«Tripulación pirata», unha fermosa experiencia arredor da lectura e das matemáticas

7 Xaneiro 2010

Blogs,Educación,Infantil,Matemáticas,Merlín,Noticias

«Tripulación pirata» é o nome do blog da aula de 6º de Educación Primaria do C.E.I.P. Os Muíños de Muxía. Velaquí unha experiencia didáctica innovadora arredor da lectura e das matemáticas.

Segundo relatan os participantes no seu blog «todo comezou cando a Biblioteca escolar fixo a súa programación cun tema moi peculiar: «Piratas». A proposta parecía interesante. Pero…como entrar no mundo pirata a través das Matemáticas? Pouco a pouco a idea foi madurando e collendo forma. Só había que buscar materiais e adaptalos para que os contidos matemáticos de 6º tiveran algo que ver co tema en cuestión. E así foi como apareceu o fío condutor que precisabamos: a novela Os piratas da illa da Esperanza do escritor muxián X.H. Rivadulla Corcón. Esta obra de temática mariñeira sobre a lealtade e a amizade constitúe a base da programación de Matemáticas deste curso para 6º de Primaria. E permite non só afondar no mundo das cantidades, dos espazos e formas, do tratamento da información e azar, senón tamén nos temas transversais: educación para a saúde, para o ocio e tempo libre, para a paz…»

Os nosos parabéns ao profesorado e alumnado do Colecio Os Muíños por experiencia educativa tan fermosa.

Matemáticas ESO e Bacharelato: materiais de apoio descargables

6 Febreiro 2009

Descargas,Libros_texto_Bacharelato,Libros_texto_ESO,Matemáticas

tanxenteXa están dispoñibles na web de Xerais, para seren descargadas por todo o profesorado e alumnado que o precise, as transparencias para traballar na aula os distintos tipos de funcións que se tratan en Matemáticas nos niveis de ESO e Bacharelato: funcións exponenciais e logarítmicas, funcións irracionais, funcións polinómicas, funcións racionais e funcións trigonométricas.

Programación de "Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais"

19 Xuño 2008

Descargas,Educación,Libros_texto_Bacharelato,Matemáticas,Programacións_didácticas

Dende hoxe pode baixarse aquí en pdf (61 páxinas) a programación didáctica de Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais de 1º de Bacharelato.

Programación de "Matemáticas"

10 Xuño 2008

Descargas,Educación,Libros_texto_Bacharelato,Matemáticas,Programacións_didácticas

Aquí pode baixarse a programación en pdf (63 páxinas) de Matemáticas 1º de BAC (Ciencias e Tecnoloxía).

«Matemáticas» e «Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais» 1º de Bacharelato: novos libros do alumnado para o curso 2008-2009

5 Xuño 2008

Educación,Libros_texto_Bacharelato,Matemáticas

Matemáticas e Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais son os novos manuais para 1º de Bacharelato que presenta Edicións Xerais. Realizados por José María Arias Cabezas e Ildefonso Maza Sáez, recoñecidos profesores de instituto e investigadores da Universidade Autónoma de Madrid, cunha longa traxectoria como autores de libros de texto e materiais divulgativos.
Ambos os dous manuais están estruturados de xeito parello e desenvolven os contidos do currículo de Bacharelato LOE (2008).

Matemáticas consta de 368 páxinas, divididas en 14 temas agrupados en catro bloques:

Bloque I: Aritmética e álxebra (temas 1 e 2)
Bloque II: Xeometría (temas 3 a 7)
Bloque III: Análise (temas 8 a 12)
Bloque IV: Estatística e probabilidade (temas 13 e 14)

Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais consta de 296 páxinas, divididas en 13 temas agrupados en tres bloques:

Bloque I: Aritmética e álxebra (temas 1 a 5)
Bloque II: Análise (temas 6 a 10)
Bloque III: Estatística e probabilidade (temas 11 e 13)

Cada bloque leva unha introdución aos contidos xerais e unhas «Pinceladas de historia» das matemáticas relacionadas coa teoría desenvolvida nos temas:

Cada tema estrutúrase da seguinte maneira:

DOBRE PÁXINA DE INICIO DO TEMA
:
Cada tema iníciase cunha introdución aos contidos ilustrados por unha fotografía. Así mesmo, sempre se sintetiza este apartado mediante un mapa conceptual («Organiza as túas ideas»).

DOBRES PÁXINAS DE CONTIDOS E EXERCICIOS:
Desenvólvense os contidos en dobres páxinas. Cada unha das dobres páxinas é unha sección que comeza con «Pensa e calcula», que son exercicios rápidos de cálculo mental, continúa coa exposición da teoría que contén exemplos resoltos de cada concepto e finaliza cun apartado chamado «Aplica a teoría», onde se propoñen exercicios de aplicación.

AFONDAMENTO: DEMOSTRACIÓNS:
Inclúese este apartado nos temas onde cómpre a demostración en detalle de diversos contidos (teoremas, propiedades, etc.) como ampliación do exposto na teoría.

EXERCICIOS E PROBLEMAS DO FINAL DO TEMA:
Nestas páxinas expóñense exercicios clasificados segundo as epígrafes que encabezan cada sección do tema, tras do que vai un apartado de ampliación e reforzo («Para ampliar»). Ademais, baixo a epígrafe «Problemas» recóllense problemas matemáticos de aplicación, cuxos contidos poden ser reforzados con propostas de exercicios de maior complexidade no apartado «Para profundar».

WIRIS, GEOGEBRA, DERIVE, CABRI, EXCEL, CALC E INTERNET:
Este apartado, que recolle a proposta do currículo de incluír as ferramentas informáticas, cumpre o obxectivo de repasar os contidos do tema empregando un programa informático. A sección distribúese en tres apartados:
«Paso a paso» amosa exercicios resoltos coas indicacións para aprender a realizalos.
«Así funciona» apunta breves aspectos sobre o funcionamento dos programas.
«Practica» é o último apartado onde se expoñen exercicios e problemas para a resolución por parte do alumnado.

Premendo na imaxe que aparece a continuación pódese ver a táboa de contidos de cada un dos libros:
Matemáticas aplicadas ás Ciencias Sociais:

Matemáticas:

Acompañando a Proposta Didáctiva vai un CD para o profesorado no que se inclúen os programas informáticos Wiris e GeoGebra por primeira vez en galego.