«Un tren cargado de misterios», de Agustín Fernández Paz, traducido ao chinés

25 Maio 2012

Noticias,Traducións

O libro Un tren cargado de misterios, de Agustín Fernández Paz, está a traducirse nestes momentos ao chinés e será publicado pola editorial New Buds Publishing house (Tianjing), Limited Company.

Un tren cargado de misterios está na súa quinta edición, foi ilustrado por Enjamio e recibiu o Premio Lecturas Galix en 2003.  O libro está protagonizado por Ana, que, dende a fiestra do seu cuarto, ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca para, porque onde a nena vive non hai estación. Un día o ferrocarril detense ao pé da casa e Ana recibe a invitación do revisor de subir a el. Axiña descobre que se trata dun tren moi especial: nel percorrerá os países do mundo enteiro e, ademais, terá que resolver o misterio que encerran sete enigmáticas caixas azuis, a descuberta do libro das infinitas historias. A intriga, a fantasía, o xogo coas palabras, a existencia dun planeta diverso e plural, o valor dos libros e das historias fermosas que as persoas foron creando ao longo do tempo, en calquera país do mundo, para axudarnos a soñar e a vivir son as facetas máis destacadas deste novo libro de Agustín Fernández Paz, ilustrado por Enjamio e destinado a lectores de sete anos en diante.

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario »

  1. [...] quinta edición, foi ilustrado por Enjamio e recibiu o Premio Lecturas Galix en 2003.” Vía Xerais. window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = document.createElement('script'); [...]

    Pingback by Un tren cargado de misterios, de Agustín Fernández Paz, sairá en chinés | ::Axenda cultural AELG:: — 29 Maio 2012 @ 11:03 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario