A edición de Carballo de La Voz de Galicia publica unha entrevista de Mar Varela con Carlos Callón a raíz da presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos.
Carlos Callón: «O futuro do galego está nas persoas que non o falan»
Ou filólogo, gañador do concurso de artigos normalizadores de Carballo, presentou onte en Malpica ou seu novo libro
O profesor Carlos Callón Torres (Ribeira, 1978) viaxou onte ata Malpica para presentar un dos seus libros, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, no que propón que os cidadáns revitalicen a lingua galega día a día, a través de «pequenas accións, concretas e realizábeis». Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e portavoz da plataforma Queremos Galego, regresará mañá a Bergantiños para recoller en Carballo o galardón do oitavo Premio a Artigos Xornalísticos Normalizadores, convocado polo Concello. Será nun acto (a partir das 21.00 horas, no Pazo da Cultura) no que tamén actuará o grupo Sés.
-¿Cales son esas pequenas accións que se poden facer?
-Todos e todas podemos sementar un futuro diferente para o noso idioma e iso podemos conseguilo a través de pequenas accións, porque ás
veces os pequenos xestos poden proporcionar grandes transformacións. Non hai nada máis revolucionario e con maior fortuna para avanzar nos dereitos lingüísticos que usar a nosa lingua, a pesar das dificultades sociais que podamos atopar. Basta con escoller o galego alí onde temos opción e alí onde non a temos, pedir que nos deixen usar o noso idioma.
-¿Como é a situación actual?
-Desgrazadamente, cada vez atopamos máis obstáculos e comprobamos que é máis difícil poder vivir no noso propio idioma na nosa propia terra.
-¿Que lugares son eses nos que aínda non se pode usar o galego?
-Hai moitísimos, en case todos ámbitos sociais atopamos dificultades. Por exemplo, hai dous anos distribuíuse un programa informático aos xulgados galegos que impide usar o noso idioma. Antes en cambio, si que podían.
-¿De que trata o artigo co que gañou o premio de Carballo?
-Titúlase Fai teu o galego e plasma a idea de que calquera persoa que queira pode formar parte da comunidade lingüística galega e que mesmo o futuro do galego está nas persoas que aínda non o falan. Propoño unha serie de pequenos consellos sobre como pasar de ser galego calante a galego falante e como romper o perxuizo de pensar que alguén no é capaz de falar galego. É un convite, que todo o mundo saiba que o galego é de todos e que todos podemos falalo.
XERAIS



















Este venres (sexta feira), 30 de setembro, ás 19:30 horas, a Biblioteca Municipal de Pontedeume acollerá a presentación do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, manual práctico da autoría de Carlos Callón, presidente da MESA. No acto, organizado polo Colectivo Cultural Terra e pola Mesa pola Normalización Lingüística de Pontedeume, intervirá Miguel Rodríguez Carnota, director do IES Breamo e o autor.
































O vindeiro xoves 5 de agosto, ás 18:30 horas, no marco da 
O vindeiro mércores, 14 de xullo, ás 20:00 nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32), terá lugar a presentación do libro de
Cando se cumpren oito anos dende que asumise a presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón (Ribeira, 1978) lamenta que a existencia desta organización siga a ser necesaria. Até Vieiros vén a presentarnos
Este libro conta con esta dobre vertente: dunha banda a análise e doutra a reivindicación. Reparando no primeiro apartado, Cres que hai algún motivo para sermos optimistas?
RIGOR E LUCIDEZ
Desde a razón e o rigor, con ironía, sen dramatismos, recóllense os mellores argumentos para desbotar a “demagoxia” e o “disparate” que caracterizan a lexislatura de Feijóo, argumentos para ir en contra do novo “decretazo” que atenta contra o Estatuto de Autonomía ou a Carta Europea das Linguas Rexionais, a demostración das dificultades do galego na xustiza ou na administración e achégase a análise real dos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia (2009) que se enfronta interpretación da “narcosociolingüística” (H. Monteagudo). As solucións son as legais e están no Plan Xeral de Normalización do Galego de 2004. Unha aposta pola mellora cuantitativa e culitativa da lingua que nos descobre a lúcidez de Carlos Callón. Marga Romero
Hoxe xoves, 1 de xullo, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos, realizarase a presentación do libro de
O vindeiro martes, 29 de xuño, ás 20:00 horas, nas instalacións da Casa Museo Casares Quiroga da Coruña (rúa Panaderas 12), realizarase a presentación do libro de
O vindeiro venres, 25 de xuño, ás 20:30 horas, nas instalacións do Multiusos de Arcade en Soutomaior, realizarase a presentación do libro de
«A mellor defensa dunha lingua sempre é o seu uso»