«Honorato, o rato namorado», de Antonio García Teijeiro, na Casa da Lectura de Gondomar

14 Febreiro 2012

Animación á lectura,Infantil,Merlín

Na Casa da Lectura, en Gondomar, contarase esta tarde Honorato o rato namorado, de Antonio García Teijeiro.

 

Este mércores na Casa da Lectura temos unha sesión de dinamización lectora protagonizada por ratos poetas. A partir da lectura dos contos Frederik, de Leo Lionni (Kalandraka), e Honorato o rato namorado, de García Teijeiro (Xerais), vannos medrar bigotes e orelliñas e, transformados en roedores, imos saír ao xardín da Casa para recitarlle poemas á lúa.
A actividade comeza a partir das 18:30 horas.
Estas imaxes recollen varios momentos da sesión do mércores pasado, cando se musicaron e cantaron poemas do libro Recendos de aire sonoro despois de que cada neno e nena contruíse o seu propio instrumento de percusión.
Chuzame! A Facebook A Twitter

A Casa da Lectura programa unha actividade de poesía e música a partir de «Recendos de aire sonoro», de Antonio García Teijeiro

8 Febreiro 2012

Animación á lectura,Música,Poesía,Sopa de Libros

O libro Recendos de aire sonoro, de Antonio García Teijeiro, será obxecto dunha actividade de fomento da lectura, esta tarde, na Casa de Lectura de Gondomar, que dirixe Espazo Lectura.

A sesión formularalles aos nenos e nenas unha invitación para compartir poesía e música a partir dos poemas do libro.

 

 

Un obradoiro de poesía musical na Casa da Lectura

Este mércores a Casa da Lectura converterémola nun taller de poesía musical.

Construiremos pandeiretas que soarán moi cantareiras, para despois encher de Recendos de aire sonoro (Xerais, 2011) os poemas de Antonio García Teijeiro que imos recitar, contar e tamén cantar.

Coma sempre, a actividade de dinamización lectora comeza ás 18:30 horas.

Estas imaxes recollen varios momentos da sesión pasada, dedicada ás adiviñas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

En pixama, escoitando «Cama e conto» na Casa da Lectura de Gondomar

14 Decembro 2011

Animación á lectura,Infantil,Sopa de Libros

Espazo Lectura centra hoxe a sesión dos mércores da Casa da Lectura, no libro Cama e conto, de Gonzalo Moure.

 

«Cama e conto» na Casa da Lectura

Esta semana, na sesión de dinamización lectora da Casa da Lectura, asistiremos á dramatización do libro de Gonzalo Moure, Cama e conto (Xerais, 2010). Este é un texto fermoso, moi fermoso, no que Gonzalo Moure pretende compartir cos nenos de hoxe ese espazo de liberdade infinita ao que se pode chegar no acto íntimo dun pai ou dunha nai contándolle un conto ao seu fillo ou filla.
Nesta ocasión, os nenos e nenas que veñan á actividade poden traer a parte de arriba do seu pixama, porque imos durmir…
A actividade comeza ás 18.30 h e unha hora antes a Casa da Lectura xa permanece aberta para consulta e préstamo de libros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dous contos na Casa da Lectura

9 Marzo 2010

Animación á lectura,Clubs_de_lectura,Infantil,Sopa de Libros

Esta semana, na actividade de dinamización lectora da Casa da Lectura de Espazo Lectura contaranse dous contos editados por Xerais: A aventura sorprendente dun homiño moi valente, o fascinante e disparatado libro escrito e ilustrado por Hans Traxler, e Dez abellas na laranxeira, de Marilar Aleixandre. A partir destes contos, os dous rimados, os participantes xogarán co ritmo, porán a proba a súa memoria visual e, finalmente, converteranse en poetas, xa quereconstruirán poemas imcompletos. A actividade será o mércores 10 na Casa da Lecura a partir das 18.00 horas.

Chuzame! A Facebook A Twitter