1987, IVº Premio Xerais

5 Abril 2008

Baiona, 7 de novembro 1987

Nesta edición o fallo dos premios trasladouse ó marco medieval do Parador de Baiona, no que se reuniron máis de trescentas persoas. O xurado do premio de novela elixiu, entre dezaseis orixinais, o presentado baixo o lema latino de “Unus erat toto naturae vultus in orde” que correspondeu á obra titulada Para despois do adeus, do xa coñecido escritor e profesor, betanceiro e residente na cidade de Vigo, Xosé Ramón Pena.
O xurado valorou “a estruturación e calidade narrativa da obra, así como o tratamento que recibe no libro a familia galega, o espazo temporal, e a capacidade de emprego da técnica do contrapunto”. Obra moi valorada pola crítica, constitúe “un paseo polo amor e pola morte dunha familia”, unha saga familiar centrada nos ambientes dun vila imaxinaria, que moi ben pode ser o Betanzos natal do autor. Para despois do adeus obtivo o Premio Losada Diéguez de creación literaria 1988.

Xurado IVº Premio Xerais de Novela: Sonsoles López, Gonzalo Navaza, Xavier R. Baixeras, Benito Varela Jácome e José Viale Moutinho.

A segunda edición do Premio Merlín foi concedido, entre 24 orixinais, A princesa Lúa e o enigma de Kián, presentada pola profesora viguesa Palmira González Boullosa. O xurado valorou “o ritmo narrativo da historia, así como a recreación que realizou sobre personaxes artúricos” deste fermoso conto celta de fadas que constituíu a primeira entrega dunha triloxía da que a autora publicou runha segunda entrega, Brandón, fillo de Ferreol.

Xurado IIº Premio Merlín de Literatura para Nenos: Rosario Álvarez, Xosé Lastra, Ramiro Fonte, Valentín Arias, Antón Costa e X.L. Méndez ferrín (secretario sen voto).

1 comentario

  1. […] batalla do paraíso triste», novela de Xosé Ramón Pena Xosé Ramón Pena, gañador do premio Xerais de novela 1987, tras un silencio de varios anos, regresa á novela con A batalla do paraíso triste, unha ficción […]

    Pingback by «A batalla do paraíso triste», novela de Xosé Ramón Pena « Xerais blog — 14 Novembro 2008 @ 9:50 a.m.

Feed RSS para comentarios deste artigo.

O formulario do comentario está pechado neste momento.