
O sábado 17 de abril ás 22.30 h. no pub «La Pecera» de Vigo, os grupos RemolcaMadriña e Doctor Harapos realizarán un concerto no que tocarán algunhas das cancións que aparecen en Peaxes, a novela de Santiago Lopo. A entrada é libre. Ao final do concerto, o autor asinará libros. Tamén se poderán adquirir exemplares in situ grazas á colaboración da libraría Versus.
Arredor de Peaxes estanse desenvolvendo interesantes iniciativas. Velaí unha proposta de book-crossing, promovida polo Club de Lectura Balbordo. Recomendamos, ademais, a lectura dos numerosísimos comentarios sobre a novela publicados polo alumnado do IES Sánchez Cantón de Pontevedra (a partir do cuarto comentario).
XERAIS