Continúa, por segundo día, o Cultugal en Pontevedra. A programación do evento consta de numerosas actividades que se poden consultar na súa web ou descargar o programa completo en pdf. A programación de Xerais para os tres días tamén pode ser descargada en pdf.
Sábado 27
19:30 h. Presentación no Salón de Actos En castellano no hay problema, de Carlos Callón
Acto organizado en colaboración coa Mesa Pola Normalización Lingüística.
Participan: Cris Quinteiro (Responsable da Mocidade pola Normalización Lingüística de Pontevedra), Manuel Bragado, Carlos Callón.
XERAIS