
O libro sagrado da vaca. A biblia dos agnósticos de Galicia. Un acto de patriotismo. Un chamado a entender de onde vimos. Mesmo un libro erótico dedicado a un animal icónico da cultura e a economía do país. Todo iso vén a ser No país das vacas (Xerais), o novo libro do fotógrafo Xurxo Lobato (A Coruña, 1956), unha «homenaxe visual» á vaca a través de ducias de fotografías, dous ensaios e máis de corenta testemuñas que onte se presentou nun acto inzado de autoridades no auditorio da Fundación Caixa Galicia da cidade da Coruña.
Á convocatoria do editor Manuel Bragado, responsábel de abrir a quenda de intervencións, acudiron o director xeral da entidade, José Luis Méndez; o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; o xefe superior de Policía de Galicia, Luís García Mañá; e o fiscal superior, Carlos Varela, entre outras autoridades do país, amais das ducias de persoas que ateigaron o auditorio dos Cantóns.
O catedrático Lourenzo Fernández Prieto, autor dun dos traballos que acompañan as fotografías de Lobato, «Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas», recordou as orixes da rubia galega nunha granxa experimental en Monelos, na Coruña, e emprazou os asistentes a lembrar de onde vén a riqueza de Galicia. Cómpre non esquecer, argumentou o historiador, que foi decote «a acumulación de capital dos tratantes de gando» a que permitiu desenvolver e diversificar a economía galega posterior, de xeito que non habería tanta distancia entre a investigación de Pharmamar no fondo mariño, por caso, e o mundo da vaca. Por iso, para o historiador, o traballo do fotógrafo e colaborador de Xornal é, tamén, «un chamado a entender de onde vimos».
O empresario Xosé Turnes, ex directivo de Leyma hoxe en Progando, aproveitou a súa quenda de palabra para desarmar algúns dos «tópicos» que aínda circulan arredor da economía da vaca, iso si, «sen entrar nas penas e calamidades dun sector que o está a pasar mal pero que resistirá como a pinta marela». Ao ver de Turnes, que remataría a súa intervención lendo un irónico «comunicado» en nome do animal, «xa era hora de facerlle unha homenaxe á vaca e de recoñecerlle a súa fonda pegada».
Para o poeta e produtor audiovisual Antón Reixa, quen xa contribuíra á renovación da iconografía da vaca con Sitio Distinto, o programa que dirixiu e presentou na TVG dos primeiros anos noventa, No país das vacas é «un libro sagrado, a biblia dos agnósticos de Galicia». Malia a que a pinta marela falara minutos antes por boca de Xosé Turnes, Reixa insistiu no «minimalismo” do animal ao que se dedican as fotografías que Xornal adiantou hai dúas semanas no seu dominical». «As vacas non falan, pero saben estar», dixo o escritor e colaborador deste diario. «Sosterlle a mirada a unha vaca é a mellor maneira de profundar na condición humana. As vacas somos nós. Sen vacas non hai futuro. Vaca ou morte, venceremos». Iago Martínez
Publicado en Xornal de Galicia.
XERAIS
É, en palabras do seu autor, o fotógrafo galego Xurxo Lobato, "un tributo visual á vaca", un libro para "explicar como vive, de que vive e quen vive" deste animal icónico da nosa cultura e do noso sistema socioeconómico. Coa contribución de literatos, xornalistas, creadores, historiadores, críticos de arte e empresarios No país das vacas -o libro que acaba de publicar Edicións Xerais con imaxes captadas polo propio Lobato- é máis que "un catálogo de fotos bonitas e estampas bucólicas".
O vindeiro luns, 21 de decembro, ás 20:00 horas, nas instalacións da 

Mañá, sábado 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Paraninfo da Universidade da Coruña (Mestranza, s/n) terá lugar o acto de
O vindeiro luns, 14 de decembro, ás 19,00 horas no Salón de Actos do centro UNED, Rúa Pepín Rivero, 3 Cidade Escolar da Coruña, terá lugar unha tertulia literaria arredor de
Era o sitio. Presentábase o libro número vinte de Rivas na editorial Xerais, unha colección dos artigos que o escritor coruñés publica habitualmente en El País e que vén a ser, tamén, unha crónica dos primeiros oito meses de Núñez Feijóo como presidente da Xunta. Un inventario de ataques á lingua galega e unha fotografía da reacción, inédita, da cidadanía. Un catálogo de pancadas ao medio ambiente e ás industrias culturais, pero tamén un sarillo de homenaxes a Ferrín, Líster, Taxes, Berger ou Pombal. “O relato do proceso de substitución daquel esforzo compartido de facer país que caracterizou, con todos os matices que se queiran, o bipartito”, por dicilo con
Hoxe fun ben lonxe mercar o pan. Até A Coruña. No vello solar de Cultur.gal, na zona cero da súa desfeita, unha resistencia voluntariosa montou unha nova panificadora. Alí, entre mil moletes diferentes, estaba o último que Manuel Rivas deitou no acolledor forno de Xerais:
Episodios Galegos. Tempos de esperpento
En Episodios galegos, o novo libro de xornalismo literario de Manuel Rivas, irrompe Gustave Flaubert con poderosa metáfora: «Sempre intentei vivir nunha torre de marfil, mais unha marea de merda non deixa de golpear os muros, e ameaza con tirala abaixo.» Na ollada tópica sobre Galicia, esa torre de marfil sería unha escaleira na que os protagonistas permanecerían suspensos na dúbida ontolóxica de ser ou non ser. Até que todo se abanea pola súbita marea dun novo esperpento. Chanzo a chanzo, cun punzante humorismo, Manuel Rivas constrúe o relato da Neogalicia neoconservadora, dominada por un neocaciquismo posh, e onde a idea motriz de «facer país» foi substituída por un «proceso de deconstrución nacional». Rivas critica unha «política de motoserra» que demouca os propios recursos, comezando pola lingua e a diversidade cultural. En Episodios galegos, a boca do xornalismo e da literatura fúndense nunha colleita que intenta, ao xeito requirido por Walter Benjamin, abastecerse da memoria «cando esta refulxe nun momento de perigo».
O vindeiro mércores, 18 de novembro, ás 20:30 horas, na Libraría Arenas (Canton Pequeno 25) da Coruña presentarase o libro
Hoxe, martes 6 de outubro, no programa 

















Aquí
A vindeira semana realizaranse dúas presentacións de
O vindeiro mércores, 15 de abril, ás 20:30 horas, celebrarase no Teatro Rosalía de Castro da Coruña a gala de entrega da IIIª edición do Premio «Diario Cultural» de Teatro radiofónico. Será entón cando Rubén Ruibal e César Candelas reciban o premio por Un firme traballador da derrota ou Peter Buckley, peza protagonizada polo boxeador britano Peter Buckley,un eterno perdedor. Esta peza foi a gañadora tanto no premio outorgado polo xurado como polo público. Dotados ambos premios con 3.000 euros, Xerais presentará na gala o libro-CD que incluirá tanto a peza gañadora como as obras finalistas, O xou mas gou on de Eva Ferreira e Servizo de información de Paula Carballeira.
Manuel Rivas
1
3 de abril
Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación