O «Libro en rede» de Xerais

22 Maio 2012

Didáctica,Educación,Libros_texto_ESO,Libro_electrónico,Libro_en_rede,Lingua,Noticias,Novidades,Vídeos

Xerais propón para o vindeiro curso 2012/2013 un innovador modelo de educación dixital para a área de Lingua e literatura de 2º de ESO, o «Libro en rede».

Unha proposta que recolle tanto a experiencia de trinta anos na confección de materiais curriculares impresos para a aprendizaxe da lingua e literatura como as posibilidades de interactividade das actuais utilidades hipertextuais. Desenvolvendo unha proposta curricular idéntica aos nosos materiais impresos de 2º de ESO, foi deseñado para ser utilizado polos centros participantes no programa ABALAR, con especial atención a aqueles que experimentan con contidos dixitais interactivos.

Axiña poderá consultarse na web da editorial unha unidade completa de mostra. Se desexa recibir máis información sobre o proxecto «Libro en rede» de Xerais, non dubide en contactar con nós: xerais@xerais.es

Chuzame! A Facebook A Twitter

1 comentario »

  1. [...] Anunciamos o proxecto «Libro en rede», os contidos dixitais para Lingua e literatura de 2º de ESO nos que vimos traballando nos últimos meses. Para nós constitúe un chimpo, un xeito de reinventarnos profesionalmente como editores educativos, ao tempo que unha achega novidosa á construción do proxecto colectivo de escola dixital galega. Axiña publicaremos en aberto, na web de Xerais, unha unidade completa de mostra. A providencia laica fixo que onte nacese Comba, a filla de Anaír e Noli, os motores principais do proxecto do «Libro en rede» e dos materiais de didácticos de Lingua e literatura de Xerais durante a última década. Beizóns para eles dous e longa vida para a meniña que «envía bicos de cerdeira nova». window.___gcfg = {lang: 'pt-BR'}; (function() { var po = document.createElement('script'); po.type = 'text/javascript'; po.async = true; po.src = 'https://apis.google.com/js/plusone.js'; var s = document.getElementsByTagName('script')[0]; s.parentNode.insertBefore(po, s); })(); [...]

    Pingback by Brétemas » Onte 257: O «Libro en rede» de Xerais — 23 Maio 2012 @ 7:53 a.m.

Feed RSS dos comentarios deste artigo. TrackBack URL

Deixa un comentario