
O aeroporto Charles de Gaulle de Paris, a cidade chinesa de Beijing e o porto xaponés de Kyoshu son algúns dos lugares elixidos pola escritora Elena Gallego Abad para ceibar senllos exemplares da súa novela Dragal, a herdanza do dragón, editada por Xerais na colección Fóra de Xogo.
A andaina destes tres libros, rexistrados e ceibados coas etiquetas de bookcrossing números:
- 178-8134411 Aeroporto Vigo 24 xullo
- 194-8188676 Aeroporto Charles de Gaulle-París 24 xullo
- 198-8128827 Beijing- 25 de xullo
- 518-8129916 Porto de Kyoshu, illa de Fukuoka, Xapón 1 agosto
poderá seguirse a través da web internacional www.bookcrosing.com
A autora tamén abríu un espazo bookcrossing na web da novela, www.dragal.eu na que aquelas persoas que atopen os libros ceibados nesta novidosa experiencia poidan subir os seus cometarios e as súas fotos.

A noticia recollida por Galicia hoxe.