«Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, considerado un dos cinco mellores cómics do ano en BDeteca

3 Xaneiro 2012

Cómic,Críticas,Novela gráfica

O blog BDeteca de Rubén Santamarta en La Voz de Galicia nomea Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano, como un dos cinco mellores cómics do 2011.

 

Los cómics del año (1)

Cuando alguien me pregunta estos días qué cómic puede regalar me salen unos unas veces, otros otras, me olvido de la mayoría… Para aquellos que quieran sugerencias, aquí les iré dejando, hasta el 1 de enero del 2012 (¡que el cielo no caiga sobre nuestras cabezas!) los que, a juicio de este que escribe, han sido los 5 mejores tebeos del 2011. Como siempre, una lista subjetiva, corta, injusta, olvidadiza, sobrevalorada… Todo eso que sucede cuando uno pone por delante la etiqueta “Los Mejores” .

Y como toda lista, está abierta a comentarios, sugerencias, ideas, discrepancias… Y a cualquier otra listas de otros.

Abundan en el tebeo contemporáneo biografías y, sobre todo, autobiografías. Pero pocas me han agitado tanto como Lois Pereiro. Breve encontro de Jacobo Fernández. Es una de las mejores cosas que uno puede leer, y no solo para encontrarse con el gran poeta pop-punk-rock (como quieran llamarlo) del siglo XXI en Galicia. Es una grandísima obra para ver con pausa, para recrearse en los poemas animados, para explicar en buena medida la Galicia que no sale a diario en los medios.

La propia biografía de Pereiro es adictiva, sugerente, está llena de matices, de dudas, de problemas, de subidas y bajadas, de viajes… No necesita casi nada. Solo tacto y sensibilidad. Jacobo Fernández añade su talento narrativo, su ritmo, sus viñetas arriesgadas, su especial y particular interpretación de la realidad y la ficción de Pereiro. Su dibujo es especial, redondo. Sus transiciones vitales son naturales. Y los episodios más destacados del poeta (recitales, entrevistas, presentaciones…), sorprendentemente mágicos, irreales. Tiene que resultar difícil hablar de alguien relativamente reciente, con decenas de amigos que se ven reflejados en el libro, sin aditivos, sin complacencias, pero con mucho rigor y mucha documentación.

El cómic (solo en gallego) es el género que mejor se ajusta para retratar a un personaje amable, tímido, cohibido, deslumbrante delante de un papel.Un soberbio homenaje a las Letras Galegas 2011.

Rubén Santamarta

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano, mañá no Club de Lecturas Debuxadas de Espazo Lectura

19 Decembro 2011

Animación á lectura,Cómic

O Club de Lecturas Debuxas, de Espazo Lectura, centrado na lectura de banda deseñada ou cómic, celebra mañá martes ás 20 horas na Biblioteca de Gondomar a súa sesión arredor de Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.

Jacobo Fernández Serrano estará no Lecturas Debuxadas para falar do seu cómic «Lois Pereiro. Breve encontro»

Este martes, 20 de decembro, celébrase a sesión mensual do club de cómic Lecturas Debuxadas.
Nesta ocasión, como peche do ano das letras galegas dedicado ao poeta Lois Pereiro, falaremos do cómic Lois Pereiro. Breve Encontro. Un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta (Xerais, 2011) escrito e ilustrado por Jacobo Fernández Serrano.
A sesión comeza ás 20.00 horas na Biblioteca de Gondomar.

Contaremos coa presenza do autor.

Jacobo Fernández Serrano achegarase á biblioteca de Gondomar a partir das 21.00 horas para conversar cos lectores e lectoras da súa obra.

A obra
Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica “non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo”.

O autor
Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou A gardería de dona Bixelmina (2005), A pedra e as formigas (2006), Mil cousas poden pasar. Libro I (2009), premio Merlín de literatura infantil e Mil cousas poden pasar. Libro 2 (2011). Ademais de traballos de ilustración de libros infantís, de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc., é tamén, autor da serie de banda deseñada Os amigos de Archimboldo Roque, publicada na revista Golfiño (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo. Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada Animais pantasma. Co álbum de cómic Aventuras de Cacauequi (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. Marcopola. La isla remera (2009) é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores. Lois Pereiro. Breve encontro (Xerais, 2011) é a súa primeira novela gráfica. Mantén abertos dous blogs, onde publica adianto das súas ilustracións e traballos:
http://jacobofernandezserrano.blogspot.com/
http://osamigosdearchimboldoroque.blogspot.com/
http://milcousas.wordpress.com/

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentación de «Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, en Viñetas desde o Atlántico

27 Xullo 2011

Cómic,Presentacións

O venres, 12 de agosto, ás 13:00 horas, Jacobo Fernández Serrano presentará, no Viñetas desde o Atlántico, a súa novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Presentada a novela gráfica «Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano

26 Xullo 2011

Cómic,Presentacións

O Galicia Hoxe recolleu a presentación, o pasado venres de Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.

O conselleiro de Cultura, Roberto Varela, presentou este venres o libro ‘Breve encontro’, unha novela gráfica en branco e negro sobre a figura de Lois Pereiro, poeta ao que este ano se dedicou o Día das Letras Galegas.
Así, ‘Breve Encontro’, creada por Jacobo Fernández Serrano, é un   achegamento en forma de cómic á biografía e obra do poeta que se inicia cun breve encontro no que o autor homenaxea a   película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas do poeta   monfortino.
En concreto, na obra podemos ver o nacemento de Lois Pereiro,   a súa adolescencia, a súa estancia en Madrid, o envelenamento por aceite   de colza, as súas viaxes europeas e a edición do seu primeiro libro, entre   outras pasaxes como a edición gráfica dalgúns dos seus textos.
Na súa intervención, Roberto Varela afirmou que “poucas veces un   Día dás Letras Galegas alcanzou o nivel de difusión deste 2011″,   coa elección de Lois Pereiro, que, na súa opinión, “alcanzou unha   conexión cos lectores máis novos”.
En canto ao libro, Roberto Varela destacou a súa invitación a “realizar   un percorrido pola vida cultural galega das últimas   décadas” e “polos movementos urbanos que dinamizaron as   expresións de Galicia”. “Para eles, Lois foi todo un emblema, un   símbolo de modernidade da nosa poesía, que hoxe coñecemos todos os   galegos”, sentenciou.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Román Raña sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

14 Xullo 2011

Cómic,Críticas

Román Raña publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.

Subxuntante deseño

Poeticamente conmovedor

Non me equivoco se afirmo que, desde que a Academia Galega dedicou o 17 de maio á figura e mais á obra de Lois Pereiro, remexéronse as tranquilas augas do noso sistema literario e a atención de críticos e lectores, mesmo da sociedade civil, centrouse nun membro marxinal e marxinado da xeración dos 80. O aluvión de obras dedicadas tanto á súa dramática vida como ao seu talentoso lirismo, confírmano sen ningunha dúbida. En case elas todas brillan o entusiasmo e mais a excelencia. E todas desde diversas e plurais perspectivas. O volume que agora nos ocupa, Lois Pereiro. Breve encontro: un achegamento comiqueiro á biografíado poeta, eríxese nun dos
mellores pola súa asombrosa calidade, polos deseños subxugantes, pola cohesión argumental que exhibe, pola súa intensidade visual.
O autor desta fazaña é Jacobo Fernández Serrano (Vigo, 1971).
Coñecíamos o labor deste autor de banda deseñada, entre outras, polas súas ilustracións de libros ben diversos (Risco, An Alfaya, Jean Giono). O que agora nos ofrece é dunha calidade artística excepcional. Cada debuxo que acompaña o texto é un tsunami emocional e emocionante. Todo magnificamente estruturado, poeticamente conmovedor. Un fito nos nosos libros máis recentes.

Román Raña

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano, en La cárcel de papel

5 Xullo 2011

Blogs,Cómic,Críticas

La cárcel de papel publica unha recensión crítica de Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra do poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011. Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica “non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo”.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de José Miguel Giráldez sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

4 Xullo 2011

Cómic,Críticas

José Miguel Giráldez publica en El Correo Gallego unha recensión crítica de Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano.

Sempre é tempo de Lois Pereiro: unha gran mirada ao poeta doutro xeito

FORON XA MOITOS os achegamentos á obra de Lois Pereiro durante o ano no que se lle dedicou (con toda xustiza) o Día das Letras Galegas.  Pero sempre hai oportunidades para ir máis aló, ou para mirar a un autor doutra maneira. A vida de Lois Pereiro, como nos contaron os que o coñeceron ben (Manuel Rivas, sen ir máis lonxe) está chea de avatares, de sucesos marabillosos e tráxicos, de tal forma que, entre Madrid e Monforte, o poeta ofrece o mesmo vertixe que outros poetas de biografías supostamente máis internacionais. Lois Pereiro é, polos seus temas, pola súa estética, absolutamente cosmopolita, e Jacobo Fernández Serrano foi capaz de trasladar toda a súa enerxía, toda a súa natureza feramente humana, a esta biografía narrada en forma de cómic, realizada intelixentemente en branco e negro. Trátase dunha coedición entre Xerais e a Xunta de Galicia que non só achega un valor indiscutible ao catálogo da editorial, senón que tamén consolida a produción de biografías de autores aos que se lles dedica o Día das Letras Galegas, en forma de cómic, apoiadas desde as institucións. Esta é unha liña que debe continuar, porque o apoio á banda deseñada, que en Galicia conta con algúns impulsores e creadores notables, debe ser firme, sobre todo pola súa altísima calidade. Jacobo Fernández demóstrao aquí, aínda que, por suposto, este gran debuxante xa demostrou sobradamente a súa categoría noutras ocasións. Lois Pereiro aparece reflectido aquí até nos seus mínimos detalles, cunha expresividade que non renuncia á dureza de moitos episodios, colocando ademais a obra, a poesía, á mesma altura dos feitos biográficos. Quizais porque en Pereiro, máis que noutros moitos, a poesía e a vida (e a morte) non poden separarse. É un libro moi fermoso, moi necesario, que non deben perderse.

José Miguel Giráldez

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lois Pereiro. Breve encontro», de Jacobo Fernández Serrano, por Dolores Vilavedra

1 Xullo 2011

Cómic,Críticas

O suplemento Luces de El País publica un artigo de Dolores Vilavedra en que, baixo o título de «O mundo dende outras perspectivas», realiza unha panorámica crítica sobre os últimos títulos publicados. Reproducimos o referido a Lois Pereiro. Breve encontro, de Jacobo Fernández Serrano.

E se alguén coidaba que o tsunami Lois Pereiro xa devalaba, Jacobo Fernández Serrano permítenos velo dende unha perspectiva diferente e pouco habitual en Lois Pereiro. Breve encontro. Definido polo autor como “un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta”, o libro partilla a condición híbrida de clásicos como o Kafka de Robert Crumb y David Zane Marowitz, a cabalo entre a biografía, o cómic e o libro ilustrado. Unha xoia da nosa literatura, ideal para ler en familia..

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Armando Requeixo sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

29 Xuño 2011

Cómic,Críticas

Armando Requeixo publicou no seu blog unha recensión crítica sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano. Reproducímolo integramente ao tempo que aproveitamos para informar de que xa está en marcha a fabricación da 2ª edición deste libro, dado que a primeira se esgotou con rapidez.

A banda de Lois

Jacobo Fernández Serrano ten un especial ollar para as cousas das nosas letras. Demóstrao sobradamente en Lois Pereiro. Breve encontro, o volume de banda deseñada no que biografa en imaxes ao autor monfortino.

En branco e negro, cun viñetado deliberadamente asimétrico, atinados xogos de fundidos en escuro, globizados puntuais e caricaturas que por veces se saen á matenta do enmarque, invadindo creativamente espazos contiguos, creando un sensación sinesticamente táctil de lostregueo visual.

Ben documentada, esta historia icónica que Fernández Serrano nos propón camiña a rente do Lois Pereiro máis humano e, sen escurecer o persoeiro literario, devólvenos unha súa visión definitivamente máis próxima.

Para o meu gusto, entre o melloriño as ilustracións a dobre plana e, tamén si, so retratos do poeta, moi elaborados e de trazo sutil.

Se o que procuran é unha aproximación amena a vida e a obra de Pereiro, este cómic é a súa escolla. Mágoa que Xerais acordase tan tarde e a publicación se distribúa acabando o curso. Centos de escolares perderon a oportunidade dunha recomendación oportuna dos seus profesores, porque xa se sabe que, neses eidos, ao pasar o día, pasa tamén a romaría.

Chuzame! A Facebook A Twitter

A libraría Banda Deseñada Cómics recomenda «Lois Pereiro. breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

23 Xuño 2011

Cómic,Críticas

A libraría Banda Deseñada Cómics recomenda no seu blog Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano. Reproducímolo a continuación:

Siguiendo la senda de las biografías institucionales, inaugurada con A voz herdada, llega ahora al mercado Lois Pereiro Breve Encontro, una biografía sobre el finado poeta gallego. Y sí, esta vez no me equivoco cuando uso la palabra “mercado”, puesto que corrigiendo errores pasados, esta edición coeditada por la Consellería de Cultura y Xerais, sí va a tener una distribución comercial a mayores de la distribución institucional. Por fin los lectores y compradores podrán acceder a un libro demandado sin tener que ejercer de prófugos por las ferias del libro de nuestra región en busca del libro perdido. De la misma manera que protestamos y damos palos cuando las cosas no se hacen bien, bueno es destacar cuando se realizan de forma correcta.

Pero dejémonos de politiqueos y pasemos al libro. ¿Qué nos ofrece el Sr. Fernández, Jacobo, en esta aproximación biográfica a la figura de Lois Pereiro? La respuesta está implícita en la pregunta. Ni más ni menos que una biografía. De Perogrullo.

Breve encontro es una biografía…. atípica. Si bien se revisa la vida de Lois Pereiro, la obra no se limita a un repaso lineal de sus vivencias. Estas tienen cabida e importancia, pero lo original de la propuesta viene dado porque su obra y su esencia también están presentes. Además del relato vital, Jacobo Fernández incorpora fragmentos de la obra del artista como si ésta fuera una extensión de su vida física (y de hecho así era).

El despliegue gráfico y narrativo puesto en escena por Jacobo no creo que sorprenda a los que ya lo conocemos, puesto que solo nos reafirmara en lo que ya teníamos claro; este autor es uno de los grandes autores de cómic de nuestro país. La facilidad con que varia del registro narrativo y gráfico según las necesidades del relato, es una lección digna de ser mostrada en las escuelas de cómic. De unas partes más informativas y realistas, a unos interludios más oníricos y poéticos, perfectos para acompañar a los versos de Lois Pereiro.

Más allá del interés sobre la figura del poeta, o de la militancia de cada uno, este Breve Encontro tiene validez como obra en sí misma. Lo mejor que se puede decir de este tebeo, es que Jacobo ha conseguido transformar un trabajo de encargo en una obra personal donde podemos ver todas y cada una de las características de este gran autor. Algo que, a priori, es muy fácil de decir, pero muy difícil de conseguir.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Crítica de Ramón Nicolás sobre «Lois Pereiro. Breve encontro», a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

20 Xuño 2011

Cómic,Críticas

Ramón Nicolás publica no seu blog, Caderno da crítica, unha recensión sobre  Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano sobre a vida do poeta das Letras Galegas 2011.

Esta bóla de neve que foi, e é, a celebración do Día das Letras dedicado a Lois Pereiro non deixa de ofrecer sorpresas. Unha delas é esta novela gráfica que subscribe Jacobo Fernández Serrano, baixo o título de Lois Pereiro. Breve encontro e subtitulada como “un achegamento comiqueiro á biografía e á obra do poeta”.

Teño para min que Fernández Serrano, responsable tanto do texto como da parte gráfica, realiza aquí un traballo a todas luces espléndido, inspirándose no coñecido poema de Lois Pereiro titulado precisamente “Breve encontro”, en que o poeta interpreta e retrata a esencia que nel ficou do visionado da película Brief Encounter de David Lean:

Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
rozándome coas plumas levemente
e desaparecerías cun rumor menguante
como a visión dun soño
fracasado”.

Desde esta referencia de xinea cinematográfica, presente no título e mais na novela como elemento axial e estruturador dos contidos, vaise introducindo o lector nunha atractiva e sólida proposta que reinterpreta persoalmente a vida do autor de Conversa ultramarina. Para cumprir ese obxectivo aplica grandes doses de imaxinación, verismo e, cando cómpre, alicerza unha suxestiva e libérrima visión reservada a algúns capítulos inesperados e fantásticos. Baixo esta concepción poliédrica avanza unha revisión visual e textual que serpea, documentada e intelixente a un tempo, irónica nalgunhas ocasións, polas diversas etapas vitais de Lois Pereiro, mais tamén pola súa obra literaria, revisitando as claves que a dominan sen deixar de manter un diálogo fiel coa memoria da súa presenza e co herdo literario que legou.

Todo un acerto esta publicación, por orixinal, intensa e inmensamente atractiva. Moi recomendable sen ningún xénero de dúbidas.

Ramón Nicolás

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lois Pereiro, unha vida de cómic»: reportaxe sobre a novela gráfica de Jacobo Fernández

17 Xuño 2011

Cómic,Reportaxes

Jorge Lamas publica hoxe en La Voz de Galicia unha reportaxe sobre Lois Pereiro. Breve encontro, a novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano sobre a vida do poeta monfortino. Reproducímola a continuación:

Lois Pereiro, unha vida de cómic

Jacobo Fernández publica a biografía do poeta en clave de novela gráfica

Unha plataforma escuro e invadido polo fume gris sérvelle a Jacobo Fernández Serrano para introducir a Lois Pereiro nunha escena de Breve encontro, de David Lean. Ou chiscadela a unha dás películas favoritas do poeta de Monforte de Lemos convértese non limiar a «un achegamento comiqueiro» á biografía e á obra do protagonista do último Día dás Letras Galegas. A novela gráfica ven de ser publicada por Edicións Xerais de Galicia.

«Dentro dous seus gustos estaba todo ou campo dá contracultura, ou rock, a poesía, ou cine e ou cómic, ao que era moi afeccionado, polo que non houbo antes un homenaxeado a quen lle viñera tan ben unha versión cómic dá súa biografía», explica ou vigués Jacobo Fernández Serrano.

Ou autor do libro quería que a súa novela ofrecera información biográfica, unha escolma dás obras do seu protagonista e, ao mesmo tempo, «que fose un cómic meu, que non fora algo aillado e se tivera puntos de unión co que levo feito».

Circunstancias difíciles
Fernández Serrano afronta ao seu personaxe sen tabús porque é consciente dá «imposibilidade de achegarse a súa poesía sen ter en conta as circunstancias dá súa vida». A adicción á heroína, a intoxicación pola colza e a súa diagnose de sida son circunstancia que ou autor trata de narrar, alonxadas do dramatismo dous propios feitos. «Aos rapaces dá súa xeración tocoulles afrontar cousas sen información, chegáronlles todas de golpe», afirma Jacobo, que recoñece ou atractivo gráfico de Lois: «A personaxe xa estaba feita, o era un personaxe reconocible e distinto a todos vos demais».
A ex noiva de Lois Pereiro, Piedade Cabo, ou ou propio irmán de Lois, Xosé Manuel, foron fontes directas para ou autor, pero tamén lle serviron vos traballos desenvolvidos, e publicados en Xerais, por Iago Martínez e Marcos Calveiro.

Jorge Lamas

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lois Pereiro. Breve encontro», novela gráfica de Jacobo Fernández sobre Lois Pereiro

9 Xuño 2011

Cómic

Esta novela gráfica, en branco e negro, de Jacobo Fernández Serrano, primeira no catálogo de Xerais, constitúe un singular e fermoso achegamento comiqueiro á vida e á obra de Lois Pereiro, o poeta homenaxeado na Letras Galegas 2011.

Iníciase cun breve encontro no que o autor homenaxea a película de David Lean, percorrendo cada unha das etapas da vida do poeta monfortino. Dende o seu nacemento na vila de de néboa e trens, pasando polos días de descubrimento da adolescencia, as primeiras loias en Madrid, o envelenamento e doenza posterior provocado pola colza, as viaxes europeas, as antoloxías coruñesas de amor e desamor, a edición do primeiro libro, os días da conversa ultramarina e da modesta proposición, ate a poesía última de amor e enfermidade. A novela inclúe ademáis a edición gráfica dalgúns dos textos máis emblemáticos do poeta, así como as visións do creador arredor da súa figura. Como sinalou Manuel Rivas, esta novela gráfica “non trata de condecorar a Lois nin de poñelo nun pedestal. Trata de facelo reexistir, de andar por aquí de novo”.

Jacobo Fernández Serrano (Vigo 1971) é licenciado en Belas Artes na especialidade de pintura pola Universidade Complutense. Ilustrador, pintor, debuxante e comiqueiro, como autor de literatura infantil publicou na colección Merlín de Xerais os libros A gardería de dona Bixelmina (2005), A pedra e as formigas (2006) e Mil cousas poden pasar. Libro I (2009), premio Merlín de literatura infantil. Iniciouse na ilustración de libros de literatura infantil en Xerais con As aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira, serie da que publicou catro libros: ao que seguriron outros traballos para diversas editoriais, ademais de traballos de ilustración de libros de texto, dicionarios, guías de natureza, carteis ou ilustracións para televisión, etc. É, tamén, autor da serie de banda deseñada Os amigos de Archimboldo Roque, publicada na revista Golfiño (2000 a 2004) e recollida no volume homónimo publicado por Faktoría K (2008). Tras realizar este personaxe converteuse en colaborador da publicación periódica Dos Veces Breve, así como da segunda época da revista BD Banda, na que desenvolve a serie titulada “Animais pantasma”. Co álbum de cómic Aventuras de Cacauequi (2007), obtivo o premio Castelao da Deputación da Coruña de Banda Deseñada, e a nominación ao Premio Expocómic 2008 de Madrid e do Salón do Cómic de Barcelona, no apartado de autor español revelación. Marcopola. La isla remera (2009) é o inicio dunha serie de cómic para os primeiros lectores. Lois Pereiro. Breve encontro (Xerais, 2011) é a súa primeira novela gráfica.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Lois Pereiro. Breve encontro», adianto da novela gráfica de Jacobo Fernández Serrano

16 Maio 2011

Adiantos_para_ler,Cómic,Noticias,Novela gráfica,Novidades


Coincidindo coa celebración do 17 de maio, Xerais adianta 24 páxinas de Lois Pereiro. Breve encontro. Un achegamento comiqueiro á obra e vida do poeta, novela gráfica da que é autor Jacobo Fernández Serrano. Tras un demorado traballo de documentación, Jacobo ofrece un volume de 160 páxinas nas que percorre a biografía e a obra literaria de Lois Pereiro.

A edición da novela gráfica é froito dunha coedición de Xerais e da Consellaría de Cultura.

O libro chegará ás librarías a comezos do vindeiro mes de xuño.

O adianto da novela gráfica Lois Pereiro. Breve encontro pode baixarse en pdf aquí.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Ó outro lado do muro» blog de Kiko Da Silva

23 Marzo 2010

Blogs,Cómic,Xerais nos blogs

Kiko Da Silva acaba de abrir o blog «Ó outro lado do muro» vencellado coa documentación dun proxecto que publicará Xerais no futuro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

«Terra libre», presentación en Ourense

8 Outubro 2008

Cómic,Entrevistas,Noticias,Presentacións,Xerais_nos_medios

O venres, 10 de outubro, ás 19:30 horas, Fran Jaraba presentará na Livraría Torga de Ourense Terra libre, a terceira entrega da triloxía protagonizada polo seu personaxe Maxi Torre. A presentación está encadrada dentro das actividades das XX Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.

Cuba, 1897. A illa vive sumida nunha crúa guerra entre as tropas independentistas -os “mambises”- e o exército colonial. A poboación campesiña sofre especialmente a dureza do conflito. Por orde do mando militar español é desaloxada das súas casas e evacuadas ás cidades, ou internada nos chamados “poboados de reconcentración” baixo a vixilancia e o control do exército. Un destes poboados, Cañas Largas, é peza clave para que Chinito, un líder mambí, consiga liberar un amplo territorio, proclamando así a primeira República independente cubana. Ao mesmo tempo, un tenente norteamericano, camuflado de naturalista, é desembarcado na costa sur da illa coa misión de entregarlle unha carta na man ao xeneral mambí Calixto García. Na misiva, o Goberno estadounidense ofrécelle a axuda das súas tropas para derrotar conxuntamente o exército español. Pero a este intrépido oficial non lle vai vai resultar doado chegar ata García. No seu camiño curzaranse Chinito, Gargajo, a Garda Civil, Pepesito e, sobre todo, Maxi Torres.

Con Terra libre, Fran Jaraba finaliza a triloxía iniciada con Cita na Habana (2000)  e continuada con Campos de Cuba (2004), publicados por Xerais, simultaneamente en edicións galega e castelán.

Recomendamos a entrevista con Jaraba, publicada onte nas páxinas de La Voz de Galicia.

Chuzame! A Facebook A Twitter

"Terra libre", novo cómic de Fran Jaraba

1 Agosto 2008

Cómic,Noticias

No Salón Viñetas do Atlántico, que se celebrará na Coruña dende o 11 ao 17 deste mes de agosto, será presentado Terra libre, o novo libro de cómic de Fran Jaraba. Terra libre é, tras Cita na Habana e Campos de Cuba, a terceira entrega da serie de álbums, protagonizada por Maxi Torres, nas que se narran os acontecementos do alzamento independentista cubano de 1897. Como nos títulos anteriores, Xerais tamén ofrece a edición en castelán que, coma a galega, xa están dispoñibles nas librarías. Esta serie constitúe un dos cumes do cómic galego de liña clara.

Cuba, 1897. A illa vive sumida nunha crúa guerra entre as tropas independentistas -os “mambises”- e o exército colonial. A poboación campesiña sofre especialmente a dureza do conflito. Por orde do mando militar español é desaloxada das súas casas e evacuadas ás cidades, ou internada nos chamados “poboados de reconcentración” baixo a vixilancia e o control do exército.

Un destes poboados, Cañas Largas, é peza clave para que Chinito, un líder mambí, consiga liberar un amplo territorio, proclamando así a primeira República independente cubana. Ao mesmo tempo, un tenente norteamericano, camuflado de naturalista, é desembarcado na costa sur da illa coa misión de entregarlle unha carta na man ao xeneral mambí Calixto García. Na misiva, o Goberno estadounidense ofrécelle a axuda das súas tropas para derrotar conxuntamente o exército español.

Pero a este intrépido oficial non lle vai vai resultar doado chegar ata García. No seu camiño curzaranse Chinito, Gargajo, a Garda Civil, Pepesito e, sobre todo, Maxi Torres.

Chuzame! A Facebook A Twitter