Os libros do Club da Ciencia, no suplemento «A Escola»

14 Decembro 2010

Ciencia,Ciencias da Natureza,Infantil,Natureza

O suplemento A Escola, de Faro de Vigo, publica hoxe nas súas páxinas centrais unha ampla reportaxe na que presta especial atención aos libros do Club da Ciencia, unha colección destinada á aprendizaxe, desde a ficción, de xeito ameno e didáctico, de todos aqueles aspectos importantes ligados ao coñecemento científico que hoxe son esenciais para a educación na infancia e adolescencia.

A maiores, a reportaxe inclúe tamén o último Premio Merlín de Literatura infantil 2010, a A filla do ladrón de bicicletas, de Teresa González Costa.

Chuzame! A Facebook A Twitter

O Club da Ciencia, unha colección para celebrar o 4 de novembro, Día da Ciencia en Galego

4 Novembro 2010

Ciencia,Ciencias da Natureza,Infantil,Natureza

Hoxe 4 de novembro celébrase o primeiro Día da Ciencia en Galego, unha efeméride promovida por diversas entidades, asociacións, sindicatos, universidades e centros educativos de toda Galicia. A efémeride está dedicada a Ramón María Aller, Afonso X e James Clerk Maxwell.

Desde Xerais, queremos celebrar este primeiro Día da Ciencia en Galego coa divulgación da nosa colección O Club da Ciencia, libros escritos por Víctor Raga e destinados á aprendizaxe, desde a ficción, de xeito ameno e didáctico, de todos aqueles aspectos importantes ligados ao coñecemento científico que hoxe son esenciais para a educación na infancia e adolescencia.

Algúns dos títulos do Club da Ciencia foron xa recensionados nos medios de comunicación.

Descenso ao barranco do Demo
Explora as paisaxes co señor Viramontañas
Raga, Victor

O señor Viramontañas cóntalles a Martiño e a Helena a viaxe que, cincuenta anos atrás, fixo co seu curmán: desde os mananciais do río ata a desembocadura no mar e o perigoso descenso polo barranco do Demo. Co señor Viramontañas aprenderás: A gran diversidade de paisaxes da Terra. Como é a paisaxe da costa. Os elementos do relevo de montaña. As características dos ríos: cursos alto, medio e baixo. A transformación da paisaxe a mans do ser humano. Que é un mapa de relevo.


Mi madriña, que paisaxe!
Explora o mundo das plantas co señor Viramontañas
Raga, Victor

Un bosque tarda centos e, ás veces, milleiros de anos en medrar, pero pode desaparecer en pouco tempo por culpa dun incendio ou polas necesidades do ser humano. O señor Viramontañas ten a solución para que a Terra non se converta nun deserto. Gustaríache coñecela? Entón, xunto con Martiño e Helena, terás que acompañalo nunha excursión a través da montaña. Co señor Viramontañas aprenderás Que son as plantas. Como se clasifican: herbas, arbustos e árbores. A reprodución das plantas: que é a polinización. Como se alimentan: que é a fotosíntese. Cales son os beneficios das plantas. A importancia do solo. Como se defenden as plantas.

Sempre tes que meter o nariz
Explora o corpo humano co señor Viramontañas
Raga, Victor

O señor Viramontañas ensínalles a Martiño e a Helena a importancia dos cinco sentidos. Pero Martiño está preocupado por outra cousa. O seu corpo e o da súa veciña non son iguais. Por iso quere ter unha conversa de home a home co señor Viramontañas e que lle aclare algunhas cousas. Co señor Viramontañas aprenderás: Os cinco sentidos: a vista, o gusto, o oído, o tacto e o olfacto. A liña da vida: infancia, mocidade, madurez e vellez. Como son e para que serven os ósos e os músculos.. A nutrición e a roda alimentaria. O proceso dixestivo e os dentes. Como respiramos. A circulación do sangue, cales son as súas funcións.

Un día na granxa
Explora o mundo animal co señor Viramontañas
Raga, Victor

Maruja, a curmá do señor Viramontañas, levou un trompazo e leva o brazo en estribeira. Quen se vai ocupar agora da granxa? O señor Viramontañas está éncantado de axudala, e tamén Helena. Pero, e Martiño? Quen He ía dicir, ao coitado, que acabaría vestido coma un granxeiro e muxindo unha vaca, Co señor Viramontañas aprenderás Que son os animais vertebrádos e invertebrados. A relación das persoas co mundo animal. Cales son os animais salvaxes e os domésticos. Como se alimentan os animais: carnívoros, herbívoros e omnívoros. Que son os animais ovíparos e os vivíparos. Como viven os animais e como se adaptan ao medio. Que é a metamorfose.

Un furacán chamado Otilia
Explora a atmosfera co señor Viramontañas
Raga, Victor

Helena e Martiño seguen a pelexar coma o can e o gato. Por sorte, o señor Viramontañas sabe como tratalos e xuntos aprenden moitas cousas sobre a atmosfera e o tempo, ata que chega un huracán chamado Otilia e pon todo patas arriba. Co señor Viramontañas aprenderás: Que son os elementos atmosféricos. Os estados da auga: sólido, líquido e gasoso. Que é a atmosfera e cantas capas ten. O ciclo da auga. Que é o efecto invernadoiro. Cales son as propiedades do aire. Instrumentos para medir o tempo: termómetro, pluviómetro, viraventos e anemómetro.

Un veciño cheo de sorpresas
Explora o universo co señor Viramontañas
Raga, Victor

Martiño e Helena cóanse na terraza do señor Viramontañas.Gustaríalles ver as estrelas a través do seu telescopio. Pero o seu veciño ten un problema moi gordo e teñen que axudarlle a resolvelo. En troques, o señor Viramontañas ensinaralles os misterios marabillosos do Universo. Co señor Viramontañas aprenderás: A diferenza entre estrelas, planetas e satélites. Que é unha galaxia. Que é un sistema solar. Os movementos da Terra: a rotación e a translación. Que son as liñas imaxinarias. O porqué das estacións. As fases da Lúa.



Chuzame! A Facebook A Twitter

Programación de "Ciencias da Natureza" 2º de ESO

11 Xullo 2008

Ciencias da Natureza,Descargas,Educación,Libros_texto_ESO,Programacións_didácticas

Aquí pode descargarse a programación de Ciencias da Natureza de 2º de ESO.

Chuzame! A Facebook A Twitter