Convocados os Premios Xerais 2010

22 xaneiro 2010

Noticias, Premios_Xerais

Xa se poden descargar as bases dos Premios Xerais de Novela 2010 (25.000 euros) e Merlín de Literatura Infantil 2010 (10.000 euros). Para participar en calquera dos dous concursos, cómpre presentar de cada orixinal seis copias en papel, mecanografadas a dobre espazo, antes do día 12 abril de 2010 nos locais sociais de Edicións Xerais de Galicia, S.A., rúa Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo. Os fallos dos premios daranse a coñecer na Cea Xerais que se celebrará o 12 de xuño de 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«De como cheguei á marabilliña», anotación de Xosé Manuel Eyré

17 xaneiro 2010

Críticas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais nos blogs

Transcribimos a anotación de Xosé Manuel Eyré publicada no seu blog sobre Mil cousas poden pasar. Libro I de Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín de Literatura Infantil 2009.

Unha pequena marabilla, ía falar diso.

Defino así a lectura que estou facendo estes días. Defínoa así, moi traballosamente porque non é nada doado, nada.

Primeiramente. Non quero renunciar a "pequena". Porén hai que ter en conta que son, afortunadamente, máis de 200 páqxinas. E tamén que promete continuación,  outrosí afortunadamente. "Pequena" podría estra xustificado po vir publicada esta obra na colección Merlín, ou por levar un premio de Literatura Infantil. Podería, mais a estas alturas a esas etiquetas non lles pido gran cousa máis que sexan un referente que axude á horta de efectuar unha compra. Iso de fraccionar a lectura, ou os lectores, por tramos de idade, é unha solemne bobería que, dáme por pensar, inclusive pode ser  contraproducente á hora de vender xa que ben puidera afastar a adultos de lecturas que, se se atreveran, lles ían resultar ben proveitosas e gozosas. "Pequena" tamén pode estar xustificado porque as personaxes son das que se din do universo infantil ( o que non quere dicir que non haxa adultos). E pois non. Eu emprego aquí "pequena" nun senso afectivo. Non me dou explicado moi ben a razón, mais cando algo me prace moito tendo a aplicarlle esa denominación, nunha tentativa, quizá, de expresar que a sinto moi miña.

Jacobo  Fernández Serrano é o autor deste apaixonante e marabilloso proxecto. Marabilloso, en toda extensión da palabra. Non só porque recrea un fantástico mundo marabilloso. No que se mesturan ilustración e literatura, de maneira moi calculada e artisticamente sobresaliente.

Falolles de Mil cousas poden pasar. Libro I Achégense a el desde estas atinadas palabras de Isabel Soto.

Eu, o primeiro ( teño prevista outra anotación, polo menos) que lles quero comentar é verbo da fronteira realidade/ficción. Unha fronteira en principio áspera, dura, transcendente, que, pola  contra, Jacobo Fernández difumina cunha facilidade, sinxeleza, naturalidade ( si, si,  naturalidade ) e inclusive lóxica, que me fan lembara ao mellor Cunqueiro. Un exempliño para iso da lóxica e da naturalidade. A ver, imaxinen un exercito, xa non hai guerra, en que reconvertirían os soldados. Jacobo Fernández recíclaos en músicos de banda, total o uniforme xa o teñen, están haituados a desfilar e o resto ben se aprende.

Unha apaixonante marabilla. Quen me queira meter nun compromiso que me pida que recomende esta lectura para unha idade. Son incapaz. Non sei como  a acollerán os rapaces, mais eu, desde a miña carga idosa, saúdo este título con moita ledicia, estouno gozando intensamente.

A Jacobo Fernández lémbroo daquel Archimboldo Roque do Golfiño. Hai moito daquel mundo do Archimboldo. De feito as de aquí son personaxes ás que se lles creou un mundo á medida, mellor dito: personaxes que crean un mundo á medida. Á medida da sensibilidade e dos soños, duns soños e dunha sensibilidade na cal a razón perde peso porque as personaxes achan razóns, para se moveren e xustufucaren, en aberta confrontación co mundo real, logrando unha dinámica racional alternativa desafiante e moi atraente.

Desde aquí pódese pensar que a rapazada dificilmente poida acceder a tal mensaxe, que estaría vaios chanzos por riba das súas posibilidades. Poderá. Eu non estou completamente seguro diso. Dubídoo, e moito. Igual o que pasa é que non lles sabemos ensinar o valor desa posición ideolóxica, á que eles chegarían de xeito moi natural e sen estridencias. Iugual o que pasa é que os adultos non saben conservar a maxia que provoca esa facilidade, cegados por unha trincheira falsaria de racionalidade.

E velaí unha das virtualidades que máis me apaixonan deste tipo de literatura: o feito de que me obrigan a repensar niso. Repensar o mundo desde os intereses ou perspectivas da rapazada non equivale a tirar pola ventá a bagaxe acumulada pola racionalidade discursiva predominante. Iso só certo para os que lle teñen medo, para os apóstolos da razón moderna, esa aborrecida e falsaria razón. Saint-Exupéry volve, a visión de. Por dar un exemplo ilustrante.

Resulta paradoxalmente hipócrita marabillarnos co Principiño ou con estas Mil cousas poden pasar, e seguir aferrados á moral discursiva adulta como única forma válida de entender e explicar o mundo. Covarde e hipócrita.

Teño Mil cousas poden pasar por un dos mellores títulos publicados no 2009. E nese aserto non afío diferenzas xenéricas ou doutro estilo.

Ás veces teño a impresión, constantemente, de que os diversos Quixotes que  a humanidade foi parindo foron en balde, non se aprendeu nada deles.

Iso, unha marabilliña. Terán máis noticias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sol de inverno» ou «o bico dunha cereixa»

7 xaneiro 2010

Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Baixo o título «O bico dunha cereixa», P. Abet publicou nas páxinas galegas do suplemento «A&L» de ABC unha crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Recollemos o derradeiro parágrafo dun texto moi interesante:

A Guerra Civil, os duros bombardeos, a revolución castrista, as revoltas de maio do 68 en París ou a cruel posguerra funcionarán como escenarios de paso no percorrer da narración. Acontecementos que cambiaron o discorrer do mundo e tamén dos que nel habitan. Pero chegados a este punto, a autora advirte. Sol de Inverno dista moito de ser unha novela histórica. A realidade trazada non é máis que o sostén no que se apoiarán todas as pequenas historias –mínimas, como diría o director Carlos Sorín– que conforman a obra. Son as estradas a través das cales esta premiada historia atravesará boa parte da realide social de comezos e metade do século pasado. O relato dunha vida que comezou co saboroso e prometedor bico dunha cereixa, baixo o reconfortante sol de verán.

O texto completo da crítica poode lerse ou baixarse en pdf aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«”Mil cousas poden pasar”: viaxes polos vieiros da imaxinación»

5 xaneiro 2010

Críticas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Baixo o título «Vieiros polos camiños da imaxinación», Héitor Mera publica no «Cartafol de Libros« de Vieiros unha crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009. Reproducimos o texto na súa totalidade:

Falabamos nunha recensión anterior de tres variables que se deberían de dar nun libro concibido para lectores infantes. A saber: imaxinación, entretemento e aprendizaxe. Neste libro de Jacobo Fernández, ao seu xeito, non se dan estas tres variables, senón que ademais hai unha nova varible fundamental que é o humor, o humor en clave galega, esa retranca que sempre caracterizou a nosa maneira de ser. Poderíamos falar de outras moitas virtudes deste libro, gañador, por certo, do Premio Merlín de Literatura Infantil do ano 2009, mais por non abranguer máis do que toca nunha recensión coma esta, dicir que todo o que vimos de citar nestas primeiras palabras, aparecen en Mil cousas poden pasar no grao de sublime.

Había tempo que non quedaba tan cativado por un libro infantil, e hai moitos e moi bos neste noso país, mais esta primeira entrega de Mil cousas poden pasar fai que xa esteamos devezosos de continuar coas andanzas de Neda, Mercurín e todo o coro de personaxes que se van aproximando ao longo da historia, cada un coas súas aventuras e particular predisposición ao disparate e ao humor.

A partir da necesidade dos fillos do rei Pindo IV, o Tratable, de conseguir unha coroa para o seu pai como agasallo no seu aniversario teñen, que saír do fondo dos mares para buscala na tola e surrealista cidade de Nil, comezan a fluír as historias dos diferentes personaxes que crean múltiples historias enganduxadas as unhas coas outras por obra e graza da relación causa-efecto.
As diferentes situacións que se van presentando ao longo dos pequenos capítulos que en número de 54 se van superpoñendo van acompañadas dunhas ilustracións a cargo do propio autor que son complemento ideal e que cargan de maior significación a historia.

Retranca, imaxinación, disparate, risadas a esgalla son algunhas das posibilidades que nos dan esta historia que desde un punto devista formal, conceptual e mesmo estético é simplemente xenial. A condición de ilustrador do autor non pasa inadvertida, mais non asoballa o texto. A complementación é ideal. Escritor e ilustrador nunha única persoa que consegue o equilibrio ideal para unha historia digna de tal distinción.

No eido literario, dicir que Jacobo Fernández posúe unha narrativa sólida, axeitada para os máis pequenos e os maiores. A medida que van avanzando as páxinas máis queda un prendado desta obra que é dunha calidade extraordinaria. Envolve e satisfai ao lector máis esixente. Creo que estamos ante un dos títulos máis interesantes da nosa literatura neste ano que remata. Héitor Mera

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Mil cousas poden pasar», presentación de Chus Pereiro

Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Presentacións

Teño o gusto de me atopar aquí na presentación dun libro que acho fermosísimo  na forma e no fondo.

A obra parte do feitizo dos contos tradicionais e ten os trazos dun clásico, tanto así no formato (portada e ilustracións sinxelas e detalladas) como no texto (a disposición en tres partes, os títulos que anteceden os capítulos, o encadramento do relato nun tempo pasado e impreciso,  aparición de personaxes míticos). Pero o que semella clásico axiña se revela como un texto tremendamente innovador, porque  non hai só unha historia, non hai un canon de inicio-nó-desenlace. O que aquí atopamos é un comezo, e o que segue é a gradación e a expansión do caos.Tres pinguiñas diminutas, que baten no mar, van desencadear   o cambio en dous mundos radicalmente distintos, dous continentes asombrosos:  “O mundo dentro do mar”  e  “O mundo fóra do mar.”

Son dous universos parellos, destinados a atoparse cando Neda e Mercurín, fillos do rei do mar, emerxen á superficie na súa nube de auga salgada na procura dun agasallo para o seu pai.

E chegan á vila de Nil, e atópanse con Lina e Pouco, parella protagonista que dá o título á primeira parte do libro.

Lina e Pouco, personaxes que noutras circunstancias serían invisibles, anónimos, xente corrente e do común, mais deles dous arranca unha fermosa historia de amor que,  descrita desde o deslumbramento do seu inicio , vai ser contada ata o final con transparencia e tenrura, sen romanticismos nin pedantería. Amor sen diálogos, feito no silencio, porque para Lina e Pouco ise é o xeito de escoitar e dicírense todo. O de menos é a mudez de Pouco. Lina non precisa das súas palabras.

Pero a vida faise convulsa e o caos engule a Pouco nunha estraña nube de auga salgada. E nese extravío chega a segunda parte. É a que fala da viaxe de Lina, do devir da súa amargura, a constatación da súa soidade, da súa resistencia. Na busca de Pouco, a Lina sóbralle chan e fáltalle ceo. É así como sofre a súa metamorfose de pescozo estirado, delongado. E, malia sentir a morte, a súa é unha loita gañada.

Pero , tal como sucede na vida real, nunca hai unha soa historia, que mil cousas poden pasar. E outra metamorfose é a que se vai producir na vila de Nil. Esta vez non é física, senon que vai afectar a todo o seu tecido social.

Alí están os seus habitantes , a aprender como se vive unha guerra despois da guerra, como logo de loitar a días fixos e á mesma hora, todo remata e  todo se esquece. Cada quen volve ao seu lugar, cada un ao seu oficio: o río ao seu leito e os mortos ao cemiterio.

Mais prodúcense, de súpeto, uns acontecementos inesperados e absurdos, que van descolocando á xente. Coma se ninguén ficase contento no seu lugar, a insatisfacción dá paso ás arelas de cambio. A desaparición de Pouco deixa un baleiro e, coma nun efecto dominó, os personaxes déixanse levar polas novas circunstancias e acomodan a súa vida na medida  en que van atopando un novo lugar. Aparecen así o enterrador-músico, o estudante-enterrador, o cocho-estudante, o can – cocho, o xoieiro-can...

E lendo imos sendo testigos dos prodixios que se van producindo en ambolosdous mundos: no de Nil e no do mar.

Pasando cada páxina aumentan as sorpresas. A maxia, a emoción, o alento épico e unha sucesión de abraiantes carambolas énchennos dun agradable sentimento de asombro.
O texto mergúllase en historias tan fantásticas e en reflexións tan verdadeiras que o que semella incompatible acaba sendo unha abraiante mistura.

A narración  permítenos entrar no laberinto das historias cunha claridade tal que non hai suceso que non nos seduza nin personaxe que non disfrutemos. Fagamos mención especial a dous deles: o emperador sombrizo Hedión e o seu fillo Propicio, transformador da vida dos mortos.

O amor, a guerra, a morte, o poder, abórdanse con orixinalidade, con humor e cunha ousadía que non se espera atopar nun texto de literatura infantil. Sen restarlle claridade ao texto, as imaxes son novedosas e audaces.

O fío da historia condúceo un narrador omnisciente, inda que as veces el mesmo o dubida (Quen sabe o que pasa cando un morre?)
ou descansa e deixa paso a un texto dialogado. É tamen o narrador amigo das reflexións acerca da natureza humana, inda que para estas atinadas disquisicións recibe de cando en vez a axuda do parente dun tal gato Kandás. O mico sabichón aparece de súpeto entre historia e historia e ten a ben agasallarnos con aforismos referidos tanto ás cousiñas cotiás como ás grandes verdades da vida.

Cada parágrafo agacha un tesouro, cada personaxe, cada capítulo do libro podería dar lugar a unha obra distinta. Non é de estrañar que ao final do libro anuncie a continuación nun segundo volume. Ao autor sóbranlle mundos.

É unha obra de calidade, que divirte e amolece a alma. Unha preciosa revelación.

E xa remato , co permiso do autor, cun dito do parente do gato Kandás:

“Pasen, lean, gocen, choren,
que este libro leva un mundo.
Collan folgos, meus señores,
que axiña sairá o segundo”

Texto lido por Chus Pereiro na presentación de Mil cousas poden pasar. Libro I de Jacobo Fernández Serrano o día 10 de decembro de 2009 na Libraría Librouro de Vigo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Mil cousas poden pasar»: contador de fantasías, crítica de Isabel Soto

29 decembro 2009

Críticas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Isabel Soto publica no espazo crítico de «lg3» unha fermosa crítica de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano gañadora do premio Merlín 2009. Baixo o título de «Contador de fantasía», Soto rastrexa na obra de Jacobo Fernández Serrano, descubrindo nela algúns dos antecedentes presentes na historia protagonizada por Lina e Pouco. Recollemos algúns dos parágrafos dun texto que moito recomendamos:

Mil cousas poden pasar. Libro I supón un novo chanzo na carreira deste contador de fantasías e unha achega máis aos trazos que definen as súas creacións, desta vez avalado polo importante Premio Merlín. A historia retoma, con ampliacións e modificacións, as entregas publicadas nos que se converterían nos tres últimos números de Golfiño –87, 88 e 89–, que coa súa repentina desaparición nos privou daquela da conclusión d’O conto de Lina e Pouco. Non deixa de resultar curioso que a portada do nº 87 da revista anunciase o comezo da miniserie cunha ilustración na que destaca un libro de tapas duras, moi semellante ao que hoxe temos nas mans. Semella unha premonición ou un soño cumprido.

O título do libro, o retrouso que adoita empregar Mercurín, convértese se cadra na esencia que mellor resume a historia. Tras a lectura, certamente, descubrimos que mil cousas, ou moitas máis, poden pasar no ámbito dun universo ficcional tan ben artellado, que estimula o adulto polas súas calidades plurisignificativas e se adapta á lóxica infantil, afeita aos saltos e ás explicacións máxicas e que goza cos detalles e a transgresión do racional. Unha literatura libre na que a ficción suspende a realidade ordinaria e invita a quen le a vivir outra non menos real.

[...]

Unha historia de aventuras, de amor, de azares, de viaxes, de desexos íntimos, de liberdade e de fantasía conducida con naturalidade e retocada con surrealismo, nunha liña que evoca a lembranza de clásicos como Roald Dahl, Carroll, Astrid Lindgren, Rodari ou mesmo os seres inadaptados e enigmáticos de Tim Burton. Cando chegamos aos tres capítulos finais, só nos consola un conxunto de interrogantes que prometen ter resposta nun segundo libro que xa nos tarda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Mil cousas poden pasar« ou «Dando que pensar», crítica de María Navarro

24 decembro 2009

Conferencia, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

O flamante gañador do Premio Merlín 2009 amosa os seus dotes de escritor en Mil cousas poden pasar. Libro I, que presenta un mundo fantástico debaixo da auga e outro, non menos fantástico, na superficie. Os personaxes dun e doutro lugar, isto é, a familia real de Pindo IV O Tratable, convertido despois en Pindo IV O Túzaro, dentro do mar, e Lina, Pouco, don Torsón, Hedión, Propicius ou a alcaldesa, entre outros, fóra do mar, conforman un universo no que desfilan da mesma forma persoas, animais, obxectos, ideas, sentimentos e pensamentos e no que a búsqueda de ideais materiais ou morais se converte no motor que impulsa practicamente a totalidade dos movementos.

O texto dividido en cincuenta e catro capítulos e estruturado en tres partes fai honra ao título, porque tanto nas profundidades do mar, onde viven os peixes, mariscos, plantas submarinas e civilizacións diminutas, como na vila de Nil, mil cousas poden pasar: que Neda e Mercurín busquen agasallo para o seu pai o rei, que se manteña a liñaxe real, dende Meaño I, O Que Tivo a Idea, que haxa unha guerra, que os ex-soldados se convirtan en músicos, que a chuvia formada por unha soa pinga xigante absorba a Pouco con tuba e todo, que os mortos tomen o sol sentados nos bancos do camposanto agora convertido en xardín, que o cocho Isaías vaia á escola ou que Lina saia na procura do seu home Pouco e lle medre o pescozo varios metros.

Unha desbaratada historia, que goza dunha coherencia interna e que se adoza cunha boa dose de subrealismo, onde parece primar a imaxe sobre o contido; absurdo nuns casos, lóxico noutros e disparatado na maioría das ocasións, pero que no fondo desenmascara realidades aceptadas como verdades universais ou desconxunta mitos que ben mirados carecen do sentido necesario que os sustente.

A ilustración feita palabra acompaña un texto sinxelo que pecha significados do máis diverso, pero que amosa en calquera caso non só unha desbordante imaxinación senón tamén a concepción dun mundo no que os seus integrantes tentan pasar pola vida deixando pegadas ou, cando menos, dando que pensar. María Navaro

Texto publicado no «Faro da Cultura» de Faro de Vigo (24-12-2009). Pode baixarse ou lerse a páxina en pdf aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Balance do ano literario galego de Ramón Nicolás no suplemento «Culturas»

21 decembro 2009

Crónica, Historia, Narrativa, Poesía, Premios, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Ramón Nicolás realiza no suplmento «Culturas» de La Voz de Galicia do pasado 19 de decembro un balance do ano literario galego. Entre as nove obras escollidas como principais, cino fron publicadas por Xerais.

Así no eido da Poesía destaca a publicacion de Ámote vermella de Claudio Rodríguez Fer, ilustrado por Sara Lamas. Nicolás salienta que neste poemario se nos obriga «a dirixir a ollada ás máis das mulleres que foron vítimas da barbarie do ano trinta e seis, moitas delas co rostro difuminado e cos seus nomes e apelidos esvaecidos polo paso do tempo, que agora recuperan a súa historia, a súa presenza.« Para concluír que « Rodríguez Fer dálle voz, así, a estas mulleres co obxectivo da súa dignificación: unha homenaxe que percorre biografías como as das mestras represaliadas, a de Juana Capdevielle ou as das mulleres do común que deron abeiro a fuxios e foron castigadas por iso. Poesía, tamén, contra a desmemoria.»

No eido da Ficción, entre as tres obras destacadas do ano, escolle Sol de Inverno de Rosa Aneiros e Monte Louro de Luís Rei Núñez.

Da primeira, Premio Xerais de novela 2009, Nicolás subliña que se trata dunha «novela de personaxe mais tamén de protagonismo coral en que conxuga a emoción na que alentan a totalidade dos personaxes cun coidado escenario histórico e espacial que permite percorrer, seguindo os fíos da memoria, os socalcos da vida de Inverno desde a súa vida e mocidade ata a chegada da guerra civil, pasando pola fuxida a Barcelona e a estadía en Francia ata o seu embarque cara a Mexico no coñecido Ipanema, concluíndo nas vivencias dos días cubanos xunto coa volta á vella Europa.» Conclue Nicolás expresando que «máis de cincuenta fragmentos narrativos constrúen e anoan a historia dunha vida pola que camiñamos desde o lugar de Antes, onde agroma a sileuta dunha nena que entende a morte, tamén a traxedia, como algo co que cómpre convivir con forza. desde eses tempos delíñase unha liña vital, tortuosa e esperanzada, alimentada por esas abondosas historias de percorrido máis breve que deseñan un caoiro narartivo que bene en mil e un regueiros.»

Monte Louro, a novela de Luis Rei Núñez, gañadora do Premio Blanco Amor de novela 2009, é valorada por Nicolás como «unha proposta densa e compacta pola que os personaxes se moven con soltura e credibilidade, nun espazo que chanta as súas fronteiras entre Muros, Barcelona e Bos Aires. Unha novela que asenta os alicerces nese proceso polo cal a mente humana é quen, ou non, de volver atrás, conformando unha espiral pola que escoa a memoria e na cal o peso do desarrraigo e do desacougo, que provoca a separación do que se estima, antóllase como fundamental, pois, no se esqueza, esta e unha historia de desamparados, de cicatrices, de almas doentes e de resistentes robinsoniainos.» Nicolás remata o seu texto salientado que este é «un libro que nos conduce por boa parte dos ecos que resoan do século XX a través dun exercicio de plasticidade, transparencia e riqueza lingüística no que o lector, aos poucos, irá cadrando cada peza na súa cuadrícula atá chegar a constituír parte efectiva dun universo de ficción sólido e ben erixido.»

No eido da non ficción, entre as tres obras máis destacadas de 2009, Nicolás escolle dúas publicadas por Xerais, Cartas de republicanos galegos condenados a morte (1936-1948), o libro de Xesús Alonso Montero, recoñecido o pasado sábado co premio Ánxel Casal, ao mellor libro de non ficción de 2009, e Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernández.

Nicolás subliña do libro do profesor Alonso Montero o seu carácter de «obra maior», por moitas razón, «entre elas a do carácter pioneiro que posúe no ámbito das investigacións que suscita a represión derivada da Guerra Civil, nesta ocasción adquirindo forma a través da exhumación, compilación e anotación das cartas que os presos republicanos redactaron nos últimos momentos da súa vida.» Nicolás conclúe expresando que son estas «páxinas ditadas pola emoción e tamén pola dignidade que se exhibe en situacións absolutamente extremas. Non canasaremos de recomendalo: ninguén mellor que o profesor Xesús Alonso Montero para presentárnolas e comentárnolas co seu saber interpretativo e co necesario rigor histórico e filolóxico.»

Con respecto á Historia Social da Guerra da Independencia en Galicia de Xosé Ramón Barreiro Fernandez, Nicolás comeza seu texto adiantando que «malia constituír un capítulo específico da nosa historia, os lectores dispoñen agora dun texto de carácter canónico sobre a Guerra da Independencia en Galicia.» Máis adiante sinala que «escrito de xeito accesible e amosando unha apreciable cantidade de documentación inédita, [no libro] ofrécese un traballo interpretativo alicerzado nunha salientable solidez metodolóxica. A proposta do presidente da Academia aposta por substituír os focos de atención que suscitaba o feito bélico nos ámbitos dos estudos históricos, centralizados adoito no asunto edióloxico e o militar, polo protagonismo que desempeñou nel a sociedade, e máis concretamento o pobo organizado en alarmas -organizacións paramilitares de intensa efectividade–, baixo o caudillato de cregos e fidalgos.» Para concluír: «O libro, recomendable para especialistas mais tamén para profanos, defende a tese de que é imprescindible coñecer o pasado dun pobo, e recorro ao criterio de autoridade do autor: 'que non sempre foi derrotado e vencido'.»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Jacobo Fernández Serrano entrevista en «Xornal de Galicia»

15 decembro 2009

Autores, Entrevistas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Jacobo Fernández Serrano é entrevistado por Xornal de Galicia con motivo da chegada ás librarías de Mil cousas poden pasar. Libro I, obra pola que obtivo o Premio Merlín de literatura infantil 2009. Jacobo confesa que o núcleo do seu libro é «a separación forzosa que sofren os protagonistas, Lina e Pouco, porque el sofre unha especie de secuestro e iso dá lugar a unha serie de descalabros sociais na vila onde vive. Tamén tiña pensado que a tuba fose o obxecto de desexo na historia, porque é o instrumento que tocaba Pouco na banda municipal, e todos queren substituílo.»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sol de inverno», crítica de Oriana Méndez en «Protexta»

Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Baixo o título «A magnitude do inverno» e o subtítulo «Epopea romántica con feitos históricos como fío», Oriana Méndez publica en Protexta 12 unha extensa crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do premio Xerais 2009. Oriana Méndez salienta que o conxunto deste relato «é unha loita incondicional pola conitnuidade: a supervivencia é o único camiño. Con esa bandeira a autora ergue, ao longo de algo máis de 500 páxinas, un edificio sólido que resiste sucesivas guerras ou éxodos e que, finalmente, está construído para a defensa da liberdade, da vida ousada dos seus hóspedes.»

A páxina onde aparece o texto da crítica pode lerse ou baixarse en pdf aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Ás de bolboreta» mensaxe nunha botella

14 decembro 2009

Críticas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios, Xuvenil

A edición 2009 dos Premios Xerais viña con sorpresa, e grande: a dobre condición de gañadora de Rosa Aneiros en dúas categorías, a de novela con Sol de Inverno e o Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil con Ás de bolboreta. Visto coa perspectiva dos meses o que máis chama a atención é que neste último vencese co acordo unánime do xurado, que destacou a súa obra con claridade por riba das outras cun nivel de consenso que non se producira en edicións anteriores.

Boa parte da maxia do texto de Rosa Aneiros para cativar coa mesma eficacia a adultos e mozos reside no seu carácter caleidoscópico e plural. O escenario principal é unha cafetería de Santiago de Compostela, o Luzada, rexentado por Patricia, unha muller que se fixo cargo do local nun momento no que vía inviábel proseguir coa súa formación académica. No Luzada conflúen unha morea de personaxes cuxas vidas iremos descubrindo ou máis ben intuíndo a través de estampas impresionistas e conversas collidas ao voo que revelan verdades entre liñas. Coñeceremos así a Eusebio e Lola, os anteriores donos do bar, que loitan en soidade contra as dificultades que se derivan da vellez e da perda progresiva de saúde e mobilidade. A Iqbal, un mozo inglés de orixe paquistaní que marchou de Londres tralos atentados no metro en xullo de 2005 e que bota horas e horas no Luzada conectado a Internet, no mesmo ordenador que Mohamed mira de cando en cando con medo de que as palabras se convirtan en ferramentas de transmisión do odio. Saberemos da señora Filomena, cuxo fillo está en misión humanitaria co exército en Darfur e que sofre ao ver nos xornais os froitos da violencia e da guerra. De Manuel, un neno africano que non superou a morte da súa nai adoptiva e que ten no seu avó a súa principal compañía. Tamén dunha muller que agarda por unha chamada que non chega, a dos sobriños que intentan entrar en España cruzando o valado da vergoña que separa mundos en Melilla, ou de Aysel, vítima do amor e da indiferenza que Occidente amosa ante a represión do pobo kurdo polo goberno turco.

Rosa Aneiros constrúe con eles un puzzle que pode reordenarse de diferentes maneiras. Estrutura o libro en capítulos breves que admiten unha lectura independente, pero que se reforzan os uns aos outros e gañan en complexidade igual que están conectadas entre si as vidas das persoas. Na sociedade global na que vivimos calquera historia quédanos a uns poucos graos de separación e os grandes sucesos que ocupan a atención dos medios acaban por ter repercusións concretas na experiencia cotiá daqueles cos que compartimos a hora do café; de aí o urxente que é desbotarmos os prexuízos e a desconfianza e a necesidade de comprender o outro. A escritora manexa con oficio distintos rexistros, do naturalismo dos diálogos entre un avó e o seu neto ao apaixonado lirismo que asoma en moitas páxinas; como na canción brasileira, é consciente de que a tristeza non ten fin mais a felicidade si, e por iso o ton xeral vén marcado por unha certa amargura, aínda sen negarlle espazo á esperanza. Rosa Aneiros fixo un libro con mensaxe, dito sexa sen ánimo pexorativo: unha mensaxe de solidariedade e amor polo ser humano. Desas aínda temos moita falta. Martín Pawley

Publicado en PROTEXTA, Suplemento de libros da revista TEMPOS NOVOS, nº 12, outono 2009. Descarga os números anteriores aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Mil cousas poden pasar. Libro I», premio Merlín 2009, presentado en Vigo

11 decembro 2009

Merlín, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións

A libraria Librouro quedon onte pequena para acoller a presentación de Mil cousas poden pasar. Libro I, a obra de Jacobo Fernández Serrano que obtivo o Premio Merlín de literatura infantil 2009. Helena Pérez, a coordinadora da edición infantil da editorial, presentou a traxectoria autoral do autor, salientando que a súa colaboración con Xerais remóntase a unha década de traballos, dende a pioneira revista Golfiño aos seus primeiros libros (A gardería de dona Bixelmina e A pedra e as formigas), pasando pola colección «As aventuras de Nunavut» de Xoán Abeleira. A continuación interviu a escritora Chus Pereiro, membro do xurado que concedeu o premio por unanimidade, salientando o carácter profundamente innovador da obra e a beleza de cada unha da spáxinas e historias que atesoura: «cada parágrafo agacha un tesouro», subliñou. Para rematar, o autor, comezou a súa intervención descubrindo que a obra nacera hai tempo da correspondencia que intercambiaba coa súa dona; insistiu na importancia dos numerosos debuxos que preparou, que axudan a describir territorios epersonaxes. Jacobo detívose en reflexionar na importancia da fantasía, «un xénero que me permite chegar máis directamente ca ningún outro na descrición e abordaxe da realidade». Anunciou, ademais, que a obra terá unha segunda parte, na que se relata a viaxe de volta de Lina. Para rematar, o seu fillo leu o capítulo 0 («Pasa unha nube»), que Jacobo considera unha homenaxe ao poeta Ramiro Fonte.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Mil cousas poden pasara. Libro I», Premio Merlín 2009, presentación en Vigo

7 decembro 2009

Merlín, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións

O vindeiro xoves, 10 de decembro, ás 20:00 horas na Libraría Librouro (rúa Eduardo Iglesias 12) presentarase Mil cousas poden pasar. Libro I, obra escrita e ilustrada por Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. No acto acompañarán ao autor,  a escritora Chus Pereiro e a editora Helena Pérez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rosa Aneiros entrevistada por «A Nosa Terra»

Autores, Entrevistas, Fóra de Xogo, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Rosa Aneiros é entrevistada por A Nosa Terra con motivo da promoción de Sol de Inverno e Ás de bolboreta, as novelas polas que obtivo o Premio Xerais e premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rosa Aneiros presenta «Sol de Inverno» en Gondomar

1 decembro 2009

Clubs_de_lectura, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións

Hoxe celébrase na Biblioteca Municipal de Gondomar a sesión de decembro do Club de Lectura Sete Vidas da asociación Espazo Lectura arredor de Sol de Inverno, a obra da escritora Rosa Aneiros gañadora da última edición do Premio Xerais de Novela. Pódese completar a información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“A cova das vacas mortas”, unidade didáctica de Pilar Ponte

25 novembro 2009

Descargas, Fóra de Xogo, Noticias, Premios_Xerais

Recomendamos moi vivamente a unidade didáctica que a profesora Pilar Ponte preparou sobre A cova das vacas mortas, a novela de Jaureguízar gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006. A unidade didáctica está aconsellada para alumnado de Bacharelato, mais tamén está sendo utilizada con éxito en diversas aulas de 4º de ESO. Os nosos parabéns á autora e á iniciativa da AELG.

O texto da unidade completa (arquivo zip) pode descargarse aquí no espazo didáctico da AELG.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rosa Aneiros entrevistada por «Xornal de Galicia»

20 novembro 2009

Autores, Entrevistas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios, Xuvenil

Arturo Losada publica en Xornal de Galicia a entrevista que lle fixo a Rosa Aneiros con motivo da primeira presentación d' Ás de bolboreta, a novela gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2009. Aneiros comenta na entrevista que nesta novela compuxo un mosaico composto polas historias «que entran e saen da cafetería Luzada», nas que se atopan casos de malos tratos, alcolismo, inmigrantes e emigrantes, anciáns que sofren a soidade e outros casos que «están no xornal calquera día». «Por sorte –e digo por sorte porque moitas son terribles– non son historias que eu coñeza de primeira man, pero si que poden pasarlle a calquera».

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Ás de bolboreta»: narracións abertas

19 novembro 2009

Crónica, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Presentacións, Xerais_nos_medios, Xuvenil

Dolores Martínez Torres publica en «Faro da Cultura» unha crítica sobre Ás de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. Baixo o título de «Narracións abertas» e o subtítulo «Con lirismo certeiro», o texto salienta a estrutura no lineal, fragmentada dunha novela que presenta aos lectores e lectoras novas «unha técnica narrativa diferente, ao tempo que leva a reflexionar sobre as variables que interveñen na construción da realidade e, polo tanto, invita aos lectores a interpretar a lexitimidade das accións descritas, segundo o valor moral que lles queiran conceder aos motivos e circunstancias que as condicionan. A páxina onde aparece publicado o texto completo da crítica pode baixarse en pdf aquí.

Ás de bolboreta preséntase hoxe por vez primeira ás 19:30 horas nas instalacións da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia de Santiago. No acto acompañarán a Rosa Aneiros, o director da biblioteca Pedro Lucas e o editor de Xerais Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Ás de bolboreta», Premio Fundación Caixa Galicia, primeira presentación

17 novembro 2009

Fóra de Xogo, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións, Xuvenil

O vindeiro xoves, 19 de novembro, ás 19:30 horas, nas inatalacións da Biblioteca da Fundación Caixa Galicia (rúa Frei Rosendo Salvado 14-16) de Santiago realizarase a primeira presentación da novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. No acto acompañarán á autora o editor Manuel Bragado e o director da Biblioteca Pedro Lucas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sol de Inverno», presentación en Compostela

11 novembro 2009

Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións

O vindeiro xoves, 12 de novembro, ás 20:00 horas, nas instalacións da Libraría Couceiro de Santiago (praza de Cervantes 6) presentarase Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Acompañarán á autora, a xornalista Helena Soto e o editor Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rosa Aneiros en «Libro Aberto»

Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Televisión, Xerais_nos_medios

Esta noite, despois da película, no programa «Libro Aberto» da TVG Rosa Aneiros presentará Sol de Inverno. A entrevista coa autora do Premio Xerais realizouse no faro de Fisterra. Ademais, o programa noutra reportaxe repasará os trinta anos de historia de Xerais. O programa emítese, tamén, o mércores na G-2 (TDT) ás 20:00 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Brindo de ouro II

7 novembro 2009

Fóra de Xogo, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións, Xuvenil

Na derradeira semana do mes de novembro chegará ás librarías a segunda entrega da serie O brindo de ouro, iniciada coa novela coa que Xesús Manuel Marcos obtivera o Premio Merlín en 2004. Baixo o subtítulo «A Táboa da Hospitalidade», Marcos ofrece unha novela longa de aventuras agardada durante anos polos admiradores d' A chamada do Brindo.

Selmo, o Gardián do Brindo de Ouro, protexe ao seu pobo arxina no Pico de Brío, até que unha noite chega un guerreiro con novas que trocarán a paz das aldeas e porán ao Gardián nunha encrucillada onde nada é o que parece. Alguén quere acabar para sempre cos arxinas, e pode que o inimigo estea ao seu carón. O que lle vai ser revelado a Selmo significará o comezo dunha apaixoante novela de acción, misterio e aventuras, na que, arredor do terrible segredo dunha máxica táboa de arxila, o amor e a traizón, a fidelidade e a cobiza enfrontaranse no marco das antigas fragas e devesas das Terras Outas dos arxinas.

O Brindo de Ouro II. A Táboa da hospitalidade será presentada en Froxán, no Courel, o domingo 6 de decembro coincidindo coa Festa da Pisa 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rosa Aneiros, entrevista no «Faro da Cultura»

5 novembro 2009

Autores, Descargas, Entrevistas, Fóra de Xogo, Narrativa, Premios_Xerais

Natalia Álvarez publica no suplemento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo unha longa entrevista (dúas páxinas) con Rosa Aneiros con moitvo da publicación de Sol de inverno e Ás de bolboreta, as novelas gañadoras do Premio Xerais e Premio FundaciónCaixa Galicia. Aquí pode baixarse o pdf da entrevista.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Mil cousas poden pasar. Libro I», Premio Merlín 2009

3 novembro 2009

Infantil, Merlín, Noticias, Premios_Xerais

Na terceira semana de novembro chegará as librarías os primeiros exemplares do Premio Merlín 2009, Mil cousas poden pasar. Libro I. Escrito e debuxado por Jacobo Fernández Serrano, o groso volume de máis de duascentas páxinas constitúe un fermosímo libro para lectorses e lectoras de nove anos en diante.

Os fillos do rei do mar, Neda e Mercurín, caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai, Pindo IV o Tratable, e aínda non teñen agasallo. Na procura dese galano desencadéanse as mil cousas que dan título a obra de Jacobo Fernández Serrano, gañadora do Premio Merlín de literatura infantil 2009. A partir de aí, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións imaxinativas e disparatadas na cidade de Nil, onde todo é posible, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese en lóxico.

O xurado do Premio Merlín de literatura infantil 2009 sinalou «que Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.»

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Ás de bolboreta» por Vicente Araguas

2 novembro 2009

Críticas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios, Xuvenil

HISTORIA DUNHA CAFETARÍA

Vello é o mundo, e vella é a invención da taberna (ben o dicía o clásico), antecedente de canto viría despois en materia hosteleira. E se de vello vén industria tan gustosa (para taberneiros e seareiros), antanón resulta tamén o recurso a facer virar ao redor dela a todo un mangado de elementos dispostos os seus criadores a tirar deles o maior proveito. Trátese de Emile Zola, A taberna, ou Camilo José Cela, La Colmena (co Café de Doña Rosa como centro e cerne de canto cociñaba na súa lareira, se tal existise, o padronés). E se falamos desta novela compriría nomear unha secuela cinematográfica. Tiovivo, de José Luis Garci, un nacho que lle ten tomado o pulso ao costumismo, non sei se como arma de futuro, pero sen dúbida do noso pasado (recente).

Por aí, polos avatares dunha cafetaría (chamada Luzada) bule a novela coa que Rosa Aneiros acadou o Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil, na súa cuarta edición. O volume premiado leva por título Ás de bolboreta, e consta dunha chea de cadros, dialogados ou non, con situacións de toda caste, vencelladas a este mundo (tan «ancho y ajeno» como en Ciro Alegría) que nos foi outorgado. E ao que cómpre domear e facer definitivamente noso, e desculpen o exordio moral máis é que este libro de Rosa Aneiros, como adoita a súa auotra, ten un non sei que de apóstrofo ético contra a infamia como maneira de (non)vivir.

E digo isto e aquí acaba a prédica porque as boas intencións, se tan só iso, non chegan a ningunha parte. Ora, a boa literatura, ou cando menos o desexo de facela, a vontade estilística (e conceptual), si que dan viaxado lonxe.

E dicía que ao redor de Luzada bule moita xente,autóctona e foránea, con actitudes misturadas en correlatividade coa numeración dos capítulos. Sendo esa numeración a que nos permite canxar comportamentos e personaxes. Que, xa se dixo, son de aquí e de fóra, con amores veciños e lonxanos. Con xente que ven de Asia ou África e teñen no Luzada vehículo transmisor de sentimentos. Tamén vía internet. O que supón unha entrada en materia «moderna». E iso é, en parte, esta novela, unha posta ao día do vello realismo. mais en canto dunha novela sobre da emigración isto é, nun proceso de «aggiornamento», un canto ao «blend», á mistura racial, o pobo como aquel que máis ordena. Que toda esta parafernalia, onde as cousas van xuntas pero non remexidas ou revoltas, con historias populares, cancións de Eric Clapton, relatos breves, amores distantes, resulte de interese para a xente nova é cousa de ver. Supoño que si, considerando o premio que o ampara. Mais tamén podería ser un libro para lectores de toda caste, próximo ao realismo de sempre, selado con ese carimbo das boas intencións que só un estilo vigoroso pode soportar. Rosa Aneiros teno. Vicente Araguas

Texto publicado no suplemento «Nordesía» de Diario de Ferrol o 11 de outubro de 2009

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Dez motivos para ler «Sol de Inverno» por Agustín Agra

1 novembro 2009

Autores, Narrativa, Opinións_lectores/as, Premios_Xerais
  1. Estamos a falar do Premio Xerais de novela. Despois de 30 anos unha garantía máis que contrastada de calidade literaria.
  2. A traxectoria literaria da propia autora. A súa obra anterior é a súa mellor carta de presentación.
  3. Sol de Inverno non é unha obra alimenticia; é literatura feita dende as entrañas, con paixón e compromiso. (A arte nunca pode ser pasatempo, Rosa Dixit)
  4. A Inverno, a protagonista, impúlsaa o alento de Homero, como a Ulises na Odisea: a súa é unha viaxe vital salferida por un milleiro de historias a cada cal máis engaiolante.
  5. Polo lirismo da súa escrita; marca da casa, á que xa nos ten acostumados.
  6. Estamos ante unha Historia que calla (como acontece con Veu visitarme o mar ou Resistencia). As primeiras 40 páxinas son inesquecíbeis; dignas de volver a elas unha e outra vez como a calquera das nosas máis entrañábeis lecturas de referencia.
  7. Polos seus Personaxes: sabia mestura de imaxinarios (Inverno) e reais (Felix Muriel/ Dieste; Dona Carme...)
  8. A recreación de escenarios e ambientes históricos é esquisita. (Aldea galega de 1936, a Barcelona da guerra; Francia no 39/40; o Ipanema; Cuba nos 40-50...)
  9. A Desmitificación (Galicia conservadora, franquista, antirrepubliacana)/ mitificación (Galicia progresista, republicana e laica) da nosa historia no século XX.
  10. Rosa Aneiros. Ela mesma, as súas cualidades como persoa. As miñas palabras aquí sobran; quen teña a fortuna de coñecela e testemuña do que digo. Agustín Agra
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rosa Aneiros entrevistada en «Galicia hoxe»

28 outubro 2009

Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Con motivo da primeira presentación de Sol de Inverno, que terá lugar hoxe en Ferrol, o xornal Galicia hoxe entrevista a Rosa Aneiros.

Rosa Aneiros (Valdoviño, 1976) tira "para casa", como ela mesma confesa, e elixiu Ferrol para presentar (Galería Sargadelos ás oito da tarde) Sol de inverno, a novela coa que gañou a última edición do Premio Xerais. Onte estaba algo inqueda, non polo acto en si -estará acompañada por Sonia Díaz Pereiro e Manuel Bragado- senón polas "lóxicas expectativas" que xorden arredor dunha "obra avalada de premio" e o temor de decepcionar: "o peso da responsabilidade é maior".

Do que non ten dúbidas é de que "dei o mellor que tiña" e iso "xérache sempre seguridade", máis cando "estou convencida de que realmente conseguín as espectivas que me propuxera". Aínda así, recoñece que o seu soño sería "escribir unha novela excelsa e que lle gustase a todo o mundo".

Aínda que Sol de Inverno poida incluírse no xénero da novela histórica -reconstrúe a peripecia dunha familia republicana que debe exiliarse para fuxir do fascismo-, Rosa Aneiros rexeita falar dese tipo de etiquetas: "Toda novela está ancorada nun espazo ou nun tempo que ás veces é a actualidade e outras varios séculos atrás". Por riba de todo, o seu obxectivo era "defender a historia de Inverno" até o punto de que este personaxe -central na trama- "ten voz propia e traballei nel para que o lector percibise non tanto a miña voz como narradora senón a da protagonista da novela".

Pero ¿quen é Inverno? Trátase dunha muller, filla dun republicano, que foxe de Antes -simbólico nome dunha aldea galega- para encamiñarse cara ao exilio en Cuba tras pasar pola resistencia de Barcelona e os campos de refuxiados franceses. "Inverno", subliña a escritora, "cre que lle roubaron algo, mesmo antes da guerra civil e a súa busca continua do paraíso é a procura de Antes: volver á infancia, á inocencia roubada coa morte de Fiz [un rapaz moi unido á protagonista que outro amigo asasina por ciumes]".

A existencia de Inverno está marcada "polo exilio que lle tocou vivir" pero tamén "por un exilio persoal". Deste xeito, Aneiros mestura circunstancias históricas e políticas - "moi fáciles para plasmar a súa paisaxe vital"- pero tratou ao tempo de evitar construír "o cadro dun momento histórico para contar a vida de Inverno".

Pola novela crúzanse revolucións -a da II República española e a revolución castrista-, un aspecto que aparecía xa en Resistencia, unha obra anterior ambientada na Revolução dos Cravos portuguesa. Para a escritora, estas convulsións históricas son clave e o personaxe que mellor define a súa intencionalidade é o pai da protagonista, "encarnación do eterno insatisfeito. Ese home quere sentir que forma parte da historia, da revolución. Todos temos a necesidade de sentir cousas así, incluso Inverno. Non só podemos ter a sensación de que encadeamos unha derrota tras outra, senón que podemos obter vitorias, comunais e persoais. Esa sensación de que triunfamos con algo: coas nosas ideas".

Aneiros tamén é consciente de que o seu estilo evolucionou -" supoño que medrei como escritora"-, pero esta evolución non significa un progreso porque "nunca volves ser o escritor que fuches". Nalgún momento, engade, pode botar de menos "a persoas que fun cando escribín unha obra determinada.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sol de Inverno», presentación en Ferrol

27 outubro 2009

Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Presentacións

O mércores, 28 de outubro, ás 20:00 horas na Galería Sargadelos de Ferrol realizarase a primeira presentación de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. No acto acompañarán á autora Sonia Díaz Pereiro e Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«O nomadismo é un xeito de estar no mundo», sobre «Sol de Inverno»

23 outubro 2009

Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Baixo o título de «Na procura da identidade», Dolores Vilavedra aborda hoxe no suplemento «Luces» da edición galega de El País a crítica da dúas das novelas máis recentes da nosa colección Narrativa, Pirata de María Reimóndez e Sol de Inverno de Rosa Aneiros. Recollemos aquí o texto referido ao recente premio Xerais:

IDENTIDADES NÓMADES

Nunha vaga de saudade, o título do último Premio Xerais, Sol de inverno, de Rosa Aneiros, tráenos á lembranza O sol de verán, a derradeira novela de Casares, coa que porén pouco ten en común. Máis semellanzas amosa coas últimas entregas de Inma López Silva, Memoria de cidades sen luz, e de Luís Rei Núñez, Monte Louro. As tres son (ademais de longas) novelas nómades, protagonizadas por seres condenados case dende o berce á procura de si mesmos. Obsesionados coa memoria, escravos da necesidade de narrala, e obrigados polas circunstancias a unha permanente fuxida, os personaxes destas obras sintetizan as crónicas posibles de tantos dos nosos devanceiros pero tamén, nun deses abraiantes pinchacarneiros que só a literatura é quen de dar, despregan ante nós algúns dos vieiros posibles das identidades do mañá, e lémbrannos que o nomadismo é tamén unha maneira de ser e estar no mundo.

Con eses vimbios como alicerce do seu proxecto, Rosa Aneiros constrúe o percorrido vital de Inverno, un accidentado percorrido que a levará dende a súa Antes natal, unha aldeíña norteña e mariñeira, ata a Cuba pasando pola Barcelona da guerra e os campos de concentración franceses, para rematar de novo en Antes, logo de que a protagonista descubra, no París do 68, que a súa memoria finalmente a vai traizoar, e que decida loitar contra ela coa única arma que lle resta: a palabra. Sol de inverno comparte coas novelas de Inma López Silva e Luís Rei Núñez unha perfecta circularidade estrutural que amosa un logrado labor compositivo, se cadra especialmente coidado nos tres casos por mor da inusual extensión dos textos pero que, xusto por iso, os lectores agradecen.

Termando da corda adoito traizoería do lirismo, Rosa Aneiros aduba o seu relato coas pingas xustas de fantasía para evitar que sexa etiquetado como novela histórica. Así, ese Antes que podería ser doadamente unha aldea galega e que a autora eleva á categoría de metáfora da orixe. Ou algunha das imaxes coas que codifica os episodios máis cruentos da guerra, coma os morcegos de Silvia, portadores da morte nunha desas terribles ironías con que a vida se burla de nós. Sol de Inverno é logo moitas cousas: saga familiar, memoria da guerra e do exilio en que se mesturan con habelencia personaxes históricos e ficcionais pero, sobre todo, é o relato da construcción a contrafío dunha identidade, a de Inverno, arrastrada polo río da historia e recuperada só, nun iluminador paradoxo, grazas á enfermidade do esquezo, o Alzheimer. Contra ela ergue Inverno un muro das palabras de xeito que, dende unha perspectiva fenoménica, toda a narración se presenta ante nós como o resultado dese teimudo esforzo da protagonista por ser, por recuperarse a sí mesma, antes de que as portas do pasado se lle pechen de vez.

Resultaría imposible que nun texto tan extenso, en que todas e cada unha das palabras teñen a súa razón de ser, non houbese intres de desigual intensidade, como acontece co monólogo de Luzdivina que comeza na páxina 321 e que renxe de inverosemellanza polo elevado rexistro que o personaxe emprega, ou que non se deslizase algún anacronismo como o sorprendente estres en que en plena guerra utiliza a nena Silvia en alusión aos seus pombos. Pero son cuestións puntuais, que non conseguen abrir fendas de importancia no poderosísimo edificio narrativo que Rosa Aneiros construíu neste inesquecible Sol de Inverno Dolores Vilavedra

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Conexión Tubinga», crítica de Ramón Nicolás

21 outubro 2009

Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado no suplemento «Culturas« de La Voz de Galicia unha crítica sobre Conexión Tubinga, a novela de Alberto Canal finalista do Premio Xerais 2008.

A BUSCA DA PROPIA LIBERDADE

Non debería omitirse un comentario a unha novela aparecida hai xa algúns meses nas nosas librarías. Trátase de Conexión Tubinga, ópera prima dun autor que, con esta proposta, entra no noso sistema literario exhibindo uns criterios de calidade e de orixinalidade que ben cómpre salientar.
Malia a sensación de que o lector se enfrontará a un texto con arrecendo a dejà vú, dominado polas sospeitas e conxuras medievalistas, nada disto se atopará e, antes ben,  sorprende a súa solidez e, nalgunha medida, a súa singularidade, deixando que argumentalmente nos internemos polos vieiros dun  suposto conflito ou complot teolóxico actual no que ten moito que ver Tubinga e o seu centro de formación católica conservadora. Porque de catolicismo, e do amplo abano de doutrinas de pensamento dentro da Igrexa católica, nos fala este libro aínda que, ao meu ver, o verdadeiramente crucial desta historia o transluza o percorrido que o protagonista realiza, no medio de condicións moi adversas, de traizóns e enganos, cara a conseguir a súa propia liberdade.
Conexión Tubinga, deste xeito, revela ou desvela moitos aspectos que, para os leigos da materia, se revisten de interese, aínda que sexa soamente por asomarse a un mundo específico rexido polas súas propias leis; aspectos que igualmente deberían suscitar a atención a aqueles que poden estar máis involucrados nestes asuntos. A través das súas páxinas posibilítasenos o achegamento ás vivencias dun novizo nun seminario conciliar da vella Auria que, dun xeito casual ou polo seu propio carácter, vai verse inmerso nun torbeliño de acusacións e intrigas, provocando que nel medre unha confusión crecente cuxo elemento clave vai ser a prohibición da lectura do Existe Deus? de Hans Küng, teólogo enfrontado directamente coas xerarquías eclesiásticas dominantes. Velaí o nó da intriga, que permitirá acceder a un universo de relacións e de disensións que veñen de vello e que, na descuberta da cales, se disporá da oportunidade de coñecer ou recoñecer  a vida cotiá dos seminarios, as prohibicións e medidas coercitivas que neles aínda imperan, os férreos sistemas de control respecto da vida persoal ou as tensións doutrinais entre as diversas orientacións existentes, ata que o protagonista, logo de desafiar á autoridade, se vexa impelido a tomar unha decisión, por outro lado, bastante previsible.
Canal non esquece harmonizar a devandita intriga coas contradiccións de todo ser humano, de xeito que conviven nesta proposta o cotián coa teoloxía e a filosofía –non en van o protagonista, Tito Besteiro, dono dun destacado afán inquisitivo e dun espírito rebelde, adquire no novizado o alcume de Nietsche-, asomándonos así á figura do propio Jean Paul Sarte ou de Erich Fromm, e mais tamén a Raztinger, á Congregación da Doutrina da Fe e a outras institucións, sempre incorporadas ao discurso literario con naturalidade e verosimilitude.
En suma, unha novela estruturada con moito tino e cuxos contidos merecerían, penso, acendidos debates. Ademais, goza de pasaxes realmente conseguidas como as que reparan na descrición de Davinia, a panadeira do mosteiro, ou o segredo deste último no que un gato montés encerra a sorprendente clave da perpetuación da memoria. En definitiva, velaquí outra busca do arjé, da orixe das cousas, alén dos dogmas e rituais, algo que ao final se atopa no interior do personaxe de ficción. Proben e verán que non defrauda. Ramón Nicolás Rodríguez

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sol de Inverno», crítica en «Cartafol de libros»

19 outubro 2009

Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Reproducimos varios fragmentos do texto da crítica que Manuel Rodríguez Alonso publica en «Cartafol de libros» de Vieiros sobre Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.

No mundo cultural galego a concesión do Premio Xerais é unha cerimonia clásica. Os premios poden ser inxustos ou mesmo estar suxeitos a intereses de promoción ou vendas, pero, nunha literatura e cultura normalizadas, son absolutamente necesarios. A difusión que adquiren grazas aos medios é especialmente valiosa nun caso como o da literatura galega, moitas veces invisible, xa non só nos medios galegos, senón mesmo nos escaparates das nosas librarías. Este novo premio Xerais, nesta liña, cumpre con ser unha novela accesible ao gran público, mais tamén ten unha notable calidade literaria, que ha de compracer os lectores máis esixentes.

O primeiro acerto desta novela é a estrutura. Unha narradora protagonista, Inverno, conta a historia da súa vida en segunda persoa, dirixíndose a ela mesma porque está a padecer o inicio da enfermidade de Alzheimer. Inverno relata a historia da súa vida aos cincuenta e tantos anos, cando comeza a padecer esta grave doenza. Relatará continuamente a historia da súa vida, para deste xeito non perder a memoria. Por iso, a novela no seu remate volve recomezar, pois Inverno, para non a esquecer, reiniciará outra volta a historia.
Pero esta estrutura ten así mesmo un claro valor de símbolo. A novela recrea a etapa da república, a guerra civil, o exilio dos republicanos, a revolución cubana ou o maio francés. A represión franquista ou a actual propaganda político-cultural do PP e dos seus xornalistas e intelectuais orgánicos que queren presentar Galicia como o espazo do conservadorismo, do antirrepublicanismo, en definitiva da reacción, cando iso non é certo. Pero, aínda máis, queren que os galegos ignoremos o noso pasado republicano e progresista, coma se fósemos unha comunidade con Alzheimer. A novela tenta que non se esqueza o pasado republicano e progresista de Galicia, os fusilamentos franquistas, o exilio, a represión. Non debemos caer como comunidade no Alzheimer histórico.

A novela abarca desde a primavera do 36 ata a primavera do maio do 68 francés, que Inverno lembra nesa segunda persoa autorreflexiva, contándose a sí mesma a súa vida, mais tamén a da súa familia e a da súa comunidade. Pasamos así polos tempos da República, as misión Pedagóxicas, a Guerra Civil, especialmente en Barcelona, ou o exilio francés e americano. A novela mestura a ficción cos personaxes reais (Rafael Dieste e a súa dona Carmen nas Misión Pedagóxicas, Castelao e a revista Nova Galiza). Más adiante, xa na Habana, o pai de Inverno aparece loitando ao lado de Fidel Castro ou do Che. Esta mestura de ficción e realidade é así mesmo un acerto.
Mais tamén é un acerto, no eido da recuperación da memoria histórica ou simplemente da historia, a interpretación que a novelista fai de Galicia. Galicia e os galegos non son o conservadorismo nin o ruralismo, nin o egoísmo propio do minifundista, que espalla por aí a visión turística ou da dereita galega. Galicia é progreso, é republicanismo, laicismo. Non hai que esquecer esa Galicia, posiblemente moito máis importante ca a outra.

A autora acerta de cheo na representación do ambiente da República, especialmente nas aldeas galegas, da resistencia dos antifascistas en Barcelona ou do exilio tras o triunfo do franquismo (as páxinas dedicadas ao viaxe do Ipanema cara a México cheo de exiliados republicanos é moi boa). Así mesmo na presentación da emigración e do exilio galegos na Habana, sen ningún tipo de idealismo e dun xeito obxectivo, coa loita entre fascistas e republicanos trasladada ao ambiente da Habana.

Cremos tamén acerto a presentación da aldea de Antes ou mesmo da Habana de Luzdivina con técnicas propias do realismo máxico. Así mesmo cómpre salientar a boa linguaxe poética dalgunhas descricións: a morte de Fiz é representada como atravesado polas fouces da terra (páx. 42) ou un ceo de lóstregos é ceo enroscado de escánceres (páx. 75).

Falla, ao noso entender, a autora na creación dalgúns personaxes. O pai, como eterno revolucionario, que loita tanto na República coma no castrismo ou no maio francés, non resulta verosímil. Deixa de explotar, por outra banda, o sentimento da nai de Inverno, Felicia, cara ao pai, ese amor cego, que non pide nada a cambio e que todo atura, por máis que presente o conflito na nai entre o amor cara ao pai e ideoloxía política distinta. Personaxes como o pai de Felicia, Ezequiel, ou o de Luzdivina resultan tópicos de máis. Mesmo ás veces os recursos argumentais ou a caracterización dos personaxes cheira demasiado a folletín. Mais non se pode acertar en todo.

A novela, no eido tan importante da memoria histórica, realiza unha función mitofáxica, ou de destrución de mitos (a Galicia conservadora, franquista, antirrepublicana), mais tamén mitoxénica: recreación dunha Galicia progresista, republicana e laica, que nos queren non só agochar, senón facer esquecer. Xa dixemos enriba quen son eses axentes do esquecemento: os mesmos que queren facer desaparecer o galego. Xa que logo, parabéns á novela por este propósito ben acadado.
[...]

Cómpre salientar a calidade deste libro como obxecto artístico, pois a portada de Fran Herbello é un acerto, a partir dunha imaxe do propio texto, o sabor doce da cereixa madura e do amargo da verde. O relato, co fracaso da República, mais co triunfo á fin de contas da súa ideoloxía, deixa certamente este sabor agridoce. Manuel Rodríguez Alonso

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xerais, próximas novidades infantís e xuvenís

15 outubro 2009

Cine, Fóra de Xogo, Fóra_de_colección, Infantil, Merlín, Noticias, Polo correo do vento, Premios_Xerais, Teatro

Anunciamos o programa de novidades infantís e xuvenís preprado pola editorial até finais de 2009:

XERAIS MERLÍN

XERAIS FÓRA DE XOGO

XERAIS POLO CORREO DO VENTO

XERAIS INFANTIL E XUVENIL FÓRA DE COLECCIÓN

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sol de Inverno»: «gustoume moito, moito»

7 outubro 2009

Narrativa, Opinións_lectores/as, Premios_Xerais

Trafegando ronseis recomenda de forma entusiasta Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Reproducimos un texto na súa totalidade:

Gustoume moito, moito, este último premio Xerais, Sol de Inverno de Rosa Aneiros. Un ruxe-ruxe lírico que atrapa o lector desde a primeira ata a última páxina, onde un narrador que se dirixe a Inverno, a protagonista, fala da importancia da memoria, da palabra, e con esta, vainos contando todo o periplo vívido dunha nena que padece a morte do seu primeiro grande amor en Antes (lugar real) e, desde este, acontecementos históricos desgranados no sufrimento e na simboloxía dun seu pai que loita polos seus ideais de liberdade ata o final e que ela persegue e admira sabéndose diferente e ao mesmo tempo igual, porque o importante é o regreso a un mundo seu que xa nunca volverá a selo. Esmiuzando sentimentos, coa vida de Inverno, a súa familia, os personaxes que a rodean, percorremos unha parte importante da historia do século XX, a guerra civil, o exilio, a fuxida a Francia, a marcha a Cuba, a fame, a revolución, os cambios, o regreso a un lugar pendurado do esquenzo... e a enfermidade que planea sobre o ser humano retando a non lembrar mesmo quen somos. Acompañan a todos estes seres ficticios personaxes arrancados da realidade, importantes para a nosa propia memoria, incluída a morte de Castelao, quizais nun capítulo un pouco forzado de admiración e de loito. Porque a novela non é só un itinerario, é unha chamada de atención a todo aquilo que se pode perder na nosa propia historia: a nosa lingua e a nosa idiosincrasia. De aí esa reiteración aos ideais galeguistas que se difuminan hoxe en día e que o exilio posterior á guerra civil levou alén do mar. Unha novela que imos ler, de seguro, este curso. Paga a pena.
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sol de Inverno»: memoria, lirismo e emoción

5 outubro 2009

Adiantos_para_ler, Críticas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Ramón Nicolás publicou o pasado sábado, 3 de outubro, nas páxinas do suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, a primeira crítica de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009.

Baixo o título de «Memoria, lirismo e emoción», Nicolás comeza o seu texto expresando que é «unha novela de amplo alento, esplendidamente elaborada e que se defende por si mesma», salientando no seu remate que «o deseño rotundo dos personaxes han ficar na memoria de quen os queira coñecer».

Polo seu grande interese, reproducimos completo o texto do crítico vigués:

Memoria, lirismo e emoción

As decisións dun xurado constituído por lectores pode ter, para ben e para mal, probablemente coma se doutro xurado máis profesional se tratase, as súas vantaxes e inconvenientes. O Xerais de novela réxese polo primeiro criterio amentado e, como ocorre con outros galardóns, hai casos en que se acerta máis, e talvez outros menos. Nesta ocasión teño para min que o xurado gozou cunha novela que quixo converter en premio e presentarlla con esta bitola aos seus potenciais lectores.
Rosa Aneiros, así pois, subscribe con este Sol de Inverno unha novela de amplo alento, esplendidamente elaborada e que se defende por si mesma; unha novela de personaxe mais tamén  de protagonismo coral; unha novela que conxuga a emoción na que alentan a totalidade dos personaxes cun coidado escenario histórico e espacial recoñecible e máis ou menos próximo que permite percorrer, a través da memoria, os socalcos da vida de Inverno,  desde a súa infancia e mocidade ata a chegada da guerra civil, desde a fuxida a Barcelona, pasando pola estadía en Francia ata o embarque cara a México no coñecido “Ipanema” e concluír nas vivencias dos días cubanos xunto coa volta á vella Europa...
Todo isto mercé a máis de cincuenta fragmentos narrativos que constrúen e anoan a historia dunha vida pola que camiñamos desde o lugar de “Antes”, onde sempre se configurará a necesidade da memoria e no que se debulla algo máis ca o espazo no que uns personaxes botan a andar e a vivir, coa traxedia a lles golpear na cara. É en Antes onde agroma a silueta dunha nena que entende a morte, tamén a traxedia, como algo co que cómpre convivir á forza. Desde eses tempos, previos á guerra civil, trázase unha liña vital tortuosa en moitas ocasións, esperanzada noutras, mais sempre alimentada por numerosas historias de percorrido máis sintético ou breve constituíndo unha sorte de fervenza narrativa: mil e un meandros que vai deixando, sempre, un pouso permanente.
Ao meu ver, a novela goza de dous momentos moi destacados como son, por un lado, os capítulos referidos á estadía de Inverno e a súa familia na Barcelona resistente en plena guerra civil pois este cadra co madurecer definitivo da protagonista a un mundo no que vai, finalmente, coñecerse a si mesma e coñecer o seu pai, man a man con Félix Muriel (homenaxe nada agochada a Dieste), Líster, Castelao ou Ian, aquel brigadista internacional... Por outra banda, as odiseas familiares e persoais vividas na posguerra, conducen a outra sección, especialmente coidada e intensa tanto polo excepcional do traballo de ambientación e descrición que nel se advirte como pola paixón que aquí latexa por espellar con limpeza un universo como é o da Cuba e da Habana dos anos corenta.
Para finalizar cómpre non esquecer o exquisito coidado depositado no ritmo e na expresión, que esvara cando é preciso no ámbito de certo lirismo, suturado con solvencia e pericia no rexistro narrativo. Unha proposta, en fin, que desenguedella con naturalidade ese novelo que é o pasado mercé ao deseño rotundo e intenso duns personaxes que han ficar na memoria de quen os queira coñecer. Ramón Nicolás

Pódese ler un adianto de Sol de Inverno aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xerais redeseña o seu catálogo web

21 setembro 2009

Facebook, Noticias, Premios_Xerais, Twitter

Dende hoxe pode visitarse o redeseño do catálogo web de Xerais. As maiores modificacións realizáronse na ficha de cada unha das obras nas que a partir de agora se poderán realizar comentarios e valoracións por parte dos usuarios, ademais de facilitar que os contidos se poidan compartir nas diversas redes sociais. A páxina inclúe un buscador para o catálogo vivo,  un catálogo educativo específico, e senllos buscadores para autores, ilustradores e tradutores. A páxina complétase cun espazo para as novidades do mes (presente, ademais, en carrusel), descargas gratuítas de materiais didácticos e de lectura, páxinas de cada un dos tres premios que convoca a editorial (novela, Merlín e Fundación Caixa Galicia). Completan a páxina os enlaces ao blog (que será renovado nas vindeiras semanas) e aos espazos en twitter e facebook que conforman a identidade dixital actual da editorial.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Chegan ás librarías as novelas premiadas de Rosa Aneiros

17 setembro 2009

Autores, Fóra de Xogo, Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Xuvenil

Nestes días comezan a chegar ás librarías as dúas novelas premiadas de Rosa Aneiros: Sol de Inverno, Premio Xerais de novela 2009 e Ás de bolboreta, premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009.

XG00166001Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pouso de lirismo que debuxa o periplo vital dunha personaxe: Inverno. A protagonista habita diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias da fuxida a Francia; ao emblemático barco Ipanema; ao longo exilio cubano; á revolución castrista; e mesmo á viaxe ao París do maio do 68. Será en Cuba onde atopamos o pouso da emigración e dos descendentes dos cimarróns, da memoria infinita da tata Luzdivina e do cheiro das follas de tabaco do bisavó Andrés, un escenario clave para entender a singradura dunha protagonista que turra por volver a Antes. Para o xurado do Premio Xerais 2009 «Sol de Inverno constrúe un mundo simbólico e máxico polo que deambulan seres entrañables para crear un relato de pulso vagoroso, que reborda nun potente río de historias. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno debe lamber unha e outra vez, marcan o pulso desta novela que destaca pola rebeldía dos personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.»

XG00155501Na “Luzada”, a cafetaría de Patricia, conflúen cada mañá os camiños que transitan os personaxes d’ As de bolboreta, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil 2009. O de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que comparte varias horas do día co seu avó. O de Lola e Eusebio, un matrimonio de persoas maiores que viven soas e deben enfrontar as difíciles decisións que esixen a vellez e a aparición da enfermidade. O de Iqbal, un mozo de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro de 2005. O de Aysel, unha kurda que manifesta a impotencia que sente pola indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco. O dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días no bar unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén o de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e o da señora Filomena, e o de Ana, e o de Fiño…

O xurado do Premio Fundación Caixa Galicia 2009, que outorgou por unanimidade o galardón a esta novela de Rosa Aneiros, sinalou que “Ás de bolboreta presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela”; salientando, ademais, que “mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela”. Para concluír que “Ás de bolboreta é un relato triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.”

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"Ás de bolboreta", Premio Caixa Galicia 2009, un capítulo para descargar

26 xuño 2009

Adiantos_para_ler, Descargas, Fóra de Xogo, Premios_Xerais, Xuvenil

Descarga dende aquí un capítulo en pdf da novela de Rosa Aneiros, Ás de bolboreta, gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009. Boa lectura!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"Cita co Xerais", comentario de Perozo

22 xuño 2009

Opinións_lectores/as, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Xosé Antonio Perozo publica n' A Nosa Terra un comentario agarimeiro sobre os Premios Xerais.

foto_00141A débeda que a cultura galega ten con Edicións Xerais de Galicia queda compensada cando escoitamos a Manolo Bragado falar das cifras millonarias de libros editados e vendidos ó longo da historia da editorial. Xerais ten o privilexio de ser a primeira industria cultural do libro en galego, e de ser o proxecto que conseguiu sacar a literatura galega do gueto do voluntarismo elitista e do complexo de cultura de resistencia do pasado. Apareceu no momento histórico oportuno para facer historia e sementar futuro. O paso do tempo certificou o acertado da iniciativa e o que representa como motor para outras moitas empresas que se miran no seu espello. Teño dito que unha cultura sen industria cultural é unha cultura morta, porén, algo tan elemental custou que penetrase no tecido da Galicia que viña de sufrir a ditadura e o desprezo da lingua galega. Xerais foi a primeira pedra do edificio actual e hai que recoñecelo.

E así acontece cada ano na peregrinación que facemos á illa de San Simón na convocatoria dos Premios Xerais. Outra iniciativa pioneira consolidada, que xa é a cita máis senlleira do mes das letras galegas, por riba doutras que naceron e esmoreceron diante da falla de seriedade e dun proxecto cultural solvente. Os Xerais marcan cada ano tendencias na escrita da novela e da literatura infantil e xuvenil galegas, por riba dos intereses editoriais propios doutros premios. Da solvencia e independencia dos seus xurados tivemos este ano unha mostra contundente cando dous deles sorprendéronse premiando dúas obras de Rosa Aneiros. Unha excepción que confirma a solvencia da autora e dos Xerais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"Sol de Inverno", Premio Xerais de novela 2009, avance dun capítulo

19 xuño 2009

Adiantos_para_ler, Descargas, Narrativa, Premios_Xerais

Aquí pode descargarse en pdf un capítulo das primeiras probas de Sol de Inverno, a novela de Rosa Aneiros gañadora do Premio Xerais 2009. Boa lectura!

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

As fotos dos Premios Xerais 2009 no Facebook

17 xuño 2009

Facebook, Premios_Xerais

As fotos dos Premios Xerais 2009 poden verse no perfil de Facebook de Xerais que xa superou os seus 500 seareiros e seareiras e mantén un nivel de participación e actualización constante.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fran Alonso, entrevista Premios Xerais 2009

15 xuño 2009

Autores, Lingua, Narrativa, Premios_Xerais, Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=EiTsUuemh1w]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Rexina Vega, entrevista Premios Xerais 2009

Autores, Lingua, Narrativa, Premios_Xerais, Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=0YpKQAlNPUY]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Premios Xerais 2009, entrevistas a editores

13 xuño 2009

Biblioteca_Dixital_Xerais, Entrevistas, Libro_electrónico, Lingua, Premios_Xerais, Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=W9IqXhT4UIY]

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=io-Qh96Ltio]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Amanda Bouzada, entrevista nos Premios Xerais 2009

12 xuño 2009

Entrevistas, Premios_Xerais, Xuvenil

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=FEu54FQNtK0]

Vídeoentrevista a Amanda Bouzada, membro do xurado Premio Fundación Caixa Galicia que premiou á novela Ás de bolboreta de Rosa Aneiros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Agustín Fernández Paz, entrevista nos Premios Xerais 2009

Autores, Entrevistas, Infantil, Lingua, Premios_Xerais, Sopa de Libros, Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=AtxRGLfhJvs]

Vídeoentrevista a AgustínFernández Paz, tras a cerimonia dos Premios Xerais 2009, onde leu o discurso Oito doas para San Simón. Na entrevista, Agustín fala, ademais, de Lúa do Senegal, a súa máis recente novela, publicada na colección Sopa de Libros.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Agustín Fernández Paz

11 xuño 2009

Autores, Lingua, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

Miguel Anxo Fernán Vello publica en Galicia hoxe un artigo sobre o discurso que Agustín Fernández Paz leu na cerimonia dos Premios Xerais 2009.

Entre tanto ar viciado, mentiras e descaro político que vivimos e sufrimos -engadamos aquí tamén ousadía e procacidade-, brilla por si mesma a personalidade dun escritor que acaba de pronunciar un Discurso. O Discurso. En singular e con maiúscula inicial. Elegante e sumamente afábel, discreto e sempre construtivo no seu ser e no seu estar, Agustín Fernández Paz, o autor do Discurso, é, sen dúbida, un dos grandes autores literarios do noso país, ben aprezado polos seus lectores, que son numerosos, e moi recoñecido fóra de Galicia, con libros traducidos, por exemplo, ao árabe ou ao coreano e, por suposto, ao castelán ou francés, entre outros. Agustín Fernández Paz, que non hai moito tempo recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, foi o encargado este ano de pronunciar o discurso que, con motivo da celebración do ditame dos Premios Xerais, centra os actos que teñen lugar de xeito solemne e literario arredor de ditos premios, "institucións" de alto valor que organiza a editora do mesmo nome. O profesor Fernández Paz titulou o seu discurso Oito doas para San Simón -a festa literaria tivo lugar na Illa do mesmo nome- e foi quen de construír unha "obra oratoria" que, neste ámbito ou rexistro, na miña opinión, pasará a formar parte dos grandes textos literarios do noso tempo. A "peza" literaria de Fernández Paz contén verdades profundas e certeiras sobre o noso idioma propio e sobre a creación literaria que del emana, mais o río oratorio creado polo autor destas Oito doas para San Simón posúe, ademais dunha linguaxe transparente e fluída, un ritmo verbal e unha "poética" definida que o converten nunha referencia estética, sen dúbida, e tamén nun relatorio conmovedor -provisto de "intelixencia sentinte", como quería o filósofo- cunha ben establecida base ética na súa práctica discursiva e interpretativa. Nestes tempos ateigados de falsidade e demagoxias, o Discurso de Agustín Fernández Paz é un bálsamo e unha luz no medio dun posíbel novo "tempo de pedra" que comeza a se albiscar. Miguel Anxo Fernán Vello.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Luís Rei Núñez nos Premios Xerais 2009

10 xuño 2009

Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=a6AWXiC-VFk]

Luís Rei Núñez, autor de Monte Louro, obra gañadora do Premio Blanco Amor 2009, fala dos Premios Xerais, da súa última novela e das posibles semellanzas temáticas que esta puidese ter con Sol de Inverno, a obra de Rosa Aneiros gañadora deste Xerais 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xosé Manuel Beiras nos Premios Xerais 2009

Autores, Entrevistas, Lingua, Premios_Xerais, Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=WGIKNzuhyCI]

Tras a cerimonia dos Premios Xerais do sábado 6 de xuño de 2009, Xosé Manuel Beiras fala do sector editorial, do conflito sobre a lingua, sobre a literatura galega actual e o papel dos Premios Xerais, entre outros temas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

«Sobre rodas» nos Xerais 2009

9 xuño 2009

Música, Premios_Xerais, Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=5B18Gje6Rs4]

«Sobre rodas», o dúo de zanfonistas formado por Luís Correa «O Caruncho» e Carlos do Viso interpretan o «Alalá de Muxía» e a «Foliada de Baiona durante a cerimonia dos Premios Xerais 2009.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Premios Xerais 2009, falan Rosa Aneiros e Jacobo Fernández Serrano

Entrevistas, Fóra de Xogo, Merlín, Narrativa, Premios_Xerais, Vídeos, Xuvenil

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=Vjw0eidnq5A]

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Premios Xerais 2009, álbums de fotos

Fotografía, Premios_Xerais

A cerimonia dos Xerais 2009 foi recollida en diversos álbums de foto na rede. No perfil de Facebook están recollidos diversos álbums. Nesta anotación iremos recollendo os  enlaces dispoñibles na rede:

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    «Sobre rodas» nos Premios Xerais 2009

    8 xuño 2009

    Blogs, Música, Premios_Xerais, Vídeos

    [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=8dDXk73wJm8]

    [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=UeO-TmDVPYw]

    O apartado musical dos Premios Xerais 2009 correu a cargo do dúo de Zanfonistas «Sobre rodas», formado por Luís Correa «O Caruncho» e Carlos do Viso. Na cerimonia de entrega tocaron catro pezas, primeiro o «Alalá de Muxía» e a «Foliada de Baiona», e, despois, «O home do sombreiro» e «As matas». Agradecemos a Curioso Impertinente as gravacións que fixo deste apartado musical, tanto na cerimonia como no regreso a porto.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Jacobo Fernández Serrano, primeiras entrevistas

    Autores, Entrevistas, Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

    Jacobo Fernández Serrano, gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2009 por Mil cousas poden pasar.Libro I, realizou as primeiras entrevistas. Aquí recollemos as que fomos localizando:

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Rosa Aneiros, primeiras entrevistas

    Autores, Entrevistas, Narrativa, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

    Rosa Aneiros, a gañadora tanto do Premio Fundación Caixa Galicia de literatura Xuvenil 2009 por Ás de bolboreta como do Xerais de Novela 2009 por Sol de Inverno, realizou as primeiras entrevistas para os medios. Recollemos as que fomos localizando.

    2009060819450238589

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Os Premios Xerais 2009 nos medios

    Entrevistas, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

    Os medios acolleron con moito interese as noticias dos Premios Xerais 2009. O noso recoñecemento para este esforzo que moito agradecemos. Nesta anotación trataremos de enlazar toda a información que localizamos.

    g7p60f1[Fotografía de Gustavo Rivas]

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Os Premios Xerais 2009 nos blogs

    Blogs, Premios_Xerais, Xerais_nos_medios

    Son moi numerosas as crónicas, anotacións ou fotografías publicadas nos blogs e nos perfís de Facebook sobre o serán dos Premios Xerais 2009. A todos os blogueiros e blogueiras agradecemos o seu agarimo. Neste espazo actualizaremos todas as que vaiamos localizando na rede:

    Imagen052[Imaxe de Arume dos piñeiros]

    • "Crónica de San Simón", Ferradura en tránsito (Xosé Manuel Eyré): "En San Simón foi a Festa da Literatura Galega de Xerais. Un dos acontecementos do ano."
    • "Viaxe á illa", Arume dos piñeiros (Manuel Candelas Colodrón): "peirao de san adrián de cobres, lámina gris sobre mar de vigo, estribor e vellos risos, magnolios e arcolitos, arrecendo a buxo húmido, ponte e fotos de amanda, lápidas non lidas do cemeterio, estampa de lique e algas, capela de sansimón senmáns, voces ao lonxe, zanfonas, cálido agustín, jacobo en aniversario, rosa duplicada, bragado celta e ebooks para findeano, zanfonas..."
    • "O serán de Agustín", Brétemas (Manuel Bragado): O de onte en San Simón foi un serán memorable. O incrible dobrete de Rosa Aneiros e as senllas intervencións para agradecer cada un dos premios, a atrevida novela infantil de Jacobo Serrano, as intervencións dos membros dos tres xurados, a elección do agasallo para os participantes, a merenda saborosa que nos preparou Fita, a presentación da velada e a organización perfecta de Celia, as zanfonas de Sobre rodas, a retransmisión por Blogaliza.tv, as travesías delicadas de Ángel, o agarimo dos trescentos amigos e amigas foron algunhas das cousas bonitas dun serán no que ata a chuvia nos deu unha tregua sobre a ría durante seis horas. Con todo, o de onte foi o serán de Agustín que arrollou cun discurso extraordinario. Un aplauso longo, longuísimo (nunca tal vira nun acto literario) de trescentas persoas en pé agradeceron esas palabras firmes e luminosas.
    • "Oito doas para San Simón", Días estranhos (Martin Pawley): Agustín Fernández Paz no seu discurso como mantedor literario dos Premios Xerais 2009. E claro, claro que ao escoitalo aplaudimos postos en pé. Se non nos poñemos en pé por Agustín, por quen o habemos de facer?
    • "A illa dos premios", O Furancho de Lavesedo: "Todo tivo a enerxía silente que a illa lles doa xenerosa cada ano aos premios. Foi bonito. Pero apesar de todo, quedoume un aquel de tristura. Vai ti saber por que."
    • "A illa da creatividade é a dos Premios Xerais", O levantador de minas (Alfredo Ferreiro): "Tanto hai para que lles conte sobre os Premios Xerais 2009 que hoxe non souben por onde comezar. O día ameazaba con nunca titar a capa cincenta con que nos abrigaba e a tarde con non permitirnos entre estatuas, balaustradas e coidados xardíns. Aínda ben que a ría non admite ondas feroces, cheguei a pensar antes de subir á modesta embarcación que me transportaría á illa de San Simón. Mais a tarde deu para todo, sendo ese todo moito máis do que cabía esperar. Trescentas persoas embarcaron rumbo á illa para asistiren aos Premios Xerais nun barquiño xeneroso que houbo de facer tres viaxes até que todos arribaron a esa terra testemuña de amores, traballos, enfermidades, torturas e arte. Xa en terra, as faces en pedra de Mendinho, Joám de Cangas e Martim Códax auguraban un evento caracterizado polo compromiso incorruptíbel coa arte escrita."
    • "Xeniais Xerais!", Ana Bande: "Encantado de coñecerte en persoa, vaia, Miriño, que Curioso e Impertinente, que gustazo vérmonos, teño pendiente entregarche un premio, si o disco de Abuña Jazz, bico neno, ola Montserrat, ten graza a cousa, levabamos unha chea de tempo coincidindo por aí, eu xa dicía, pero ¿porque cada vez que me paro con M., o meu home saúda sempre á sua compañeira?..."
    • "Xentes,letras e músicas", Curioso impertinente: Pola tarde collemos o barco ás seis menos cuarto para ir á illa de San Simón. Paseo pola illa, coa ponte de Rande ao fondo, e entrega dos premios Xerais 2009.
    • "A min tamén me tocou o Xerais", A profa (Pilar Ponte): "Non, non estou tola, este ano a min tamén me tocou o Xerais.
    • "Agarimosa Xerais", Serendipia: Grazas, Xerais, pola doce acollida.
    • "Premios Xerais, defensa do idioma e Rosa Aneiros", O enigma de Albixoi (Pablo Mato), inclúe vídeos: "A xeira do sábado 6 de xuño foi un día de grandes contrastes. Por un lado, un tempo case invernal puxo en perigo o que tería que ser unha festa. Por outro, as polémicas decisións que vén tomando o goberno popular contra o galego durante toda a lexislatura."
    • "Inesquecible Xerais", Albademadrugada:"A Rosa, Rosiña como a nena do conto; o fermosísimo conto que tivemos a sorte de saborear antes que ninguén, a outra tarde n’Ocity."
    • "Acumúlanse os posts que nunca escribirei", Emerecindo: "As semanas de lecturas, o Limiar da Conciencia, as pombas e os morcegos, a media ducia cumprida de historias entretidas, as dúas tardes de intenso (e enriquecedor) debate, a volta á illa, os pinchos, o lercheo, os risos, as oito doas para San Simón, a sorpresa a emoción e a frustración de saberme perseguida por aquelas palabras roubadas a Rodari que apareceron no primeiro libro que metín no bolso despois das lecturas forzosas e que, vintecatro horas máis tarde, estalaron de novo diante de min con toda a forza do discurso de Agustín."
    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Agustín Fernández Paz: «Oito doas para San Simón»

    Descargas, Ensaio, Premios_Xerais, Vídeos

    Agustín Fernández Paz, como mantedor literario da XXVIª edición dos Premios Xerais, leu o discurso titulado Oito doas para san Simón (pode descargarse o arquivo pdf aquí)), no que fixo unha defensa do papel da creación literaria en lingua galega como forma de participar na cultura da humanidade. Nesta liña rematou a súa intervención con estas palabras:

    [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=JOxizWAI9zg]

    [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=uXYv5GRFYgg]

    Estamos afeitos a traballar en situacións adversas. Na historia da nosa literatura as liñas de resistencia activa veñen de lonxe. De Rosalía, rebelándose contra o feito de sentirse estranxeira na súa patria; de Curros, que denuncia a ameaza dos lobos e clama pola unión; de Cunqueiro pechado na súa bufarda de Mondoñedo a soñar as mil primaveras para a lingua estigmatizada; de Celso Emilio, falándolle como un irmau solidario a todos os desposuído do mundo... A nosa forma de participar na cultura da humanidade é desenvolvendo a cultura galega. Temos dentro de nós a materia que lle pode interesar a calquera persoa en calquera lugar do mundo, só precisamos plasmala a través do proceso de creación. Para conseguilo, cómpre chantar os pés na nosa realidade e, coas raíces na terra, abrirnos a todos os ventos culturais do mundo. Porque aquí están as fábricas da imaxinación das que fala Manuel Rivas, delas poden saír creacións que tamén se lean en toda a periferia mundial. Obras cargadas de vida, obras cunha luz tan forte que sexa imposible de agochar. Un dos trazos máis significativos da cultura galega, que tan ben souberon expresar os membros da Xeración Nós, é a súa vocación de ser célula de universalidade, a súa vontade de ser unha peza máis, en pé de igualdade, no mosaico mundial das culturas: a súa conciencia de que só se pode ser universal desde as propias raíces.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    «Sol de Inverno» de Rosa Aneiros, premio Xerais 2009

    Narrativa, Noticias, Premios_Xerais, Vídeos

    O xurado da 26ª edición do Premio Xerais de Novela dotado con 25.000 euros e formado Ana Bande Bande (bibliotecaria), César Lorenzo Gil (xornalista), Paz Raña Lama (profesora), Sonia Díaz (xornalista), Bieito Legaspi (profesor e membro de Espazo Lectura) e Fran Alonso, secretario do xurado en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as corenta e cinco obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os seguintes lemas: «A soidade dos leóns», «Dinara», «Limiar da conciencia» e «O retorno das aves».

    Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema “O retorno das aves”, presentada baixo o pseudónimo Píllara que, despois de aberta a plica, resultou ser de Rosa Aneiros e corresponde ao título Sol de Inverno.

    [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=BMCZ-sIkzPw]

    Na novela gañadora do Premio Xerais 2009, desde a ventada e afastada aldea de Antes, unha voz narrativa en segunda persoa vai reconstruíndo unha vida e a dunha familia cun intenso pouso de lirismo que atravesa todo o relato. O xurado no texto de xustificación da súa decisión sinalou que “esta é unha longa novela que emociona, unha novela comprometida, densa, que se arrisca cun tema xa tratado e que sae indemne para debuxar o periplo vital dunha fascinante personaxe que, desde os trece anos que ten ao comezo, se move baixo o motor da paixón: Inverno. Inverno, que é a protagonista, habita, empuxada polos designios da historia, diversos escenarios que nos conducen desde a perdida aldea de Antes –nada máis que trinta lumes a comezos de 1936– a Barcelona, para relatarnos a crueldade da guerra; e logo ás circunstancias do exilio en Francia, ao emblemático Ipanema que viaxa con destino a México; ao longo exilio cubano –onde nos atopamos coa emigración e cos descendentes dos cimarróns–; á revolución castrista; e mesmo á viaxe a un París marcado polos estudantes do maio do 68. Sen dúbida, a narración responde ao pulso da historia, pero tamén á rebeldía dos seus personaxes na defensa dos ideais e da xustiza.”

    _Rosa_02A novela, de profunda instrospección nos protagonistas e no deseño dos ambientes, constrúe un mundo simbólico, máxico, riquísimo en referentes, a través do que pululan seres entrañables, que nos conmoven, e tamén persoas reais, como Castelao, Carmen Muñoz ou Rafael Dieste. Deste xeito, apaña o fío da tradición literaria galega este longo relato de pulso vagoroso, meditado, que reborda nun río de historias que nunca nos deixan indiferentes. A memoria do exilio, as súas voces e as súas feridas, que Inverno ten que lamber unha e outra vez coma un pesadelo, é a que vai erguendo as sólidas paredes desta novela que, de seguro, engaiolará desde a primeira páxina, desde a dedicatoria inicial a Silvia Mistral.

    Rosa Aneiros declarou, cando recibiu o premio Xerais, que “nesta novela quería contar a historia dunha nena, Inverno, a que lle roubaron a infancia, ese paraíso de Antes, e como ao longo de toda a súa vida pelexa por retronar e recuperar ese paraíso. Inverno tenta sempre regresar, especialmente cando vive en Cuba en contacto coa comunidade de emigrantes galegos, aí nese treito da narración, quixen recuperar a memoria da miña propia infancia”. Rematou Rosa Aneiros salientando que “Inverno é un personaxe completo que loita polos seus ideais, mais tamén polos ideais de outros, que sinte tan preto como os propios”.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    «Ás de bolboreta» de Rosa Aneiros, premio Fundación Caixa Galicia 2009

    Fóra de Xogo, Noticias, Premios_Xerais, Vídeos, Xuvenil

    O xurado da 4ª edición do Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil dotado con 10.000 euros, formado por: Verónica Rego (en representación da Fundación Caixagalicia), Mónica Góñez (profesora e escritora), Pilar Ponte Patiño (profesora), Alba González Méndez (estudante de 4ª da ESO, IES Os Rosais de Vigo), Amanda Bouzada Novoa (estudante de 4º da ESO do IES Os Rosais de Vigo) e Xosé Manuel Moó Pedrosa, secretario do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as dezanove obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os lemas: «Ás de bolboreta», «Dragal» e «Quiromántico».

    Despois da súa última deliberación, acordou por unanimidade declarar como gañadora a presentada baixo o lema “Ás de bolboreta” que, despois de aberta a plica, resultou ser de Rosa Aneiros Díaz e corresponde ao título Ás de bolboreta. O xurado aconsella á editorial a publicación da novela presentada baixo o lema “Dragal”.

    [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=EPSchAiOnBo]

    A novela gañadora do Premio Fundación Caixa Galicia 2009 desenvólvese no bar de Patricia, situado nunha encrucillada de rúas en Santiago de Compostela, o quilómetro cero onde conflúe cada un dos camiños que transitan os máis de quince personaxes. Nesta novela crúzanse historias humanas diferentes que, no seu conxunto, conforman unha radiografía da sociedade urbana actual: globalizada, interconectada e diversa.

    _Rosa_01Unha das historias é a de Manuel, un neno de orixe africana, a quen lle morreu a súa nai adoptiva, que apenas pasa tempo co seu pai –un ocupado home de negocios– e que comparte varias horas do día no bar de Patricia co seu avó materno, con quen vai aprender a superar a morte da nai, a comprender a súa infancia e a recuperar o seu pai. Pola súa parte, Lola e Eusebio, un matrimonio de anciáns que viven sos, el enfermo e dependente, teñen que se enfrontar ás grandes decisións que esixen a vellez e a enfermidade: continuar vivindo na casa ou trasladarse á frialdade dunha residencia, ter que recorrer a descoñecidos para que os axuden, saber convivir coa presenza cada vez máis próxima da morte e convencerse de que hai soños que sempre pospuxeron pensando que aínda había tempo por diante para os cumprir.

    Tamén está a historia de Iqbal, un mozo londiniense de pais paquistanís que decidiu marchar de Londres tras os atentados terroristas no metro en xullo de 2005 que condicionaron e marcaron a vida dos londinienses pertencentes á comunidade musulmá. E a de Aysel, unha kurda que manifesta de forma brutal a impotencia que sente pola total indiferenza con que a comunidade internacional acolle a represión exercida contra o seu pobo por parte do goberno turco; e a historia dos alpinistas do monte Gurugú, dous mozos nixerianos que tentan atravesar o valado da fronteira de Melilla para poder reunirse coa súa tía, que agarda todos os días, no bar de Patricia, unha chamada que confirme a chegada dos seus sobriños a Galicia. E tamén a historia de Paco e Adolfo, dous homes covardes que non aprenderon a considerar as súas mulleres como compañeiras de viaxe, e a da señora Filomena, e a de Ana, e a de Fiño…

    O xurado na xustificación da súa decisión sinalou que “Ás de bolboreta de presenta unha estrutura non xerarquizada, dividada en breves capítulos onde calquera parte está conectada con todas as demais, un puzzle de pezas engarzado do mesmo xeito que se engarzan as vidas dos personaxes da novela. Tratando temas nada compracentes, como o terrorismo, a intolerancia, a soidade ou a violencia contra as mulleres, a novela flúe e conmove aos seus lectores e lectoras grazas á combinación de diálogos áxiles e frescos con pasaxes fondamente líricas. Mediante a conexión do cotián con outras historias que poden semellar máis afastadas conséguese unha intensidade narrativa reforzada polo acertado emprego dos rexistros que se van adecuando aos distintos personaxes que conforman a novela. Ás de bolboreta é tamén un conto triste e esperanzador ao mesmo tempo, fondamente humano, solidario e internacionalista.”

    Rosa Aneiros declarou, no momento de recibir o premio Fundación Caixa Galicia, que “esta é unha novela de historias e personaxes que se cruzan, xa que quixen expresar que hoxe todos estamos interconectados e o bater de ás dunha bolboreta pode provocar efectos inagardados noutro lado do mundo”. Continuou Rosa Aneiros dicindo que “procurou para todos os personaxes atopar unha saída para a súa soidade, ao tempo que amosar a presenza dunha violencia moi sutil nas súas vidas”. Rematou a gañadora do premio Fundación Caixa Galicia 2009 recordando que “hai dez anos publiquei a miña primeira obra, a novela xuvenil Eu de maior quero ser, neste tempo aprendín da miña participación en encontros de moitos clubs de lectura e de moitos contactos con lectores novos e novas que teñen unha enorme capacidade para rematar eles as historias; con Ás de bolboreta teño a esperanza que eles rematen estas historias, narradas dende a maior naturalidade, procurando a simpleza e a ausencia de calquera tipo de prexuízos”.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    «Mil cousas poden pasar.Libro I» de Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín 2009

    Infantil, Merlín, Premios_Xerais, Vídeos

    O xurado da 24 ª edición do Premio Merlín de literatura infantil dotado con 10.000 euros formado por: Rosana Estévez Pereira (contacontos e membro de Espazo Lectura), Santiago Gutiérrez (ilustrador), Mercedes Pacheco (tradutora), Mª Xesús Pereiro (escritora infantil e profesora), Xan Guillén  Vázquez (profesor e coordinador do Premio Literario Frei Martín Sarmiento) e Helena Pérez Fernández, secretaria do xurado, en representación de Xerais, con voz e sen voto, entre as vinte e catro obras participantes, declarou finalistas as presentadas baixo os lemas: «Papude», «Secundario» e «Septempunctata».

    Despois da súa última deliberación, acordou por maioría declarar como gañadora a presentada baixo o lema “Papude” que, despois de aberta a plica, resultou ser de Jacobo Fernández Serrano e corresponde ao título Mil cousas poden pasar. Libro I.

    [youtube=http://www.youtube.com/watch?v=hZ6dV2JK5OE]

    Os membros do xurado do Premio Merlín xustificaron a súa decisión salientando que en Mil cousas poden pasar. Libro I, “baixo a premisa da liberdade absoluta,  o autor propón ao lector un xogo no que se nos decidimos a entrar a ceibar sen límites a imaxinación, calquera cousa pode xa acontecer”. Coa escusa inicial da procura dun agasallo de aniversario para o submariño rei dos tritóns, a narración vainos levando ao encontro dunha serie de personaxes insólitos e á sucesión de situacións a cal máis imaxinativa e disparatada nunha cidade onde todo é posible, onde o excepcional é o cotián, onde o surrealismo é o normal e o absurdo convértese no lóxico. Para o xurado “as personaxes coas que nos cruzamos nesta deliciosa lectura, e que nun principio semellarían ser so actores secundarios dunha trama nada lineal, acaban revelándose ao cabo nos absolutos protagonistas desta ben orquestada peza coral”.

    “Estas personaxes son tan únicas coma as situacións que experimentan: os ríos teñen vida propia, hai dous namorados que viven a súa historia cunha beleza e sensibilidade nas antígonas da ñoñería, e atopamos un enterrador que para si quixera Tim Burton. Montada sobre unha intelixente estrutura, construída coma unha cadea de dominó, onde unha ficha derruba á seguinte, Mil cousas poden pasar. Libro I vainos amosando unha serie de pezas que acaban conformando de maneira totalmente natural un mosaico fermoso e único, construíndo un imaxinario propio e un mundo fantástico orixinal e novidoso, sólido e sen fisuras. Grazas ás pequenas (ou grandes) historias das personaxes que habitan a cidade de Nil, descubrimos un universo que trascende os límites desta novela e que non recorre a tópicos anteriores da literatura infantil.”

    “E sobre esta estrutura, e con estas pezas, cóntasenos unha historia sobre as consecuencias das accións, por sutís que estas parezan, nunha sorte de teoría sen fin das ás de bolboreta; e de vocacións, de como todos, dun xeito ou doutro, acaban desempeñando a función para a que se sinten inclinados. O emprego dun narrador, tamén moi particular, é outro dos logros técnicos desta obra: a omniscencia dos narradores convencionais en terceira persoa, é substituída aquí por un interlocutor que fala co lector, que recoñece as súas deficencias coma contador de historias, e que fai lúcidas reflexións vitais de colleita propia que achegan moito á comprensión subxectiva do mundo que nos está a describir. E que ademais, de cando en vez, nos premia citando de forma recurrente  a un felino trovador que ten unha rima para cada situación. “

    “Quizais ese mixiño poeta sexa parente lonxano do gato evanescente que se lle aparecía á marabillosa Alicia… ou quizais o río Inrique deixara o seu leito para levarlle auga corrente ao Castelo Ambulante que imaxinara Miyazaki… e de seguro que Gulliver, cando deixa de visitar illas lonxanas e fai turismo de interior, ten unha casiña de verán na vila de Nil onde se sinte como na casa. Quizais a singular cidade de Nil, cae polos arredores de Mondoñedo, o Mondoñedo de Cunqueiro, onde se fraguaron outras tantas historias singulares.”

    _Jacobo_01Rematou sinalando o xurado do Premio Merlín 2009 que as razóns polas que foi premiada esta obra foron “pola desbordande imaxinación da que fai gala o autor, polo novidoso do argumento, pola inédita e variada galería de personaxes, pola solidez do mundo que se constrúe ante nós con cada frase, polo orixinal da estutura,  polo arriscado de levar o absurdo ao extremo, pola beleza plástica dalgunhas descricións e figuras narrativas e polo metafórico de moitas das pasaxes argumentais”.

    Jacobo Fernández Serrano declarou que “recibir un premio coma este, coa impresionante lista de escritores que o levaron antes ca min, é unha honra e unha ledicia inmensa. A novela comeza cos fillos do rei do mar que caen na conta de que se achega o aniversario do seu pai e aínda non teñen agasallo. Da procura dese agasallo desencadéanse as mil cousas do título da obra. Pois ben, coincidiu que hoxe 6 de xuño é o meu aniversario. Semella logo que esta noveliña da que son pai deu co agasallo ideal: O Merlín. Seica as veces as cousas na vida real cadran aínda mellor que na literatura”.

    Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

    Anotacións máis antigas »