Xosé María Carballeira, coordinador do grupod e redactores do Gran Dicionario Xerais da Lingua, é entrevistado por Natalia Álvarez para «Faro da Cultura», suplemento de Faro de Vigo.
A entrevista completa pode lerse ou baixarse aquí.
Xosé María Carballeira, coordinador do grupod e redactores do Gran Dicionario Xerais da Lingua, é entrevistado por Natalia Álvarez para «Faro da Cultura», suplemento de Faro de Vigo.
A entrevista completa pode lerse ou baixarse aquí.
Varios medios recollen a noticia da presentación do Gran Dicionario Xerais da Lingua. A edición galega de ABC salienta que o novo dicionario Xerais contará cunha versión electrónica en 2010; Europa Press subliña que o novo gran dicionario de Xerais aumenta en cinco o seu número de entradas. El Progreso anuncia que a obra supera as 100.000 entradas, as 400.000 acepcións e as 2.464 páxinas. A Nosa terra destaca que o novo Xerais da lingua incorpora máis de 5.000 entradas.
Jorge Lamas publica hoxe en La Voz de Galicia unha entrevista-reportaxe sobre a aparición do Gran Dicionario Xerais da Lingua.
Xosé María Carballeira, coordinador da obra, salienta na entrevista que as principais novidades que achega esta edición, ademais da adaptación a normativa lingüística vixente, son a transcrición fonética das palabras, a inclusión dunha serie de palabras non estandarizadas e unha referencia etimolóxica de cada unha delas. Carballeira insiste en que se trata dunha obra practicamente nova: «Non só hai unha revisión cuantitativa, polo incremento no número de entradas, senón que hai unha revisión cualitativa que creo que é o máis salientable, porque revisamos todas as entradas, inclúese outro tipo de información que antes non se tiña en conta».
Unha das novidades da edición 2009 é a inclusión de formas estandarizadas. «Nunha lingua existe un léxico estándar ou común, que é o léxico aceptado pola institución académica correspondente», explica o lingüista. «Nós preferimos utilizar o termo estándar máis que o correcto ou incorrecto, porque en lingüística non vale para nada; calquera palabra que sirva para comunicarse vale. Que dende o punto de vista da norma sexa correcta ou incorrecta é unha cuestión máis ben sociolingüística. Entón falamos de palabras non estandarizadas cando nos referimos a aquelas que non están no léxico aceptado como común. As estándar van marcadas cunha tipoloxía máis grande, mentres que as outras aparecen noutras formas tipográficas», di un dos autores.
No caso da transcrición fonética, os redactores do proxecto quixeron evitar as posibles polémicas que conleva este tema. «No caso da transcrición fonética pode haber certa discusión porque tampouco existe un estándar fonético, por iso moitas entradas, se as observamos cun pouco de detemento, ofrécense diferentes alternativas de pronuncia porque non existe un estándar fonético. Non en todos os casos, pero si nos que pode haber controversia», sinala Carballeira.
A edición do 2000 xa incluía todas as palabras de uso cotián, por iso as novas entradas están relacionadas en moitos casos con termos procedentes dos avances tecnolóxicos. «As palabras patrimoniais de uso cotián, dificilmente podemos engadilas a non ser algunha non estandarizada, que nós dicimos que son lexitimamente galegas, pero que non están dentro do estándar», puntualiza o coordinador. Neste sentido, Carballeira lembra que o galego funciona coma calquera outra lingua cando crea novas palabras. «Dentro de todas as linguas existe a posibilidade de formar palabras, que nacen por derivación ou por composicións; o galego ten exactamente os mesmos mecanismos de formación de palabras que calquera outra lingua, aínda que, na actualidade, non é un procedemento que teña moito vigor en calquera lingua, case todo nese sentido está moi acoutado», conclúe.
Anunciamos con grande satisfacción a chegada ás librarías estes días dos primeiros exemplares do Gran Dicionario Xerais da Lingua.
Os dous volumes (2.464 páxinas e 100.000 entradas) saen á venda ao prezo de 80,00 euros, que a partir do 1 de xaneiro de 2010 será modificado a 110 euros.
Pódese baixar aquí o pdf coas características da obra e da oferta de lanzamento e aquí as primeiras páxinas.

O anuncio realizado onte da publicación do Gran Dicionario Xerais da Lingua tivo unha magnífica acollida.
Ademais de poder baixar o pdf do díptico, onde aparecen as características da obra e a oferta de lanzamento, hoxe ofrecemos a posibilidade da lectura das primeiras páxinas do primeiro volume, incluíndo as introducións, a guía do usuario e a primeira páxina do dicionario.

Anunciamos con enorme satisfacción, tras nove anos de traballo, a aparición a finais deste mes de novembro do Gran Dicionario Xerais da Lingua.
Aquí pode baixarse o díptico en pdf no que aparecen as características desta grande obra (presentada en dos volumes) e a nosa oferta de lanzamento. Até o 31 de decembro de 2009 terá un prezo de 80 euros e a partir do 1 de xaneiro de 2010 de 110 euros.
Este Dicionario Francés-Galego / Galego-Francés, preparado por Luís Castro Macía e Remedios Rodríguez Sánchez, constitúe un vocabulario de correspondencias entre 25.000 entradas do léxico estándar de ambas as dúas linguas. En cada unha das entradas sinálase, ademais, a súa transcrición fonética, a súa categorización gramatical, a fraseoloxía de uso máis habitual, así como, cando fose necesario, a precisión da súa tradución.
Este dicionario, o primeiro publicado de correspondencias entre o galego e o francés, está completamente actualizado á normativa ortográfica aprobada pola Real Academia Galega de 2003, completándose con senllos apéndices gramaticais, onde se recollen as conxugacións verbais francesa e galega, así como senllos prontuarios gramaticais de cada unha das linguas.
Diego Bernal Rico publicou no suplemento «Saberes» de La Opinión da Coruña unha crítica do Consultorio dos nomes e dos apelidos galegos de X.L. Méndez Ferrín.
[Premede sobre a imaxe para ler o texto con maior comodidade.]
Daniel Salgado publica nas páxinas de El País Galicia unha extensa reportaxe sobre o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, obra coordinada por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas Garcñia, coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais.
Mañá, 12 de decembro, ás 12:00 horas, no Salón de Actos do Consello da Cultura Galega de Santiago presentarase o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, obra coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais. No acto intervirán os coordinadores da obra, Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García, e o presidente do Consello da Cultura Galega e o director da editorial.
Este Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, coordinado por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García e redactado por corenta e seis persoas, trata de conxuntar un dicionario de pensadores galegos e unha visión temática que permita encadrar o labor máis directamente filosófico no campo xeral da nosa cultura. De aí a súa división en dúas partes: a primeira, un dicionario de autores, e a segunda, unha enciclopedia que complementa temas, ideas e persoeiros que propiamente non caben na primeira.
Deste xeito, o Dicionario, en orde alfabética, permite un percorrido polo enteiro transcurso da nosa historia intelectual e da achega realizada por cento dez autores, mentres que a Enciclopedia propicia un amplo encadramento nos diversos campos da cultura: antropoloxía, pensamento científico, dereito, economía, estética, exilio, feminismo, literatura, matemática, medicina, nacionalismo, pedagoxía, política, prensa e relixión. Por último os índices onomástico e temático permiten diversos percorridos, que, conxuntando sincronía e diacronía, poden axudar a unha visión máis integral e realista da nosa cultura.
A nómina de pensadores da primeira parte chega aos nosos días, ocupándose con maior profundidade dos autores fenecidos e delimitando a extension das entradas consonte á importancia do seu pensamento. Para os autores vivos acudiuse, cando foi posible, á información dos propios interesados, adoptándose un criterio de estrita austeridade informativa, cinxíndoa a datos biográficos básicos e referencia á obra publicada no eido filosófico.
Para a redacción da parte enciclopédica escolléronse estudosos cualificados, cuxa asinatura consta ao final dos mesmos. Ordenados, tamén, alfabeticamente estes traballos de maior extensión intentan ofrecer unha visión mais global e panorámica, recollendo problemas, preocupacións ou iniciativas que están presentes na cultura actual, procurando sinalar as directrices históricas que seguirn ao longo do tempo.
A vindeira semana chegará ás librarías o Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, importante obra de referencia coeditada polo Consello da Cultura Galega e Xerais.
Este Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego, coordinado por Andrés Torres Queiruga e Manuel Rivas García e redactado por corenta e seis persoas, trata de conxuntar un dicionario de pensadores galegos e unha visión temática que permita encadrar o labor máis directamente filosófico no campo xeral da nosa cultura. De aí a súa división en dúas partes: a primeira, un dicionario de autores, e a segunda, unha enciclopedia que complementa temas, ideas e persoeiros que propiamente non caben na primeira.
Deste xeito, o Dicionario, en orde alfabética, permite un percorrido polo enteiro transcurso da nosa historia intelectual e da achega realizada por cento dez autores, mentres que a Enciclopedia propicia un amplo encadramento nos diversos campos da cultura: antropoloxía, pensamento científico, dereito, economía, estética, exilio, feminismo, literatura, matemática, medicina, nacionalismo, pedagoxía, política, prensa e relixión. Por último os índices onomástico e temático permiten diversos percorridos, que, conxuntando sincronía e diacronía, poden axudar a unha visión máis integral e realista da nosa cultura.
A nómina de pensadores da primeira parte chega aos nosos días, ocupándose con maior profundidade dos autores fenecidos e delimitando a extension das entradas consonte á importancia do seu pensamento. Para os autores vivos acudiuse, cando foi posible, á información dos propios interesados, adoptándose un criterio de estrita austeridade informativa, cinxíndoa a datos biográficos básicos e referencia á obra publicada no eido filosófico.
Para a redacción da parte enciclopédica escolléronse estudosos cualificados, cuxa asinatura consta ao final dos mesmos. Ordenados, tamén, alfabeticamente estes traballos de maior extensión intentan ofrecer unha visión mais global e panorámica, recollendo problemas, preocupacións ou iniciativas que están presentes na cultura actual, procurando sinalar as directrices históricas que seguirn ao longo do tempo.
Este Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego é froito da coedición do Consello da Cultura Galega, promotora da obra dende a sua sección de Pensamento, e de Edicións Xerais de Galicia.
O vindeiro xoves, día 9 de outubro, ás 20:30 horas realizarase na Librería Libraida de Gondomar (Rosalía de Castro 13) o acto de presentación do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. No acto acompañará ás autoras Manuel Rico Verea, xefe do Gabinete de Normalización da Secretaría Xeral de Política Lingüística na Coruña. A presentación forma parte do programa do Instituto de Estudos Miñoranos QUEREMOS TANTO OS LIBROS, entidade a quen Xerais agradece esta iniciativa de promoción do libro galego.
Manuel Rodríguez Alonso publica no Cartafol unha a crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. Recollemos algúns parágrafos significativos do texto:
Xa que logo, libro utilísimo e do que se poden lucrar non só tradutores e autores, senón tamén o profesorado de lingua, para elaborar exercicios de seu sobre ese sector tan profundamente castelanizado como é o da fraseoloxía. Estes colectivos debían ler o dicionario de xeito obrigado desde o comezo ao remate. [...] Dicionario ben feito, contra o que é costume no panorama filolóxico galego, e imprescindible para o profesional da lingua, desde o xornalista, aos actores de dobraxe, pasando por tradutores e profesores.
Acaba de chegar do prelo a nova edición, actualizada á normativa RAG 2004, do Dicionario dos seres míticos galegos, obra de referencia do noso universo mítico preparada por Xosé Miranda, Xoán Cuba e Antonio Reigosa e ilustrada polo desaparecido Lázaro Enríquez. O dicionario, que estaba completamente agotado dende hai meses e do que existe edición en castelán, pode xa volver adquirirse nas librarías galegas.
Este Dicionario dos seres míticos galegos é unha viaxe a través da mitoloxía do país, asentada, na oralidade dos devanceiros e, daquela, un libro de consulta práctico, útil e fermoso ó tempo, pero tamén é unha viaxe que atravesa páxinas de forte contido narrativo, e lectura amena, entretida e divertida. Co rigor dun dicionario e o feitizo dunha novela apaixonante, este libro constitúe unha das máis importantes achegas ao patrimonio cultural galego nos últimos anos.
Nas 710 entradas das que consta o Dicionario dos seres míticos galegos pode o lector atoparse con xente cativa, xigantes, olláparos, ananos, xacias, sereas, xerpas, rabenos, encantos, lamias, lavandeiras; entrar no pazo dos mouros e conversar coa Mourindade; roubar o peite da moura; recoller carbóns que se convertan nun tesouro; sufrir con paciencia a trasnos, diaños e tardos; durmir con Pedro Chosco; ter medo da Estadea; fuxir con Brancaflor ou oír os contos de María Castaña.
O lector poderá visitar as tumbas de Orcavella e a Raíña Lupa; asaltará casas con Pepa a Loba; beberá na fonte de Ana Manana; voará con meigas, chuchonas e nubeiros; correrá sete parroquias cos lobishomes; verá como Deus crea demos e anxos; asombrarase con lobos, cobras, dragóns, basiliscos, cocas, unicornios; navegará no Bergantín Pantasma; andará os camiños coas ánimas da Compaña; tremerá na noite ó escoitar o Paxaro da Morte; enfrontarase co Can Negro, co Lobo Branco, coa Peregrina, coa Zarrulada, co urco e coa Pastoriña; visitará cidades asolagadas e enterradas, como Antioquía, Lucerna ou Valverde, Pozos Peagos e entradas do inferno, Camiños ó Alén e Cabos do mundo; coñecerá os cocos, tales como o home do saco, o sacaúntos, Maríamanta, a meiga dos dentes verdes, o zampón e o orco; lerá o Ciprianillo e desatoará decididamente o saco para pillar os biosbardos. Para atopalos, só hai que abrilo por calquera páxina.
O editor Miguel Anxo Fernán Vello publica na súa sección "Caderno aberto" de Galicia hoxe unha crítica entusiasta do Dicionario de Fraseoloxía Galega de Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias. Recollemos un dos parágrafos máis significativos deste texto:
Estamos, pois, diante do máis completo dicionario de fraseoloxía dos publicados até o momento en Galicia; unha investigación que bebe -de aí a súa importancia e amplitude- nas fontes literarias e xornalísticas dos séculos XIX e XX, sumándolle así á fraseoloxía oral a riqueza inventiva que sobre o particular fornece o idioma galego escrito. Nada que lle envexar ten a presente obra ao magnífico Dicionário de expressões populares portuguesas, de Guilherme Augusto Simões, marabilloso compendio de arcaísmos, rexionalismos, ditos, frases feitas, lugares comúns e curiosidades da linguaxe. ¿Quere vostede dicir dar la murga? Non o dubide. Deberá empregar a seguinte frase: Tocar o pandeiro.
Xosé Feixó publica hoxe no Faro da Cultura unha crítica sobre o Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado polas profesoras Carme López Taboada e María Rosario Soto Arias.
Despois de tres anos de traballo, o pasado venres entrou no almacén a edición do Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado polas profesoras Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias. A obra aparecerá nas librarías coincidindo coa Semana do Libro.
Este Dicionario de Fraseoloxía Galega, preparado por Carme López Taboada e Mª Rosario Soto Arias, recolle case dez mil frases feitas, o que supón o maior repertorio lexicográfico deste tipo publicado en lingua galega.
A información proporcionada en cada entrada dividiuse en catro campos: "a clave", "a frase", "o significado" e "o texto". No campo da “clave” identifícase a palabra de maior peso semántico do núcleo da frase, sendo, con frecuencia o substantivo primeiro en aparecer na orde de lectura, ou de non habelo, o verbo, o adxectivo ou o adverbio. No campo da “frase” diferénciase entre núcleo e contorna (identificado entre corchetes). No campo de “significado” preséntase a definición da entrada, enriquecida polas marcas de rexistro lingüístico ou de información metalingüística. Por último, no campo “texto”, proporciónase un exemplo de uso documentado, extraído de fontes literarias e xornalísticas, identificadas cunha clave. Este Dicionario de Fraseoloxía Galega inclúe, ademais, un apéndice de correspondencias casteláns das frases incluídas no dicionario.