O «Libro en rede» de Xerais

22 Maio 2012

Didáctica,Educación,Libros_texto_ESO,Libro_electrónico,Libro_en_rede,Lingua,Noticias,Novidades,Vídeos

Xerais propón para o vindeiro curso 2012/2013 un innovador modelo de educación dixital para a área de Lingua e literatura de 2º de ESO, o «Libro en rede».

Unha proposta que recolle tanto a experiencia de trinta anos na confección de materiais curriculares impresos para a aprendizaxe da lingua e literatura como as posibilidades de interactividade das actuais utilidades hipertextuais. Desenvolvendo unha proposta curricular idéntica aos nosos materiais impresos de 2º de ESO, foi deseñado para ser utilizado polos centros participantes no programa ABALAR, con especial atención a aqueles que experimentan con contidos dixitais interactivos.

Axiña poderá consultarse na web da editorial unha unidade completa de mostra. Se desexa recibir máis información sobre o proxecto «Libro en rede» de Xerais, non dubide en contactar con nós: xerais@xerais.es

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2012»

20 Abril 2012

Didáctica,Libros_texto_Bacharelato,Lingua

Lingua e literatura. Probas de Selectividade 2012, de Antón Mosteiro García, é unha obra que pretende servirlle de axuda ao alumnado de Lingua e literatura galega de 2º de Bacharelato para preparar a Proba de acceso á universidade do ano 2012.

Ofrécense, resoltas, as catro probas que se formularon o pasado ano nas convocatorias de xuño e setembro e, seguindo o mesmo modelo, seis textos máis con propostas alternativas que sirvan de práctica para afrontar a Selectividade deste curso.

Ademais tamén se aconsella de forma exemplificada sobre a correcta resolución das actividades, incidindo sobre todo no referente ás preguntas de sociolingüística e literatura, así como na análise de textos:

Chuzame! A Facebook A Twitter

O CPI Progreso de Catoira recomenda «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

24 Xaneiro 2012

Blogs,Lingua

O blog dos Equipos de Biblioteca e Normalización Lingüística do CPI Progreso de Catoira recomendaron para este curso escolar libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.

Comezamos as nosas recomendacións lectoras!

Neste curso é Armando Requeixo o encargado de inaugurar a xeira de recomendacións

“Quero recomendar a toda a comunidade educativa a lectura do libro Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, do ensaísta Carlos Callón, actual presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

            Nesta obra —publicada hai pouco por Edicións Xerais de Galicia— atoparedes un manual moi práctico que proporciona informacións sobre disposicións legais respecto do uso da nosa lingua e, ao tempo, reflexiona e dá consellos sobre como actuar nun cento de situacións comunicativas problemáticas, que poden xurdir no día a día de calquera galegofalante habitual.
            Aínda que todos os capítulos do libro son moi interesantes e útiles, aconséllovos que non deixedes sen ler o dedicado a “O galego no ensino”, pois coido que poderá ser de gran proveito para informarse dos dereitos que como galegofalantes nos asisten e para saber como proceder se nalgún momento sentimos que estes non son respectados.”

            ¡Que teñades boa lectura!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Para vivir en galego: Crítica de Isabel Vaquero sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

1 Decembro 2011

Críticas,Crónica,Lingua

Isabel Vaquero, técnica do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela, escribiu unha recensión crítica sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón para O Cartafol, o boletín electrónico deste servizo.

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos

«Cada decisión que tomamos no presente modifica os futuros posibles». Tal paráfrase de Einstein podería ser o leit-motiv que levou a Carlos Callón, presidente d’A Mesa pola Normalización Lingüística, a escribir este manual da auto-axuda, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, editado por Xerais.

Malia que a situación da lingua galega amosa síntomas preocupantes, pois leva séculos sufrindo  perda de falantes, que se acelerou nas últimas décadas, e non goza de protección xurídica e institucional abonda, na opinión de Callón existe un aspecto positivo que convén ter moi en conta: «nunca antes existiu unha comunidade lingüística galega tan dinámica e con tal grao de consciencia dos seus dereitos». É a esta minoría social, preocupada e concienciada, á que se dirixe o autor fundamentalmente: ás persoas que teñan suficiente motivación como para exerceren os seus dereitos lingüísticos.

Escriturar un ben, facer testamento, escolarizar as fillas, poñer nome, consumir produtos, solicitar facturas, acudir ao médico, cubrir un formulario electrónico dunha administración, traballar, utilizar un servizo municipal… A cotío vivimos infinidade de situacións en que o galego semella non existir; e deixará de existir, en efecto, se nós, as persoas concienciadas e comprometidas co noso idioma non o reivindicamos. «O non xa o temos, mais o si aínda podemos conquistalo. Pidamos o galego alí onde non nolo ofrezan. Procuremos sempre a empatía da persoa que nos atenda, mais nunca deixemos pasar calquera xestión da nosa vida sen o dicirmos: Por favor, podería ser en galego? Sorprenderémonos. (…) Non ocultemos que queremos vivir en galego.»

Como sostén Callón, a falta do galego en moitas situacións habituais non se debe tanto ao rexeitamento como á inercia e á ignorancia, tanto dos nosos interlocutores como, en moitas ocasións, propia nosa. Este manual pretende alumar o camiño da acción individual, tan necesaria para a vixencia do idioma propio de Galicia. Por unha banda, ofrece argumentos e datos en que apoiar as nosas demandas; por outra, aconsella técnicas para facelo con asertividade, é dicir, sen empregar unha conduta aversiva para os demais, e obtendo, polo tanto, un autorreforzo. Son variadas as anécdotas, tanto propias do autor como doutras persoas, que ilustran esta liña de actuación e que serven, ademais, para que o libriño, xa de por si didáctico, deveña entretido e, mesmo, divertido.

Cada logro e avance do galego houbo que pelexalo a pulso. E nesas seguimos. Velaquí, logo, unha axudiña… para o pulso.

Isabel Vaquero Quintela

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Armando Requeixo sobre «Como defenderes os teus dereitos lingüísticos», de Carlos Callón

14 Setembro 2011

Críticas,Crónica,Lingua

O crítico Armando Requeixo publica no seu blog unha recensión sobre Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón.

Prontuario de dereitos lingüísticos

Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, o último libro do filólogo e activista Carlos Callón, é un proveitoso manual práctico que proporciona informacións sobre disposicións legais respecto do uso da nosa lingua e, ao tempo, reflexiona e dá consellos sobre como actuar nun cento de situacións comunicativas problemáticas, que poden xurdir no día a día de calquera galegofalante habitual, nestas nosas esquizofrénicas terras nas que, o que debería ser o natural idiomático, cada vez resulta máis un aceno de resistencia mohicana.

Dividido en varios bloques de contido, Como defenderes os teus dereitos lingüísticos incorpora dúas moi útiles seccións sobre “O galego na Administración e nas entidades públicas” e sobre “O galego no ensino”, amais dun valioso anexo con instancias, modelos e outros escritos que se ofrecen como patrón para reclamacións ante atropelos lingüísticos de diverso tipo.

Escrito con grande claridade expositiva, non exenta de rigor xurídico e documental, esta obra de Carlos Callón debería ser de presenza obrigada en bibliotecas públicas, oficinas do consumidor e do valedor do pobo, e, en xeral, todos aqueles espazos de confluencia onde o común cidadán poida andar á procura dun amparo ante os innúmeros abusos idiomáticos que os galegofalantes padecemos decotío. Nada máis que por iso, o esforzo do ensaísta de Ribeira merece agradecido aplauso.

Armando Requeixo

Chuzame! A Facebook A Twitter

Hoxe Manuel Rivas e Carlos Callón na Feira do Libro da Coruña

3 Agosto 2011

2011,Autores,Crónica,Feiras_do_libro,Lingua,Narrativa,Noticias,Presentacións

Hoxe na Feira do Libro da Coruña os actos de Xerais estarán protagonizados por  Manuel Rivas que presentará a súa novela Todo é silencio e por Carlos Callón o seu  libro máis recente Como defenderes os teus dereitos lingúísticos. No serán do venres, día 5, Federico Cocho presentará o seu libro Guerra Civil. Que pasou en Galicia e en España, publicado na colección Crónica.

  • Día 3 mércores
    • ás 19:00 horas: Acto literario-musical Todo é silencio de Manuel Rivas.  Participan: Manuel Rivas e Rómulo Sanjurjo.
    • ás 21:00 horas: Presentación Como defenderes os teus dereitos lingüísticos de Carlos Callón.  Participan: Xabier P. DoCampo, Fran Rei, Manuel Bragado e o autor.
Chuzame! A Facebook A Twitter

«Como defenderes os teus dereitos lingüísticos”, presentación no Festigal

30 Xullo 2011

Crónica,Lingua,Presentacións,Vídeos

Presentación do libro “Como defenderes os teus dereitos lingüísticos” from Redelibros on Vimeo.

Moitas grazas a Redelibros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2011, intervencións dos premiados no acto de entrega

17 Xuño 2011

2011,Autores,Fóra de Xogo,Lingua,Merlín,Narrativa,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais,Xuvenil

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carlos Callón, entrevista nos Premios Xerais 2011

15 Xuño 2011

2011,Autores,Entrevistas,Lingua,Premios,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Xosé Feixó sobre «Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo», de Xesús Alonso Montero

6 Maio 2011

Críticas,Crónica,Lingua

Xosé Feixó publicou no Faro da Cultura, o suplemento literario de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre o libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero. Reproducímola integramente:

Magnífico resultado

Filoloxía en tempos desaxeitados

Antes ca min tiveron a oportunidade de comentar este libro outros críticos de notable e recoñecida valía, como Francisco Martínez Bouzas, Xosé Luís Franco Grande, Xosé María Dobarro ou Juan Soto, e todos coinciden, como non podía ser doutro xeito, en salientar a figura do filólogo Aníbal Otero Álvarez (1911–1974) e mais o traballo que sobre o mesmo nos agasalla o profesor Xesús Alonso Montero.
E eu non podo menos que facer outro tanto. En primeiro lugar, sinalar que o profesor Alonso Montero revélase máis unha vez como un auténtico mestre na investigación e na documentalística, terreo no que se move con folgada soltura, tanto pola súa ampla experiencia como pola súa capacidade analítica, da que sempre gozou, unida á súa máis que recoñecida formación, continuada a través de longos anos. Deste xeito, o magnífico resultado da obra correspóndese perfectamente coas expectativas que tiñamos, e neste sentido cómpre darlle os nosos parabéns ao profesor e recomendar encarecidamente a lectura deste libro, pola súa calidade, polo seu carácter ameno, pola valía do autor estudado –da que logo falaremos–, e porque para moitos investigadores, e en especial para os mozos e mozas que se están a achegar a este mundo, servirá de exemplo e guía de traballo.
Son de destacar neste estudo todas as epígrafes, desde o capítulo preliminar, incluída a importante cronoloxía do filólogo, ata o derradeiro, o índice onomástico, pasando mesmo pola “Réplica” biográfica, coa que non está especialmente de acordo, segundo nos comenta, o fillo do filólogo, Horocel Otero –que colaborou como informante do profesor, e do que este di que ten unha prodixiosa memoria–, por razóns que agora non imos concretar.
En segundo lugar, sinalar o acerto na escolla da figura estudada, Aníbal Otero, ao que, na miña opinión, debeu a RAG dedicar este ano as Letras Galegas, por haber abondas razóns meritorias e por coincidir co centenario do seu nacemento.
A época que lle tocou vivir a Aníbal Otero foi moi difícil, e de non ser pola Guerra Civil e a cadea que sufriu, a historia sería moi distinta. Aos vinte e cinco anos coñecía a fondo o galego vivo, nas súas vertentes lexicográfica, dialectal e fonética, gozando do recoñecemento de filólogos de entidade como Menéndez Pidal e Tomás Navarro Tomás, cos e para quen traballou na elaboración do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica. A súa detención pola policía portuguesa en Valença e a súa entrega ás autoridades militares de Tui, que o someteron a un proceso no que mesmo se pedía a pena de morte, tronzaron a súa carreira filolóxica. Neste sentido é realmente esclarecedora e apaixonante toda a documentación proporcionada, que de xeito concreto recomendo.

Xosé Feixó

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crónica de Jaureguizar sobre o libro de Aníbal Otero, a maior autoridade lingüística do 36, biografada por Alonso Montero

5 Maio 2011

Crónica,Lingua

Jaureguizar publica en El Progreso unha reportaxe sobre o libro Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, que se presentou o pasado mércores en Lugo. Reproducímola integramente:

Alonso Montero di que a guerra truncou a carreira de Aníbal Otero

O profesor presentou a súa investigación sobre o lingüísta de Ribeira de Piquín

LUGO. O profesor Xesús Alonso Montero asegurou onte, en referencia a Aníbal Otero, que «a Guerra Civil truncou unha vida profesional importante». Alonso Montero presentou o seu ensaio ‘Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo’, que publicou Xerais.
O estudoso da lingua e a literatura galegas afirmou sen dubidar que o investigador de Ribeira de Piquín «era a maior autoridade en lingüística galega no ano 1936 a pesar de que na altura non rematara a carreira de Románicas». Engadiu que «sabemos que lle faltaban algunhas asignaturas, pero non sabemos as que eran porque os arquivos da universidade Complutense arderon como consecuencia da guerra».
O feito extraordinario de ser o maior experto en materia de lingua ten o seu atenuante, matizado polo autor do libro, de que «daquela ninguén sabía tanto coma el porque a facultade de Filosofía e Letras de Santiago non tiña unha sección de Románicas, polo que el, coma min e logo outros como Xosé Luís Méndez Ferrín, tivemos que marchar a Madrid para estudar».
Alonso Montero, que analizou «os 207 folios da causa contra Aníbal Otero, entre as que hai cartas de Menéndez Pidal ou Navarro Tomás», explica que no momento de estoupar a contenda civil, o ribeirense estaba participando na elaboración do Atlas Lingüístico da Península Ibérica, unha investigación «que dirixía honorificamente Menéndez Pidal, pero na práctica quen se encargou foi Navarro Tomás». O equipo estaba formado por cinco filólogos e a encarga que lle fixeron ao ribeirense
consistía en recoller información da lingua en Galicia e no norte de Portugal.
Aníbal Otero instálase en Valença do Minho para traballar no norte luso, onde o sorprende a sublevación militar. «Daquela o goberno salazarista tiña relacións co goberno legal, que era o único que había, o da República», apunta o investigador. Esa situación non evitou que as autoridades portuguesas atendesen á reclamación da policía de obediencia franquista pois desconfiaban daquel galego que andaba entrevistando aos labregos. Rexistraron o seu cuarto no hotel «onde atoparon unhas anotacións linguaxe crítptica, que non era outra cousa ca unhas transcricións fonéticas», que eles tomaron por apuntamentos propios dunha espía.
Alonso Montero recoñece que «máis comprometadora foi unha carta á nai que tiña a medio escribir na que lle conta que está ben e que non pensa volver a Galicia porque non quere loitar contra o exército dun goberno legal». « En todo caso, di que iría por Cáceres para loitar do lado da República», sinala o autor do libro, que suma ao feixe de probas contra o lingüista «unha carta do embaixador español en Portugal, Claudio Sánchez Albornoz». O profesor considerou pertinente advertir que «Aníbal Otero non era comunista, nin sequera era de esquerdas; era liberal conservador». A única particularidade que tiña era «o seu ateísmo».
Portugal entrégao aos franquista e un tribunal militar condénao a cadea perpetua. Cumpre cinco anos de cadea. O cárcere non lle resta folgos investigadores porque «pregunta aos compañeiros de cela como pronuncian as cousas. O alcalde de Mos, por exemplo, contaba que lles pedía que pronunciasen ‘xurelo’».
A saída da cárcere non valeu máis que para que entrase noutra porque «se enterra na súa localidade natal, Barcia, onde traballa como labrego, pero, sobre todo, como muiñeiro». Neses anos cáelle unha segunda desgraza.
Tras contraer matrimonio cunha curmá, nácelles un neno con problemas físicos graves, «que o converte nun vencido da vida», en palabras de Alonso Montero. Nos anos 50 retoma a súa investigación durante un tempo, pero o material que produce queda inédito.
Na presentación, o autor estivo acompañado polo editor, Manuel Bragado, e máis polo decano da facultade de Humanidades de Lugo, Alexandre Veiga. O acto desenvolveuse na galería Sargadelos.

Jaureguizar

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación de «En Castellano no hai problema», o sábado 16, en Campos (Palma de Mallorca)

14 Abril 2011

Crónica,Lingua,Presentacións

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo sábado 16 de abril, ás 17:00 horas, na localidade de Campos, en Palma de Mallorca. O acto está organizado por Acampallengua e Joves de Mallorca per la Llengua.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Chuzame! A Facebook A Twitter

O libro «Aníbal Otero», de Xesús Alonso Montero recolle a biografía, tronzada polo fascismo, do piar da filoloxía moderna

12 Abril 2011

Crónica,Lingua

O xornal Galicia Hoxe publica unha noticia sobre a publicación de Aníbal Otero. Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo, de Xesús Alonso Montero, que reproducimos:

Aníbal Otero, piar da filoloxía moderna tronzada polo fascismo

Xesús Alonso Montero presenta con Anxo Lorenzo en Madrid o libro no que reivinidca o filólogo, coautor do Atlas Lingüístico da Península Ibérica

“Aníbal Otero estaba chamado a ser un dos alicerces da moderna filoloxía galega”, afirmou onte o director xeral de Política Lingüística, Anxo Lorenzo, que participou no relatorio que ofreceu Xesús Alonso Montero en Madrid sobre este lingüista ó que o fascismo lle tronzou a vida. Aníbal Otero foi, tal como explica Alonso Montero no libro no que reivindica a súa figura, “secuestrado pola Policía portuguesa” e entregado ós golpistas españois, que o encarceraron durante cinco anos, ata 1941.

Lorenzo subliñou onte que a filoloxía galega tivo que agardar ata os anos sesenta pola modernidade, cando se configurou unha xeración de filólogos baixo o maxisterio “do profesor Constantino García e de Ricardo Carvalho Calero”.

O escritor Xesús Alonso Monterofixo percorre a traxectoria vital e profesional deste filólogo en Aníbal Otero: Lingüística e política en España na Guerra Civil e no franquismo. Otero, alumno predilecto do fonetista Tomás Navarro, foi un dos máis activos colaboradores do Atlas Lingüístico da Península Ibérica (ALPI) con só 24 anos e estaba chamado a ser un dos máis grandes referentes da filoloxía de Galicia.

Entre 1934 e 1935, investigou 53 puntos do mapa sociolingüístico de Galicia, converténdose así no “lingüista máis versado no galego vivo” naquel tempo, explica Alonso Montero no seu libro. Tras saír do cárcere, fixo enquisas en Portugal co profesor Cintra e publicou traballos lexicográficos, pero xa nada volveu ser o mesmo. De feito, nin era quen de escribir o seu discurso de ingreso na Real Academia Galega cando o propuxeron como membro numerario, nos anos 60.

A experiencia do 36 e a enfermidade dun fillo magoárano, xa, demasiado. Alonso Montero debulla no libro os detalles da causa contra Otero, baseándose nas 207 páxinas da mesma -parte das cales reproduce no texto-, do Expediente do arquivo Baluarte, Ferrol.

A causa da súa detención non foi outra que a ignorancia da Policía. Tal como lles conta Montero, ós axentes pareceulles sospeitoso aquel home que “escribía nuns curiosos cadernos nunha linguaxe críptica, circunstancia pola que pensaron que se trataba dun “comunista”, dun “espía” ó servizo do Goberno do Frente Popular”. O Atlas Lingüístico da Península Ibérica no que Otero traballou é unha obra fundamental na historia da filoloxía.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 11 en Padrón

8 Marzo 2011

Crónica,Lingua,Presentacións

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 11 de marzo en Padron. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, intervirá Sara Seco, e así como o propio autor. Terá lugar ás 20,30 horas na Casa do Patín, Porto Fondo da Vila, 4 de Padrón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 4 en Allariz

28 Febreiro 2011

Lingua,Presentacións

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 4 en Allariz. No acto, coorganizado pola Libraría Aira das Letras, intervirá o alcade de Allariz, Francisco García, e así como o propio autor. Terá lugar ás 20,00 horas na sede da Fundación Vicente Risco (rúa San Lourenzo, 3).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, mañá xoves en Bertamiráns

23 Febreiro 2011

Crónica,Lingua,Presentacións

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado mañá xoves 24 no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. O evento comezará ás 20.30 h, coa participación de Rafa Vilar (escritor e técnico de normalización lingüística) e Silvana Castro (profesora do IES de Ames e membro da Xunta Directiva da Mesa).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Gabriel Rei-Doval, autor de «A lingua galega na cidade no seculo XX»

21 Febreiro 2011

Autores,Entrevistas,Lingua

O xornal Galicia hoxe publica unha entrevista de Manuel Vidal Villaverde con Gabriel Rei-Doval, autor de A lingua galega na cidade no século XX. Unha aproximación sociolingüística (Xerais 2007), e coautor do Manual de Ciencias da Linguaxe.  O sociolingüista galego Gabriel Rei-Doval (O Baño-Mugardos, 1967), doutor en Filoloxía Galega, é profesor no Departamento de Español e Portugués da Universidade de Wisconsin-Milwaukee (EEUU), onde tamén imparte cursos de cultura galega. Nesta entrevista, reflexiona sobre o bilingüismo, sobre o papel do nacionalismo na defensa da lingua e sobre a inmersión lingüística, entre outras cuestións. Pode lerse aqui.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación en Ponteareas de «En castellano no hay problema», de Carlos Callón, o próximo venres 18

16 Febreiro 2011

Lingua,Presentacións

O libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, será presentado o próximo venres 18 en Ponteareas. No acto intervirán Xosé Manuel Moo (en representación de Xerais), e o propio Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. A presentación, organizada por Queremos Galego, terá lugar ás 20,30 horas no local comarcal do BNG en Ponteareas (rúa Mestres 8).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Volve á actualidade «A gaita gallega», de Xoán Manuel Pintos, co bicentenario do autor, que se celebrará durante todo o ano en Pontevedra

21 Xaneiro 2011

Autores,BLG,Lingua,Noticias

O xornal El País informa hoxe, en noticia asinada por Víctor Honorato, do bicentenario de Xoán Manuel Pintos, ao cumprírense 200  anos do seu nacemento (Pontevedra, 1811 – Vigo, 1876). Xoán Manuel Pintos foi un dos máis importantes precursores do Rexurdimento e a súa obra transcendeu grazas á publicación de A gaita gallega (1853). A cidade de Pontevedra celebra a súa figura cunha serie de actos que se prolongarán durante todo o ano. O primeiro, mañá, no Teatro Principal, cunha homenaxe do Concello á que asistirán varios membros da Real Academia Galega.

A gaita gallega tocada polo gaiteiro, ou sea carta de Cristus para ir deprendendo a ler, escribir e falar ben a lengua gallega, e aínda máis é  un clásico da nosa literatura que paga a pena coñecer e o primeiro libro en galego –aínda que contén textos en castelán– publicado por un autor da xeración dos Precursores. A gaita gallega foi editada por entregas ao longo do ano 1853 pola imprenta de D. José y D. Primitivo Vilas de Pontevedra e constitúe o libro fundacional do Rexurdimento e mesmo a obra programática deste movemento. Estructurada en sete foliadas de extensión desigual, a parte principal da obra está constituída polo diálogo entre dous personaxes, o tamborileiro Pedro Luces, un mozo de orixe castelá, e o gaiteiro que vive no Burgo pequeno, barrio da cidade de Pontevedra. Por medio deste diálogo, Pintos amosa, entre outros aspectos, unha descrición fiable da situación económica e social de Galicia, en especial de Pontevedra e do contexto sociolingüístico do idioma, a carón dun conxunto de exhortacións dirixidas á propia sociedade co obxectivo de modificala. O tema central da obra e o seu obxectivo primeiro é a defensa de Galicia e, como consecuencia, a reivindicación e a defensa dos seus costumes, dos seus lugares, das súas xentes e, por suposto, da súa lingua. A crítica aos comportamentos que provocan o estancamento do país, a presentación de alternativas viables para mellorar a situación ou a simple presentación de argumentos para apoiar esas reprensións públicas son os mecanismos dos que se vale o autor para a consecución da súa finalidade. Pintos artella esta defensa sobre varios eixos temáticos: a descrición e enxalzamento da lingua galega; a análise da situación económica, sobre todo dos labregos, que se presenta como catastrófica; a vida dos emigrantes, presentada como a propia duns escravos modernos cos que se comercia; o mal funcionamento dos distintos órganos da Administración, exemplificado fundamentalmente na administración da xustiza.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación de «En castellano no hay problema», o mércores 17 en Oleiros

12 Novembro 2010

Crónica,Lingua,Presentacións

O próximo mércores 17 de novembro terá lugar a presentación en Oleiros do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema, que se celebrará ás 20,00 horas no Teatro das Torres de Santa Cruz de Oleiros e no que participarán Antón Reixa e o propio autor. O acto está organizado pla Asociación Vieiros e Xerais, coa colaboración da Mesa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Acto arredor de «En castellano no hay problema» mañá martes en Compostela

8 Novembro 2010

Lingua,Música,Noticias,Presentacións

Mañá martes terá lugar en Santiago de Compostela un acto arredor do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón, durante o que se celebrará un debate arredor da música en lingua galega no que participarán a cantante Uxía Senlle, o músico e sociolingüista Carlos Valcárcel (creador do grupo de pop electrónico Projecto Mourente), así como o propio Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística.

O evento terá lugar mañá, 9 de novembro, ás 20 h no local da asociación cultural O Galo (San Miguel dos Agros, 2, fronte á igrexa de San Martiño Pinario).

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En castellano no hay problema», de Carlos Callón, presentación mañá venres en Ribadavia

4 Novembro 2010

Crónica,Lingua,Presentacións

O libro de Carlos Callón, En castellano no hay problema, preséntase mañá venres 5 de novembro en Ribadavia. A presentación terá lugar no pub Aljama ás 21.00 horas e no acto intervirá, ademais do propio autor, Eladino Cabanelas Fernández, responsable da Mesa pola Normalización Lingüística da zona do Carballiño/Ribeiro.

No blog de Carlos Callón pode consultarse a longa lista de presentacións realizadas por numerosas localidades e lugares da xeografía galega: Corcubión, Zas, Marín, Valdeorrras, Ourense, Cambados, Ferrol, Ribeira, A Estrada, Compostela, Noia, A Coruña, Soutomaior, Vigo, O Barco de Valdeoraras, Barcelona, etc.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En castellano no hay problema», presentación en Ribeira

11 Agosto 2010

Crónica,Lingua,Presentacións,Xerais nos blogs

Carlos Callón recupera as fotos e a crónica da presentación o pasado 13 de maio en Ribeira de En castellano no hay problema.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En castellano no hay problema» de Carlos Callón, presentación en Zas

28 Xullo 2010

Crónica,Lingua,Noticias,Presentacións

O vindeiro xoves 5 de agosto, ás 18:30 horas, no marco da III Semana Cultural do Concello de Zas terá lugar a presentación do libro En castellano no hay problema de Carlos Callón.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«O pracer de aprender» (Xerais 1992)

14 Xullo 2010

Libros_texto_Primaria,Lingua,Vídeos

«O pracer de aprender». Materiais educativos de Xerais (1992) from Manuel Bragado on Vimeo.

Recuperamos o vídeo promocional que Xerais utilizou de forma pioneira na promoción de «Labia», os materiais curriculares de Educación Primaria publicados con motivo da primeira reforma curricular da ESO. Como aqueloutro anuncio alboral do Diccionario Xerais de Lingua, hoxe poderiamos denominar a esta presentación «book-trailer». Quedan aí para a valoración da súa plena vixencia e para contribuír a unha historia da edición en Galicia e en galego, aínda por escribir.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En castellano no hay problema» presentación en Ferrol

9 Xullo 2010

Crónica,Lingua,Noticias,Presentacións

O vindeiro mércores, 14 de xullo, ás 20:00 nas instalacións da Galería Sargadelos de Ferrol (Rúa Rubalcava, 30-32), terá lugar a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay problema. Acompañarán ao autor, Carlos Outeiro, Francisco Rodríguez, e Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En castellano no hay problema», crítica de Marga Romero

8 Xullo 2010

Críticas,Crónica,Lingua,Xerais_nos_medios

RIGOR E LUCIDEZ

Contra os prexuízos do autoodio

Produto do combate cívico en defensa da normalización da lingua, a escrita volve exercer de transmisora de argumentos razoados contra os prexuízos do autoodio. Mostras de tal loita vén ser o volume que hoxe lles recomendo, asinado por Carlos Callón, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística. O título En castellano no hay problema é o nome escollido por votación no blog persoal do autor e reúne unha selección de artigos publicados en diferentes medios que abranguen as datas de setembro de 1997 a xaneiro de 2010. Entre ambas, ofrece o autor unha radiografía “descarnada mais non catastrofista”, unha crónica da situación lingüístistica de Galicia, da desacertada e negativa política lingüística e da contestación da cidadanía. Entre unha e outra data, reflexións das dúas últimas lexistalturas de Manuel Fraga, como a importancia de exhibicións de filmes en lingua galega ou sobre o abandono do galego polo Centro Dramático Galego, a necesidade de chegarmos a “Un Acordo Nacional sobre a Lingua” ou as cartas abertas a Emilio Pérez Touriño e a Francisco Vázquez, que nos refresacan a memoria da política lingüística exercida desde o PSOE; análises máis demoradas da época do bipartito dedícanselle ao galego no ensino, á edición, a falacia da imposición lingüística, á razón desde o Consello de Europa e á ignorancia de G. Steiner, tan ben concretizados en “Adiantos, continuísmos e algúns retrocesos. Repaso a uña de cabalo á política lingüística nesta lexislatura”.

Desde a razón e o rigor, con ironía, sen dramatismos, recóllense os mellores argumentos para desbotar a “demagoxia” e o “disparate” que caracterizan a lexislatura de Feijóo, argumentos para ir en contra do novo “decretazo” que atenta contra o Estatuto de Autonomía ou a Carta Europea das Linguas Rexionais, a demostración das dificultades do galego na xustiza ou na administración e achégase a análise real dos datos do Mapa Sociolingüístico de Galicia (2009) que se enfronta interpretación da “narcosociolingüística” (H. Monteagudo). As solucións son as legais e están no Plan Xeral de Normalización do Galego de 2004. Unha aposta pola mellora cuantitativa e culitativa da lingua que nos descobre  a lúcidez de Carlos Callón. Marga Romero

Texto de Marga Romero publicado no suplmento «Faro da Cultura» de Faro de Vigo o 8 de xullo de 2010. A páxina completa onde aparece publicado pode baixarse en pdf aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Aparece a palabra celta e nace a confusión» por Xavier Castro

3 Xullo 2010

Críticas,Ensaio,Historia,Lingua,Xerais_nos_medios

O primeiro dato escrito arredor do que se denomina o universo celta atopámolo nas Historias de Herodoto (autor do século V a. C. iniciador da historia, a xeografía e a etnografía) cando afirma que o río Istros (Danubio) nace na Céltica, no país dos celtas, preto da cidade de Pyrene e ao oeste dos celtas unicamente vivían os cynesios, é dicir, os homes cans. Desde aí, e deica os nosos días, un dioivo de especialistas, investigadores, estudosos, historiadores… veñen intentando botar luz arredor dun fenómeno tan atractivo como versátil. Recentemente, o profesor Francisco Calo Lourido publicou este completo, didáctico e rigoroso traballo de investigación (Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia en edición de Xerais) que arela ser un percorrido ben fundamentado (e crítico cando corresponde) sobre o desenvolvemento e historia da investigación do celtismo feita en tempos e lugares diversos. Á vista do exposto polo autor, resulta claro que cadaquén escribe como quere sobre os celtas e, mentres o exposto teña un certo sentido, pasa a formar parte do circuíto investigador. Hai quen defende unha celticidade por toda a Europa que sería sinónimo de cultura, pobo ou gran pobo e outros que manteñen que o termo celta non é máis que unha cuestión exclusivamente de lingua. Segundo o historiador Calo Lourido a situación ensaríllase, os posicionamentos son diverxentes, as teorías multitude e a realidade do celtismo complexa. A explicación non pode ser máis sinxela e a plasmación do que acontece resúmese nas seguintes palabras: “seguimos vendo que cadaquén di o que quere. Para uns, celta é cultura, para outros, etnia, para outros lingua, para outros arte, para outros etnia non é cultura, para outros celta é etnia, pero non cultura e para outros é todo. Así non nos entenderemos nunca. Resultaba máis claro, menos complexo, cando celta se empregaba ao vello estilo centroeuropeo, como sinónimo de La Tène e máis nada”. Os lectores teñen diante súa un estudo ben documentado, doado na lectura e interpretación do feito céltico e que, de seguro, descubrirá novas perspectivas dun fenómeno que nos resulta tan próximo. Xavier Castro

Texto de Xavier Castro publicado en Galicia hoxe o 3 de xullo de 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En castellano no hay problema», presentación na Estrada

28 Xuño 2010

Crónica,Lingua,Noticias,Presentacións

O vindeiro mércores, 30 de xuño, ás 20:30 horas, na Sala de Exposicións de Caixanova da Estrada, realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay  problema. No acto acompañarán ao autor, David Otero.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En castellano no hay problema», presentación na Coruña

25 Xuño 2010

Crónica,Lingua,Noticias,Presentacións

O vindeiro martes, 29 de xuño, ás 20:00 horas, nas instalacións da Casa Museo Casares Quiroga da Coruña (rúa Panaderas 12), realizarase a presentación do libro de Carlos Callón En castellano no hay  problema. No acto acompañarán ao autor, Manuel Rivas, Iria Taibo e o editor Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carlos Callón, entrevista en «La Voz de Galicia»

17 Xuño 2010

Autores,Crónica,Entrevistas,Lingua,Xerais_nos_medios

«A mellor defensa dunha lingua sempre é o seu uso»

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística está mergullado na presentación do seu último traballo pola comunidade adiante. A Lalín (Museo Municipal Aller Ulloa, 20.30 horas) chegará o próximo 18 de xuño.

–Non deixa de sorprender o título deste libro en castelán sendo o autor un gran defensor da lingua galega…

–É un título retranqueiro. É unha obra de reflexión que recolle textos que van dende a penúltima lexislatura de Manuel Fraga Iribarne ata hoxe. É unha obra na que se deixa constancia de que había máis cinema en galego no ano 1987 que hoxendía. Certo é que daquela o cinema non abundaba pero na actualidade, ¿que queda? Nada. É un libro no que abordo o decretazo imposto pola Xunta pero non entro, claro está, na aprobación desta semana.

–Cinema, decretazo do galego, ¿que outras cuestións puntuais analiza na obra?

–A situación que se está dando en Galiza é inédita. Non se está dando en ninghuna parte de España. Un decreto é unha prohibición. Só aquí, en Galiza, se prohibe impartir materias en lingua galega como é o caso das matemáticas, por exemplo. Iso non sucede por España adiante. A situación é totalmente diferente ao que sucede en Galiza: apóiase a lingua. A mellor defensa dunha lingua sempre é o seu uso e eu convido á cidadanía a loitar pola defensa do noso, que é o galego que non podemos nin debemos deixar morrer.

–¿«En castellano no hay problema» podería ter unha segunda parte?

–Podería. É un libro aberto no que quedan preguntas no aire como, ¿que vai acontecer no vindeiro curso académico co galego nos centros de ensino? Unha vez saibamos e coñezamos o desenvolvemento do decreto poderemos introducir máis reflexións e máis textos… Xa veremos.

–Carlos Callón está agora mesmo coa presentación do libro por Galiza, ¿cal é a resposta que está atopando?

–Certo que estou cunha axenda frenética de presentacións deste libro, editado por Xerais, que me deixa bastante quilometraxe no coche. Presentacións en Cambados, Corcubión, teño que estar na Coruña, en Soutomaior, Lalín… Teño que salientar a importante participación que está habendo na liña de resposta cidadá a nosa lingua. A xente amosa interese, existe preocupación polo galego e iso móvenos a continuar loitando polo nosa lingua.

Entrevista de Amelia Ferreiroa publicada na edición do Deza de La Voz de Galicia do 17 de xuño de 2010.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Carlos Callón entrevista, «A Nosa Terra»

2 Xuño 2010

Autores,Crónica,Entrevistas,Lingua,Xerais_nos_medios

Horacio Vixande entrevista a Carlos Callón para o semanario A Nosa Terra con motivo da publicación de En castellano no hay problema. Aquí pode lerse un fragmento do texto.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«En castellano no hay problema» de Carlos Callón, presentación en Compostela

6 Maio 2010

Crónica,Lingua,Noticias,Presentacións

O vindeiro sábado, 8 de maio, ás 19:00 horas, terá lugar na Feira do Libro de Compostela a presentación do libro de Carlos Callón En Castellano no hay problema. Noa cto acompañarán ao autor Caetano Díaz (director de Galicia hoxe), Pilar García Negro (profesora da UDC) e  o editor Manuel Bragado. Na promoción da presentación colaboran A Asociación Cultural O Galo e a Mesa Pola Normalización Lingüistica.

Cun título que desde o comezo pretende provocar a reflexión, Carlos Callón une neste libro textos que abordan a situación do idioma galego nos últimos tres lustros, deténdose con máis vagar na política lingüística do período do bipartito e do comezo da lexislatura de Alberto Núñez Feijóo. Nestas páxinas o autor, ademais de rebater con argumentos algúns dos prexuízos e tópicos máis asentados contra a lingua galega, analiza a situación do idioma, repasa reivindicacións, presenta alternativas, convida ao protagonismo individual para transformar a sociedade e alerta das medidas que deberían adoptar os poderes públicos. En castellano no hay problema é, en definitiva, un libro útil e operativo para a encrucillada en que se encontran a nosa lingua e a nosa cultura.

Esta primeira presentación en Compostela dá inicio a unha rolda de acto arredor do libro de Carlos Callón que proseguirá na seguinte semana na Universidade de Vigo, o mércores 12 no salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución ás 12:00 horas, en  Ribeira, o xoves 13 de maio, ás 20:30 horas na Aula da Rede de Dinamización, e en Paiosaco, o venres 14 de maio ás 20:30 horas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Lingua e Literatura. Probas de Selectividade 2010

20 Abril 2010

Educación,Libros_texto_Bacharelato,Lingua

Nestes días estará na librarías unha nova entrega de Lingua e Literatura. Probas de Selectividade 2010. A obra de Manuel Antón Mosteiro cobra este curso un maior interese debido aos cambios introducidos nas Probas de Acceso á Universidade (PAAU) que se aplicarán nos exames do vindeiro xuño.

O libro comeza cun estudo inicial sobre comprensión e expresión textual, aspecto ao que se lle concede unha especial relevancia na nova proba de Selectividade, xa que constará de 3 actividades que suporán 5 dos 10 puntos totais. O autor desenvolve con exemplos, para que o alumnado poida seguir un modelo, seis das posibles cuestións que se poden esixir en relación co texto: o esquema de ideas, o resumo, o título, o tema, a estrutura do texto e o comentario crítico.

Nunha segunda parte preséntanse resoltas as catro opcións (dúas en xuño e dúas en setembro) das Probas de Selectividade do ano 2009 na materia de Lingua e Literatura.

Na terceira e última parte, despois de explicar as características básicas que presentas as novas Probas, propóñense seis textos alternativos, con actividades adecuadas ás actuais esixencias e con todas as respostas a estas actividades.

Lingua e Literatura. Probas de Selectividade 2010 é unha ferramenta completa e actualizada que lle pode servir de axuda ao alumnado que no próximo mes de xuño se ten que enfrontar ás Probas de Acceso á Universidade.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lingua de calidade« de Xosé Ramón Freixeiro Mato

2 Febreiro 2010

Lingua,Monografías,Noticias

Entre as primeiras novidades de 2010 está o primeiro título do profesor da Universidade da Coruña Xosé Ramón Freixeiro Mato: Lingua de calidade. Vinte reflexións e unha proposta esperanzada para un galego con futuro.

Lingua de calidade do profesor Xosé Ramón Freixeiro Mato pretende dar algunhas receitas para determos o proceso de deturpación castelanizadora da nosa lingua e para (re)construírmos un galego de calidade liberado de interferencias espurias, un galego máis auténtico e por iso con futuro. Aínda que boa parte desas receitas son de natureza lingüístico-gramatical (fonéticas, morfolóxicas, sintácticas, léxicas ou pragmáticas), tamén se inclúen algunhas reflexións que pretenden contribuír para o fortalecemento da nosa autoestima lingüística, tentando desfacer de paso algunhas ideas preconceptuosas sobre a súa historia e situación actual. Un galego de calidade utilizado oralmente e por escrito por persoas orgullosas e conscientes da importancia do seu idioma é a fórmula máis acaída para garantirmos o seu futuro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais: novidades literarias de xaneiro e febreiro de 2010

4 Xaneiro 2010

BLG,Clásicos,Crónica,Ensaio,Fóra de Xogo,Guías_de_viaxe,Lingua,Narrativa,Noticias,Poesía,Reedicións,Traducións,Universitaria,Xuvenil

Tras os días de descanso de Nadal, o equipo da editorial prepara os primeiros lanzamentos das primeiras novidades literarias de 2010.

Neste mes de xaneiro aparecerán, dentro da colección Biblioteca das Letras Galegas, dous poemarios de Ramón Cabanillas: Samos, en edición de Xosé Carlos López Bernárdez e No Desterro, en edición de Xosé Ramón Pena. Nas mesmas datas aparecerán os dous primeiros títulos de ensaio, A espiral no espello de Anxo Angueira (Xerais Universitaria) e Lingua de calidade de Xosé Freixeiro Mato (Xerais Materiais).

A comezos do mes de febreiro chegarán ás librarías os primeiros títulos do «Ano Uxío Novoneyra»: a nova edición d’ Os Eidos (Xerais Clásicos) e o libro de Xosé Lois García Uxío Novoneyra revisitado (Xerais Estudos Literarios). No mesmo envío incluiranse os dous primeiros títulos de Cronica: Melancolía de sofá de Luisa Castro e Feministas Galegas. Unha revolución en marcha de Mónica Bar Cendón.

Tamén en febreiro aparecerán as tres primeiras novelas de Narrativa: A intervención de Teresa Moure, Settecento de Marcos Calveiro e Bilbao-New York-Bilbao de Kirmen Uribe, premio Nacional de Narrativa 2009, traducido do éuscaro por Isaac Xubín. No mesmo servizo chegarán ás librarías dous títulos de Xerais Poesía,  Lapidarias de David Rodríguez e (Retro)visor de Antía Otero e dúas novelas de Fóra de Xogo, A paixón de Alexandra de Xulio Ricardo Trigo, traducida do catalán por Eva Lozano, e A viaxe do Ser de Manuel Pérez de Lis.

Na derradeira semana de febreiro publicaranse os dous primeiros títulos de Xerais Ensaio: Georges Steiner no The New Yorker, traducido do inglés por Lara Domínguez, Patricia Buján e Saleta Fernández e o segundo tomo d’ O segundo sexo. II. A experiencia vivida de Simone de Beauvoir, traducida od francés por Marga Rodríguez Marcuño, así como a Guía do Camiño de Santiago de Antón Pombo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Fran Alonso, entrevista Premios Xerais 2009

15 Xuño 2009

Autores,Lingua,Narrativa,Premios_Xerais,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=EiTsUuemh1w]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Rexina Vega, entrevista Premios Xerais 2009

Autores,Lingua,Narrativa,Premios_Xerais,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=0YpKQAlNPUY]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2009, entrevistas a editores

13 Xuño 2009

Biblioteca_Dixital_Xerais,Entrevistas,Libro_electrónico,Lingua,Premios_Xerais,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=W9IqXhT4UIY]

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=io-Qh96Ltio]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Agustín Fernández Paz, entrevista nos Premios Xerais 2009

12 Xuño 2009

Autores,Entrevistas,Infantil,Lingua,Premios_Xerais,Sopa de Libros,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=AtxRGLfhJvs]

Vídeoentrevista a AgustínFernández Paz, tras a cerimonia dos Premios Xerais 2009, onde leu o discurso Oito doas para San Simón. Na entrevista, Agustín fala, ademais, de Lúa do Senegal, a súa máis recente novela, publicada na colección Sopa de Libros.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Héitor Mera defende en galego na UNED a súa tese sobre Bernardino Graña

11 Xuño 2009

Autores,Lingua,Noticias

heitor_bernardino

O filólogo cangués Héitor Mera defenderá o vindeiro venres a primeira tese de doutoramento que se presenta en galego na UNED. Isto supón un feito histórico, xa que nunca antes na UNED se permitira o emprego de ningunha das linguas cooficiais do Estado Español para a presentación dunha tese.

O traballo, que versa sobre a vida e a obra do escritor Bernardino Graña, tivo como base a tesiña que presentara no ano 2003 sobre Vinte mil pesos crime.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Agustín Fernández Paz

Autores,Lingua,Premios_Xerais,Xerais_nos_medios

Miguel Anxo Fernán Vello publica en Galicia hoxe un artigo sobre o discurso que Agustín Fernández Paz leu na cerimonia dos Premios Xerais 2009.

Entre tanto ar viciado, mentiras e descaro político que vivimos e sufrimos -engadamos aquí tamén ousadía e procacidade-, brilla por si mesma a personalidade dun escritor que acaba de pronunciar un Discurso. O Discurso. En singular e con maiúscula inicial. Elegante e sumamente afábel, discreto e sempre construtivo no seu ser e no seu estar, Agustín Fernández Paz, o autor do Discurso, é, sen dúbida, un dos grandes autores literarios do noso país, ben aprezado polos seus lectores, que son numerosos, e moi recoñecido fóra de Galicia, con libros traducidos, por exemplo, ao árabe ou ao coreano e, por suposto, ao castelán ou francés, entre outros. Agustín Fernández Paz, que non hai moito tempo recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, foi o encargado este ano de pronunciar o discurso que, con motivo da celebración do ditame dos Premios Xerais, centra os actos que teñen lugar de xeito solemne e literario arredor de ditos premios, “institucións” de alto valor que organiza a editora do mesmo nome. O profesor Fernández Paz titulou o seu discurso Oito doas para San Simón -a festa literaria tivo lugar na Illa do mesmo nome- e foi quen de construír unha “obra oratoria” que, neste ámbito ou rexistro, na miña opinión, pasará a formar parte dos grandes textos literarios do noso tempo. A “peza” literaria de Fernández Paz contén verdades profundas e certeiras sobre o noso idioma propio e sobre a creación literaria que del emana, mais o río oratorio creado polo autor destas Oito doas para San Simón posúe, ademais dunha linguaxe transparente e fluída, un ritmo verbal e unha “poética” definida que o converten nunha referencia estética, sen dúbida, e tamén nun relatorio conmovedor -provisto de “intelixencia sentinte”, como quería o filósofo- cunha ben establecida base ética na súa práctica discursiva e interpretativa. Nestes tempos ateigados de falsidade e demagoxias, o Discurso de Agustín Fernández Paz é un bálsamo e unha luz no medio dun posíbel novo “tempo de pedra” que comeza a se albiscar. Miguel Anxo Fernán Vello.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xosé Manuel Beiras nos Premios Xerais 2009

10 Xuño 2009

Autores,Entrevistas,Lingua,Premios_Xerais,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=WGIKNzuhyCI]

Tras a cerimonia dos Premios Xerais do sábado 6 de xuño de 2009, Xosé Manuel Beiras fala do sector editorial, do conflito sobre a lingua, sobre a literatura galega actual e o papel dos Premios Xerais, entre outros temas.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Unha lingua para todos

13 Maio 2009

Lingua,Noticias

No blog de lingua de Xerais coméntase o manifesto sobre o estado da lingua que onte fixo público a Real Academia Galega.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica»

30 Marzo 2009

Lingua,Monografías,Noticias

Acaban de chegar da imprenta os primeiros exemplares Do orixinal ao libro. Manual de edición técnica do editor Juan L. Blanco Valdés. O libro esta prologado polo galego José Martínez de Sousa, unha das maiores autoridades en edición técnica e ortotipografía. Este primeiro manual de edición en galego presentarase coincidindo co vindeiro 23 de abil, día internacional do libro e dos dereitos de autor.

xg00164101A edición é hoxe unha actividade profesional de absoluta actualidade, excitantes posibilidades de futuro e altísimos estándares de cualificación técnica, razón pola que cada vez son máis frecuentes ciclos formativos superiores e bibliografía especializada neste terreo. Este manual é, de feito, o froito de dous alentos. O primeiro está nas moitas horas de experiencia docente do autor no Máster de Edición da Universidade de Santiago de Compostela onde tivo a oportunidade de transmitir un coñecemento técnico acumulado en vinte anos de exercicio profesional no Servizo de Publicacións da Universidade de Santiago de Compostela e de pulsar as necesidades reais de formación en edición técnica. O segundo destes pulos veu determinado pola constatable existencia, por dicilo na xerga empresarial, dun «nicho de demanda»: o dun manual de edición dirixido a un público, se ben máis ou menos especializado –polo tanto con coñecementos de edición ou, cando menos, de edición textual– moi frecuentemenete enfrontado a inseguridades, dúbidas, incertezas, alternativas técnicas e lagoas nos máis diversos aspectos que atinxen a un proceso complexo como é a creación dun libro, para a resolución dos cales dispón dunha bibliografía obviamente estensa pero sempre dispera e adoita indiscriminada. Polo tanto, este é un manual «a pé de obra», redactado por un editor e pensado para editores, un texto sinxelo e intuitivo conscientemente dedicado á cerna da edición: a construción e produción dun libro dende o orixinal.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista a Ana Iglesias

16 Marzo 2009

Entrevistas,Lingua,Universitaria,Xerais_nos_medios

5d541b610711c3d6e3c405920e4292c4c6f0b502A Nosa Terra publica esta semana unha entrevista a Ana Iglesias, a sociolingüista autora de Falar galego: “no veo por que” e coautora dos libros de Lingua e Literatura de 1º e 2º de Bacharelato de Xerais. Na conversa abórdanse algunhas cuestións de actualidade como a polémica arredor da iniciativa de derrogar o decreto de fomento do galego no sistema educativo.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Nos camiños do entusiasmo», crítica de Fernán Vello

9 Marzo 2009

Críticas,Ensaio,Lingua,Xerais_nos_medios

O noso colega o editor e escritor Miguel Anxo Fernán Vello publica hoxe na súa columna «Caderno aberto» de Galicia hoxe unha crítica do ensaio de Goretti Sanmartín Nos camiños do entusiasmo. Reproducimos un texto moi interesante:

xg00079501Proposta de lectura

Estando como están as cousas –a res publica, entendámonos–, aquí, en Euskadi e en Madrid –mais sobretodo aquí, na grisalla Galiza de hoxe mesmo–, nunca está de máis obtermos certa paz creativa e intelixente, certo acougo construtivo e liberador, através da lectura. Si, mediante a lectura dun libro, dun bo libro. E non por ánimo de fuxida do mundanal ruído, nin por desexo ningún de afastamento da realidade punxente que nos ocupa. Máis ben porque a lectura –unha lectura particular e conscientemente decidida– non só é antídoto contra a mediocridade que reinou, que reina e que reinará –iso é indubidábel, a non ser que aconteza un milagre–, senón porque a lectura mesma, con todo o seu poder de iluminación, abre espazos por onde transitarmos coas únicas armas das que sempre gustamos e que nos permiten avanzar superándomos todo atranco: a razón e o coñecemento. E todo isto vén a conto porque chegou ás miñas mans un libro que permite expresar todo o anterior; unha obra que invadiu e invade, con gran pracer, as miñas horas actuais. Goretti Sanmartín Rei é a autora de Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación, un ensaio publicado por Xerais que debe obter –e máis nos tempos que corren– a maior atención por parte dos lectores e que, na miña opinión, é unha obra moi oportuna e necesaria, un conxunto de reflexións que deben ser compartidas. A profesora Sanmartín, con gran rigor e metodoloxía dialéctica, leva a cabo na súa obra unha crítica sobre o tempo perdido no que atinxe á normalización do galego nos últimos anos, tanto dende a perspectiva política como dende a académica, e fai unha chamada a entendermos tamén a defensa do idioma galego como un proceso de mellora da calidade da lingua que empregamos, xa que así –di a autora, e nós partillamos a idea– «estamos a facer país». Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación é unha obra que non deberan deixar de ler, en ningún caso, todos os políticos, todos, deste país, en materia lingüística case sempre ao pairo. Miguel Anxo Fernán Vello.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Nos camiños do entusiasmo», ensaio de Goretti Sanmartín

8 Xaneiro 2009

Ensaio,Lingua,Noticias

Está a punto de chegar ás librarías o ensaio de Goretti Sanmartín Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación.

xg00079501Nos camiños do entusiasmo. Calidade da lingua e planificación pretende, fundamentalmente, ligar a defensa do idioma galego co emprego dun modelo de lingua culto que incida na recuperación do prestixio e da dignidade que aínda está a precisar para ocupar o espazo que merece como lingua propia deste país. Para iso aborda os problemas máis urxentes da lingua galega na actualidade e realiza un percorrido crítico por dúas ferramentas que puideron ser fundamentais no proceso de normalización: o Plan xeral de normalización da lingua galega e o acordo normativo de xullo de 2003. Desde esta perspectiva xeral, este ensaio de Goretti Sanmartín Rei combina a análise das políticas lingüísticas desenvolvidas nos últimos anos, a revisión de conceptos fundamentais neste ámbito de fonda tradición entre o movemento nacionalista, mais cada vez máis cuestionados socialmente, coa reivindicación de textos e personalidades relevantes da nosa particular tradición sociolingüística, para contribuír coa súa (re)lectura a nos sentirmos elos dunha cadea que debemos transmitir con entusiasmo. Nesta dramática mais esperanzada viaxe a autora contextualiza textos e interpretacións sobre a obra de Manuel García Blanco ou de Ramón Piñeiro e afonda de maneira especial no pensa-mento de Ramón Vilar Ponte e da súa xeración, nun intento de recuperar algunhas das voces que deseñaron unha necesaria política para a lingua que precisa anovar os discursos e constituír un referente recoñecido tanto social como academicamente.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«A represión lingüística en Galiza no século XX»

23 Decembro 2008

Críticas,Ensaio,Historia,Lingua,Xerais_nos_medios

Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol de Libros unha crítica sobre o libro de María Pilar Freitas A represión lingüística en Galiza no século XX. Recollemos o derradeiro parágrafo do texto:

xg00137501Libro que debe figurar na biblioteca de lingüística de todos os centros e profesores. Mágoa é que estas obras non teñan resonancia nas facultades de filoloxía do resto do Estado, especialmente nos núcleos do pensamento españolista puro e duro. Cando algúns vociferan por aí que nunca houbo leis e decretos que perseguisen o galego, cómpre que lean libros coma este. Tamén debe ser lectura obrigada para os de Galicia bilingüe e mesmo os políticos que queren derrogar as cativas medidas protectoras do galego e que non son quen de pedir que o coñecemento do galego sexa un deber e non só un dereito, como por certo pide o novo Estatuto de Autonomía de Cataluña, aínda que por iso (e outras cousas) estea recorrido perante o Constitucional… Por certo, parabéns para a portada deste libro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Programación "Lengua Castellana", 4º de ESO

11 Xullo 2008

Descargas,Libros_texto_ESO,Lingua,Programacións_didácticas

Aquí pode baixarse a programación didáctica de Lengua Castellana y Literatura de 4º de ESO.

Chuzame! A Facebook A Twitter

"Dicionario de Fraseoloxía Galega"

12 Xuño 2008

Críticas,Dicionarios,Lingua,Xerais_nos_medios

O editor Miguel Anxo Fernán Vello publica na súa sección “Caderno aberto” de Galicia hoxe unha crítica entusiasta do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. Recollemos un dos parágrafos máis significativos deste texto:

Estamos, pois, diante do máis completo dicionario de fraseoloxía dos publicados até o momento en Galicia; unha investigación que bebe -de aí a súa importancia e amplitude- nas fontes literarias e xornalísticas dos séculos XIX e XX, sumándolle así á fraseoloxía oral a riqueza inventiva que sobre o particular fornece o idioma galego escrito. Nada que lle envexar ten a presente obra ao magnífico Dicionário de expressões populares portuguesas, de Guilherme Augusto Simões, marabilloso compendio de arcaísmos, rexionalismos, ditos, frases feitas, lugares comúns e curiosidades da linguaxe. ¿Quere vostede dicir dar la murga? Non o dubide. Deberá empregar a seguinte frase: Tocar o pandeiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Programación de "Lingua e literatura" 4º de ESO

Descargas,Educación,Libros_texto_ESO,Lingua,Programacións_didácticas

Aquí pode baixarse a programación en pdf (47 páxinas) de Lingua e literatura de 4º de ESO.

Chuzame! A Facebook A Twitter

"A represión lingüística en Galicia", crítica

Críticas,Lingua,Universitaria,Xerais_nos_medios

Marga Romero publica no Faro da Cultura de hoxe unha crítica sobre A represión lingüística en Galicia, a investigación da profesora María Pilar Freitas Juvino.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Programación "Lingua e literatura" 2º de ESO

10 Xuño 2008

Descargas,Educación,Libros_texto_ESO,Lingua,Programacións_didácticas

Aquí pode baixarse a programación en pdf (46 páxinas) de Lingua e literatura de 2º de ESO.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Nova referencia a «A represión lingüística en Galiza no século XX»

30 Maio 2008

Lingua,Xerais_nos_medios

Na sección “Maré” do xornal Galicia Hoxe recóllese unha nova noticia sobre A represión lingüística en Galiza no século XX, de Mª Pilar Freitas, a partir do acto de presentación da obra que se celebrou onte en Pontevedra e no que acompañaron á autora Andrés Vilán, director do IES Valle Inclán de Pontevedra, Anxo Lorenzo, director da súa tese de doutoramento, e Fran Alonso, subdirector para a edición xeral de Edicións Xerais.
A investigadora fixo un repaso polos factores que resultaron máis prexudiciais para o desenvolvemento e normalización da lingua galega durante o século XX, entre os que destacan a infravaloración, o menosprezo e a burla sufridos polos seus falantes.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación "A represión lingüística en Galicia"

28 Maio 2008

Lingua,Presentacións,Universitaria

Mañá xoves 29 de maio, ás 20,00 horas, no Paraninfo do IES Valle Inclán, rúa Montero Ríos, s/nº de Pontevedra, terá lugar o acto de presentación do libro A represión lingüística en Galiza no século XX de Pilar Freitas Juvino. O acto contará coa intervención de Andrés Vilán, Anxo Lorenzo, Fran Alonso e a autora.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Programación de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato

23 Maio 2008

Descargas,Educación,Libros_texto_Bacharelato,Lingua,Programacións_didácticas

En Xerais lingua, poñemos á disposición do profesorado de Bacharelato unha primeira versión, aínda non definitiva, da programación de Lingua e Literatura 1º de Bacharelato de Xerais para o curso 2008-2009, que se pode descargar en formato pdf.

Chuzame! A Facebook A Twitter

"Os libros de Merlín", libros de lecturas para 3º e 4º de Primaria

15 Maio 2008

Educación,Libros_texto_Primaria,Lingua

No noso blog de lingua anunciamos hoxe a aparición d’ Os libros de Merlín, os novos libros de lecturas para 3º e 4º de Primaria. Pode obterse información completa sobre as súas características aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Novo blog: Xerais lingua

13 Maio 2008

Educación,Libros_texto_Bacharelato,Libros_texto_ESO,Libros_texto_Primaria,Lingua

Hoxe abrimos a versión beta dun novo blog da editorial: Xerais lingua. Neste novo espazo publicaremos noticias sobre os nosos materiais da área de lingua e literatura galega, tanto de Primaria, ESO como Bacharelato, así como recursos didácticos d einterese para o profesorado da área. As primeiras noticias dan contan das novidades que presentamos estes días ao profesorado de Secundaria: Lingua e literatura galegas 1º de Bacharelato e Lingua e literatura galegas para 2º e 4º de ESO.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Entrevista a Pilar Freitas

10 Maio 2008

Entrevistas,Historia,Lingua,Universitaria,Xerais_nos_medios

Con motivo da aparición d’ A represión lingüística en Galicia, El País Galicia entrevista á autora da obra, María Pilar Freitas Juvino. A sociolingüista pontevedresa apunta na entrevista que os puntos de partida do seu traballo foron “os estudos xa clásicos de Xesús Alonso Montero e Pilar García Negro, entre outros. A bibliografía de autores galegos está na base, ao igual que os investigadores internacionais. Tamén pretendiamos facer unha nova cronoloxía da lingua e unha cousa vaite levando a outra. No tocante á lingua, a promulgación da Lei de Normalización Lingüística en 1983 marca un punto de inflexión e aí puiden deter a análise. Ao respeito da literatura, cheguei ata fins do século porque non hai unha data que faga de chave. Acumulei máis dun cento de citas de libros de creación!”.

Chuzame! A Facebook A Twitter
Older Posts »