Xerais publica cinco novelas curtas de Gonzalo López Abente de temática mariña

24 Maio 2012

Biblioteca das Letras Galegas,Noticias

A edición de La Voz de Galicia de Carballo publica a noticia da aparición de A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, en edición de Suso Sambade e en colaboración coa Fundación López Abente.

 

La Fundación López Abente recupera la obra narrativa del autor muxián

La recopilación, titulada «A narrativa mariña», incluye las cinco novelas cortas del escritor

Las cinco novelas cortas del escritor Gonzalo López Abente (1878-1963) han sido recuperadas en una obra titulada A narrativa mariña gracias a la fundación que vela por el legado literario del autor muxián. O diputado por Beiramar (1918), O novo xuez (1922), Buserana (1925), Fuxidos (1926) y O Escándalo (1920) son los trabajos recogidos en este nuevo volumen, el segundo publicado por la entidad tras el poemario Bretemada.

Suso Sambade, patrono de la fundación, es el editor del libro, que publica Xerais y que será presentado el próximo sábado en la biblioteca Santiago Rey Fernández-Latorre de Muxía.

«Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía», de Charo Portela, para os máis novos. Un labor exemplar. Crítica de María Navarro

Biografía,Críticas,Infantil,Letras_galegas,Merlín

María Navarro publicou no Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía, de Charo Portela, ilustrado por Jaime Asensi.

 

Un labor exemplar

Paz–Andrade paraos máis novos

No 25º aniversario do seu pasamento homenaxéase a V. Paz– Andrade no Día das Letras Galegas. A súa personalidade cautiva dende o comezo, o seu espírito incansable fai do seu traballo un valiosísimo legado para toda Galicia.

Ao abeiro deste recoñecemento Charo Portela Yáñez publica na colección “Merlín” de Xerais un libro que divide en dúas partes; unha primeira que vén ser un percorrido polos momentos significativos da vida do pontevedrés e unha segunda, onde se recollen oito mostras dos seus textos máis representativos. Exemplos de Pranto matricial (1955), Sementeira do vento (1968), Cen chaves de sombra (1979) ou A galecidade na obra de Guimarães Rosa (1978) aparecen aludidos neste apartado para que os lectores mozos se acheguen á figura de Paz- Andrade de forma amena, coñezan retallos do seu dilatado quefacer literario e avalíen non só o puramente artístico, senón tamén aspectos como o tempo e o espazo no que se desenvolveron os acontecementos narrados como parte da historia do País e, se é o caso, os poñan en relación coa situación actual da nosa Terra, feito que lles permitirá, quizais, entender un pouco mellor as claves que rexen o funcionamento do mundo.

Pola súa parte, as imaxes que Jaime Asensi elixe para ilustrar o texto de momentos da vida do escritor homenaxeado e de portadas de libros revelan un testemuño da época certamente interesante.

María Navarro

«O silencio», de Mario Regueira: o ton épico para a denuncia da guerra. Crítica de Laura Blanco Casás

Críticas,Poesía

Laura Blanco Casás publica no suplemento Faro da Cultura, de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre O silencio, de Mario Regueira.

 

Con ton épico

Loitar contra o esquecemento

Unha das voces literarias máis salientables deste novo século é a de Mario Regueira (Ferrol,1979), que xa se converteu nun dos grandes embaixadores da última lírica galega, gañando o Premio Pérez Parallé 2005 e o Premio Xohán Carballeira 2009, ademáis de destacar tamén na súa faceta como narrador. Edicións Xerais aposta, coma noutras ocasiónspor Regueira, desta vez co seu último poemario, O silencio, eloxiado pola crítica máis esixente.

A guerra é o gran tema que percorre estes versos, onde o lector coñece a través de acertadas metáforas e imaxes vangardistas os efectos da violencia dos combates, e dos crueis silencios que os suceden, todo consecuencia da“depredación imperialista”. O poeta ergue a súa voz cun ton épico que non deixará impasíbel a ninguén que se achegue a estes versos de tan alta calidade estética, que loitan contra o esquecemento.

Encomiable é tamén que Regueira se lembre daquel triste acontecemento que sufriron os obreiros ferrolanos na Ponte das Pías, corenta anos atrás.

Laura Blanco Casás

Novidade: «A narrativa mariña», de Gonzalo López Abente

Biblioteca das Letras Galegas

Xerais acaba de publicar na colección BLG A narrativa mariña, de Gonzalo López Abente, en edición de Suso Sambade, en colaboración coa fundación muxiá  que garda a memoria do autor.

A publicación destas novelas curtas, ou relatos, quere dar a coñecer parte da obra literaria do escritor muxián. En 1918 os escritores das Irmandades da Fala, interesados en crearen a narrativa galega moderna, convocaron un premio literario en A Nosa Terra, do que saíu gañadora a obra O diputado por Beiramar de Gonzalo López Abente. Iniciou así unha fecunda carreira narrativa coa publicación de O novo xuez (1922), Buserana (1925) e Fuxidos (1926), obra que representa a madurez expresiva do autor. Ambientadas na costa, o mar xogará un papel fundamental na acción dalgunha delas.