Booktrailer de «Dark Butterfly», de Rexina Vega, elaborado por Manuel Forcadela

2 Maio 2012

Narrativa,Vídeos

Booktrailer do libro Dark butterfly, de Rexina Vega, elaborado por Manuel Forcadela.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vídeo da entrega do Premio Irmandade do Libro a Agustín Fernández Paz por «Non hai noite tan longa»

Premios,Vídeos

Reproducimos o vídeo da entrega do Premio Irmandade do Libro ao mellor libo do ano a Agustín Fernández Paz por Non hai noite tan longa.

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Un xeito bonito de promocionar un libro desde un blog

17 Abril 2012

Blogs,Narrativa,Vídeos

 

No blog “Esta no es mi libreta de francés” aparece publicada unha fermosa entrada titulada:

Non hai noite tan longa, por tempo limitado

Seguindo a iniciativa de promocionar a lectura, solto este viral temporal (que rima e todo) cun anaquiño que me gustou, especialmente, de Non hai noite tan longa (Agustín Fernández Paz), un libro moi, moi recomendable e un extracto que, coido, ven moi ao pelo estes días que estamos a vivir.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A poesía abre o apetito. Vídeo sobre «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso

27 Marzo 2012

Infantil,Música,Poesía,Vídeos

Un grupo de nenos e nenas de 3º de Primaria da aula de música do  CPI Virxe da Saleta, de Cea, elaboraron un vídeo, «A poesía abre o apetito», a partir dun dos poemas de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso, quen publica na súa web unha páxina de recursos didácticos sobre o libro que inclúe tamén esta ficha de traballo en pdf elaborado polo Club de Lectura do CPI O Rosal.

A Poesía abre o apetito para comer from cpivirxedasaleta on Vimeo.

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vídeo de «Luz verde», curtametraxe baseada en «Cemiterio de elefantes», de Fran Alonso

23 Marzo 2012

Cine,Narrativa,Vídeos

Baseada no relato «01 AM» de Cemiterio de elefantes, de Fran Alonso, a curtametraxe Luz Verde pode ser visionada xa na rede. Cun reparto protagonizado por Dorotea Bárcena, César Cambeiro, Miguel Llanderas, Susana Álvarez, Carmelo Abollo, Uxío Couto e Martín Martinez, Luz Verde relata a historia dunha muller de Cabral, en Vigo, que chega ao centro da cidade, de madrugada, para mercar un medicamento nunha farmacia. A curtametraxe está producida por Urban Pig Films e dirixida por Sara Casal.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xoán Abeleira recitou «Pan de ánimas». Vídeos en «O levantador de minas»

28 Febreiro 2012

Poesía,Recital poético,Vídeos

O levantador de minas inclúe no blog varios vídeos da presentación de Pan de ánimas, de Xoán Abeleira.

 

 

 

Ver todos os vídeos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Os trabalinguas de «O meu gato é un poeta», de Fran Alonso, nun vídeo

17 Febreiro 2012

Animación á lectura,Infantil,Poesía,Sopa de Libros,Vídeos

No C.E.P. Sequelo de Marín elaboraron un vídeo cos nenos e nenas de 2º de primaria a partir dos poemas con trabalinguas de O meu gato é un poeta, de Fran Alonso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vídeo da conversa do xornalista Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda

22 Decembro 2011

Cine,Narrativa,Vídeos

Redelibros publicou o vídeo da conversa do xornalista Manuel Jabois con Manuel Rivas e José Luis Cuerda.

O escritor Manuel Rivas e o cineasta José Luis Cuerda falan co xornalista pontevedrés Manuel Jabois dos camiños de ida e volta que unen a literatura e o cine, a partir das súas experiencias con “A lingua das bolboretas” e “Todo é silencio”, a última novela de Rivas que Cuerda está rodando en Galicia. Rivas falará tamén da antoloxía de relatos O máis estraño, que ven de presentar con Xerais.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Agustín Fernández Paz fala do seu novo libro, «Fantasmas de luz»

20 Decembro 2011

Audios,Infantil,Vídeos

Agustín Fernández Paz fala do seu novo libro, Fantasmas de luz. Vía Martin Pawley.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Agustín Fernandez Paz, discurso de recepción do Premio Iberoamericano SM en Guadalajara

8 Decembro 2011

Autores,Descargas,Discursos,Infantil,Noticias,Vídeos,Xuvenil

Agradecemos a Xulio Abollo esta gravación que recolle o extraordinario discurso pronunciado o 29 de novembro por Agustín Fernández Paz na FIL de Guadalajara con motivo da recepción do Premio Iberoamericano SM de Literatura Infantil e Xuvenil. Un documento para a nosa historia literaria.

O discurso pode descargarse en pdf aquí:

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Rivas, entrevistado no programa «Sin rodeos» de Localia

Autores,Entrevistas,Narrativa,Vídeos,Xornalismo

Con motivo da aparición d’ O máis estraño. Contos reunidos, Manuel Rivas o mércores 7 de decembro foi convidado a participar no programa «Sin rodeos» de Localia A Coruña, no que conversou cos xornalistas Mónica Martínez e José Luis Gómez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”, presentación no Festigal

30 Xullo 2011

Crónica,Lingua,Presentacións,Vídeos

Presentación do libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” from Redelibros on Vimeo.

Moitas grazas a Redelibros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Bibliolaxe e Agustín Fernández Paz

Autores,Fóra de Xogo,Memorias,Sopa de Libros,Vídeos,Xuvenil

Isto é unha marabilla. Beizóns aos membros de Bibliolaxe.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Iolanda Zúñiga, o magnífico pregón da Feira do Libro de Vigo

5 Xullo 2011

2011,Autores,Feiras_do_libro,Narrativa,Noticias,Televisión,Vídeos

Pregón de Iolanda Zúñiga from Redelibros on Vimeo.

O texto pode lerse en Trafegando ronseis.

Vía Redelibros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2011, o resumo

4 Xullo 2011

Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Bragado, intervención nos Premios Xerais 2011

22 Xuño 2011

2011,Discursos,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

María Xosé Queizán, intervención nos Premios Xerais 2011

21 Xuño 2011

2011,Autores,Discursos,Ensaio,Feminismo,Poesía,Premios_Xerais,Vídeos

Eis un amplo resumo da intervención de María Xosé Queizán no acto de entrega dos Premios Xerais 2011. Moi emocionante foi o seu remate cando a escritora viguesa cantou a capela a cantifga de Mendinho (a partir do minuto 11).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2011, a fotogalería de Paula Gómez del Valle

18 Xuño 2011

Facebook,Fotogalerías,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Magnífica fotogalería de Paula Gomez del Valle (só para usuarios de Fb).

Aquí a  versión en vímeo con música do Leo.

Untitled from Paula Gómez del Valle on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2011, intervencións dos premiados no acto de entrega

17 Xuño 2011

2011,Autores,Fóra de Xogo,Lingua,Merlín,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais,Xuvenil

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2011, as entrevistas a gañadores, membros do xurado e participantes

15 Xuño 2011

2011,Autores,Entrevistas,Fóra de Xogo,Merlín,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Blogaliza.tv realizou unha magnífica cobertura dos Premios Xerais 2011. No blog de Xerais podemos atopar todas as entrevistas que Alfredo Ferreiro fixo aos gañadores, membros do xurados e algúns dos asistentes. Un material documental ben interesante.

Eis a relación e os seus enlaces:

cid

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carlos Negro, entrevista nos Premios Xerais 2011

2011,Autores,Entrevistas,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carlos Callón, entrevista nos Premios Xerais 2011

2011,Autores,Entrevistas,Lingua,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

An Alfaya, entrevista nos Premios Xerais 2011

2011,Autores,Entrevistas,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xuvenil

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cid Cabido, entrevista nos Premios Xerais 2011

2011,Autores,Entrevistas,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Roberto Varela, conselleiro de Cultura, entrevista nos Premios Xerais 2011

2011,Premios,Premios_Xerais,Vídeos

Chuzame! A Facebook A Twitter

Antonio Reigosa, membro do xurado do Premio Merlín de Literatura Infantil 2011

2011,Autores,Merlín,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Andrea Ramos, membro do xurado Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2011

2011,Fóra de Xogo,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xuvenil

Chuzame! A Facebook A Twitter

Pemón Bouzas, membro do xurado do Premio Xerais de novela 2011

2011,Narrativa,Premios_Xerais,Televisión,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Leo i Arremecághona!, músico dos Premios Xerais 2011

2011,Autores,Música,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

María Xosé Queizán, mantedora literaria dos Premios Xerais 2011

2011,Autores,Feminismo,Poesía,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fran Alonso, entrevista sobre os Premios Xerais: «”Extramunde” posúe unha pulsión narrativa enorme»

2011,Autores,Entrevistas,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais de novela 2011 por “Extramunde”

14 Xuño 2011

2011,Autores,Entrevistas,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos

Chuzame! A Facebook A Twitter

Héctor Carré, gañador do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil por “Febre” 2011

2011,Autores,Entrevistas,Fóra de Xogo,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xuvenil

Chuzame! A Facebook A Twitter

Anxo Fariña, gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2011 por “A chave da Atlántida”

2011,Autores,Entrevistas,Merlín,Premios,Premios_Xerais,Vídeos

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xavier Queipo, Hector Carré e Anxo Fariña, Premios Xerais 2011

12 Xuño 2011

2011,Autores,Fóra de Xogo,Merlín,Narrativa,Noticias,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xuvenil

O xurado da XXVIII edición do Premio Xerais de Novela, dotado con 25.000 euros e no que concorreron corenta obras formado por Francisco Pérez Lorenzo (xornalista), Pemón Bouzas (escritor e xornalista), Paula Gómez del Valle (fotógrafa e profesora), Jorge da Cunha (notario), Berta Dávila (escritora) e Fran Alonso (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas «Extramunde», «O caso Ocaso» e «Todo home é coma a lúa». Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Extramunde» que, despois de aberta a plica, resultou ser de Xavier Queipo (Francisco Xavier Vázquez Álvarez) e corresponde ao título Extramunde.

O xurado da Vª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron vinte e tres obras formado por Isabel Bilbao Freire (representante da Fundación Caixa Galicia), Susana Piñeiro Paz (profesora de Secundaria), María Dolores Tobío Iglesias (profesora de Secundaria), Sabela Vilar Estévez (estudante de 4º da ESO), Andrea Ramos Queixas (estudante de 3º da ESO) e Xosé Manuel Moo Pedrosa (secretario do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas «Ánxela», «Gabirro» e «Pelouro». Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Pelouro», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Héctor Carré e corresponde ao título Febre.

O xurado da XXVI edición Premio Merlín de Literatura Infantil, dotado con 10.000 euros e no que concorreron corenta e seis obras, formado por Rodrígo Chao Blanco (ilustrador), Julia González González (mestra de Primaria e bibliotecaria), Antonio Reigosa Carreiras (escritor e gañador do Premio Merlín, 1998), Ángeles Roca López (bibliotecaria), Gracia Santorum López (profesora de Secundaria e blogueira), e Helena Pérez Fernández (secretaria do xurado), en representación de Xerais, con voz e sen voto escolleu como obras finalistas as presentadas baixo os lemas «O carreiro das formigas», «Prometeo» e «Trampa de luz». Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a presentada baixo o lema «Prometeo», que, despois de aberta a plica, resultou ser de Anxo Fariña e corresponde ao título A chave da Atlántida.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Vídeo sobre «Valados», unha obra de teatro de Artestudio baseada no libro homónimo de Agustín Fernández Paz

24 Maio 2011

Teatro,Vídeos

Reproducimos o vídeo de Valados, unha obra de teatro de Artestudio baseada no libro homónimo de Agustín Fernández Paz.

Esta é a historia de Helena e Xoel. Da súa fermosa amistade e da súa vila, chea de vida ata que un vento fantasmagórico lle rouba a ledicia e o amor e aproveita as deliciosas diferenzas entre as persoas para convertilas en prexuízos: o medo ao diferente, a desconfianza no veciño…
Prexuízos adultos suficientes para erguer un VALADO que parte a cidade en dous, deixando a Helena a un lado e a Xoel ao outro.
A rebeldía, o inxenio e o amor que os unen serán as ferramentas para crear artimañas de comunicación e seguir así xuntos aínda que separados.
Un espectáculo no que a través da música, a máis grande das artes, a danza, a máis efémera, e o teatro, a máis directa, lanzamos ao ceo un papaventos cunha mensaxe de reflexión, esperanza e insurrección.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Tintimán, o booktrailer

11 Abril 2011

Noticias,Tintimán,Vídeos,Xuvenil

Chuzame! A Facebook A Twitter

Dionisio Pereira sobre «Loita de Clases e Represión Franquista no Mar»: «A patronal sempre tivo quen lle escribira»

Crónica,Presentacións,Vídeos

A páxina Galicia Confidencial recolle unha extensa crónica sobre a presentación de Loita de Clases e Represión Franquista no Mar, de Dionisio Pereira, e inclúe un vídeo do acto:

Tomando como principal fío condutor do discurso a evolución do asociacionismo mariñeiro en Galicia na etapa contemporánea, o libro editado por Xerais mergúllanos no desenvolvemento da conflitividade social e laboral no «Mar dos Galegos» dende finais do século XIX e comezos do XX, así como na represión que tras o golpe militar do 18 de xullo de 1936 se dirixiu contra todo este tecido individual e colectivo.

Pereira é un autor de recoñecido prestixio pero que nunca agocha que escribe dende unha perspectiva de clase. “A patronal sempre tivo que lle escribira, antes algunhas plumas da entidade de Valentín Paz Andrade e de Francisco Fernández del Riego, nada sospeitosas de simpatías co franquismo, pero que escribiron para a patronal e dalgunha maneira espallaron a súa memoria, e hoxe algúns ad compañeiros meus, como Chus Fidalgo ou Xan Carmona que tamén seguir a escribir para a patronal, algo totalmente lícito, pero eu tento situarme nun plano totalmente diferente”, argumentou o autor no acto da Comisión pola Recuperaicón da Memoria Histórica que recolleron as cámaras de Tingalaranga Audiovisual esta semana.

O historiador insiste en que “até agora a única versión que coñecemos é a versión da patronal pesqueira” polo que entende necesario que se relate a versión da clase traballadora.

Ao evento acudiron destacados persoeiros da cultura galega como Manuel Rivas ou Suso Souto. O músico lembrou as palabras duns das testemuñas citadas no libro: “ma Beiramar reinaba a República”.

Até que punto houbo oposición na Galicia costeira ao levantamento fascista? “A represión non ficou sen resposta mesmo nos peores intres do período bélico, no que calquera sinal de resistencia, sobre todo de resistencia organizada, pagábase coa vida”, asegura Pereira.

De acordo aos datos compilados para este volume, houbo fugas por mar no 40 por cento dos portos galegos con máis de 80 persoas que fuxiron ou intentaron fuxir nese tempo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Todo é silencio», segunda edición

1 Marzo 2011

Asinatura,Autores,Narrativa,Noticias,Traducións,Vídeos

Agotados os 12.000 exemplares da primeira edición, comeza a chegar ás librarías exemplares da segunda edición de Todo é silencio de Manuel Rivas. Até agora, Todo é silencio foi recoñecida cos Premio de Fervenzas Literarias ao mellor libro de narrativa de adultos de 2010 e á mellor portada de adultos. A novela é finalista do Premio Ánxel Casal ao mellor libro de ficción 2010, convocado pola Asociación Galega de Editores, que será fallado en Lugo o vindeiro 12 de marzo na Noite da Edición. Coincidindo coa esta segunda edición anúnciase a tradución ao inglés e ao francés e Manuel Rivas asinará exemplares de Todo é silencio na Casa do Libro de Vigo (rúa Velázquez Moreno) o xoves 3 de marzo, a partir das 18:00 horas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Resurrección» de Lea Tobery, tamén en galego no mes de marzo

27 Febreiro 2011

Noticias,Novidades,Vídeos,Xuvenil


O mes de marzo nas librarías galegas, Resurrección de Lea Tobery.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O pintor do sombreiro de malvas» de Marcos Calveiro, o booktrailer

18 Xaneiro 2011

Fóra de Xogo,Premios,Vídeos,Xuvenil

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/8YtEqGgkIVQ" width="600" height="448" wmode="transparent" /]

Booktrailer da novela O pintor do sombreiro de malvas de Marcos Calveiro, premio Lazarillo de literatura xuvenil 2009 e premio Fervenzas Literarias ao mellor libro xuvenil de 2010. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez e as ilsutracións son de Ramón Trigo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Periferia« de Iolanda Zúñiga, o booktrailer

16 Decembro 2010

Narrativa,Premios_Xerais,Vídeos

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/6aoTiBbM4iQ" width="600" height="448" wmode="transparent" /]
Booktrailer de Periferia de Iolanda Zúñiga, novela gañadora do Premio Xerais de Novela 2010.
O guión e a realización é de David Rodríguez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Rivas en Culturgal, a entrevista de Galicia Móvese

15 Decembro 2010

Autores,Entrevistas,Narrativa,Presentacións,Vídeos

Moito agradecemos  a anotación que Galicia Móvese montou arredor da participación de Manuel Rivas en Culturgal en Pontevedra o pasado 28 de novembro. Manuel Rivas conversa co xornalista Camilo Franco arredor de Todo é silencio.

Moi recomendable.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Todo é silencio», a presentación en Couceiro

26 Novembro 2010

Autores,Narrativa,Presentacións,Vídeos

Couceiro from Fernando Lema on Vimeo.

Eis o magnífico vídeo que preparou Fernando Lema do acto da presentación o pasado 14 de outubro na praza de Cervantes de Todo é silencio de Manuel Rivas, organizado pola Libraría Couceiro. Iria Peña canta o fado «Chaves da vida», acompañada nas guitarras por Miguel Ladrón de Guevara e Gastón Rodríguez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Asasinato no Consello Nacional», booktrailer

23 Novembro 2010

Narrativa,Televisión,Vídeos,Xerais

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/ZGHPUxRISnQ" width="600" height="450" wmode="transparent" /]
Booktrailer de promoción da novela Asasinato no Consello Nacional de Diego Ameixeiras, editada orixinalmente ne lingua galega por Edicións Xerais de Galicia.
A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Programación de Xerais no Culturgal

19 Novembro 2010

Autores,Debates,Entrevistas,Feiras_do_libro,Fóra de Xogo,Narrativa,Vídeos,Xerais

Os próximos días venres 26, sábado 27 e domingo 28 celébrase en Pontevedra o Culturgal, que se desenvolverá no Pazo de Congresos.

Trátase da III edición do Culturgal, que este ano se celebra na capital do Lérez, unha nova aposta por ofrecer un escaparate do que produce a industria cultural galega.

A programación do Culturgal está chea de actividades que se poden consultar na súa web.

En Xerais, presentamos a nosa programación para os tres días, que tamén se pode baixar en pdf.


Venres 26

Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Iago Martínez entrevistará aos autores.
Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais.
Actos abertos ao público.

18:00 h. Diego Ameixeiras: Asasinato no Consello Nacional
18:30 h. Iolanda Zúñiga: Periferia (Premio Xerais 2010) / Vidas post-it


Sábado 27

19:30 h.  Presentación no Salón de Actos En castellano no hay problema
de Carlos Callón
Acto organizado en colaboración coa Mesa Pola Normalización Lingüística
Participan: Cris Quinteiro (Responsable da Mocidade pola Normalización Lingüística de Pontevedra), Manuel Bragado, Carlos Callón.

Domingo 28

Faladoiro no Salón Libro. O xornalista Camilo Franco entrevistará aos autores.
Ao remate firma de exemplares no stand de Xerais.
Actos abertos ao público.

12:30 h. Fina CasalderreyE ti que farías por min? / Un saco de estrelas
13:00 h. Elena GallegoDragal
13:30 h. Teresa González Costa: A filla do ladrón de bicicletas (Premio Merlín 2010)
18:00 h. Manuel Rivas: Todo é silencio
19:00 h. Marcos Calveiro: Settecento / O pintor do sombreiro de malvas
19:30 h. Manuel Portas: Denso recendo a salgado

Se é cultura, está en culturgal from Culturgal on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Todo é silencio», booktrailer

9 Novembro 2010

Narrativa,Televisión,Vídeos,Xerais

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/hza4zvhKPz4" width="600" height="450" wmode="transparent" /]

Booktrailer de promoción da novela Todo é silencio de Manuel Rivas, editada orixinalmente en lingua galega por Edicións Xerais de Galicia. A peza audiovisual foi deseñada e montada por David Rodríguez. A música e a interpretación é de Lara Domínguez.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Rivas, a entrevista de David Cantero

3 Novembro 2010

Autores,Entrevistas,Narrativa,Televisión,Vídeos,Xornalismo



Recuperamos a longa entrevista (55 minutos) que David Cantero fixo a Manuel Rivas para TVE.

O documento, emitido en febreiro de 2010, é moi interesante.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro e Martin Pawley conversan sobre «Settecento»

13 Agosto 2010

Autores,Debates,Feiras_do_libro,Narrativa,Presentacións,Vídeos,Xerais nos blogs

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/Wq8MQlzM3-c" width="600" height="450" wmode="transparent" /]
Conversa entre Martin Pawley e Marcos Calveiro sobre a novela Settecento no marco da Feira do Libro da Coruña. (4 de agosto de 2010).
Vía O levantador de minas. Moitas grazas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Pensao nao», un roteiro literario da man de Anxo Angueira

10 Agosto 2010

Autores,Narrativa,Roteiros_literarios,Vídeos

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/FKb7doYbAz0" width="600" height="450" wmode="transparent" /]
Fermoso roteiro literario pola xeografía de Pensa nao da man do seu autor Anxo Angueira. Moi recomendable. (10′ 41”).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rosa Aneiros e os autores de «Níxer» asinarán o luns, 2 de agosto, na Feira do Libro da Coruña

30 Xullo 2010

Asinatura,Autores,Crónica,Narrativa,Noticias,Premios_Xerais,Vídeos

O vindeiro luns, 2 de agosto, comezan os actos que Xerais ten previsto realizar na Feira do Libro da Coruña, que terá lugar do 1 ao 10 de agosto no paseo dos xardíns de Méndez Núñez.

Ás 19:00 h.: Rosa Aneiros asinará exemplares dos seus libros de Sol de Inverno, Premio Xerais de Novela 2009,  Ás de bolboreta, Premio Fundación Caixa Galicia 2009 e do resto da súa obra. Ás 19:30 h.: Francisco Fernández Naval, Camilo Franco e o pintor Alfonso Costa, autores do libro Níxer, asinarán exemplares do Libro solidario promovido por Acción Contra a Fame.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Reckless. Carne de pedra» de Cornelia Funke nas librarías o 14 de setembro de 2010

27 Xullo 2010

Autores,Entrevistas,Música,Noticias,Traducións,Vídeos,Xuvenil

O vindeiro 14 de setembro de 2010 aparecerá nas librarías de Alemaña, os Estados Unidos e Reino Unido as edicións alemá e inglesa de Reckless. Carne de pedra, a primeira entrega da triloxía de Cornelia Funke, cunha tirada entre as dúas dun millón de exemplares. O mesmo día aparecerán, tamén, as edicións francesa, castelá de Siruela, catalana e a galega publicada por Xerais, que por vez primeira se incorpora a un lanzamento literario internacional deste tipo.

A tradución galega foi preparada por María Xesús Bello Rivas e a novela de 360 páxinas terá un prezo de 20,00 euros.

Jacob Reckless cometeu un erro: despois de moitos anos de precaución, seu irmán Will cruzou o espello e foi tras el… a un mundo no que os contos máis tenebrosos se volven realidade e no que a maldición dunha fada sementa carne de pedra. Ese mundo foi fuxida e fogar para Jacob durante moitos anos e nel andou por fragas e outeiros na busca de obxectos máxicos para reis e emperadores. Pero cando a pel de Will se transforma en xade, Jacob marcha na procura dunha única cousa: a menciña que salve a seu irmán.

CORNELIA FUNKE é unha das autoras máis queridas e lidas no mundo. Coñecida como a «Rowling alemá» e elixida pola revista Times como unha das cen persoas máis influentes do planeta, xa vendeu máis de 14 millóns de exemplares das súas obras, entre as que destaca Tintenwelt (Mundo de Tinta).
RECKLESS. CARNE DE PEDRA é o primeiro título da autora en galego.

Cornelia Funke (Dorsten / Westfalia, Alemaña, 1958) estudou Pedagoxía e Ilustración en Hamburgo. Axiña comezou a traballar como ilustradora de contos infantís para despois escribir para público xuvenil. É autora de máis de cincuenta libros e guións e actualmente vive en Los Angeles (EE.UU.).

En diversos espazos da rede poden verse os book-trailers e as primeiras entrevistas con Cornelia Funke falando de Carne de pedra, a primeira entrega do que será a triloxía «Reckless».




Reckless from We Make Sound on Vimeo.



Así mesmo, a edición estadounidense da obra ten unha canción, «Reckless» de Adam Watts:


Adam Watts “RECKLESS” from Daniel Chesnut on Vimeo.



Gallimard jeunesse, os editores da edición francesa, publicaron estoutra entrevista na que Cornalia le en francés un anaco da novela:



UNE RENCONTRE AVEC CORNELIA FUNKE AUTOUR DE "RECKLESS"
Cargado por GallimardJeunesse. – Videos de arte y animación.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O pracer de aprender» (Xerais 1992)

14 Xullo 2010

Libros_texto_Primaria,Lingua,Vídeos

«O pracer de aprender». Materiais educativos de Xerais (1992) from Manuel Bragado on Vimeo.

Recuperamos o vídeo promocional que Xerais utilizou de forma pioneira na promoción de «Labia», os materiais curriculares de Educación Primaria publicados con motivo da primeira reforma curricular da ESO. Como aqueloutro anuncio alboral do Diccionario Xerais de Lingua, hoxe poderiamos denominar a esta presentación «book-trailer». Quedan aí para a valoración da súa plena vixencia e para contribuír a unha historia da edición en Galicia e en galego, aínda por escribir.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro e Ramón Trigo na Feira do Libro de Vigo

9 Xullo 2010

Fóra de Xogo,Premios,Presentacións,Vídeos

Marcos Calveiro e Ramón Trigo. Feira do Libro de Vigo. 7 de xullo de 2010. from Manuel Bragado on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Baixo a sombra das pedras flotantes» (trailer)

6 Xullo 2010

2011,Narrativa,Novela gráfica,Vídeos


Fendas no muro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Cid Cabido, pregón na Feira do Libro de Vigo

Autores,Feiras_do_libro,Vídeos,Xerais

Cid Cabido, pregón Feira do Libro de Vigo, 2 de xullo de 2010 from Manuel Bragado on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2010 por Alfredo Ferreiro e Blogaliza

19 Xuño 2010

Premios_Xerais,Reportaxes,Vídeos,Xerais
Chuzame! A Facebook A Twitter

Fina Casalderrey fala dos Premios Xerais 2010

16 Xuño 2010

Autores,Entrevistas,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais
Chuzame! A Facebook A Twitter

Manuel Bragado fala ao fío dos Premios Xerais 2010

15 Xuño 2010

Premios_Xerais,Vídeos,Xerais
Chuzame! A Facebook A Twitter

Marcos Calveiro fala dos Premios Xerais 2010

Autores,Entrevistas,Premios_Xerais,Vídeos
Chuzame! A Facebook A Twitter
Older Posts »
Olark Livehelp