Mudámonos! Xerais actualiza a súa identidade dixital mudando o blog, a web e actualizando as redes sociais

4 Xuño 2012

Biblioteca_Dixital_Xerais,Blogs,E-books,Noticias

A partir de hoxe, o blog de Xerais terá novo enderezo. Estaremos aquí, cun anovado deseño no que estivemos a traballar intensamente ao longo dos últimos meses e do que é responsable a empresa Pumpúm Dixital, que coordinan Chiu Longina e Berio Molina. Xerais actualiza a súa identidade dixital mudando e redeseñando o blog, a web corporativa e actualizando as redes sociais (teremos presenza en google+), así como creando novas ferramentas dixitais, como a Axenda, o Catálogo, que amplían a nosa visibilidade e a dos nosos autores e autoras. Tamén o apartado de TV ofrece unha amplísima documentación en imaxes, á altura das demandas dos nosos lectores e lectoras. Ademais, Xerais Educación terá tamén un espazo diferenciado, dirixido a todos os docentes, con especial relevancia para o Libro en rede, unha esixencia pedagóxica da nova sociedade dixital.

O libro dixital vai ter tamén un espazo propio na nova web, moi especialmente a través da Biblioteca Dixital Xerais, que ofrece un amplo catálogo de libros de lectura gratuíta en rede para a que unicamente é necesario rexitrarse na web e dispoñer dun contrasinal. Nestes momentos pode accederse xa a 16 títulos das coleccións Ferros, Biblioteca das Letras Galegas, Materiais e Universitaria, títulos que se irán ampliando significativamente.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Premios Xerais 2009, entrevistas a editores

13 Xuño 2009

Biblioteca_Dixital_Xerais,Entrevistas,Libro_electrónico,Lingua,Premios_Xerais,Vídeos

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=W9IqXhT4UIY]

[youtube=http://www.youtube.com/watch?v=io-Qh96Ltio]

Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais inicia a transición ao libro electrónico

11 Xuño 2009

Biblioteca_Dixital_Xerais,Libro_electrónico,Xerais_nos_medios

Recollemos as informacións publicadas, até o momento sobre a transición emprendida pola editorial cara o libro electrónico.

  • “Xerais inicia a transición cara o libro electrónico” (Vieiros).
  • “Xerais presenta a súa estratexia cara o libro dixital” (culturagalega.org).
  • “Deixaremos de editar libros para editar contidos” (A Nosa Terra diario).
Chuzame! A Facebook A Twitter

Xerais presenta a súa estratexia dixital

8 Xuño 2009

Biblioteca_Dixital_Xerais,Libro_electrónico,Xerais_nos_medios

Recollemos a información publicada hoxe en culturagalega.org sobre a estratexia dixital da editorial.

Chuzame! A Facebook A Twitter