O vindeiro luns, 10 de novembro, continúan as actividades da campaña de animación lingüística dirixida á mocidade «Voces á orella», organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e Edicións Xerais de Galicia. Esta campaña, que se desenvolverá durante todo o mes de novembro, en máis de trinta bibliotecas, teatros, auditorios e centros culturais de localidades de toda Galicia, componse de tres espectáculos teatrais: «Remoldiño vai á feira» da compañía Casa Hamlet; «Os soños na gaiola» da compañía do Trinke Trinke e «O club da calceta» de Teatro do Morcego.
Espectáculo da compañía Casa Hamlet de vinte minutos de duración, dirixido a nenos e nenas de tres a oito anos, constitúe unha adaptación de Manuel Lourenzo do conto homónimo de Xoán R. Cuba, ilustrado por Óscar Villán e editado por Xerais dentro da súa colección «Merliño».
Remoldiño nunca fora a Monterroso na vida, e quería ver a feira máis famosa de Galicia. Para viaxar argallou unha artimaña: subiu nunha bota dun tratante da montaña. Na feira estaba agardando un vello amigo de seu, o caracol don Rolando, que nesa vila naceu.
Na obra, dirixida por Paulo Serantes, participan os actores Chus Álvarez e Antonio L. Rico.
OS SOÑOS NA GAIOLA
Espectáculo da Compañía do Trinke Trinke, dirixido a nenos e nenas de nove a catorce anos, constitúe unha homenaxe ao poeta Manuel María e ao cantautor Suso Vaamonde, que musicara os seus versos. Unha función na que, empregando a música e o xogo, se dan a coñecer parte dos poemas d’ Os soños na gaiola, libro senlleiro na lírica galega dedicada á infancia, publicado dentro da colección «Merlín» de Xerais.
Un velliño procedente do mundo rural pasa os últimos días da súa vida vivindo nun piso dunha filla, en calquera cidade galega. Un día recibe a visita da súa neta, que é unha moza á que non ve desde hai anos. A través de distintos obxectos que o vello conserva nun baúl, e a través das poesías de Manuel María, avó e neta van lembrar a non tan lonxana vida na aldea.
Peza teatral de unha hora de duración, representada por Teatro do Morcego, dirixida á mocidade de catorce anos en diante, constitúe unha adaptación da novela homónima de María Reimóndez publicada por Xerais na súa colección «Narrativa».
Seis mulleres moi diferentes estre si acoden a clases de calceta, un lugar onde converxen as súas frustracións pero, tamén, un lugar onde toman conciencia da súa situación e da necesidade de superala. A través dun espazo tan tradicionalmente feminino como a calceta, estas mulleres atopan no valor da unidade a forza para sobrepoñerse a un presente que as nega ou minusvalora. Desde a intriga á hilaridade, emerxe unha profunda reflexión e revisión sobre a condición feminina. Inspiradas na figura liberadora da tía Davinia, Matilde, Anxos, Rebeca, Elvira, Luz e Fernanda van facéndonos partícipes da súa historia desde un multiperspectivismo que desfai os fíos dunha sociedade machista.
En cada unha das representacións das tres pezas será entregado a todos asistentes un exemplar do libro de Xerais no que está baseado o espectáculo.
XERAIS
Inma López Silva publica no Protexta 09 unha crítica sobre 




Rubén Ruibal
As pezas presentadas baixo os lemas «Peter Buckley», «Servizo de Información» e «Xou mas gou on» son as finalistas da terceira edición do
O día 26 de xaneiro, luns, ás oito da tarde na sede da SGAE en Santiago, na rúa das Salvadas, realizarase unha lectura dramatizada de
Tentando citar todo, emprezo pola literatura infantil. A publicación máis destacada do 2008 foi o
Falando de autores galegos que chegan ós escenarios, se cadra con menos fortuna do que merecen,
sequera; non teñen excusa. Xerais agasallounos, tamén, xa para rematar, coa 






















Roi acende a videoconsola para botar outra partida co seu xogo favorito dende hai unhas semanas, a última versión dos súper loitadores Mortal Combat versión 3.0. Pendente de chegar á gran final do xogo, nin atende a chamada do seu amigo Sebas, nin a do seu pai e ten unha boa liorta coa súa nai. Roi, a pesar de todo, xoga coa consola ata quedar durmido deixando a Ken, o personaxe do seu vídeoxogo favorito, perdido baixo as letras vermellas de “Game over”. Roi emprende así a viaxe ao seu país das marabillas e dos seus medos. Game over de
Xiana, a protagonista de Boas noites, non ten tempo nin para pensar, moito menos para xogar ou para soñar. E se non dá pechado os ollos pola noite, Pedro Chosco non pode facer o seu traballo, que é acabar cos medos… Os áxiles diálogos desta peza, a orixinalidade na elección do tema, o estrés infantil, un argumento contemporáneo abordado seguindo a tradición fantástica, valéronlle a Paula Carballeira o primeiro premio Manuel María convocado polo IGAEM de Literatura Dramática Infantil do ano 2006. Guía Interactiva: Esta guía interactiva é un DVD co que se pode escoitar a música do espectáculo “Boas noites” e no que ademais se pode acceder a unha serie de actividades orientadas a educadores, nais, pais e rapaces coas que se pode coñecer mellor os medos máis comúns da cultural tradicional galega.
A figura de Manuel Daniel Varela Buxán (1909-1986) é a dun dramaturgo galego de obra prolífica que cumpría revisitar a través dunha edición coma a presente. Ofrécense así senllas pezas clave na súa bibliografía: Se o sei… non volvo á casa e mais Taberna sen dono, acompañadas dun estudo crítico e contextualizador, preparado por Xosé Luna Sanmartín, e enriquecidas coa inclusión de abondoso material fotográfico e documental. Co presente traballo preténdese facilitar a accesibilidade aos traballos teatrais de Varela Buxán ao tempo que se lle quere tributar un necesario recoñecemento a ese labor calado, intenso e fundamental que realizou polo noso teatro, tanto na emigración arxentina coma en Galicia.
O xoves, 17 de abril, ás 20:30 horas no Teatro Principal de Pontevedra realizarase a presentación do libro cede, editado por Xerais, que contén as catro obras finalistas do “
María Reimóndez

”Escritor maldito nunha cultura tanto tempo maldita”, como o describiu Manuel Rivas en 1978, o escritor e guionista de cine