Entrevista con Manuel Rivas, sobre «Todo é silencio» en El Comercio

24 Agosto 2011

Autores,Entrevistas,Natureza

O xornal asturiano El Comercio publicou unha entrevista con Manuel Rivas sobre a súa novela Todo é silencio. Na entrevista, que se pode descargar en dous pdf desde aquí e aquí, o escritor declara que «o verdadeiro produto tóxico é o poder, o control e a corrosión social que minan os valores cívicos». Nese sentido, Rivas asegura que «se instalou unha especie de capitalismo máxico, mediante o que, dun día para otro, se podían obter grandes bens materiais ou declarar legal unha urbanización ilegal. Desapareceu o sentido do ben común e quedou só a codicia, que ademais funciona».