Premios Xerais 2010 por Paula Gómez del Valle

13 Xuño 2010

Fotobiografías,Premios_Xerais,Vídeos,Xerais,Xerais nos blogs

Premios Xerais ’10 from Paula Gómez del Valle on Vimeo.

Grazas, moitas grazas, Paula. Este é un traballo moi fermoso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Negreira e a palabra «vaca»

15 Abril 2010

Fotobiografías,Xerais_nos_medios

Agradecemos ao concello de Negreira que publicase na súa web unha anotación arredor de «Negreira e a palabra vaca», glosando así o contido do libro de Xurxo Lobato No país das vacas. A anotación comeza así: «Nova moi interesante e curiosa: o noso trobador medieval Afonso Eanes do Cotón foi o primeiro autor que deixou rexistrada na escrita literaria a palabra «vaca» na historia do noso idioma galego. Así aparece nunha das súas composicións poéticas.» Desta curiosa referencia faise eco, tamén, hoxe  La Voz de Galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Antón Reixa: «Vaca ou morte, venceremos»

22 Decembro 2009

Fóra_de_colección,Fotobiografías,Noticias,Presentacións,Xerais_nos_medios

O libro sagrado da vaca. A biblia dos agnósticos de Galicia. Un acto de patriotismo. Un chamado a entender de onde vimos. Mesmo un libro erótico dedicado a un animal icónico da cultura e a economía do país. Todo iso vén a ser No país das vacas (Xerais), o novo libro do fotógrafo Xurxo Lobato (A Coruña, 1956), unha «homenaxe visual» á vaca a través de ducias de fotografías, dous ensaios e máis de corenta testemuñas que onte se presentou nun acto inzado de autoridades no auditorio da Fundación Caixa Galicia da cidade da Coruña.

Á convocatoria do editor Manuel Bragado, responsábel de abrir a quenda de intervencións, acudiron o director xeral da entidade, José Luis Méndez; o reitor da Universidade da Coruña, José María Barja; o xefe superior de Policía de Galicia, Luís García Mañá; e o fiscal superior, Carlos Varela, entre outras autoridades do país, amais das ducias de persoas que ateigaron o auditorio dos Cantóns.

O catedrático Lourenzo Fernández Prieto, autor dun dos traballos que acompañan as fotografías de Lobato, «Inventando a vaca: do reino das rubias ao reino das pintas», recordou as orixes da rubia galega nunha granxa experimental en Monelos, na Coruña, e emprazou os asistentes a lembrar de onde vén a riqueza de Galicia. Cómpre non esquecer, argumentou o historiador, que foi decote «a acumulación de capital dos tratantes de gando» a que permitiu desenvolver e diversificar a economía galega posterior, de xeito que non habería tanta distancia entre a investigación de Pharmamar no fondo mariño, por caso, e o mundo da vaca. Por iso, para o historiador, o traballo do fotógrafo e colaborador de Xornal é, tamén, «un chamado a entender de onde vimos».

O empresario Xosé Turnes, ex directivo de Leyma hoxe en Progando, aproveitou a súa quenda de palabra para desarmar algúns dos «tópicos» que aínda circulan arredor da economía da vaca, iso si, «sen entrar nas penas e calamidades dun sector que o está a pasar mal pero que resistirá como a pinta marela». Ao ver de Turnes, que remataría a súa intervención lendo un irónico «comunicado» en nome do animal, «xa era hora de facerlle unha homenaxe á vaca e de recoñecerlle a súa fonda pegada».

Para o poeta e produtor audiovisual Antón Reixa, quen xa contribuíra á renovación da iconografía da vaca con Sitio Distinto, o programa que dirixiu e presentou na TVG dos primeiros anos noventa, No país das vacas é «un libro sagrado, a biblia dos agnósticos de Galicia». Malia a que a pinta marela falara minutos antes por boca de Xosé Turnes, Reixa insistiu no «minimalismo” do animal ao que se dedican as fotografías que Xornal adiantou hai dúas semanas no seu dominical». «As vacas non falan, pero saben estar», dixo o escritor e colaborador deste diario. «Sosterlle a mirada a unha vaca é a mellor maneira de profundar na condición humana. As vacas somos nós. Sen vacas non hai futuro. Vaca ou morte, venceremos». Iago Martínez

Publicado en Xornal de Galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

"Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía"

1 Setembro 2008

Fotobiografías,Opinións_lectores/as,Xerais_nos_medios

Antón Castro, escritor e xornalista galego afincado en Zaragoza, publica no seu blog unha interesante anotación sobre a Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía. Recollemos un dos parágrafos do texto:

El libro es estupendo. Quizá las fotos no sean tan buenas como las de otros, pero se percibe el universo de Álvarez Blázquez: su relación con Galicia y el mar, su interés por la poesía medieval, sus juegos literarios (publicó Cancionero de Monfero como si fuese un libro perdido de los trovadores galaico-portugueses, aquellos primorosos poetas a los que quizá no conozca George Steiner; publicó Roseira do teu mencer, en homenaje a su hija Colorín, publicó su obra maestra probablemente: Canle segredo), su curiosidad intelectual, su compromiso con la izquierda, la carga literaria de la estirpe, la relación con sus hermanos, sus historia de amor y complicidad con María Luisa Cáccamo, de ascendencia italiana y tan bella y elegante… Álvarez Blázquez, curiosamente, publicó en 1943 una pequeña novela policíaca en Zaragoza: El crimen de la Isla Verde, que apareció en la revista Letras, 1941.

Chuzame! A Facebook A Twitter

"Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía"

14 Maio 2008

Fotobiografías

Estes días chega ás librarías Xosé María Álvarez Blázquez. Unha fotobiografía, álbum preprado por Alfonso Álvarez Cáccamo. A obra será presentada en Vigo o vindeiro 28 de maio.

A presente obra, coordinada por Alfonso Álvarez Cáccamo, fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e o primeiro dos seus biógrafos, recolle un detallado percorrido fotobiográfico (con catrocentas imaxes e fotografías, unha boa parte delas inéditas ata o momento) sobre a peripecia vital e traxectoria literaria da figura homenaxeada o 17 de maio de 2008. Inclúe, ademais a semblanza de Xosé María Álvarez Cáccamo (“Notas para o álbum da vida de Xosé María Álvarez Blázquez”) e o ensaio de Darío Xohán Cabana (“A forxa dun esculcador”). O volume complétase cunha completa cronoloxía e bibliografía de e sobre Xosé María Álvarez Blázquez.

Chuzame! A Facebook A Twitter