do xurado, gabar a calidade dos finalistas e a literatura galega e pedirlle un favor ao conselleiro de Cultura, que o escoitaba dende as primeiras filas do auditorio. O autor de Ártico e outros mares (1990), que vén de rescatar Galaxia nunha edición corrixida, ampliada e rebautizada como Ártico 2.0, encargoulle a Roberto Varela que lle trasladase unha mensaxe da súa parte ao Goberno de Feijóo: que nos deixe vivir en galego. A ovación foi menos breve.

Varela é soamente o mensaxeiro?

Varela forma parte dun goberno que está a masacrar conscientemente o galego, pero non creo que sexa o inimigo. Outra cousa é que non fose galego falante, pero tampouco eu o era cando me mudei a Bruxelas. Eu empecei a falar galego na emigración, cando me decatei de que se precisaba un referente.

E cando aconteceu iso exactamente?

En 1989, tiña eu trinta e un anos. Falábao de cando en vez con algún amigo, pero pouco máis. A partir dese momento, na miña casa e na miña vida privada sempre se falou galego. Cando remato a miña xornada laboral, que transcorre en inglés, francés e algo menos en italiano, portugués ou español, chego á casa e falo galego. É bastante liberador.

Que se conta en Extramunde?

É unha novela de aventuras ambientada no século XVI e ten unha forte compoñente ideolóxica. Critícase a opresión da ideoloxía única da Igrexa católica naquel momento, o colonialismo… Dáse unha visión dos dereitos fundamentais do home, e en particular do dereito á liberdade, a través dun grupo de persoas condenadas polo Santo Oficio.

Segue vivo hoxe ese século XVI?

As metáforas non están excesivamente elaboradas na novela. Un decátase con certa facilidade de que hai moitas cousas que perviven hoxe: a negación dos dereitos das minorías, a sospeita polos comportamentos individuais das persoas, a laminación intelectual dos pobos e da xente, a opresión dunha entidade imperial sobre outras ou a superstición, que en forma de catolicismo, islamismo, xudaísmo ou calquera outra manifestación inflexíbel de espiritualismo, nos levou a unha situación como a presente, na que estamos indignados.

Un dos textos engadidos en Ártico 2.0 explica, con rigor e algo de retranca, por que non hai máis novelas de aventuras na historia da literatura galega.

Non somos un país marítimo, somos un país pesqueiro. Non é o mesmo. O que nós temos é frota de pesca.

E man de obra, sobre todo.

Cada vez menos. Agora son sobre todo caboverdianos, ucraínos ou lituanos, xente que acepta un traballo duro por un salario baixo. Os nosos empresarios tampouco son uns santos.

“O noso é un pobo de mariñeiros máis que de navegantes; os mariñeiros non escriben novelas e os navegantes non tiñan conciencia de nación”. Desolador.

Que eu saiba, si. Nin os irmáns Nodal de Pontevedra nin Mourelle de la Rúa, que andou á procura de Alasca, escribiron en galego. Hoxe é máis fácil atopar o diario de Mourelle de la Rúa en inglés ca en galego, porque en galego non existe. Todo aquel que nace en Galicia é galego, pero hai quen exerce e quen non exerce. Non hai máis que mirar para o que temos no goberno da Xunta.

No Encontro Internacional de Literatura de Viaxes (Litvi), que financia a Xunta con 20.000 euros, non hai un só escritor galego. Non os hai ou non os ven?

Unha cousa é que non teñamos unha experiencia marítima e outra que non sexamos viaxeiros ou non teñamos literatura de viaxes. A literatura da emigración é literatura de viaxes, e temos abondosos exemplos recentes, como New York, New York de Inma López Silva, Fin de século en Palestina de Miguel Anxo Murado ou o que escribín sobre as miñas viaxes por Asia. A metade de Saltimbanquis no paraíso, de Xelís de Toro, tamén se desenvolve en Londres. E hai literatura de catedrais, por suposto. De que fala Trece badaladas? De que fala Festina lente? Falan de catedrais. Se fose profesor de literatura e non biólogo, podería dar moitísimos máis exemplos.

Daquela, como se explica?

Supoño que a dirección consideraría que aos autores galegos non son abondosos, nin en número nin na súa calidade. Eu estiven na primeira edición, e coido que en igualdade de condicións con xente como Julio Llamazares ou César Antonio Molina. Nunca me sinto inferior cando estou con autores de sistemas literarios cun idioma maioritario, pero tampouco podemos esquecer que o galego é unha lingua minorizada en Galicia. Unha lingua que, debendo ser maioritaria, como indica o noso Estatuto de Autonomía, está a ser atacada pola xente que ten medo, pola dereita. Ser de dereitas consiste niso, en ter medo.

Medo a que?

Medo a que cambie unha coma no libro sagrado, no sistema de referencias no que eles se sinten seguros. O máis revolucionario en Galicia é escribir en galego, e por iso o fago.

Ártico e outros mares foi un dos primeiros títulos de Edicións Positivas. Cal foi o papel do selo naquela altura?

A principios dos anos noventa había un certo estancamento das editoriais máis grandes, que apostaban por rostros coñecidos e autores dun certo prestixio e unha certa idade. Eu tiña xa 31 anos, pero considérome dunha xeración posterior, polas temáticas, polo estilo e polo intre no que empecei. Por idade pertenzo á xeración de Manuel Rivas, Suso de Toro, Gonzalo Navaza ou Bieito Iglesias, pero eles xa tiñan unha carreira. Eu comecei con Fran Alonso, Jaureguizar e outros autores, un grupo de xente que ten en común que non ten nada en común. Somos illas nun arquipélago.

O limiar de Ártico 2.0 relata o periplo do libro fóra de Galicia ao longo dos últimos vinte anos. Non recibiu ningunha remuneración económica nin asinou ningún contrato polas traducións.

Os escritores estamos nas mans dos editores, e a eles nunca lles pasa nada cando incumpren un contrato. Non te vas meter nun xuízo cun tipo que está en Portugal ou en Cataluña ou en calquera outro sitio. Sería perder o tempo.

Cambiaron esas condicións ao longo das dúas últimas décadas?

Cada un terá a súa propia visión. Houbo un momento en que parecía que ían cambiar porque había axudas públicas e interese nalgunhas persoas, pero agora volve haber moitas dificultades cos recortes da Consellaría de Cultura, que ten como único referente o Gaiás.

Iago Martínez

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011, primeiras entrevistas

13 Xuño 2011

2011,Entrevistas,Narrativa,Premios_Xerais,Radio,Xerais_nos_medios

Aparecen as primeiras entrevistas a Xavier Queipo, autor de Extramunde, obra gañadora do Premio Xerais de Novela 2011:

  • «A xente que ataca a lingua galega é a que ten medo, e niso consiste en ser de dereitas» (Xornal de Galicia)
  • «A viaxe dunha nave de tolos constitúe a personaxe central da novela» (Atlántico Diario)
  • «O poder esmagador» (Galicia Hoxe).
  • Audioentrevista no programa “O viraventos” (Radiofusión).
  • Vídeoentrevista (Blogaliza)
  • «En el siglo XVI como hoy, la sociedad tiene problemas para aceptar lo diferente» (Faro de Vigo, 16-06-2011)
  • Audioentrevista no Diario Cultural (Radio Galega).
Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2011 nos medios

12 Xuño 2011

2011,Autores,Fóra de Xogo,Merlín,Narrativa,Noticias,Premios,Premios_Xerais,Xerais,Xerais_nos_medios,Xuvenil

Foron numerosas as referencias na prensa galega, tanto impresa como dixital, ao fallo dos Premios Xerais 2011.

  • «Os Xerais distinguen obras de aventuras mariñas e de intriga» (Camilo Franco, La Voz de Galicia).
  • «Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña se alzan con los Premios Xerais 2011» (E. Ocampo, Faro de Vigo).
  • «Xavier Queipo gaña o Xerais de Novela con “Extramunde”« (Xornal de Galicia).
  • «Queipo gaña o Xerais cunha novela de aventuras ambientada no s. XVI» (Koro Martínez, El Correo Gallego).
  • «O poder omnímodo» (Maré, Galicia hoxe).
  • «Xavier Queipo gana el Xerais con una novela de viajes sobre la conquista de la libertad» (Teresa Cuíñas, El País Galicia).
  • «Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña se alzan con los Xerais 2011» (E. Ocampo, La Opinión da Coruña).
  • «Xavier Queipo gaña o Xerais de Novela con “Extramunde”» (Diario de Pontevedra).
  • «Xavier Queipo Premio Xerais cunha novela de “viaxe alucinada”» (A Nosa Terra).
  • «Premios Xerais 2011: Galardoados Xavier Queipo, Héctor Carré e Anxo Fariña» (Europa Press).
  • «Xavier Queipo, Héctor Carré e Anxo Fariña son os gañadores dos Premios Xerais 2011) (Axenda AELG).
  • «Los Premios Xerais 2011 reconocen a Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña» (El Mundo Galicia).
  • «Xavier Queipo, Héctor Carré e Anxo Friña, Premios Xerais 2011» (ABC).
  • «Los Premios Xerais 2011 reconocen a Xavier Queipo, Héctor Carré y Anxo Fariña» (El economista).
  • «O santiagués Xavier Queipo gaña o Xerais coa novela de aventuras Extramunde» (El Progreso).
  • «Xavier Queipo, Anxo Fariña e Héctor Carré, novos Premios Xerais» (Atlántico Diario).
  • «Xavier Queipo gana el Xerais de Novela con Extramunde» (La Región).
  • «Os gañadores do Xerais infantil e xuvenil abren as fronteiras do xénero» (La Voz de Galicia).
  • «Novelas escritas seguindo o guión e que poderían ser de cine» (La Voz de Galicia).
  • «Unha nave de tolos con interpretación metafórica« (La Voz de Galicia).
  • “Uns premios Xerais de mar, volframio e mitos” (Cultura Galega.org).
  • «Tres historias, tres premios literarios» (Atlántico Diario)
Chuzame! A Facebook A Twitter

«Extramunde» de Xavier Queipo, Premio Xerais de Novela 2011

2011,Autores,Narrativa,Noticias,Premios,Premios_Xerais

O xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que concorreron corenta obras formado por Francisco Pérez Lorenzo (xornalista), Pemón Bouzas (escritor e xornalista), Paula Gómez del Valle (fotógrafa e profesora), Jorge da Cunha (notario), Berta Dávila (escritora) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas «Extramunde», «O caso Ocaso» e «Todo home é coma a lúa». Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Extramunde» que, despois de aberta a plica, resultou ser de Xavier Queipo (Francisco Xavier Vázquez Álvarez) e corresponde ao título Extramunde.

Os membros do xurado do Premio Xerais de novela 2011, no ditame que elaboraron sobre Extramunde, «valoran profundamente a calidade da súa escrita, na que destaca un arranque espectacular e unha enorme plasticidade.»

«Unha hoste de condenados pola Santa Inquisición, formada por eivados e torturados, parte do santuario dos embruxados cara ao porto de Betanzos, guiados pola man do Capitán Mourelle. Alí, outra man, a de ferro do Capitán Lourenzo de Sousa, tomará o relevo para conducilos, a través dunha viaxe transoceánica, nunha goleta que ten como misión abandonar os condenados á súa sorte na selva de Guiana. Esa viaxe, a propia viaxe é, indubidablemente, a protagonista da novela.»

«Escrita cun pulso narrativo vibrante, de gran intensidade, a novela presentada baixo o lema de «Extramunde» sitúa o seu corazón no periplo desa embarcación ateigada de condenados nun momento en que as supersticións, as crenzas, a procura de liberdade e o medo ao descoñecido gravitan coma unha lousa sobre as xentes.»

«Botando man dun certo rexistro expresivo de ton profético, o autor constrúe unha magnífica novela de aventuras que dialoga con clásicos como Stevenson ou Jack London para crear, desde a carcasa da posmodernidade, un canto de denuncia contra as inxustizas e contra o peso esmagador da doutrina relixiosa e, sobre todo, a favor da vida, da supervivencia, da inequívoca procura da liberdade.»

«Xa que logo, a violencia, terrible; o exorcismo; a brutal e implacable forza da natureza; o sexo; a importancia das linguas e da comunicación, pero tamén o exilio forzoso, a emigración, as doenzas, o medo, as persecucións… constitúen algúns dos eixos temáticos desta excelente novela que encandila e atrapa ao lector coa súa poética expedicionaria nos inicios do naturalismo e no espírito reinante na época das descubertas de novas terras e dos periplos das grandes navegacións.»

«Así mesmo, a fusión de linguas e identidades fortalecen unha proposta de autor que nos achega a súa visión do mundo e nos facilita a lectura co carácter secuencial e cronolóxico da obra, engrandecéndoa coa inmensa riqueza das descricións e dos incesantes acontecementos que rexen as súas páxinas.»

«Xa que logo, como membros do xurado, convidámosvos a acompañarnos nesta longa e intensa aventura que nos conduce desde o santuario dos embruxados á Illa de Borneo, pasando por Senegal, dobrando o Cabo de Boa Esperanza, e recalando en Mozambique, Madagascara, Seilán, Malaca ou Malaisa.»

Por último, o xurado do Premio Xerais 2011 recomendou encarecidamente na súa nota recomendar «a publicación das outra dúas novelas finalistas, ambas as dúas moi distintas, de longo percorrido e amplo alento. Recoñecemos, xa que logo, que a decisión non foi doada.»

Xavier Queipo declarou cando coñeceu a noticia da concesión do Premio Xerais declarou que este galardón supoñía unha feliz confluencia coa da edición de Ártico 2.0, que revisa o seu primeiro libro. Entremedias 20 anos pasados de dedicación constante, de persistencia na escrita e, dalgún xeito de resistencia contra a ignominia.

«Extramunde é unha novela de aventuras, onde unha pléiade de personaxes alucinados embarcan nunha viaxe a bordo dunha “nave de tolos”, que no fin, constitúe a personaxe central da novela. Mais non é só iso, senón unha reflexión sobre o papel esmagador da ideoloxía oficial, a represión das minorías, o poder omnímodo da igrexa, a exploración do mundo e a procura da liberdade. Extramunde, admite, pois, variadas lecturas, con distintos planos de profundidade, coma se un fose debullando unha a unha as capas dunha cebola, ate atopar o seu núcleo central e, no camiño, rir e soñar, anoxarse e sufrir, evadirse e finalmente, se cadra, chorar. »

«Extramunde, ambientada no século XVI, ou se cadra precisamente por iso, permite unha lectura metafórica verbo da relixión, do espiritualismo, do colonialismo, da defensa e vindicación dos dereitos fundamentais e da procura constante da liberdade e, indo máis alá, da utopía. »

«Extramunde é unha novela moderna na construción e na estrutura, que contén varias novelas nunha, o unha novela con distintos alentos narrativos, que van da desmesura violenta de Galiza entendida como territorio mítico e esotérico, a navegación oceánica e o confronto coas forzas da natureza (correntes, bombas mariñas, treboadas perfectas, tifóns), até a descuberta dunha tribo de caníbales nas selvas de Borneo, a aceptación da condición de guerreiro cortador de cabezas. »

«Extramunde xurde dunha forza interior, da ansia por escribir, por contar historias que ninguén contara, por retorcer a linguaxe ata abrir novos camiños formais. Na escola aprendéranme o importante que é o contrato que o escritor establece co lector nas primeiras páxinas e así foi que arranquei a escrita desta novela cun inicio alucinado que nos ha levar, tras múltiples navegacións e peripecias a un final reflexivo, pois aprendéranme tamén na escola que ese é o obxectivo de toda lectura, abrir unha pregunta e invitar á reflexión. »

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo, Hector Carré e Anxo Fariña, Premios Xerais 2011

2011,Autores,Fóra de Xogo,Merlín,Narrativa,Noticias,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xuvenil

O xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que concorreron corenta obras formado por Francisco Pérez Lorenzo (xornalista), Pemón Bouzas (escritor e xornalista), Paula Gómez del Valle (fotógrafa e profesora), Jorge da Cunha (notario), Berta Dávila (escritora) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas «Extramunde», «O caso Ocaso» e «Todo home é coma a lúa». Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Extramunde» que, despois de aberta a plica, resultou ser de Xavier Queipo (Francisco Xavier Vázquez Álvarez) e corresponde ao título Extramunde.

O xurado da Vª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron vinte e tres obras formado por Isabel Bilbao Freire (representante da Fundación Caixa Galicia), Susana Piñeiro Paz (profesora de Secundaria), María Dolores Tobío Iglesias (profesora de Secundaria), Sabela Vilar Estévez (estudante de 4º da ESO), Andrea Ramos Queixas (estudante de 3º da ESO) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas «Ánxela», «Gabirro» e «Pelouro». Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Pelouro», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Héctor Carré e corresponde ao título Febre.

O xurado da XXVI edición Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron corenta e seis obras, formado por Rodrígo Chao Blanco (ilustrador), Julia González González (mestra de Primaria e bibliotecaria), Antonio Reigosa Carreiras (escritor e gañador do Premio Merlín, 1998), Ángeles Roca López (bibliotecaria), Gracia Santorum López (profesora de Secundaria e blogueira), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas «O carreiro das formigas», «Prometeo» e «Trampa de luz». Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Prometeo», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Anxo Fariña e corresponde ao título A chave da Atlántida.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Finalistas dos Premios Xerais 2011

3 Xuño 2011

2011,Fóra de Xogo,Merlín,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Xerais,Xuvenil

Reunidos hoxe 3 de xuño de 2011 no Castelo de Soutomaior, os xurados dos Premios Xerais 2011 elixiron os finalistas de cada unha das modalidades.

O xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que concorreron corenta obras formado por Francisco Pérez Lorenzo (xornalista), Pemón Bouzas (escritor e xornalista), Paula Gómez del Valle (fotógrafa e profesora), Jorge da Cunha (notario), Berta Dávila (escritora) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas “Extramunde”, “O caso Ocaso” e “Todo home é coma a lúa”.

O xurado da V edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron vinte e tres obras formado por Isabel Bilbao Freire (representante da Fundación Caixa Galicia), Susana Piñeiro Paz (profesora de Secundaria), María Dolores Tobío Iglesias (profesora de Secundaria), Sabela Vilar Estévez (estudante de 4º da ESO), Andrea Ramos Queixas (estudante de 3º da ESO) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas “Ánxela”, “Gabirro” e “Pelouro”.

O xurado da XXVI edición Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron corenta e seis obras, formado por Rodrígo Chao Blanco (ilustrador), Julia González González (mestra de Primaria e bibliotecaria), Antonio Reigosa Carreiras (escritor e gañador do Premio Merlín, 1998), Ángeles Roca López (bibliotecaria), Gracia Santorum López (profesora de Secundaria e blogueira), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas “O carreiro das formigas”, “Prometeo” e “Trampa de luz”.

O fallo de cada un dos premios darase a coñecer no serán do sábado, 11 de xuño, no acto literario que terá lugar na illa de San Simón e no que a escritora María Xosé Queizán actuará como mantedora literaria. Como en edicións anteriores o acto será transmitido en directo por internet por Blogaliza.tv.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Olark Livehelp