Empresa e Iniciativa Emprendedora

1 Setembro 2010

Empresa_e_Iniciativa_Emprendedora,Libros_texto_ciclos_formativos,Libros_texto_ESO,Noticias,Unidades_de_mostra_en_pdf

Acaba de aparecer o manual de Empresa e Iniciativa Emprendedora que pode ser utilizado como material para o alumnado tanto na materia dos ciclos formativos da LOE «Administración, xestión e comercialización na pequena empresa» como na materia optativa de ESO «Obradoiro de iniciativas emprendedoras».

Preparado por Albano Alonso Blanco, Roxelio Mariño Leiro, Xosé Lois Ríos Paredes, José Antonio Pérez Torres e Iago Xabier Mariño Prieto, Empresa e Iniciativa Emprendora é o primeiro material publicado en Galicia e en galego sobre esta materia. No noso espazo web pode baixarse a programación xeral e por unidades, así como a programaión adaptada á materia «Obradoiro de iniciativas emprendedoras» de 2º ciclo de ESO.

Aquí pode consultarse en pdf a mostra dunha das unidades e a estrutura e contidos do libro.

Pregamos ao profesorado interesado que se poña en contacto coa Comercial Grupo Anaya.